A vida sintética xa chegou!

                         imagen

Un equipo liderado por Craig Venter (“pai do xenoma humano”), logrou fabricar unha célula artificial íntegramente no laboratorio. Isto marca o inicio oficial da chamada bioloxía sintética e abre paso ao deseño de microorganismos “á carta”, cuxo ADN pode modificarse, en teoría, para incorporar propiedades que os científicos desexen. Segundo Venter, con este avance poderían producirse novos combustibles, eliminar contaminantes da auga, deseñar novas algas que absorban o CO2 da atmosfera, incluso mellores vacinas. Venter conta que traballaron cunha versión sintética de ADN dunha bacteria chamada Mycoplasma mycoides, transplantada a outra bacteria chamada Mycoplasma capricolum, á que lle habían quitado a maior parte da información xenética. Despois de moitos intentos fallidos, o novo microorganismo comezou a dar mostras de vida propia no laboratorio. Tras varios anos de traballo, o ADN transplantado logrou “tomar as rendas” da maquinaria celular do novo microbio e comenzou a replicarse.


Autor: José Benito Méndez

Esta entrada foi publicada en Bioloxía celular, Biotecnoloxía e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to A vida sintética xa chegou!

  1. josebenito.aso.1b di:

    A bioloxía sintética é un novo campo de investigación que combina ciencia e inxeñería. O seu obxetivo é o deseño e construcción de sistemas biolóxicos.
    A Mycoplasma é un xénero de bacterias que carecen de parede celular.
    A parede celular é unha capa ríxida que se localiza no exterior da membrana plasmática nas células de bacterias, hongos, algas e plantas. A parede celular protexe os contidos da célula, da rixidez á estructura celular, media en todas as relacions da célula có entorno e actúa como compartimento celular.

  2. victor di:

    Como é o ADN dun mycoplasma?

  3. adrian.aso.1a di:

    Os mycloplasmas son un xénero das bacterias que carecen de parede celular. Existen máis de 100 especies recoñecidas do xénero mycloplasma. Debido a ausencia da parede celular non se ven afectadados por algúns antibióticos como a penicilina ou outros antibióticos betalactámicos que bloquean a síntese da parede celular.

  4. roberto.aso.1a di:

    Un grandisimo avance cientifico que promete resolver bastantes problemas bioloxicos e ambientais no fututo.
    O ADN é manipulado e procede de unha bacteria chamada Mycoplasma mycoides trasplantada no outro microorganismo chamado Mycoplasma capricolum, do que se extraeu case todo o seu interior.

  5. carlos.aso.1a di:

    Os micoplasmas son un xénero de bacterias que carecen de parede celular. Pertencen a clase Mollicutes, que inclúe bacterias que teñen xenomas pequenos e carecen dunha parede celular. Existen máis de 100 especies reconocidas do xénero Mycoplasma e as formas destas varían dependendo do tipo.

    Debido a ausencia de parede non se ven afectados por algúns antibióticos como a penicilina ou outros antibióticos betalactámicos que bloquean a síntesis da parede celular.

  6. sabina.aso.1a di:

    Os mycoplasmas son un xénero de bacterias que carecen de parede celular. Existen máis de 100 especies recoñecidas do xénero Mycoplasma.
    Debido á ausencia de parede non se ven afectados por algúns antibióticos como a penicilina ou outros antibióticos betalactámicos que bloquean a síntese da parede celular.
    O xenoma de Mycoplasma oscila entre 580 – 1380 kpb (kilopares de bases). Son parásitos ou comensais de vertebrados; varias especies son patóxenos dos seres humanos, e algúns poden causar ou contribuir a algúns cánceres.
    A súa temperatura óptima de crecemento é a menudo a temperatura do seu hospedador (por exemplo, 37ºC no home).
    Os Mycoplasmas atópanse frecuentemente nos laboratorios de investigación como contaminantes de cultivos celulares. A contaminación prodúcese a través de persoas portadoras ou debido a medios de cultivo contaminados.

  7. andrea.aso.1a di:

    O colesterol é necesario para o crecemento das especies de Mycoplasma, así como algúns outros xéneros de Mollicutes. A súa temperatura óptima de crecimento é a temperatura do seu hospedador. Análisis de 16S ARN ribosomal suxiren fortemente que Mollicutes, incluidos os mycoplasmas, están estreitamente relacionadas, a “Lactobacillus” ou “Clostridium do caldo Firmicutes”.

  8. carolina.aso.1b di:

    As bacterias de mycoplasma cadecen de parede celular,entre elas hai moitas variedades como por exemplo existe a do xenero do spiroplasma cunah forma elicoidal alargade sen axuda de ningunha estructura rixida de celulas. estas formas poden contribuir a mellorar a capacidade dos respectivos entornos.Eu creo que este avance bioloxio e interesante de cara o futuro.

  9. noelia.aso.1b di:

    Si este proxecto finalmente resultara viable unido a unha maior participación e concienciación da humanidade sería unha boa solución a moitos dos problemas deribados da contaminación que, desgraciadamente, tan presente está na actualidade.

    Polo que puden ler, o ADN dun mycoplasma está composto por catro nucleótidos que serían Adenina, Citosina, Gunanina e Timina.

    Ademais,penso que esta é a demostración máis contundente ata agora de que a vida non foi creada por ningún ser sobre natural.

  10. victor di:

    Teñen membrana nuclear os Mycoplasmas? Que técnica é utilizada para extraer e introducir o ADN nunha bacteria?
    Di Noelia que o ADN do Mycoplasma está composto de catro bases; existe algunha diferencia entre as moléculas de ADN dos diferentes seres vivos?

  11. laura.aso.1a di:

    Os Mycoplasmas non posúen parede celular.
    A técnica utilizada para extraer e introducir o ADN é a chamada: tecnoloxía de ADN recombinate. Na que hai que seguir uns pasos, primeiro aislase o xen que se quere introducir no outro organismo,a clonación e expresión de este xen, e por último a produción da proteína codificada polo xen.

  12. raqueltrigo.aso.1b di:

    Os mycolasmas carecen de parede celular e teñen un baixo contenido de GC (18-40%).
    Para introducir ADN nuha bacteria utilizansa plasmidos.
    Dado que todas as copias do xen provien dunha sola molécula multiplicada a partir dunha única bacteria que deu orixe á colonia, esta técnica leva o nome de clonación.

  13. santigonzalez.aso.1a di:

    Non posúen parede celular, pero a pesar da falta de estrutura ríxida, adquiren as formas que mellor se adaptan ó seu medio de vida.
    Entr os seres vivos o ADN pode ser diferente, xa que cada un pode ter diferente estructura (dobre hélice no caso do ser humano) e diferentes bases nas que se unen (guanina, citosina, timina e adenina no caso do ser humano).

  14. manuel.aso.1a di:

    Os Mycoplasmas debido a ausencia de parede nuclear non se ven afectados polos antibióticos como a penicilina ou outros antibióticos betalactámicos que bloquean a síntese da parede nuclear.

  15. raquel.aso.1b di:

    Os mycoplasmas no teñen teñen membrana nuclear.
    A técnica que se utiliza para extraer e introducir o ADN nunha bacteria é a tecnoloxía do ADN recombinante que permite o illamento dun xen dun organismopara introducilo noutro.

  16. andrea.aso.1a di:

    Os mycoplasmas son un xénero de bacterias que carecen de parede celular. Pertencen a clase Mollicutes , que inclúe bacterias que teñen xenomas pequenos, carecen dunha parede celular e teñen un baixo contenido de GC. Existen máis de 100 especies recoñecidas do xénero Mycoplasma.
    Estes encontranse frecuentemente nos laboratorios de investigación como contaminantes de cultivos celulares. A contaminación prodúcese a través de persoas portadoras.

  17. paula.aso.1b di:

    Os mycoplasmas carecen de parede nuclear, pero están rodeados dunha menbrana protoplasmática compsota por tres capas unitarias.
    Para introducir ou extraer o ADN nunha bacteria utilizase a tecnoloxía do ADN recombinante.

  18. ruben.aso.1a di:

    Os mycoplasmas non teñen parede celulas . A técnica que se utiliza para extraer e introducir o ADN nunha bacteria é a chamada, tecnoloxía do ADN recombinante coa que é posible illar e manipular un fragmento de ADN dun organismo para introducilo noutro.

  19. ruben.aso.1a di:

    Os mycoplasmas non teñen parede celular . A técnica que se utiliza para extraer e introducir o ADN nunha bacteria é a chamada, tecnoloxía do ADN recombinante coa que é posible illar e manipular un fragmento de ADN dun organismo para introducilo noutro.

  20. victor di:

    Aclarar para todos dúas cousas:
    As bacterias (como os mycoplasmas) non posúen membana nuclear (moitos errades e lle chamades parede; non existe a parede nuclear). A molécula de ADN é universal desde o punto de vista da súa composición (porque todos os seres vivos procedemos dun orixinal a partir do cal herdamos o ADN).
    Este experimento deixa a vía aberta para crear vida artificial?

  21. rubenlois.aso.1a di:

    Os mycoplasmas son un tipo de bacterias que carecen de parede celular polo que non se ven afectados por algúns antibióticos como a penicilina e outros antibióticos betalactámicos que bloquean a síntese desta parede celular.

  22. maria.aso.1a di:

    Si, penso..de feeito..non é xa vida artificial o da clonación de animais..porque moi natural tampouco é.

  23. raqueltrigo.aso.1b di:

    Crear a vida articial dende o mesmo ADN e clonar,si deixa a via aberta, pero se clonas ainda que sexa igual é unha nova vida polo tanto estase creando vida.

  24. santigonzalez.aso.1a di:

    Na miña opinión si, se desenvolvemos este método de creación de vida conseguiríase crear seres vivos cada vez máis grandes e perfeccionados.

  25. raquel.aso.1b di:

    Si, eu penso que este experimento pode permitir a creación de vida artificial e como ven dixo María, eu tamén penso que a clonación de animais é vida artificial.

  26. juanjose.aso.1a di:

    Eu creo que deixaría a aberta a vía para crear vida artificial, aínda que non me parece unha boa opción. Creo que o mellor que se pode facer con este avance é tratar de mellorar a nosa vida e aplicalo á mediciña.

  27. leticia.aso.1a di:

    Eu creo que a partir deste experimento si que se podería crear vida artificial, ademáis de descubrir novas formas de vida naturais.
    Como ben di a miña compañeira María a clonación de animais, que é algo que está moi presente na actualidade, non deixa de ser unha creación de vida artificial, porque non se habían crear novas formas de vida que ata agora descoñecemos?

  28. ruben.aso.1a di:

    Creo que deixa a vía aberta para crear vida artificial. Por outro lado non se sabe moi ben si este experimento vai a traer grandes ventaxas ou tamén grandes problemas, xa que crear vida artificial pode ser moi bo para combatir enfermedades , a aceleración da creación de vacunas … pero tamén pode traer outros inconvenientes si non se usa axeitadamente.

  29. andrea.aso.1a di:

    Penso que si se poderia crear vida artificial a partir deste experimento, e así crear seres vivos coas caracteristicas escollidas, pero creo que este avanze non só se deberia utilizar para iso xa que poderiase empregar nos avanzes da mediciña e seria moi beneficioso para nós.

  30. ana.aso.1a di:

    Si, si que se podería, porque o de crear vida, xa se fai oxe en dia coa clonación, pero con este sistema poderíase perfeccionar mais.

  31. veronica.aso.1a di:

    Eu tamén penso como a maioría dos meus compañeiros n que deixaría unha vía aberta para crear vida artificial. A min esto pareceme unha boa opción sempre e cando este experimento sea empregado na nosa sociedade no ámbito da mediciña.