Macho ou femia?

imagen

Un polo dunha industria avícola presentaba, na súa metade esquerda, características masculinas e na metade dereita características femininas. Máis tarde os científicos recoñeceron, a este polo, como un xinandromorfo. Un xinandromorfo é cando un individuo presenta caracteres masculinos e femeninos no seu organismo cunha auténtica división sexual. O animal é unha mezcla perfecta de células femininas, con cromosomas ZW, e células masculinas, con cromosomas ZZ. Os xinandromorfos son totalmente estériles, aínda que son capaces de formar semen de forma natural non son capaces de expulsalo.

Este descubrimento pode ser moi útil para a industria avícola, xa que se encontramos o xene específico do caractér sexual das células, poderase intentar xerar aves femininas con características masculinas, o que favoreceria a industria avícola.

imagen

Autor: Iván Álvarez

Esta entrada foi publicada en General e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to Macho ou femia?

  1. victor.aso.1a di:

    Eu tamen creo que poder xerar aves femeninas con caracteres femeninos pode ser moi beneficioso para a industria avicola, xa que se se lograra isto as aves podrian autofecundarse e aumentaria a súa cria.

  2. laura.aso.1a di:

    Este suceso é moi interesante, pero non me gusta a iniciativa que cita o post sobre modificar os xenes do animal para obter unha maior cria.

  3. andrea.aso.1a di:

    Pode ser un gran avanze para a industria avícola, aínda que estou de acordo con Laura, non me gusta moito a idea de modificar os xens para xerar aves femininas con características masculinas, aínda que no caso das industrias sería moi beneficioso.

  4. diego.aso.1b di:

    Este é un gran descubrimento pero creo que non debemos xogar a ser Deus, pois non somos quen se modificar as especies o noso gusto e debemos respetar a propia naturaza.

  5. angela.aso.1b di:

    Estou dacordo cas miñas compañeiras porque cada animal femia ou macho ten as suas características e o xerar novas aves con división sexual estas poden perderse.

  6. alexandre.aso.1b di:

    A verdade a idea está bastante ben, desde logo dende un punto de vista económico, calquer xefe dunha industria avícola incorporaría este tipo de aves, ainda que bueno… a calidade do producto non sei como sería.

  7. maria.aso.1a di:

    E una gran avance en todos os sentidos!..francamente incrible..ainda que estou totalmente de acordo coas posturas defendidas por Andrea e Laura: non parece moi…correcto(ainda que ..quén son eu para discerniro que é correcto do que non?) o de adicarse a modificar xenéticamente os animais coa exclusiva fin de conseguir maior crianza…

    A maiores..un só apunte..nunca se define NADA empezando con ” é cando”…en todo caso, define algo coma..Un xinandromorfo é un individuo/un animal que presenta carancteres…(e que siga).

  8. paula.aso.1b di:

    Pareceme unha noticia moi estraña. Nunca imaxinei que un polo podería ser metade macho metade femia.
    Ambos sexos están presentes no mesmo organismo, e polo tanto expostos ás mesmas hormonas, polo que as células parecen responder ós diferentes niveis de expresión sexual dos cromosomas nas células masculinas e femininas, e non ás órdenes hormonais. Na maior parte dos mamíferos, entre eles os humanos, as células embrionarias son o principio sexualmente indistinguibles.

  9. susana.aso.1b di:

    eu tamén penso que pode ser unha gran vantaxe que unha ave poida ter estas características ,xa que si ten as duas partes(tanto a masculina como a feminina)ben definidas sería mais facil encontrar ese xene específico que lle sera de utilidade a industria avícola.

  10. noelia.aso.1b di:

    Casos coma este son moi escasos e puntuais e creo que se dan por capricho da natureza, polo tanto, así deben quedar. Ademais,seguramente existan outros en lugares aos que o home non chegue e, polo tanto, non se den a coñecen. Sería interesante saber deles pero, ao mesmo tempo, no lado na ignorancia non poden ser utilizados para sacar certos rendementos que, actualmente, parece que é o único que importa.

    Un avance para o a industria avícola pois sí, os beneficios poderían aumentar considerablemente pero ao meu parecer non sería ético modificar os polos das granxas…

    Algunha vez sae nas noticias, por exemplo, o caso de un tomamte extragrande e non por iso os cultivadores buscan que foi o que produciu un tomate de tales dimensións, simplemente o toman como algo curioso.

  11. santigonzalez.aso.1a di:

    Estes avances no mundo da xenética axúdanos a comprender a estrutura e funcionamento do ADN, pero levado á práctica, nas industrias ou empresas, sería moi difícil levalo a cabo, xa que esto conleva moitos gastos.

  12. raqueltrigo.aso.1b di:

    Pois eu estou de acordo co post,asi como se pode modificar xeneticamente os xens dunha pranta e as súas caracteristicas tamén se pode modificar os xens dun animal e conseguir unha maior producción agricola.

  13. ana.aso.1a di:

    Este post pareceme moi interesante, xa que isto pode ser un gran avance para os avícolas.Por outra parte tamen comparto a mesma opinion que os meus compañeiros con respecto a que non me gusta moito o de modificarlle os xenes para xerar aves femeninas con caracter masculino,ainda que como ben dixo Andrea isto serialles moi veneficiosos para as enpresas avicólas.

  14. raquel.aso.1b di:

    Realmente este post é moi curioso e estraño, xa que nunca se me ocorrería pensar que un polo podería ser nunha metade macho e na outra femia, é algo inimaxinable.
    Eu como algúns dos meus compañeiros,aínda que unha minoría, estou de acordo con que se poidan modificar os xens dos animais porque deste xeito axudaría ás empresas agrícolas a aumentar a súa producción.

  15. victor di:

    AVISOS:
    1.- HOXE PECHARASE O FORO
    2.- O 31 DE MAIO FOI O ÚLTIMO DÍA PARA FACER UN POST (NON SE PODERÁN METER NOVOS POST NESTE MES)
    3.- O 13 DE XUÑO SERÁ O ÚLTIMO DÍA PARA FACER COMENTARIOS NOS POST

  16. ruben.aso.1a di:

    Esta noticia paréceme sorprendente xa que, nunca imaxinei que un polo puidese ser metade macho metade femia.
    Este polo, posúe ambos sexo polo que ten células masculinas e femeninas con diferentes cromosomas. Estes animais coñécense co nome de xinandromorfos, que son organismos que teñen características masculinas e femeninas. Estes animais son estériles.

  17. ruben.aso.1a di:

    Este descubrimento é de gran importancia para a industria avícola, xa que se poderán formar aves femininas con características masculinas. Por un lado está ben intentar xerar estes animais porque dará moita riqueza a esta industria pero por outro lado non me parece razoable ter xerar animais de forma artificial, porque si seguimos así chegaremos a crear cousas inimaxinables.

  18. marcelina.aso.1a di:

    A verdade é que este post é interesante pola noticia que conta xa que é moi extraña, eu penso que a bioloxía e o mundo da xenética non vai a parar de sorprendernos, xa que cada día hai noticias novas cada cal máis extraña.

  19. marcelina.aso.1a di:

    * Por outro lado o que se comenta no post de que vai a ter beneficios para industria avícola pode ser pero a min non me gustaría comer cousas raras e menos polos amorfos. Pero como a maioría das cousas ten as súas vantaxes e desvantaxes.

  20. veronica.aso.1a di:

    Non me parece unha boa iniciativa modificar os xenes do animal só para que as industrias obteñan maiores beneficios. Sempre pensando en diñeiro! Por que non se deixa a natureza como está? Pareceríame ben si estas modificacións fosen para evitar que estos animais tiñeven algún problema como malformacións ou algo polo estilo.

  21. sabina.aso.1a di:

    Sobre o que este post nos conta, concretamente a existencia de animais xinandromorfos, xa tiña unha lixeira idea. Escoitara falar sobre este feito anteriormente, pero nunca me interesara en profundizar máis no tema, e grazas a estenpost puiden enterarme de nova información que non dispoñía acerca do que este fenómeno conleva e sobre as características que posúen os animais xinandromórfos.
    Con respecto aos animais xinandromorfos gusteríame dicir que numerosas veces son confundidos con animais hermafroditas, pero este feito é totalmente falso.
    Entre os animais xinandromorfos e os hermafroditas existe unha gran diferenza: os hermafroditas presentan órganos sexuais combinados, mentres que os xinandromorfos presentan unha auténtica división sexual en todo o seu ser.

  22. belinda.aso.1a di:

    Eu creo que, o avance que supón para as empresas avícolas, non é tanto que as aves poidan autofecundarse, sinon que, o ter as características dos dous sexos evitanse procesos como o sexado de polos e ademáis conseguese vantaxes no que se refire os polos de engorde.
    Normalmente as empresas deste sector adicanse:
    a cría de galiñas poñedoras, polos de engorde ou teñen as encubadoras donde nacen os polos e son separados machos e femias (sexados).Despois, distribuense enviando a maior cantidade de machos para granxas de engorde e as femias para galiñas ponedoras. As galiñas non interesan para o engorde porque collen menos cantidade de quilos nos meses que pasan nas granxas e dan gastos similares.

  23. ana.aso.1a di:

    Si os cientificos fosen capaces de modificar os xenes para que en vez de ser un macho con rasgos femias , fose una femia con rasgos machos isto beneficiaria moito a os avicolas, xa que poderian aumentar a crianza.

  24. jose.aso.1b di:

    Na miña opinión, penso que está ben descubrir novas cousas e seguir avanzando no campo da ciencia, pero opino que non deberiamos modificar a natureza, en particular non deberiamos modificar os xenes destes polos.

  25. ana.aso.1b di:

    Paréceme un post interesante ya que se vai a ser bo para a industria avícola a vez indirectamente vai ser bo para todos.

  26. andrea.aso.1a di:

    A modificación xenética altera os xenes e, consecuentemente, as características do individuo.
    Coa modificación xenética, é posible transferir xenes dunha especie a outra. Isto é así porque todos os xenes, tanto humanos como vexetais, animais ou bacterianos son creados a partir do mesmo material. Os científicos xenéticos dispoñen así dunha enorme cantidade de características xenéticas donde elixir.

  27. leticia.aso.1a di:

    O que se fala neste posr paréceme de gran interese xa que produce un avance notable na produción agrícola.
    A min persoalmente non me parece mal que se modifiquen xéneticamente os xens dun animal para a produvión agrícola, xa que produciría uns beneficios a humanidade; no que non estaría dacordo e coa manipulación, por exemplo un tema que xa falamos en anteriores posts, dos xens dun can, xa que sería por unha cuestión pura de estética, e dicir, producto dos nosos caprichos.

  28. rubenlois.aso.1a di:

    As datas de finalización de comentar e crear post paréceme algo precipitada. Deberían de incrementarse estas datas límites unha semana máis.

  29. santibras.aso.1a di:

    O tratado neste post é interesante debido a que gracias a isto a producción agrícuola melloraría.

    Estou dacordo con Leticia no de que pa estas cousas está ben modificar xeneticamente os animais, porque melloraría a industria avícola, pero por só estética non está ben.

  30. ivanabal.aso.1a di:

    Eu estou dacordo de modificar xeneticamente os animais, pero con alguns limites. Eu creo que melloras as galiñas para que non poidan volver a ter a epidemia da gripe aviar si, pero que os productos dos que disfrutamos de unha galiña non sexan alterados.

  31. ana.aso.1b di:

    Eu tamén estou de acordo en modificar xeneticamente aos animas e sempre que sexa para o ben de todos nos ainda máis , pero tampouco hai que exceder os limites e que o producto que se vai a dar ao final non esté alterado completamente xa que todo pasaría a ser artificial.

  32. marcelina.aso.1a di:

    Paréceme corecto o que di Iván Abal, está ben usar a modificación para evitar enfermidades que xa crearon epidemias nestas aves, pero non para aumentar os beneficios dunha empresa privada!

  33. maria.aso.1a di:

    Penso que Abal ten razón…unha mellora impedindo propagacións e epidemias como a da gripe aviar, cuxos virus forman parte dos do xénero Influenzaviris, da familia Orthomyxoviridae e son virus de ARN segmentados.Este virus, ademais está en constante proceso de mutación e vai incrementando a súa agresividade; polo que modificar aos polos para que non poidan padecer esta enfermidade, que tamén pode saltar a seres humanos, sería verdadeiramente interesante.

  34. adrian.aso.1a di:

    Estou dacordo no que din os meus compañeiros sobre alterar xenticamente os animais sempre que sea para evitar enfermidiades pero espero que non se modifiquen ata un punto en que comamos vaca ou porco e todo sexa o mesmo.

  35. leticia.aso.1a di:

    Creo que o que puxen no meu comentario anterior se interpretou un pouco mal, ou ben me espresei mal eu. Si que dixen que me parecía ben que se manipulasen os xenes dunha galiña pero non porque estes dean un beneficio puramente avícola, que me parece igualmente ben, senon que é un ben para todos xa que como ben dixeron os meus compañeiros anteriores poden impedir nestas modificación xenéticas que se propaguen epidemias xa coñecidas por nós e que poderían chegar a afectarnos a nos persoalmente. Por outro lado creo que o de que esta técnica estaría mal por unha cuestión de estética producto dos nosos caprichos quedou claro no meu comentario anterior.

  36. carolina.aso.1b di:

    E despois dise que a ciencia non vale para nada e que sempre falan do mesmo,pois eu creo que cada vez danse pasos mais interesantes e que poden favorecer moitos aspectos da vida,a partir dela podense descubrir moitas formas de evitar epidemias catastroficas asi como a gripe aviar,como xa decian os meus compañeiros.