Sentido e sensibilidade…vexetal

As plantas realizan a función de relación en forma de fenómenos como a caída das follas, a floración, o brote das xemas, a xerminación das sementes…; fenómenos que teñen lugar dependendo das condicións ambientais que son percibidas polas plantas. O cambio climático producíu transtornos nalgúns organismos vexetais afectando ao seu reloxo biolóxico xa que o aumento das temperaturas fai que, por exemplo, as plantas florezan de maneira prematura.

http://floresyjardin.es/wp-content/uploads/2010/02/resistencia-fr%C3%ADo-plantas.jpg

 Pero os vexetais tamén se relacionan co medio gracias a unha serie de substancias mediadoras que reciben o nome de fitohormonas ou hormonas vexetais, que cando se producen en determinadas circunstancias danlle unha gran capacidade de adaptación ao medio.

Pero as manifestacións máis evidentes da función de relación en vexetais son os tropismos e nastias.  As nastias son as respostas da planta a determinados estímulos en forma de movementos transitorios e recuperables, que afentan únicamente a partes concretas da planta. Hai dous tipos de respostas unhas provocadas polo contacto ou pola luz, algúns dos exemplos máis claros serían o “Don Diego de día” ou o “Don Diego de noite”, o “xirasol”,  as follas da “mimosa púdica”, a Dionaea muscipula ( “venus atrapamoscas”)…


Autora: Verónica Oubiña

Esta entrada foi publicada en General e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.