Augaaaa…!

Os científicos xa sospeitaban da existencia de xeo en asteroides, mais é a primeira vez que se confirma, a través do uso de Telescopio Infravermello da NASA encontraron una fina capa de xeo e materia orgánica presente na superficie do asteroide 24 themis. Os investigadores indican que o xeo podería ser aínda máis abundante no interior do asteroide.

imagen

 Este descubrimento pode explicar a orixe da auga na Terra. Os restos orgánicos atopados en 24 themis, asteroide de 200 Km de diámetro (é un dos maiores asteroides do cinturon entre Marte e Xúpiter), teñen unha longa cadea de moléculas, isto  suxire que de chegar á Terra foron determinantes para o desenvolvemento da vida.


Os investigadores non se explican a presenza de xeo sobre o asteroide por mor da súa proximidade ao sol, pero pensan que pode depender da latitude, e así formaríase de forma cíclica. Trasladando estes resultados a outros sistemas planetarios, a presenza de elementos esenciais da vida – auga e moléculas orgánicas – poderían ser máis comúns do que pensabamos.

Autora: Ana Piñeiro

Esta entrada foi publicada en General, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Augaaaa…!

  1. laura.aso.1a di:

    Polo de agora non se pensaba que poidese haber auga en outros planetas, só se descubriran evidencias de que Marte posuía auga, con este descubrimento, poderase explicar mellor a aparición da auga na Terra e a formación de vida noutros planetas.

  2. santigonzalez.aso.1a di:

    Este escubrimento pódese utilizar para entender mellor a evolución dos planetas e outros corpos celestes nos que podería haber auga. Por outra banda tamén podríamos atopar seres vivos que puderan vivir sen a necesidade de auga e sen atmosfera.

  3. anadia.aso.1b di:

    Este asteroide ten unha capa xeada extensa pero delgada. É probablemente alimentado por un depósito extenso de auga xeada nas profundidades da rocha que unha vez pensouse que era seca e desolada, ademáis, os científicos non solo encontraron xeo, encontraron moléculas orgánicas, similares a os que puideron haber comezado a vida na Terra.

  4. manuel.aso.1a di:

    Pareceme incrible a velocidade coa que se estan a descubrir novos coñecementos que descoñecíamos e a rapidez coa que somos capaces de facer encaixar as pezas do noso planeta para intentar saber como se formou.

  5. angel.aso.1a di:

    Este gran descubrimento reafirma a hipótese de que a agua puido chegar dende o espacio exterior e favorecer á vida nun estado primitivo. Os astrónomos sostiveron esta teoría durante anos xa que sabían que a agua no puido resistir ao periodo da Terra onde todo era magma.
    Moitos astrónomos pensaban que tampouco a auga podería chegar nos asteroides pola súa temperatura, pero este último descubrimento tira polo chan todas esas teorías e acércanos cada vez máis ata a nosa orixe.

  6. raquel.aso.1b di:

    Un asteroide é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico máis pequeño que un planeta pero máis grande que un meteorito, que orbita arredor do Sol nunha órbita interior á de Neptuno. A maioría dos asteroides do noso sistema solar poseen órbitas semiestables entre Marte e Xúpiter, conformando o chamado cinturón de asteroides, pero algún son desviados a órbitas que cruzan as dos planetas maiores.

  7. andrea.aso.1a di:

    Estou de acordo con que este novo coñecemento é algo extraordinario que axudara aos cientificos a descubrir moitas máis cousas sobre os planetas, a chegada da auga a terra e etc..

  8. ivanabal.aso.1a di:

    Esta confirmación implica un cambio na forma de pensar de como se desenvolveu a vida na terra. Este feito é moi importante xa que igual que en este asteroide ai auga, en outros planetas poderia haber auga.

  9. paula.aso.1b di:

    O material hidratado recén descuberto no asteroide ten unha composición moi similar á da auga dos oceanos do noso plantea, o que fai pensar nun posible orixe cósmico do H2O.

    A Terra atópase demasiado preto do Sol para que o vapor da auga se poidese consensar en xeo. Por iso, o auga dos océanos deben proceder doutros corpos máis lonxanos do Sol.
    A presencia de xeo no asteroide é, polo tanto, unha posible resposta o enigma que plantexa a orixen do auga da Terra.

  10. ruben.aso.1a di:

    Este descubrimento implica un cambio enorme na maneira de concibir como se creou a vida no noso planeta.
    O asteroide 24 Themis é un dos máis grandes do cinturón principal de asteroides. Este asteroide na súa superficie posúe auga conxelada e tamén se detectaron compostos orgánicos na superficie, aínda que é un fenómeno moi estraño que haxa xeo na superficie deste asteroide pola súa proximidade o Sol. Por este motivo , o xeo da superficie pode ser alimentado por un depósito subterráneo de auga.

  11. leticia.aso.1a di:

    Ata o de agora era impensable a posibilidade de encontrar auga noutros planetas, pero grazas ao avance destes estudos co paso do tempo poderemos chegar a descubrir moitas outras cousas que polo de agora nin pensamos sobre o noso planeta, e ovbiamente tamén acerca do resto dos planetas do sistema solar.
    Compre dicir tamén que estes descubrimentos poden traer consigo a aparición de novas formas de vida, que aparentemente na actualidade ainda non hai indicios da súa existencia.

  12. victor di:

    Que tipo de moléculas orgánicas aparecen neste asteroide? Como se puido formar?

  13. rubenlois.aso.1a di:

    Neste tipo de asteroides encóntranse diferentes tipos de moléculas que son compostos de carbono similares aos que se atopaban en meteoritos primitivos.
    A auga que se atopou neste asteroide está conxelada e algunhas das partículas que se desprenden son partículas de xeo sucio que se desprende deste.

  14. andrea.aso.1a di:

    Neste asteroide revelaron que ademáis de ter unha capa moi fina de escarcha na superficie, tamén existe presenza de material orgánico.
    Aínda non está do todo confirmado, porque seguen estudando e recolectando evidencia, pero as moléculas do material orgánico encontrado poderían ser os elementos necesarios para que habite vida.

  15. santigonzalez.aso.1a di:

    Atopáronse compostos con carbono e xeo, o cal pode ser que exista vida nese asteroide, aínda que sexan microorganismos. Para conseguir vivir nese asteroide os seres vivos deberían ser anaerobios, pois non terían aire para respirar e ademais deberían ser moi resistentes, dado que a temperatura dun asteroide é extrema.

  16. roberto.aso.1a di:

    Como ben comentaba Barreiro poida que a vida superdesenvolvida que coñecemos agora evolucionara duns pequenos organismos que estiveran no meteorito e que fosen qen de aguantar condicións extremas o impactar coa Terra.

  17. ruben.aso.1a di:

    Os asteroides son interesantes para os científicos porque entre outras cousas, están feitos da materia primordial da que se formou todo o Sistema Solar.
    No 24 Themis, encontráronse compostos de carbono similares os que se encontran nos meteoritos primitivos.
    A explicación que dan os científicos sobre como se puido formar é que a auga emerxe do interior do 24Themis e que , o sublimarse(de sólido a vapor) cubre toda a superficie. Deste xeito estaría renovándose constantemente a capa de xeo.

  18. ruben.aso.1a di:

    Os asteroides son interesantes para os científicos porque entre outras cousas, están feitos da materia primordial da que se formou todo o Sistema Solar.
    No 24 Themis, encontráronse compostos de carbono similares os que se encontran nos meteoritos primitivos.
    A explicación que dan os científicos sobre como se puido formar é que a auga emerxe do interior do 24Themis e que , o sublimarse(de sólido a vapor) cubre toda a superficie. Deste xeito estaría renovándose constantemente a capa de xeo.

  19. ana.aso.1a di:

    No asteroide atopouse moleculas orgánicas compostas de carbono, que devían de levar no interior do asteroide miles de anos. E esa capa de xeo, deveuse de formar, o estar canto tempo no interior do asteroide, que o chocar con outros asteroides e cometas, esas moleculas resurgiron do interior ata o exterior.

  20. maria.aso.1a di:

    O 24 Themis, descuberto en Nápoles en 1853 por Annibale Gasparis, for observado cun telescopio de infravermelles situado no cumio don volcán hawaiano(eso parece unha contradición…) recentemente, o que permitiu vislumbrar unha capa de xeo rodeándoo..que a pesar de pasar moi preto do Sol ou chegar a soportaar temperauras de 123º baixo cero non se evapurou(en teoría, tanto o calor coma as baixas presión provocarían a súa desaparición).
    Parece rocoso, aínda que non atopei nada concluínte a ese respecto…
    Se un ser vivo viñese nun asteroide e aterrase vivo na terra…había de ter unha coraza tan resistente coma o exterios das naves espaciais, pois a temperatura e o rozamento ao chocar coa atmosfera serían brutais.E coma ben cita Gonancio, deberia ser un ser anaerobio para poder sobrevivir no espacio.

  21. victor di:

    Existen estudios que defendan a orixe de vida na Terra a partir de organismos extraterrestres?

  22. sem.armando di:

    A min sorprendeme esta noticia debido a que non a escoitara ns medios de comunicación.

  23. laura.aso.1a di:

    Sí, o que propoñen nestes estudos, é a hipótese de que a vida puido chegar a Terra en corpos celestes provintes do espazo, que contiñan bacterias e outro tipo de microorganismos.

  24. santigonzalez.aso.1a di:

    Si, os especialistas neste campo din que hai probabilidades de que a vida chegara á terra en forma de bacterias e organismos minúsculos nos asteroides e corpos celestes que chocaban cntra ela unha vez arrefriou a codia.

  25. andrea.aso.1a di:

    A orixen da vida relaciónase cos sucesivos impactos de meteoritos que sufreu a Terra fai 4.000 millóns de anos, unha hipótesis impulsada polo recente descubrimiento de aparentes formas de vida en meteoritos marcianos, así como pola constatación da existencia de susbtancias “orgánicas” complexas no espacio sideral, uns científicos suxiren agora que o máis probable é que en ese periodo se formaran tamén na Terra diferentes tipos de vida extraterrestre, que haberían permanecido ocultas e que incluso poidéronse mezclar nos nosos xenes.

  26. manuel.aso.1a di:

    A orixe da vida relacionase cos sucesivos impactos de meteoritos que sufreu a Terra fai 4.000 millóns de anos, unha hipótese impulsada polo recente descubrimento de aparentes formas de vida en meteoritos marcianos, así como por constatación da existencia de substancias orgánicas complexas no espacio sideral.

  27. ruben.aso.1a di:

    Si, o estudio que defende a orixe da vida na Terra é a chamada panspermia.
    A panspermia é unha hipótese que suxire que as bacterias ou a esencia da vida están por todo o universo e que a vida comezou na Terra grazas a chegada destas bacterias o noso planeta.
    Esta hipótese ten moitos pros e contras. Un punto a favor desta teoría é que unha bacteria(Streptococcus mitis) foi levada a Lúa por accidente e despois de 3 anos puideron ser revividas sin dificultade cando chegaron de volta a Terra.

  28. cristian.aso.1b di:

    Este descubrimento supuxo unha grande información para a ciencia.
    Dise que esa capa de xeo provén do interior da rocha onde tamén encontraron moléculas orgánicas.
    Estas moleculas orgánicas son as creadoras da vida.
    Os asteroides están formados pola misma materia que está formado todo o sisteme solar, por eso son tan importantes para os científicos.

  29. paula.aso.1b di:

    O estudo que plantexa esa posibilidade denomínase exogénesis.

    É unha hipótese de que a vida primitiva puido formarse orixinalmente fora da Terra. Suponse que unha choiva de material procedente de cometas que se precipitou sobre a Terra primitiva puido traer cantidades insignificantes de moléculas orgánicas complexas e, quizais, a misma vida primitiva formada no espacio foi traida á Terra polo material cometario ou asteroides doutros sistemas solares.

  30. rubenlois.aso.1a di:

    Respondendo á pregunta de si hai estudos que expliquen a orixe terrestre por medios extraterrestres ou por vida noutros planetas digo que si que existen esas teorías.

  31. marcelina.aso.1a di:

    Outra alternativa á abiogénesis terrícola é a hipótese de que a vida primitiva puido haberse formado originalmente fose da Terra (advírtase que exogénesis está relacionado, pero non é o mesmo que a noción de panspermia). Suponse que unha choiva de material procedente de cometas que se precipitou sobre a Terra primitiva puido traer cantidades significativas de moléculas orgánicas complexas e, quizais, a mesma vida primitiva formada no espazo foi traída á Terra por material cometario ou asteroides doutros sistemas estelares.

  32. diego.aso.1b di:

    Parece incrible,que buscando auga en Marte por ser o máis semellante non a encontren e si encontren auga tan próxima o sol polo que non sempre ai que mirara no sitio máis evidente.