Ultimátum á sequía

imagen

Realizan un exitoso experimento en Berlín (Alemaña) que consegue facer chover utilizando raios láser. O suizo Jérôm Kasparian e o seu equipo de físicos da Universidade de Xenebra, crearon a posibilidade de formar nubes para despois provocar a caída de gotas de chuvia ao emitir, sobre elas,  pulsos breves de lúz laser infravermella nunha cámara de aire con auga saturada a -24ºC.

O láser xerou nubes por extracción de electróns de átomos no aire, que favorecen a formación de radicais de hidroxilo. Estes convirten os dióxidos de sulfuro e nitróxeno que se encontran no aire, en partículas que actúan como “sementes” (núcleos de condensación)  para “cultivar” as gotas de auga.

imagen

Nunha segunda fase , o experimento foi probado no exterior, disparando o láser no ceo de Berlín, en distintas noites con diferentes condiciós atmosféricas. Os científicos puideron comprobar que as gotas de choiva estaban a formarse aínda que non observaron directamente a formación de nubes.

Autora: Raquel Trigo Núñez

Esta entrada foi publicada en General, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Ultimátum á sequía

  1. paula.aso.1b di:

    As partículas de aerosol nas nubes poden provocar grandes cambios nos patróns de precipitación, e éstos, á sua vez, nos recursos rexionais de auga, e nos sistemas de circulación locais e golabais, que constituen o clima da Terra.

    Estudos recentes mostran que o incremento das concentracións ambientais das partículas de aerosois poden ocasionar tanto un aumento como unha disminución das precipitacións, polo que o papel que xogan ditas partículas continúa sendo unha das grandes incertidumbres da comprensión do sistemas climático.

  2. maria.aso.1a di:

    Parece un experimento moi interesante…aínda que non terá consecuencias andar rociando laser por ahi?…
    Podería ser unha solución á sequia…se chegase a todos(cousa dificil, penso)
    Recórdamne a unha noticia que saiu fai pouco, acerca dos chinos, que para o día dun desfile fixeran que asomara o Sol…

  3. victor di:

    Que é un aerosol?
    De xeito natural, de onde poden proceder os aerosois atmosféricos?

  4. juanjose.aso.1a di:

    Un aerosol é unha mezcla heteroxénea de partículas sólidas ou líquidas suspendidas nun gas.

  5. fatima.aso.1b di:

    Un aerosol é unha mezcla heteroxénea de partículas sólidas ou líquidas suspendidas nun gas.
    A propagación de aerosois pode ser de orixen natural ou debida á actividade humana. Algunhas partículas danse de maneira natural, procedentes dos volcans, as tormentas de polvo, os incendios forestais e de pastizales, e a pulverización de auga mariña. As actividades humanas, como a queima de combustibles e a alteración da superficie terrestre tamén xeneran aerosois. En términos globais, os aerosois artificiales xenerados polas actividades humanas, representan aproximadamente o 10% do total de aerosois na nosa atmosfera.

  6. carlos.aso.1a di:

    Os aerosoles atmosféricos defínense como dispersións de substancias sólidas ou líquidas no aire. As propiedades dos aerosoles que máis afectan aos procesos de contaminación atmosférica son o tamaño das súas partículas, a forma e a composición química.

  7. raqueltrigo.aso.1b di:

    Os aerosois atmosféricos son pequenas partículas sólidas ou líquidas presentes en suspensión na atmosfera.
    Ademáis de ser xerados por eventos naturais como as tormentas de area ou as
    erupcions volcánicas, istos aerosois son tamén emitidos en grandes cantidades por actividades de orixe antropoxénico, alcanzando niveis que afectan tanto o clima como a saúde humana.

  8. silvia.aso.1b di:

    Eu penso coma María, non terá consecuencias negativas o uso deste aparello? Aínda que poida ser unha solución á sequía sempre hai que ter en conta outros aspectos que poidan facer dano no medio ambiente.

  9. victor di:

    Por que unha pequena partícula sólida (núcleo de condensación)favorece a creación de nubes?

  10. vanesa.aso.1b di:

    Un núcleo de condensación ten composicións químicas moi variadas dependendo da orixe natural: desertos, volcáns…
    Pero a composición das gotas de auga vense alteradas dependendo dos gases que o rodean, podendo dar lugar á chuvia ácida, perigosa tanto para os seres humanos coma para os vexetais.

  11. victor di:

    Vanesa, non respondes á pregunta 9

  12. santigonzalez.aso.1a di:

    O núcleo de condensación favorece a condensación porque as gotas de auga en estado gaseoso necesitan un aporte enerxético e magnético para unirse e formar gotas líquidas de auga. En estado gaseoso sen núcleo de condensación non haberia gotas, manteríanse en estado gaseoso, conservando asi a súa masa en pequenas e separadas cantidades.

  13. jose.aso.1b di:

    Este é un descubrimento importante pero sobre todo interesante, xa que dentro de pouco poderemos facer que chova cando nos dea a gana.
    Na miña opinión, este proceso que se levaría a cavo para facer que chovera, creo que alteraría polo menos as previsións metereolóxicas.

  14. andrea.aso.1a di:

    As gotas de auga que se encontran en estado gaseoso precisan de aporte enerxético e magnético para formar as gotas, se estas gotas non teñen presenza dun nucleo de condensación lóxicamente seguirían estando en estado gaseoso.

  15. sabina.aso.1a di:

    A nova da que fala este post é verdadeiramente extraodinaria, xa que resulta moi impactante descubrir que se pode facer que chova utilizando raios laser. Esta nova é un novo exemplo de como están a avanzar os descubrimentos científicos, e este feito resulta moi gratificante e alentador, polo menos para min. De seguir a este ritmo iranse descubrindo novos inventos cada vez máis impresionantes.
    Con respecto á preguntas plantexada por Víctor gustaríame dicir que un aerosol é unha mezcla heteroxénea de partículas solidas ou líquidas suspendidas nun gas. O tamaño das partículas pode ser dende 0,002 µm a máis de 100 µm, isto é, dende unhas poucas moléculas ata o tamaño no que ditas partículas non poden permanecer suspendidas no gas ao menos durante unhas horas. A creación de aerosoles pode ser de orixen natural ou debida á actividade humana. Algunhas partículas danse de maneira natural, procedentes dos volcáns, as tormentas de po, os incendios forestais e de pastizais, e a pulverización de auga mariña.

  16. raquel.aso.1b di:

    Un núcleo de condensación é a partícula sobre a que se produce a condensación do vapor de auga existente na atmosfera.
    As nubes fórmanse o enfriar o aire húmedo da atmosfera e chegar a certa temperatura (punto de rocío), co cal o vapor de auga que contén condénsase en torno a pequeñas partículas de pó (núcleos higroscópicos). Con respecto á pregunta que formuluo Victor no atopei nada de xeito.

  17. ruben.aso.1a di:

    A condensación do vapor de auga en gotas de nube dáse sobre certas partículas de substancias que teñen moita afinidade co vapor de auga(núcleos de condensación). Estas moléculas de vapor de auga non son capaces de unirse en gotas de auga por sí solas, xa que necesitan núcleos de condensación para que se condense dito vapor e se formen as nubes.

  18. ruben.aso.1a di:

    Esta pequeña partícula sólida(núcleo de condensación) favorece a creación de nubes pero tamén inflúen outro proceso como os ascensos de aire. Cando o aire ascende expándese e por eso se enfría. Este aire frío admite menos vapor de agua que o aire cálido por este motivo empeza a producirse a condensación , e si a temperatura é baixa , crease a nube.

  19. victor di:

    Unha nube é vapor ou auga en estado líquido? Que necesita unha nube para precipitar en forma de chuvia?

  20. adrian.aso.1a di:

    Unha nube é un conxunto visible de partículas minúsculas de auga en estado líquido ou de xeo, ou de ambas ao mesmo tempo, en suspensión na atmosfera despois de se teren condensado en virtude de fenómenos atmosféricos.

  21. rubenlois.aso.1a di:

    Unha nube consta dunha masa visible formada por cristais de neve ou gotas microscópicas de auga que quedan suspendidas na atmosfera.
    Para que a nube precipite en forma de choiva débese producir un pequeno ascenso das temperaturas e así a auga precipita.

  22. andrea.aso.1a di:

    Unha nube é un hidrometeoro que consiste nunha masa visible formada por cristais de neve ou gotas de auga microscópicas suspendidas na atmosfera, as nubes son gotas de auga sobre polvo atmosférico.

  23. maria.aso.1a di:

    As nubes estan formadas por micrúsculas gotiñas de auga ou cristais de neve.
    Precipitan ao sobir as nubes ás capas altas da atmosfera, onde se solidifica a auga ata alcanzar un tamaño que esté suxeito á atracción da gravidade.

  24. santigonzalez.aso.1a di:

    Unha nube contén pequenas gotas de auga ou cristais de neve que ó producir un núcleo de condensación conseguen precipitarse en gotas de auga ou neve como nós as vemos ó caer.

  25. raquel.aso.1b di:

    As nubes son gotas de auga sobre pó atmosférico polo tanto non é vapor senón auga en estado líquido.

  26. leticia.aso.1a di:

    Unha nube está formada por un conxunto de partículas de auga en estado líquido ou en cristais de xeo, ou incluso das dúas formas á vez.
    Por outro lado , contextando a segunda pregunta, para que unha nube precipite en forma de choiva debe haber un aumento de temperatura.

  27. ruben.aso.1a di:

    Unha nube é unha masa visible formada por cristais de neve ou gotas de auga microscópicas suspendidas sobre polvo atmosférico.
    Cando as gotas de auga se fan máis grosas e pesadas xunto con outros factores moi complexos como a diferenza de cargas eléctricas que permiten a atracción das gotas entre outros fan que as nubes precipiten en forma de chuvia.