Xerando vida

Segundo un equipo de investigadores estadounidenses, os icebergs que rodean a Antártica, lonxe de ser estériles cubos de xeo, son lugares cheos de actividade que poden ter un papel importante na loita contra o cambio climático. Os pequenos ecosistemas mariños que se forman arredor dos bloques de xeo, de auga derretida mesturada coa auga do mar, poden servir para absorber o CO2 da atmósfera e mergullalo no océano, dado que as algas absorben o C liberando  O2 a través da fotosíntese e logo o pasan á cadea alimentaria. Convértense así nun foco de atracción para pequenos peixes, algas e incluso aves.

 

imagen

A conclusión do estudo sorprendeu á comunidade científica porque as augas cercanas ós icebergs teñen clorofila, krills e aves mariñas en moita maior cantidade cas augas onde non hai témpanos de xeo flotantes. Ademais, esta tendencia é visible ata  a 4 km dos icebergs.

Na zona estudiada, os investigadores detectaron 89 icebergs dun tamaño semellante e calcularon que arredor do 40% da auga superficial foi influida polo xeo que se estaba derretendo  polo que, segundo os autores do estudo, estes bloques  contribúen a aumentar a producción, captura e almaceamento de carbono orgánico nestas áreas e o seu efecto esténdese conforme as taxas de quentamento e produción de icebergs aumenten.


Autora : Paula González

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to Xerando vida

  1. laura.aso.1a di:

    Os minerais que liberan os icebergs no seu proceso de derretemento, potencian o florecemento do fitoplancton, que absorbe CO2. O fitoplancton é o alimento duns organismos similares a os camaróns chamados kril, cuxos residuos orgánicos, que conteñen carbono, afúndense ata o fonto do océano.

  2. patricia.aso.1b di:

    Este post pareceme moi interesante, posto que non sabia que os icebergs, poden contribuir a redución do cambio climatico, gracias os pequenos ecosistemas que se forman arredor dos bloques de xeo coa auga derretida e mesturada coa auga do mar que absorbe o CO2. Ainda que sexa benificioso para o cambio climantico estes icebergs o derreterse axudan a que aoumente o nivel da auga do mar, o que non e moi benificioso.

  3. diego.aso.1b di:

    Esto demostra a importancia que ten coidar do medio ambiente evitando o cambio climático,polo efecto invernadoiro xa que este pola calor producida que derrite o xeo,e este axudanos a controlar o CO2 emitido a atmosfera.

  4. santigonzalez.aso.1a di:

    Paréceme interesante, pois non sabía que os icebergs tamén absorberan CO2 ó derretirse. Pero como di Patricia ó aumentar o nivel do mar non é unha solución moi viable.

  5. andrea.aso.1a di:

    Non tiña coñecementos sobre isto, non sabia que os icebergs poderian axudar a loita contra o cambio climatico, e grazas aos pequenos ecosistemas que teñen algas, que conteñen a clorofila que é o pigmento de cor verde presente en plantas e algas e é fundamental na
    fotosíntesis, na cal absorben C e liberan O2.

  6. sabina.aso.1a di:

    Con respecto a este post, gustaríame dicir algo acerca dos icebergs: Un iceberg é un pedazo grande de xeo doce flotante desprendido dun glaciar formado por neve, ou dunha plataforma de xeo. Os icebergs son arrastrados hacia latitudes máis baixas, a veces axudados polas correntes mariñas frías de orixe ártico, como é o caso da Corrente do Labrador ou de Groenlandia. De un iceberg sobresae da agua só unha oitava parte do seu volume total, polo que estas masas xélidas constitúen un perigo para a navegación, xa que poden acadar dimensións enormes.
    O xeo que forma os icebergs está orixinado nos glaciares continentais, e por eso poden acadar dimensións considerables. Non procede da auga mariña, porque o xeo que se forma na superficie do Océano Ártico, por exemplo, nunca chega a ter un espesor grande, xa que a presión que recibe a agua a varios metros de profundidade é o suficientemente grande como para impedir que se conxele. O xeo é menos denso que a agua; por eso flota, e por eso, tamén, non pode formarse xeo a certa profundidade: máis aínda, o xeo que se forma na banquisa do Océano Ártico tamén está formado por auga doce e fórmase máis por escarcha que por neve, procedente da auga atmosférica.
    Estas illas de xeo existen gracias a unha propiedade notable da auga: na súa forma sólida ten menor densidade que en estado líquido. Si non fose éste o caso, o xeo acumularíase no fondo dos océanos e non na súa superficie.

  7. leticia.aso.1a di:

    Estes estudos realizados pareceme que poden ser de gran utilidade para combatir dalgunha maneira o cambio climático, xa que debido a existencia deses pequenos ecosistemas mariños que se forman arredor dos bloques de xeo, de auga derretida mesturada coa auga do mar, poden servir para absorber o CO2 da atmósfera,e que nun futuro próximo, ou eso espero, xunto con un pouco de responsabilidade por parte de cada un dos cidadáns do noso planeta poderiamos estar ante unha gran solución a este problema que está tan presente na actualidade e que falamos e discutimos xa moitas veces nesta asignatura.

  8. karina.aso.1b di:

    En este post pódese comprobar como finalmente que os icebergs aumenten e algo positivo xa que contribúen a aumentar a producción e absorción do CO2 da atmósfera. Sinceramente non me imaxinin que isto puidese ser así.

  9. veronica.aso.1a di:

    Os iceberg xogan un papel importante dentro da oxigenación dos océanos. Hai uns meses un iceberg de 2500 km cuadrados, chocou contra un glaciar da Antártida desplazando outro bloque de xeo. Os expertos están preocupados porque a zona na que estaba o glaciar podería encherse de xeo mariño, o que perxudicaría a capacidade da auga densa para fundirse. Esta auga que descende as concas oceánicas alimenta con O2 as corrientes oceánicas. Como hai poucas zonas no mundo onde isto suceda podería ocorrer que moitos lugares dos océanos do mundo perdan O2.

  10. ana.aso.1a di:

    Este post pareceme moi interesante, porque nunca pensei que os Icebergs, o estarense derretendo, estarían contribuindo o desenvolvemento mariño. Pero claro, si sempre decimos que os icebergs se estan derretendo, e con iso aumenta o nivel do mar, e vai desaparecendo todo pouco a pouco, o fin e o cabo, que nos beneficia mais, que se derretan ou no?

  11. victor di:

    A cuestión é por que se derreten os iceberg?
    O CO2 que capturan os organismos vivos nas augas próximas aos iceberg poderá frear o cambio climático?

  12. rubenlois.aso.1a di:

    Os icebergs estánse a derreter debido ao progresivo aumento da temperatura terrestre. Ao estar en contacto coa auga tamén facilita a que este se derreta, pero iso non é o máis importante, o que importa neste tema é que os porganismos que capturan o CO2nas augas que están próximas aos icebergs non vai poder frear o cambio climático, senón que frear o cambio climático está nas nosas mans.

  13. santigonzalez.aso.1a di:

    Os xeos polares derrétense por culpado aumento da temperatura do planeta, por causa do efecto invernadoiro producido polo CO2. Os organismos non frearían o aumento do CO2, como moito frearían unha pequena parte, pois só captarían a parte de CO2 dese punto da Terra, e donde máis CO2 se emite e preto do ecuador, como di Ruben frear o cambio climatico é cousa nosa.

  14. ana.aso.1a di:

    Como ben dixo o meu compañeiro Ruben debido a o progresivo aumento de temperatura os icebergs estanse derretendo e ao estar en contacto coa auga empeora a situación.
    Por outra parte eu penso que o cambio climatico non o poderemos combater mediante este sistema, pero pode ser que nos axude a combatelo e nos tamen temos que por da nosa parte para frear isto.

  15. adrian.aso.1a di:

    A causa principal de que os icebergs se derretan é o aumento das temperaturas. A maioría dos glaciares perderon nas últimas décadas tanto masa como superficie, coa excepción do périodo 1940-1980 aproximadamente durante o cal, debido a un lixeiro enfriamento global, moitos glaciares recuperaron algo de volume ou como mínimo conservaron o que lles quedaba. A partir de 1980 a temperatura continuou incrementándose ata os noso días, polo que a maioría dos glaciares do mundo desapareceron completamente ou están amenazados.

  16. raquel.aso.1b di:

    Os icebergs estanse derretindo debido ó cambio climático ocasionado pola gran cantidade de CO2 que se emite á atmosfera, e isto está provocando o quentamento global das temperaturas.
    Dende o meu punto de vista, penso que os organismos vivos que habitan preto dos icebergs non van a frear o cambio climático senón que eles poden axudar nunha parte minúscula a combatelo, pero quen realmente podría axudar a frear esta gran catástrofe, seríamos os seres humanos, pero desgraciadamente a xente non está o suficientemente concienciada.

  17. leticia.aso.1a di:

    Os icebergs derrétense debido a un aumento progresivo da temperatura terrestre facilitándose este derretemento ao estar en contacto coa auga.
    Por outro lado, como xa dixen en comentarios anteriores esto pode axudar a frear o cambio climático aínda que principalmente está nas nosas mans xa que sómolos causantes directos deste fenómeno que se está producindo e que está traendo consecuencias terribles. De non ser pola nosa inconsciencia esto non nos estaría pasando!Xa vai sendo hora de que aceptemola realidade e fagamos algo por evitalo cambio climático!

  18. andrea.aso.1a di:

    Derrétense polo progresivo aumento da temperatura causada polo efecto invernadoiro.
    Como curiosidade dous dos icebergs estudiados en detalle en 2005 eran de máis de 30 kilómetros de largo, uns 40 metros de altura sobre o nivel e un de eles con unha masa submariña que se extendía a uns 330 metros por debaixo da superficie.
    Tamén atopei que o fitopláncton en torno os icebergs enriquecéuse coa presenza de grandes cantidades de células diatomeas.

  19. paula.aso.1b di:

    O quentamento das augas do océano provocado polo cambio climático volveu progresivamente máis delgada as capas inferioses da barra de xeo. ISto provoca moitas veces que enormes trozos de xeo desprendanse e vaguen polo océano adiante chegando a lugares como Australia e Nova Zelanda.

  20. ruben.aso.1a di:

    Os icebergs derrétense polo aumento progresivo da temperatura terrestre e tamén da auga do mar, que facilitan que o xeo destas enormes masas se derrita.
    Os océanos son un gran sumidoiro de CO2 , este aumento provoca problemas ecolóxicos pola acidificación do mar. Os océanos teñen un límite para disolver este gas, e polo tanto os organismos vivos nas augas morrerán a causa da acidificación do mar. Estes organismos vivos non poderán frear o cambio climático xa que este proceso temelo que frear os seres humanos que somos os responsables deste fenómeno.

  21. marcelina.aso.1a di:

    Nos polos os icebergs estanse a derretir por culpa do aumento de temperatura debido ao cambio climático. Que esto non ocorra está nas nosas mans contribuíndo a facer un planeta máis limpo e libre de emisións.