Mamuts anticonxelantes

imagen

Ó que chegan os científicos non deixa  de darnos sorpresas; cun óso e cun puñado de bacteiras “reviviron un mamut”. A universidade canadense de  Manitoba  publicou un interesante estudio na revista  Nature Genetics: colleron ADN de tres mamuts lanudos enterrados baixo o permafrost siberano dende hay 43.000 anos e posteriormente  inxectaron un xene específico destes paquidermos nunha bacteria viva, a Escherichia coli. Removendo a mestura obtiveron un resultado impresionante; hemoglobina de mamut plenamente funcional, operativa e o máis importante, portadora dun gran segredo; a fórmula anticonxelante que permitiu a estas fascinantes criaturas sobrevivir ás cruas temperaturas da Siberia prehistórica.

Estes científicos illaron o xene responsable da hemoglobina. Logo este xene, unha vez insertado na bacteria , desenvolveu a especial proteína que lle permitía á prehistórica  hemoglobina liberar osíxeno en cantidades constantes aínda a temperaturas extremadamente baixas. A hemoglobina dos elefantes actuais non é capaz de facer iso; nin a dos humanos. As nosas funcionan mellor con temperaturas cálidas, que son as que existen na nosa época. Con estas condicións os  músculos traballan mellor, pero en canto a temperatura baixa moitos graos entumécense, facéndose máis lentos e torpes. Coa hemoglobina anticonxelante os sistemas locomotores dos mamuts mantíñanse en perfecto estado e podían defenderse nos ambientes hostís que formaban o seu hábitat natural.

imagen

Autor: Ángel Fernández

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, General e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to Mamuts anticonxelantes

  1. andrea.aso.1a di:

    Este post paréceme moi interesante, xa que esto non é un acontecemento que se vexa todos os dias.
    Inxectaron o xen de tres mamuts na bacteria Escherichia coli que no seu hábitat natural, vive nos intestinos da maior parte de mamíferos sans. É o principal organismo anaerobio facultativo do sistema dixestivo. En individuos sans, é decir, si a bacteria non adquiere elementos xenéticos que codifican factores virulentos, a bacteria actúa como un comensal formando parte da flora intestinal e axudando así a absorción de nutrintes.

  2. santigonzalez.aso.1a di:

    Os mamuts non eran os únicos animais que vivían en Siberia e nos sitios conxelados, polo tanto podemos afirmar que outros animais tamén teñen este tipo de hemoglobina anticonxelante.

  3. laura.aso.1a di:

    Este descubrimento demostra que os organismos adaptámonos as condicións do medio, os mamuts viviron nunha época de glaciacións polo tanto con temperaturas moi baixas, por eso a súa hemoglobina modificouse, en cambio os paquidermos actuais, non posuen esta hemoglobina, xa que as condicións ambientais son moi distintas.

  4. victor di:

    Non o podemos afirmar, Santi, ata que se confirme.
    Isto o único que demostra é que os seres vivos nos adaptamos ao ambiente.
    Explicade a evolución da hemoglobina dos mamuts ao ambiente frio, utilizando a tería de selección natural de Darwin.

  5. ana.aso.1a di:

    Este decubrimento pareceme moi interesante, xa que como ben dixo Laura e un claro exemplo de adaptacion o medio, xa que estes mamuts vivian nunha epoca de gaciacion e o seu organismo tivo que fabricar esta hemoglobina para poder sobrevivir. Pola contra os elefantes actuais viven en un clima caluroso e esta hemoglobina non a necesitan.

  6. vanesa.aso.1b di:

    Hai entre 1,2 e 2 millóns de anos os mamuts emigraron cara latitudes máis altas.
    O feito de que esta especie tivese que emigrar e adaptarse ao novo medio fixo que se modificase xenéticamente, e esta modificación que a súa adaptación ao medio frío fose posible, evitando o conxelamento dos texidos ou a gangrena e coverténdoos en seres insensibles á temperatura.

  7. ana.aso.1a di:

    Estos mamuts evolucionaron con orellas pequenas e cola corta para aforrar enerxia no frio estremo.O viaxar o norte o mamut tubose que adaptar e moi rapido a condicions mais frias e para eso tiñan que haber cambiado a sua hemoglobina.Gracias as modificacion geneticas o mamut pudose volver casi insensible.
    A diferencia do elefante moderno , que desarrollou orellas moi grandes e outras caracteristicas para manterse frio no calor excesivo do veran e quente no inverno. o mamut evolucionou con pequena cola e orellas para aforrar enerxia no frio extremo.

  8. diego.aso.1b di:

    É impresionante o que os científicos descobren e a capacidade dos mamuts para adptarse o medio.Ainda que nos non temos esta capacidade si ecerto que o ser humano abita en todos os lugares do mundo o que tamen quere decir que o ser humano adaptarse o medio onde vive ainda que nn sexa da misma maneira que un mamut.

  9. ruben.aso.1a di:

    Os mamuts vivían en lugares moi fríos como Siberia. Polo tanto tiñan unhas características que facían posible que se desenvolveran neses lugares e con esas condicións.
    A hemoglobina destes mamuts foise desenvolvendo e adaptando pouco a pouco o medio exterior, e trasmitida de xeración en xeración. Os mamuts que tiveran a hemoglobina menos adaptada ó medio acabarían morrendo mentras que os outros mamuts que tiveran a hemoglobina mellor adaptada ó medio sobrevivirían a estas circunstancias adversas.

  10. veronica.aso.1a di:

    No sangue dos mamuts apreciansetres modificacións en comparación coa hemoglobina común, as cales eran encargadas de transportar o oxígeno ao sangue dos mamuts, sen que o frío detera este proceso. Sen a adaptación darwiniana, non se produciría a modificación xenética e os mamuts non poderían soportar as baixas temperaturas

  11. victor di:

    Argumentade sobre se debemos considerar aos glóbulos vermellos como unhas células moi especializadas.

  12. ruben.aso.1a di:

    Os glóbulos vermellos teñen unha forma oval, bicóncava, aplanada, e sen núcleo. O deseño desta célula está pensado para o intercambio de O2 e CO2
    Estas células non están moi especializadas xa que a teñen unha única función a de transportar O2 e CO2 dos pulmóns as células e viceversa.

  13. karina.aso.1b di:

    Sí que debemos. Os glóbulos vermellos teñen forma bicóncava para adaptarse a unha maior superficie de intercambio de osíxeno por dióxido de carbono nos texidos, carecen de núcleo xa que o perderon na fase de diferenciación celular, conteñen a hemoglobina e teñen unha vida media de 120 días apróximadamente. Teñen unhas 7 micras de diámetro que lles permite escurrirse a través de alguns dos capilares máis estreitos do sistema circulatorio.

  14. marcelina.aso.1a di:

    Os glóbulos si que son células especializadas xa que teñen que recoller o O2 proveniente dos alvéolos e levalo a tódalas células e tamén recollen o CO2 que será expulsado posteriormente. Teñen forma cóncava e nos humanos cando acadan a madurez carecen de núcleo non así nas aves e nos anfibios.

  15. laura.aso.1a di:

    Na miña opinión os glóbulos vermellos son unhas células especializadas, no transporte de osíxeno.

  16. raqueltrigo.aso.1b di:

    Os globulos vermellos teñen a capacidade pra combinarse có o oxíxeno no momento en que as duas substancias entran en contacto,isto ocurre nos pulmons.
    Os glóbulos ¡vermellos recollen tamén o bióxido de carbono que producen as células ó desdobrar os nutrentes.
    Ademáis, traballan incesantemente recorrendo o aparato circulatorio o rededor de 300 000 veces antes de envexecer e desintegrarse tras unha vida media de 120 días.

  17. roberto.aso.1a di:

    Os globulos vermellos son células especializadas no transporte de osíxeno, actividade que realizan gracias a hemoglobulina.

  18. raquel.aso.1b di:

    Os glóbulos vermellos son os principais portadores de osíxeno ás células e ós texidos do corpo, e por iso se poden considerar células especializadas.

  19. ana.aso.1a di:

    Os globulos vermellos son especializados en transportar osixeno.

  20. angel.aso.1a di:

    A súa misión é transportar osíxeno.
    A célula perdeu o seu ARN residual, algunhas enzimas importantes e as súas mitocondrias,polo tanto non é capaz de sintetizar novas proteínas ou lípidos; está moi especializada.

  21. veronica.aso.1a di:

    Hai persoas que non consideran ao sangue como un tecido, pero as que si o consideran como tal din que está formado por células pouco diferenciadas (especializadas). O tecido formador das células sanguíneas é o tecido óseo esponxoso que contén a médula ósea vermella (este tecido encóntrase na diáfase dos ósos longos e na parte interna dos ósos planos) e tamén é un tecido formado por células pouco diferenciadas.

  22. maria.aso.1a di:

    Si!..os glóbulos vermellos, eritrocitos, son células do sangue especializadas no transporte de osíxeno; e dentro deste transporte inclúen varias fases ou ciclos inda máis especializados en funcions específicas(ciclo pas pentosas, de raport-luebering, via hemoglobina reductasa…)

  23. sabina.aso.1a di:

    Con respecto a este post gustaríame falar da hemoglobina: A hemoglobina é un pigmento especial que dá a os glóbulos vermellos a súa cor vermella característica. A súa molécula posúe ferro, e a súa función é o transporte de osíxeno. Está presente en todos os animais, excepto nalgúns grupos de animais inferiores. Participa no proceso polo que o sangue leva os nutrientes necesarios ata as células do organismo e conduce os seus residuos ata os órganos excretores. Tamén transporta o osíxeno desde os pulmóns (ou desde as branquias, nos peixes), donde o sangue o capta, ata os tecidos do corpo.
    Cando a hemoglobina se une ao osíxeno para ser transportada ata os órganos do corpo, chámase oxihemoglobina. Cando a hemoglobina se une ao CO2 para ser eliminada pola expiración, que ocorre nos pulmóns, recibe o nome de desoxihemoglobina.

  24. leticia.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta de Victor os glóbulos vermellos son células especializadas, xa que son as encargadas do transporte de osíxeno a todos os tecidos do corpo.

  25. andrea.aso.1a di:

    Nos glóbulos vermellos a hemoglobina é un dos seus principais compoñentes, o seu obxetivo é transportar o osíxeno ata os diferentes tecidos do corpo. A cantidade considerada normal fluctúa entre 4.500.000 (na muller) e 5.000.000 (no home) por milímetro cubico de sangue.

  26. paula.aso.1b di:

    Respondendo a pregunta de Victor, os glóbulos vermellos si que se consideran células especializadas, xa que as células especializadas dun organismo multicelular dependen estre sí para os aspectos máis básicos da sua existencia; como por exemplo, a necesidade de incorporar O2 e nutrintes, así como, a correspondente eliminación de productos de desfeito, e os glóbulos vermellos realizan esta actividade.

  27. victor di:

    AVISOS:
    1.- HOXE PECHARASE O FORO
    2.- O 31 DE MAIO FOI O ÚLTIMO DÍA PARA FACER UN POST (NON SE PODERÁN METER NOVOS POST NESTE MES)
    3.- O 13 DE XUÑO SERÁ O ÚLTIMO DÍA PARA FACER COMENTARIOS NOS POST

  28. marcelina.aso.1a di:

    Neste post fálase dunha bacteria moi importante que é a Escherichia coli é quizais o organismo procarionte máis estudado polo ser humano, trátase dunha bacteria que se atopa xeralmente nos intestinos animais, e polo tanto nas augas negras. Foi descrita por primeira vez en 1885 por Theodore von Escherich, bacteriólogo alemán, quen a denominou Bacterium coli. Posteriormente a taxonomía adxudicoulle o nome de Escherichia coli, en honor ao seu descubridor. Esta e outras bacterias son necesarias para o funcionamento correcto do proceso dixestivo, ademais de producir as vitaminas B e K. É un bacilo que reacciona negativamente á tinción de Gram (gramnegativo), é anaeróbico facultativo, móbil por flaxelos peritricos (que rodean o seu corpo), non forma esporas, é capaz de fermentar a glucosa e a lactosa.
    É unha bacteria utilizada frecuentemente en experimentos de xenética e biotecnoloxía molecular.