Este mundo é para sempre?

imagen

Se ollamos o ceo pola noite, podemos ver o universo salpicado de pequenos puntos luminosos; pero non todo o que reluce é ouro. A Terra non é esa imaxe serena que aparenta, pois nela chocan grandes forzas cósmicas, no seu contorno explotan estrelas, colisionan galaxias… De feito, o impacto dun meteorito de grandes dimensións sobre a Terra, hai 65 millons de anos, rematou cos dinosaurios e esa historia pode volver a repetirse e desta vez, pode tocarnos a nos.
asteroide Apofis, de 250 metros de diametro, é unha rocha extraterrestre que ten máis posibilidades de golpeala Terra. A posible data de impacto podería ser este ano; dato que creo será orientativo pola velocidade a que viaxa o asteroide, esta catástrofe pode ser evitada lanzando unha bomba a uns douscentos metros do asteroide para desviala súa traxectoria.
Creedes que isto pode chegar a ocorrer ou son meras suposicións? Polos datos coñecidos semella que ata podería ser certo e se isto acontece podería volver a repetirse cos humanos o que pasou cos dinosaurios.

Autora: Carolina Vázquez

Esta entrada foi publicada en Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Este mundo é para sempre?

  1. victor di:

    AVISOS:
    1.- O 31 DE MAIO FOI O ÚLTIMO DÍA PARA FACER UN POST (NON SE PODERÁN METER NOVOS POST NESTE MES)
    2.- O 13 DE XUÑO SERÁ O ÚLTIMO DÍA PARA FACER COMENTARIOS NOS POST

  2. ana.aso.1b di:

    O asteroide Apofis é un asteroide cunha órbita próxima á Terra. Segundo datos da NASA, o Apofis pasará preto da Terra en 2029 e 2036, e unha pequena colisión con un asteroide podería ser desvía para o noso planeta, o que produce un efecto maior que 40 mil bombas atómicas.

  3. marcelina.aso.1a di:

    Este post paréceme interesante pero deixoume mal corpo! A verdade é que no universo ocorren fenómenos moi diversos e que nos poden chegar a nós as consecuencias. Si esa rocha xigante nos alcanzase sería unha gran catástrofe.

  4. marcelina.aso.1a di:

    Apofis é un asteroide cunha órbita próxima á da Terra. Segundo os datos da NASA, Apophis pasará moi preto da Terra en 2029 e 2036, e unha pequena colisión con outro asteroide podería desvialo cara ao noso planeta, onde produciría un efecto superior ao de 40.000 bombas atómicas.
    Estes feitos provocaron un breve periodo de preocupación en decembro de 2004, cando as primeiras observacións indicaban unha probabilidade relativamente alta de colisión coa Terra no ano 2029. Con todo, observacións adicionais axudaron a mellorar o cálculo da órbita, demostrando remota a posibilidade dun impacto coa Terra ou a Lúa en 2029. Aínda así, persistía a posibilidade de que durante o encontro próximo de 2029 coa Terra, Apophis pasase por unha “cerradura gravitacional”, unha rexión moi precisa do espazo de non máis de 400 metros de diámetro, que o situaría en traxectoria de colisión para un futuro impacto o día 13 de abril de 2036. Esta posibilidade mantivo ao asteroide no nivel 1 da escala de Turín ata agosto de 2006. Novas observacións da traxectoria de Apophis revelaron que moi probablemente non pasará pola “cerradura”, polo que o 5 de agosto de 2006, Apophis foi rebaixado ao nivel 0 da escala de Turín. O 19 de outubro de 2006, a probabilidade de impacto estimada para o 13 de abril de 2036 era de 1 en 45.000. Identificouse outra posible data de impacto en 2037, pero as probabilidades de colisión durante ese encontro son de 1 en 12,3 millóns.

  5. vanesa.aso.1b di:

    Un de entre os planetas menores que se achegou á Terra sen colisionar con ela é o 4581 Asclepius( 300 metros) a 700.000 kilómetros pasando pola posición que a Terra estaba a sufrir seis horas antes.
    A probabilidade de que un asteroide de 1 kilómetro lle dea de cheo á Terra é baixa nun tempo de un millón de anos, pola outra banda os corpos de 5 kilómetros que ocasionan grandes colisións ocorren unha vez cada 10 millóns de anos aproximadamente.

  6. marcelina.aso.1a di:

    A Escala de Turín é un método de clasificación do perigo de impacto asociado aos obxectos de tipo NEO (Near Earth Objects, obxectos próximos á Terra), entre os que se atopan asteroides e cometas. Foi creada como instrumento de uso dos astrónomos e o público para coñecer enseguida a peligrosidade dun eventual impacto contra o noso planeta, combinando a probabilidade estatística e o potencial derivado da enerxía cinética que procede do mesmo impacto. A Escala de Palermo é parecida, pero é máis técnica e complexa.

  7. juanjose.aso.1a di:

    Este asteroide (tamén chamado 99942)ten unha órbita moi cercana a noso planeta e un choque con calquera outro asteroide podería desvialo da súa órbita hacia o noso planeta, onde si impactara produciría un efecto superior ó de 40.000 bombas atómicas. Segun os datos este asteroide pasará moi cerca da Terra en 2029 e 2036. Pero os datos sobre este posible choque son do tipo “podría ser”. Se o impacto ocurrise este destruiría unha rexión do tamaño da Comunidade de Madrid e expulsaría gran cantidade de materia á atmósfera, cambiando completamente o clima.

  8. maria.aso.1a di:

    Un chocque desa magnitude provocaría un cataclismo similar ao que teóricamente levou á extinción dos dinosaurios..o que posiblemente conlevase neste caso a nosa desaparición.
    O de soltarlle unha bomba para desvialo sóname a película de ciencia-ficción, estilo Armagedón.
    Ademáis, no espación non hai osíxeno, o que impediría calquera tipo de combustión … así que eu penso que unha bomba no espacio e tan inofensiba como unha bala fora do cargador.

  9. ana.aso.1a di:

    Eu penso que que un choque desta magnitude podreria provocar una gran catastrofe, ata poderia chegar a desaparicion da humanidade como foi no caso dos dinosaurios.
    E como ben dixo a miña compañeira Maria, amin o de lanzar una bomba tamén me sona un pouco a ficción

  10. jose.aso.1b di:

    Polo noso ben esperemos que sexan capaces de desvialo ou mesmo que se vaia desintegrando a medida que se nos vai acercando, porque se non acontece nada disto non nos falta moito para ir para o outro mundo. Pero na miña opinión, penso que con todolos avances que temos neste momento non deberiamos ter por que preocuparnos.

  11. leticia.aso.1a di:

    Unha colisión deste gran tamaño podería provocar a nosa desaparición, e dicir, a do ser humano, como hai xa millóns de anos ocorreu cos dinosaurios.
    Non obstante este impacto, según afirman varios estudos sobre este asteroide, so destruiría unha pequena rexión como pode ser a Comunidade de Madrid.

  12. adrian.aso.1a di:

    Penso que este é un perigo que sempre vai estar ahí e que non podemos facer nada por desfacernos de él, porque cando non sea este asteroide será outro o que nos ameace.
    En cambio eu penso que na actualidade o de lanzarlle unha bomba non e tan de ficción como din os meus compañeiros porque creo que neste momento sería posible calcular a velocidade e a posición do asteroide e lanzarlle a bomba a un lugar concreto.

  13. leticia.aso.1a di:

    Neste comentario teño que decir que non estou totalmente de acordo coas miñas compañeiras no de que enviar unha bomba ao espacio para desvialo asteroide sexa algo descabellado ou propio dunha película de ficción xa que cos avances científicos e tecnolóxicos que hai na actualidade considero que se podería dar co paradoiro específico ao que o queremos envialo sen case correr ningún tipo de risco. Do que non estou tan segura é de que poidan chegar a producir o efecto que nos lle queremos dar, aquí si que case podería apoiar con toda certeza a María, xa que considero igualmente coma ela a idea de que esta bomba poida chegar a ser inofensiba, partindo da evidencia de que no espacio non hai osíxeno.

  14. barbara.aso.1b di:

    Eu estou totalmente de acordo con María, e ademáis penso que é moi pouco probable que ese asteroide impacte sobre a terra.
    Desde o meu punto de vista, o que un asteroide poida impactar sobre a superficie da Terra e acabar co ser humano deixou de ser algo creíble, xa que se leva debatindo sobre este tema desde fai anos, e polo de agora nunca ocorreu nada.

  15. noelia.aso.1b di:

    Teorías sobre a data de extinción da Terra existen moitas e moi variadas…dende o meu punto de vista esta é outra delas.
    Posiblemente algunha delas será certa pero ata o momento non se poderá verificar ningunha. O universo é tan inmenso,impredecible e impresionante que nos queda grande aos seres humanos.
    Tendo en conta a suposta extinción dos dinosauros por causas similares as que describe o post dito choque acabaría coa nosa existencia xa que evitar explosión de tal calibre sería unha tarefa moi complicada.

  16. ivanabal.aso.1a di:

    Eu creo que temos que ter coidado con estes temas. Si o perigro existe eu creo que seria bo que o desviaramos. Si un meteorito acabou xa cos dinosaurios, poderia facer o mesmo con nos

  17. angel.aso.1a di:

    O Apofis é un asteroide en consideración para a Axencia Espacial Europea como obxectivo para a misión Don Quixote, a cal pretende desviar o asteroide cando a terra esté en perigo de colisión.

    Según os primeiros cálculos no ano 2011 a misión podería estar lista para ser lanzada ao espacio.

  18. vanesa.aso.1b di:

    Na miña opinión, o feito de que o asteroide chocase coa Terra é probable, pero non neste ano, senón nun futuro.
    En canto á nosa destrución, sen dúbida, algún día terá que ser, pero como dixen, non agora, senón dentro duns anos.

  19. vanesa.aso.1b di:

    Segundo unha información, un asteroide asimétrico de 250 metros, o 2007 TU24, pasou a 538.00 kilómetros da Terra. Este achegamento supón o máis perigoso ata 2027.
    Como promedio de pasar preto da Terra un planeta menor é de 5 anos, e o de impactar contra esta sitúase cada 37.000 anos.

    No que se refire ao asteroide Apofisis, unha información admite que pasará moi preto da Terra, provocando 7 anos despois un tsunami peor que o ocorrido en Indonesia no 2004.
    Este tsunami veríase provocado pola atracción polo campo gravitacional, derivando na súa caída no medio mariño ocasionando ese tsunami.
    Esta información ten unha certeza matemática absoluta.

  20. sabina.aso.1a di:

    Verdadeiramente o que nos conta este post é espeluznante, resulta moi terrorífico pensar que este ano pode chegar a producirse ese potente impacto do meteorito contra a Terra, e aínda resulta máis aterrador pensar o que nos podería pasar a todos nós. Teño que confesar que acerca deste tema, esta é a primeira noticia que teño, non oíra falar deste posible gran impacto ata ler este post, e este feito chamoume verdadeiramente a atención, xa que se esta catástrofe podería chagar a ocorrer este ano, sería moi comentada polos medios de comunicación e dende logo a poboación estaría enterada, pero pola contra non se dá esta situación, o que resulta moi chocante e faime pensar, a min persoalmente, que o que este post conta é unha mera suposición sen fundamento algún. De todos os xeitos a dúbida non ma quita ninguén, e gustaríame dicir que me impactou bastante e fíxome pensar neste posible suceso e nas súas consecuencias, suceso que espero, polo ben de todos, que non chegue a suceder, aínda que non estea demostrado que poida chegar a danar aos habitantes da Terra.

  21. martin.aso.1a di:

    Iván di que sería bo intentar desviar o meteorito en cuestión pero, como di María, unha combustión no espazo sería imposible. Eu creo que deberíamos de plantexarnos en comezar a crear un plan de defensa fronte a estes perigos tan catastróficos.

  22. emilio.aso.1a di:

    E ste ee un tema interesante, e ainda que non lle deamos moita importancia témolo que ter moi presente. Non nos damos conta pero na inmensidade do universo nos só somos un puntiño máis que insignificante.
    Isto do meteorito é totalmente real, en calquer momento pode chegar a estrelarse un meteorito contra a terra, se o fixo hai 65 millons de anos pode volvelo a facer.

  23. laura.aso.1a di:

    O asteroide 99942 Apofis, foi descuberto en 2004, ten unha órbita que o leva dende un perihelio que é o punto máis cercano da órbita dun corpo celeste arredor do Sol,e levao levemente dentro da órbita de Venus, ata un afelio que é o punto máis alonxado da órbita dun planeta arredor do Sol, fóra da órbita terrestre, o que o convirte nun asteroide de tipo Atenas
    Se a súa órbita cambiara levemente acercándose hacia o noso planeta, podría golpearnos en abril de 2036.
    Un posible impacto de Apofis, de 250 metros de diámetro, podría destruir instantáneamente un país das dimensións de Gran Bretaña e xerar un inverno nuclear que termine coa vida vexetal en toda a Terra.
    O vernes 13 de abril de 2029, a as 4:36 am Hora de Greenwich, un asteroide de 25 millóns de toneladas, o Apofis pasará tan cerca da Terra que se zambullirá por debaixo da órbita de varias docenas de satélites de comunicaciones xeoestacionarios estacionados en órbitas a 35 768 kilómetros de altura sobre o ecuador. Parecerá una estrela relucente en movemento que cruza os ceos de Asia occidental, o Medio Oriente, África e Europa, todo esto en apenas 30 minutos, viaxando a 45.080 kilómetros por hora.

  24. ruben.aso.1a di:

    Apophis é un asteroide cunha órbita próxima á Terra. Segundo datos da NASA, o Apophis pasará próximo á Terra en 2029 e 2036,se chega a colisionar coa Terra pode ser acabar con todo o que vive nela.Este asteroide pertence o grupo de asteroides Atenas, que son asteroides cunha órbita de semieixe maior inferior a unha unidades astronómica. Ten unha lonxitude aproximada de 415m e unha masa de 2.1×10*10kg
    A Fundación B612 efectuou estimación da ruta que seguiría Apophis si colisionara coa Terra, esta fundación esta realizando unha iniciativa para desenvolver unha estratexia viable para desviar o asteroide con suficiente anticipación.

  25. ruben.aso.1a di:

    Paréceme unha noticia espectacular xa que este astreoide imolo a poder ver a simple vista pola proximidade a que vai pasar sobre a Terra. Persoalmente creo que non vai impactar contra a Terra xa que os científicos están a traballar duro e posiblemente o desvíen bastante da súa orbita e non colisione contra a Terra.
    Según me informei este asteroide volverá sobre o ano 2068 outra vez a acercarse a Terra según estudios que fixo Rusia. Rusia planteou destruir este meteorito despois de que este se fora alexando da Terra.

  26. ruben.aso.1a di:

    Outro dato significativo é que en abril de 2029, este asteroide pasará moi cerca da Terra , a 35000 km de altura sobre o ecuador. Este asteroide cruzará dende Asia occidental ata Europa en apenas 30 mins viaxando a 45000 km/h

  27. paula.aso.1b di:

    Ainda que hai moitos factores que podrán ainda influir nos cálculos, a probabilidade de colisión nestes momentos calcúlase que é de unha entre 45.000.

    Sen embargo, é moi probable que non se poida coñecer unha probabilidade de impacto máis aproximada para o 2036 ata que chegue no 2029, cando será visible dende a Terra sen instrumentos. Para entón, coñecerase a sua masa, a sua velocidade de rotación, a sua forma e as suas características térmicas e logo poderase evaluar a influencia no seu percorrido do seu paso pola Terra.

  28. paula.aso.1b di:

    Estanse tomando algunhas medidas para evitar a colisión, como por exemplo a proposta da empresa Astrium, coa sede no Reino Unido, que propón elaborar unha sonda que siga os pasos deste asteroide para poder entender mellor a sua órbita, ou á dos científicos rusos, que pretenden construit un satélite pata poñer en órbita e impedir a colisión coa Terra do xigantesco asteroide, ainda que por ahora, está moi lonxe de nós.

  29. raquel.aso.1b di:

    O enxeñeiro e astronauta español Pedro Duque advirte que existe unha certeza matemática absoluta de que o asteroide Apofis pasará enormemente cerca da Terra no ano 2029. Hai unha gran posibilidade de que derribe satélites comerciais e de que sete anos despois, no 2036, atraído polo campo magnético do planeta, poida caer na superficie marítima orixinando un inmenso tsunami, infinitamente máis grande que o que asolou Indonesia no 2004. O asteroide causaría un burato na superficie marítima de varios kilómetros de extensión.

  30. santigonzalez.aso.1a di:

    Se este asteroide xigantesco chegase a impactar coa Terra, posilemente ocasionaría a extinción da especie humana; pois aínda que coa explosión ó chocar coa codia non asolara toda a corteza terrestre, o tsunami que provocaría arrasaría toda a parte que agora está o descuberto, acabando dunha maneira ou doutra coa vida.