Boas amigo!

Cada vez é maior a transendencia social dos programas de mensaxería instantánea ou as redes sociais para comunicarnos. Atrás quedaron telégrafos e cartas, dando paso ao motor esencial das comunicacións na actualidade: Internet. Este novo mundo enche cada día a vida de millóns de persoas e estou segura que moitos de vós tedes algunha conta rexistrada en facebook, tuenti, twiter,etc. Todas elas nos permiten coñecer xente nova, falar coa que xa coñecemos, familiares ou amigos lonxanos, subir fotos, música, xogar…en definitiva entreternos de forma “gratuíta”.

Aínda que tamén teñen a súa parte negativa xa que resultan moi adictivas, posto que o noso cerebro comeza a relacionar a vida real con activar o noso perfil online. Este problema é moi debatido na actualidade, sobre todo, os efectos que poden chegar a causar nos nenos xa que, a pesar de existir unha idade mínima para poder utilizalas, moitos menores deciden falsificar o seu perfil ao non contar con ningún tipo de control.

imagen

Deste xeito, comeza a crearse un mundo paralelo (que a veces se confunde co real), as relacións vólvense de carácter virtual podendo pasar horas e horas sentados diante dunha pantalla. Aínda que non o creamos, a dependencia tecnolóxica pode traer consigo certas enfermidades como obesidade ou problemas visuais entre outros. Por outra banda, a información privada que se distribúe está aberta a que calquera  poida vela polo feito de consideralo “amigo”.

O debate está aberto case dende o principio e as posturas enfrontadas. O certo é que mentres dure sería conveniente algún tipo de regualción atentendo á protección de datos e xa a nivel individual, comezar polo autocontrol e  criterio á hora de elixir amigos.

E vós que opinades…, debe existir máis control neste tipo de redes?, poñer límites?, que leva ao noso cerebro á necesidade de estar continuamente conectados?, algúen leu o contrato que ofrecen antes de aceptar?

Autora: Noelia Iglesias

Esta entrada foi publicada en General, Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Boas amigo!

  1. laura.aso.1a di:

    Este post é moi interasante, toca un tema moi actual que todos coñecemos e intervimos nel.
    Na miña opinión este tipo de redes socias deberían ter unha seguridade maior en canto a idade dos rapaces que se rexistran, porque estes poderían estar máis espostos a os factores negativos da utilización destas redes sociais. Por outra banda ao non ter un criterio para escoller a os ¨amigos¨, estes poderían ser ata no peor dos caso pederastas, que buscan relacionarse cos rapaces de forma virtual.
    Outra das cousas que hai que ter en conta é que a información que aparece no perfil, está dispoñible a toda a rede, e calquer persoa pode ver datos da túa vida privada.

  2. vanesa.aso.1b di:

    É evidente que estamos ante un tema de actualidade. Hai uns días apareceu unha información sobre facebook. Esta rede social, debido ao malestar dos usuarios pola exposición dos seus datos persoais no perfil, mellorou a privacidade, de maneira que os datos persoais están máis protexidos.

    Segundo unha información, aumenta o número de usuarios destas redes a través do móbil, e ante iso, unha axencia decidiu dar unha serie de consellos a seguir para estar en calquer lugar e momento de maneira segura. Algúns destes consellos son:

    -Usar un pseudónimo
    -Non deixar ver o teu perfil sen o teu permiso.
    -Non gardar contrasinais no móbil
    -Ler atentamente a política de privacidade e de uso da rede.
    -Desactivar o GPS,por exemplo, cando non se estean usando ou non se necesita.

    Dende o meu punto de vista, todas as redes sociais, sen ningunha excepción, deberían mellorar a privacidade.

  3. ruben.aso.1a di:

    Este tema é moi interesante xa que se enfrontan dúas opinions moi contrastadas. Unha defenden este mundo virtual e outros están totalmente en contra.
    Na miña opinión por unha parte esta ben ter internet xa que nós permite facer multitude de cousas en custión de minutos, permite investigacións mais rápidas, buscar información, etc…
    Por outro lado están as redes socias que poden chegar a ser moi adictivas. Actualmente vivimos nunha sociedade moi informatizada e case non gozamos de tempo para estar cos amigos, e esta é unha boa maneira para falar con eles.
    O que si que debemos ter en conta é que cada vez os nenos de pouco idade estánse viciando máis a estar en internet en vez de divertise cos seus amigos e xogar con eles, polo que se vai perdendo a relación directa cos compañeiros…

  4. angel.aso.1a di:

    Eu estou de acordo con Almudena,as redes sociais teñen unha seguridade moi débil e provocan o enganchamento a elas de nenos con idades moi novas.
    No que non estou de acordo é no de que calquera persoa pode ver os teus datos privados. Hoxe en día nun mundo tan “inseguro” no que a privacidade se refire non se pode andar por ahí poñendo datos e datos persoais,póñense os mínimos ou incluso inventados e punto.

  5. ana.aso.1a di:

    Este post pareceme moi interesante, xa que como ben dixo Laura e un tema de actualidade que todos coñecemos.
    Penso que deberia haber mais control neste tipo de redes, pero tamen creo que iso e un pouco dificil, xa que,como farian? Porque si falsifican a idade e a sua identidade,ai non podemos facer nada porque non sabemos si os datos son verdadeiros ou falsos. Creo que quen deberia ter mais control son os pais, de saber que e o que fai o seu fillo.
    Por outra parte a nosa informacion privada, non sempre pode estar esposta, en moitos programas podes elexir quen cha pode ver, ben os teu amigos solo ou ben todo o mundo, ou tamen que nadie a poida ver.

  6. marcelina.aso.1a di:

    Este post é moi interesante dende o meu punto de vista xa que se fala dun temo koi debatido na actualidade. A verdade é que hai moita xente que se pasa dias enteiros pegados á pantalla dun ordenador sen establecer relacións sociais cara a cara provocando efectos perxudiciais para esa persoa. Por outro lado están os menores que non teñen vixiancia nin control cando andan por internet o que abre moito ao campo para os pederastas que queiran contactar con eles, creo que deberia estar máis vixiado internet e os pais deberían de ser menos confiados.

  7. marcelina.aso.1a di:

    A dependencia tecnoñóxica é na cal os individuos hoxe en día, atópanse dun ou outro xeito ligados á tecnoloxía, é dicir esta fíxose parte das súas vidas.
    A dependencia tecnolóxica é parte das nosas vidas xa que, actualmente ninguén esta libre deste fenómeno a nivel mundial. Un exemplo disto son as universidades as cales indirectamente inclúen aos alumnos a este sistema, o mesmo ocorre cos traballos ou simplemente co Chat, o cal esta cada día limitamáis as relacións persoais, reemplazándoas por comunicación virtual.
    Todo isto vólvese dependencia cando os individuos non poden realizar as actividades que cotidianamente realiza, ou mellor devandito desenvolverse na sociedade sen ocupar algunha ferramenta tecnolóxica.

  8. paula.aso.1b di:

    Co desenvolvemento de Internet e co seu crecemento exponencial apareceron tamén os primeiros casos de psicopatoloxía relacionados coa red. O transtorno de dependencia da red coñécese con moitos nomes.
    A tarefa de definir o que é a adicción a Internet é algo que xa de partida supón un problema. Podemos decir que o uso de Internet ( como calquer outro comportamento) é susceptible de crear unha adicción en función da relación que o suxeito establezca con ese uso.

    Según a Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), o 37% dos españoles conéctanse entre 10 e 30 horas semanais. O 9% faino máis de 60 horas. Os chats e as redes sociais son as actividades máis populares. Esto alimentou un temor: engancharse a Facebook ou a Messenger pode perxudicar a socialización en persoa.

  9. raqueltrigo.aso.1b di:

    Claro que deberia haber un control pero quen os pon?ninguen,deberiano poñer os pais,ou deberia haber unha forma diferente para agregarse a estas redes sociais.
    Estou de acordo con que son aditivas pois unha vez dentro tes sempre a necesidade de entrar actualizar o estado do teu perfil todos os dias e manterte informado do que pasa.

  10. jose.aso.1b di:

    Respondendo as preguntas do post a de se debería de haber máis control nese tipo de redes, esta claro que si, pero a culpa na miña opinión non é de que non haxa o suficientemente control nestas redes senon que para min a culpa téñena os pais por deixarlles tanta liberdade xa dende que son pequenos.
    Por último, penso que haberá persoas que lean o contrato pero a maioría pasan del.

  11. rubenlois.aso.1a di:

    O tema tratado no post é un tema de actualidade que nos repercute a todos os que coñecemos as redes sociais e as utilizamos.
    Na miña opinión, o uso das redes sociais é bo porque nos podemos relacionar con máis xente, e incluso coñecer a outras persoas doutros lugares.
    O malo que poden ter as redes sociais é que conteñen moita información privada e os “hackers” poderían acceder a ela e facer cousas con esa información.

  12. fatima.aso.1b di:

    A verdade é que xa se viñan dando problemas como a obesidade en nenos que en vez de saír a xogar á rúa quedaban na casa mirando os debuxos animados, así que este non é un problema novo.
    O que se debería facer, creo eu, é poñer un pouco máis de control por parte dos pais e darlle máis atención ós fillos, non deixalos que estén todo día diante de Tv ou do Pc.

  13. alicia.aso.1b di:

    Este é un tema que todos coñecemos ben ou bastante ben, xa que a maioria de nós, como xa se cita no post, temos unha conta rexistrada nalgunha red social.
    Creo que os administradores destas redes sociais deberían tomar máis medidas de seguridade, sobre todo con respeto ó da idade dos nenos que se rexistran con datos falsos, ainda que por outra banda, penso que os pais destes rapaces deberían controlar máis o que fan os seus fillos cando se conectan ó internet.

  14. maria.aso.1a di:

    Por fin un post que realmete nos da de cheo a todos!!…esto promete ser interesante…
    Eu penso que é certo que calquera rede socila te pode volver adicto: de feito calquera cousa se pode acabar convertindo nunha adicción; pero o do tuenti, facebook twitter e demais é realmente esaxerado…
    En canto ao que di Laura da idade, en certo modo todas esas redes teñen limítes nese sentido..pero coma si non os tiveran…que custa mentirlle á pantalla do ordenador?
    En canto ao da privacidade: cada quen elixe o que quere contar de un mesmo: eso vai en función do caracte, a personalidade e o cerebro de cada un…e se non custa mentir na idade…pois tampouco custa mentir nos datos personais..ou non dicir toda a verdade…
    No que respecta ás persoas que elixes: é cousa de cada quen: no mundo real e no virtual cada un elixe as súas amizades onde mellor lle parece..asi que si acabas sendo amigo dun pederasta non lle podes botar a culpa á rede social en cuestión, senón á túa inconsciencia…o único que se lle pode botar en cara á rede social é o de facilitarche eses arranques de inconsciencia…pero eso é o qe ten internet…non so este ou estoutro portal…

  15. veronica.aso.1a di:

    É certo que moitas persoas teñen problemas tanto a nivel físico como sicológico; debido as excesivas horas que se pasan sentadas diante dun ordenador, chegando a crearse unha dependencia inevitable. Parde desta dependencia xa se empeza a ver cada vez en idades máis pequenas, xa que moitos dos menores non teñen ningún tipo de control.

  16. silvia.aso.1b di:

    Como xa dixo María, por fin un post que nos afecta a todos nós. A verdade é que non creo que as redes sociais poidan controlar se os seus usuarios son ou non maiores de idade, xa que ti podes poñer datos completamente falsos cando te rexistras. Con respecto ó contrato que ofrecen, non creo que ninguén o lera antes de aceptar, por iso nunca sabemos ó que nos arriscamos ou onde quedan gardadas as nosas fotos ou os nosos datos persoais.

  17. anadia.aso.1b di:

    A verdade e que existen certos peligros ós que nos expoñemos cando por exemplo aceptamos o contrato de Facebook,no que renuncias a calquera poder sobre a tuá información ou contido personal e cédelo a esa empresa que poderá utilizar os teus datos para o que queira, vendelos, cedelos a outras empresas etc. E por si non fora pouco, aínda borrando a conta, a empresa pode conservar unha copia de todos os teus datos legalmente e sin que poidas facer nada para impedilo por eso hai que ter moito coidado cos datos que publicas na rede.

  18. andrea.aso.1a di:

    É certo que ten o seu lado adictivo e isto trae problemas como a obesidade ou problemas de vista, e esto vese reflexado en todas as idades e actualmente xa nos nenos máis pequenos.
    Respecto os nenos pequenos tamén estan máis descontrolados e son máis inocentes e non saben realmente onde estan introducindo os seus datos ou as suas fotos.

  19. leticia.aso.1a di:

    Este post e realmente importante xa que é un tema que nos toca a cada un de nósen propia persoa. E terrible que a través das nosas contas de Facebook, Tuenti, entre outras, teñan acceso a nosa información persoal, e o que é aínda peor, que se en calquera momento decides borralo seguen tendo acceso a esa información. Por iso é importante mirar ben a información que se pon na rede.

  20. santigonzalez.aso.1a di:

    Para crear e publicar información nas redes sociais débese ter en conta que moita xente pode saber os teus datos, información persoal… Nos casos máis extremos chegáronse a producir secuestros de rapaces ós que lle copiaron a súa dirección e chegaron saber o que ía facer, para así poder levalo sen que nadie sospeitara nada. Por outra banda estas redes sociais tamén se poden “enganar”, pois podes crer que estás falando con alguén e ser outra persoa a que está a falar por el.

  21. ivanabal.aso.1a di:

    Eu creo que as redes sociales non so teñen partes malas, pero sempre usadas con sentido. Unha persoa ten que ser responsable do que fai e verda que a rapaces de 12 anos non lles costa mentirlles a unha pantalla. Esto e unha cousa que non me parece ben, estas paxinas teñen que ter moito coidado coa xente a cal admiten, e coa sua privacidade, xa que teñen os nosos datos no seu poder. Facebook ten un importante problema con esto, polo cal ata que o arranxen deberase ter coidado coas cousas que facemos nesta paxina

  22. ana.aso.1a di:

    Todos nos temos una conta en hotmail ou en tuenti…etc. Pero a maiora de nos,penso que non sabiamos o que estas redes pode facer cos nosos datos persoais.A verdade pensando friamente as veces e mellor falsificar a nosa identidade,xa que asi non poden ter os nosos datos persoais verdadeiros.

  23. marcelina.aso.1a di:

    O que máis me inquieta é que hai xente a que non ten ningún medo ao

  24. marcelina.aso.1a di:

    *O que máis me inquite é que hai xente que non ten ningún medo ao andar por estas redes sociais e aceptan a xente que non coñecen. A quen non lle chegou nunca unha petición de persoas que non había visto na súa vida? Hai que ter coidado, pero non todo é malo neste tipo de reedes mentres que as uses con responbilidade e control.

  25. leticia.aso.1a di:

    Na actualidade todos temos as nosas propias contas de tuenti, facebook, hotmail,… , non obstante considero que o que máis e o que menos sabe o perigo que corre ao poñer determinada información na rede. Aínda así seguimos utilizándoas sen preocuparnos demasiado. Eu creo que habería que ser un pouco máis prudentes e buscar a maneira de que estes accesos foran máis seguros, e nos permitiran conservar a nosa privacidade.

  26. rubenlois.aso.1a di:

    Estou dacordo con Marcelina. Os perigos das redes sociais son moitos, pero sobre todo que xente que non coñeces de nada saiba de ti e poida, incluso, chegar a adquirir algúns datos persoais e poder ir ao lugar onde vives e podería facerche dano.

  27. santibras.aso.1a di:

    Na miña opinión deberíase ter máis controis nas redes sociais, porque abusar delas é perxudicial pa saúde e pa as relacións na vida pública.

  28. santibras.aso.1a di:

    Na miña opinión deberíase ter máis controis nas redes sociais, porque abusar delas é perxudicial para saúde e para as relacións na vida pública.

  29. raquel.aso.1b di:

    Este é un tema que sen dubida nos incumbe a todos nós, xa que casi todos nós está vinculado a algunha rede social, de feito é ben raro o que hoxe en día non se estea. Coincido cós meus compañeiros cando dín que que ditas redes son moi perigoras xa que en algúns casos prodúcese o famoso acoso sexual vía internet, e por iso temos que ter moito coidado á hora se saber con quen falamos e de que tipo de fotos poñemos nesas redes, xa que todo o mundo as podería ver. Penso que debería haber máis control neste aspecto porque é realmente perigoso.

  30. claudia martinez di:

    eu estou a favor das redes sociais axñudanche a coñecer xente e saber que tal lles vai a vida aos teus amigos, cada persoa agrega a quen quere ao igual que pon os datos persoais que quere, no caso do tuenti por exemplo podes escoller se queres que a tua paxina a vexa calquera ou so os teus amigos