“Genera A”

O próximo xoves 14 de maio será lanzado ó espacio o transbordador espacial Atlantis, en dirección á Estación Espacial Internacional, para realizar un experimento consistente en levar unhas sementes (Arabidopsis thaliana) e observar como xerminan, sen atmosfera e sen gravidade, e coñecer que proteinas as activan. Ó chegar á estación espacial conxelaranse a -80ºC e esperarase ata agosto; logo desconxelaranse durante 12 días para que se produza a  xerminación e, posteriormente, volveranse a conxelar para poder traelas de volta á Terra e estudiar os cambios que hai na xerminación do espacio respecto ás da Terra.

imagen

Estes experimentos son para estudiar o crecemento das plantas en medios coma o espacio e tamén se intenta descubrir como crear alimentos en longas viaxes espaciais de exploración espacial.

imagen

Autor: Santiago González   

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Recursos naturais e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to “Genera A”

  1. rubenlois.aso.1a di:

    Este tipo de descubrimentos son bos porque pode ser un comezo de estudo da vida no espacio que pode sernos útil para o desembarco noutro planeta e que a vida nel se poida facer posible.
    Na miña opinión, as plantas son os primeiros seres vivos cos que se experimenta no espacio e polo que logo se poderían enviar outros animais como mamíferos etc.

  2. andrea.aso.1a di:

    Este post paréceme moi interesante, xa que este tipo de experimento axudaranos a responder moitas cuestións sobre as plantas en distintos medios como é o espacio.
    O transbordador espacial Atlantis foi o cuarto transbordador operativo en ser construido.
    Trala destrucción dos transbordadores Challenger e Columbia, é un dos tres transbordadores completamente operativos da
    flota.

  3. maria.aso.1a di:

    Sería interesante comer unha nutritiva ensalada de leitugas recién recollidas, en lugar de un saco de comida dehidratada que logo hai que rehidratar antes de comer, e que obviamnete non vai saber coma fabada da túa avoa…
    E claro….e mellor erguerse cun xirasol(ou calquera outra olorosa flor, vaia)..que mirando nha parede de lata branca…

  4. adrian.aso.1a di:

    Pareceme que é moi positivo investigar sobre como se comportan certos seres, como son as plantas, no espacio cunhas determinadas características atmosféricas xa que de ahí pódense obter resultados moi bos que nos poden servir para o futuro.
    Esta planta soese encontrar nos bordes dos camiños e en terreos soltos e secos, normalmente chega a acadar 1 ou 3dm.

  5. victor.aso.1a di:

    Pareceme moi interesante a embestigación que van a realizar, xa que esta xertminacion das plantas sera moi especial. Inda que seria máis interesante se as fixeran xerminar sen a gravidade artificial, xa que as plantas non sabrian n que direccion facer medrare as raíces e en que direccioçón o talo, e seria moi interesante ver como reaccionaria a planta ante este fenomeno der gravidade 0.

  6. carlos.aso.1a di:

    Será moi interesante ver que é o que pasa con esta planta o xerminar no espacio.
    Esta é unha especie de planta con flor nativa de Europa, Asia, e o noroeste de África principalmente, e na península Ibérica está presente en todas as provincias. Soe encontrarse nos bordes dos camiños e en terreos soltos e secos.

  7. victor di:

    Como crece un vexetal (raiz, talo)? De que depende o seu crecemento?

  8. manuel.aso.1a di:

    O crecemento dun vexetal depende da súa actividade fotosintética e da absorción de auga e nutrientes polas raicez. As follas son os órganos que captan a luz e convertena en enerxía química e en materia seca, mediante a fotosíntesis.

  9. laura.aso.1a di:

    Os vexetais, como di Manu no comentario anterior precisan enerxía para o seu crecemento, que obteñen mediante o proceso fotosintético.
    Pero tamén xogan un papel moi importante as fitohormonas ou hormonas vexetais, que se manifestan en forma de nastias e tropismos.

  10. vanesa.aso.1b di:

    As hormonas son sustancias que segregan as plantas e cada unha é agrupada segundo a súa función.
    Algunhas destas hormonas son:
    -Auxinas:En doses altas actúan como herbicidas e regula o crecemento e desenvolvemento das plantas.
    -Citoquininas:Interacciona coas auxinas no crecemento.
    -Etileno:O seu efecto reflíctese na maduración dos froitos.

  11. paula.aso.1b di:

    Os vexetais precisas nutrientes para crecer. Estes nutrientes están compostos por nitróxeno, fósforo e potasio. O nitróxeno favorece o crecemento da parte verde da pranta, o fósforo contribue o desenvolvemento da raíz o igual que o potasio, que a sua vez promove a resistencia ás enfermidades.

  12. santigonzalez.aso.1a di:

    A semente comeza a expandirse ata que rompe, saíndo 2 partes diferentes, as primeiras raíces e aparecen os primeiros cotiledóns, que se encargan de empezar a facer a fotosíntese para obter a enerxía para poder desenvolverse.

  13. victor di:

    Poderíase ver afectado, no espacio, o crecemento das raices pola falta de gravidade?
    Como se produce o movemento da saiba bruta polo vexetal?

  14. adrian.aso.1a di:

    Segundo atopei existen varios factores que provocan o movemento da sabia bruta:
    1- A transpiración que se produce nas follas das plantas fai que se perdan gases por elas (vapor de auga) e esto crea unha presión negativa nas follas que succionan e fan ascender o H2O.
    2- Os vasos polos que ascende a sabia son finísimos e isto fai que as moléculas que forman a auga se vexan atraidas polas paredes dos vasos, axudando a ascensión.
    3- As moléculas de agua exercen entre elas unhas forzas de cohesión moi fortes, unha molécula é atraida pola do lado e así sucesivamente gracias as “pontes de hidóxeno”, que se producen pola diferencia de electronegatividade entre os átomos de hidróxeno dunha molécula e o átomo de osíxeno da que ten o lado, esto fai que a columna de auga que ascenda non se interrumpa.

  15. sabina.aso.1a di:

    Este post pareceume verdadeiramente interesante e á vez impactante, xa que esta nova pode resultar ser un importante avance para a ciencia porque que grazas a el poderanse obter novos datos de como é a vida no espacio e da maneira de medrar que alí teñen especies da Terra, neste caso especies vexetais.
    O transporte da saiba bruta prodúcese a través dos vasos do xilema e pódese explicar a través de tres mecanismos: por capilaridade, por presión radical e coa teoría tensión-cohesión, que é a máis acertada e a que mellor explica o proceso.
    A teoría tensión-cohesión esta baseada nestas dúas propiedades da auga, a súa elevada tensión superficial e o elevado grao de cohesión entre as moléculas de auga devido á súa facilidade para formar enlaces de hidróxeno. Como consecuencia disto a perda de auga por transpiración que se produce nas follas provoca que esta perda de moléculas de auga traia consigo a substitución por outras, producindo así unha tracción que se extende ao longo de toda a lonxitude dos vasos do xilema. Neste contexto a transpiración permite establecer un fluxo continuo de saiba bruta dende as raíces ata as follas.

  16. carlos.aso.1a di:

    O movemento da sabia bruta polo vexetal pode poducirse a través de tres procesos ou teorías: por capilaridade, por presión radical e a teoría de tensión- cohesion. A de capilaridade, e que un capilar é un tubo moi fino e a auga tende a aderirse a superficies e provoca un pequeno ascenso. A presión radical di que a entrada de auga na planta xera unha presión nos cunductos xilemáticos o que produce un empuxe na masa que está no inteiror dos tubos. E a de tensión cohesión, que é a máis acertada, está baseada nas dúas propiedades da auga, a elevada tensión superficial eo elevado grao de cohesión entre as moléculas debido a facilidade para formar enlaces de hidróxeno. Como consecuencia disto, a perda de auga por transpiracion nas follas, provoca que esta perda de moléculas traia consigo a substitución por outras o que produce un tirón o longo da planta.

  17. andrea.aso.1a di:

    A sabia transportada polo xilema denominada “sabia bruta” consiste principalmente de auga, elementos minerais, reguladores de crecemento e outras susbtancias que estan en disolución. O transporte e dende as raíces da planta ata as follas, pola teoría da cohesión-tensión.

  18. paula.aso.1b di:

    Os minerais, xunto có auga, mézclanse formando a saiba bruta que circula polo interior dos vasos leñosos ata chegar ás follas. Unha vez nas follas, producese a transformación da saiba bruta en saiba elaborada mediante o proceso da fotosíntese. A saiba elaborada é conducida polos vasos liberianos a todas as partes da pranta para que sirva de alimento. O material sobrante almacénase e constitue as reservas do vexetal.

  19. ruben.aso.1a di:

    A teoría que explica a subida da saiba bruta através do xilema coñécese co nome de mecanismo de cohesión-adhesión-tensión, o cal consiste en tres fenómenos :

    – A forza aspirante das follas que é consecuencia da pérdida da auga pola transpiración.

    – A cohesión molecular da auga que fai que as moléculas se unan ás suas veciñas formando columnas continuas adheridas ademáis das paredes leñosas pola capilariedade.

    – A presión da raíz que se produce como consecuencia do empuxe osmótico que provoca o auga ó ser continuamente absorbida pola zona pilífera.

  20. manuel.aso.1a di:

    A raiz transporta a saiba bruta cara o talo por medio do xilema (é un texido vexetal leñoso de conducción que transporta líquidos dunha parte a outra das plantas vasculares) e o floema (texido conductor encargado do transporte de nutrintes orgánicos, especialmente azúcares). O transporte desta savia vai dende as raices da planta ata as follas.

  21. angel.aso.1a di:

    As raíces teñen dúas funcións principais, a de absorción de auga e sales minerais e o anclaxe ó chan. Neste último, na miña opinión, daríanse cambios na raíz,xa que a ausencia de gravidade faría máis complicado manterse pegado ó chan, sería como atar un globo.
    No que respecta á saiba bruta tamén se verá afectado pola gravidade,supoño,xa que a teoría de cohesión- tensión básase principalmente na presión, polo que a variación de esta cambiaría as cousas.

  22. raquel.aso.1b di:

    O fluido que entra no xilema a través da endoderme denomínase saiba bruta. Para lograr que a saiba bruta alcance as zonas aéreas da planta donde se utilizarán na fotosíntese, necesítanse varios mecanismos:
    -A presión radicular que exerce o fluxo de auga dende o chan ata o interior da raíz, pola diferencia de presión osmótica.
    -A forza de cohesión entre as moléculas de auga. O empuxe da auga molécula a molécula é a causa da presión negativa observada no xilema. O movemento da columna de saiba bruta polo xilema prodúcese pola presión radicular e polo terceiro mecanismo.
    -A transpiración sobre todo nas follas debida ó aporte enerxético do sol, produce un efecto de succión xa que a pérdida de auga polos estomas (estruturas formadas por dúas células que se hinchan ou deshinchan deixando pasar aire ou non ó interior da folla) fai que a columna de saiba bruta avance.

  23. rubenlois.aso.1a di:

    A Arabidopsis thaliana é unha planta pequena que se usa como organismo modelo para o estudo da bioloxía molecular, a fisioloxía e a xenética de plantas. Arabidopsis é membro da familia das Brassicaceae, á cal pertenecen o repolo e o rábano. Ainda que non posee valor agronómico, presenta ventaxes moi importantes para a investigación básica:

    _Xenoma pequeno, distribuido en só 5 cromosomas. O xenoma completouse en diciembre d 2000.
    _Mapas xenéticos e físicos exhaustivos dos seus 5 cromosomas.
    _Ciclo de vida moi rápido: ao redor de 6 semanas entre a xerminación e a aparición de sementes maduras.
    _Fácil produción de sementes e fácil cultivo en condicións de laboratorio.
    _Transformación eficiente con Agrobacterium tumefaciens.
    _Gran número de liñas mutantes.

  24. rubenlois.aso.1a di:

    A saiba bruta nun vextal móvese cara arriba por dentro da mesma para que despois de que se realice a fotosíntese pase a ser saiba elaborada. O ascenso da saiba bruta nunha planta pódese producir de tres maneiras distintas:
    1. Capilaridade
    2. Presión radical
    3. teoría tensión-cohesión

  25. santigonzalez.aso.1a di:

    O crecemento das raíces pódese ver seriamente afectado dado que na Terra as sementes tenden a botar as primeiras raíces cara abaixo por gravidade, e as follas cara arriba; en caso de non ter gravidade pode ser que intenten botar raíces cara todos lados ou botlas cara o sitio contrario.

  26. josebenito.aso.1b di:

    o movemento da sabia bruta explícase coa teoría da tensión-cohesión que dice que existen varios factores que provocan o ascenso da sabia bruta:

    – A transpiración que se produce nas follas das plantas fai que se perdan gases por elas (vapor de agua) e esto crea o que se podería denominar como unha “presión negativa” nas follas que “succionan” e fan ascender o H20 e os sales.

    -A capilaridade: os vasos polos que ascende a sabia son finísimos e esto fai que as moléculas que forman a auga se vexan atraídas polas paredes dos vasos, axudando á ascensión (a capilaridade é un principio físico)

    -As moléculas de auga exercen entre elas unhas forzas de cohesión moi fortes, unha molécula é atraída pola do lado e así sucesivamente gracias ás “pontes de hidróxeno”, que se producen pola diferencia de electronegatividade entre os átomos de hidróxeno dunha molécula e o átomo de oxíxeno da que ten ao lado, esto fai que a columna de auga que ascende non se interrompa.

  27. veronica.aso.1a di:

    Para poder explicar o transporte do zume bruto presentouse un problema e é que isto ocorre en contra da gravidade. Existen tres teorías que explican este proceso como a de capilaridade ou a de presión radical, pero a máis segura é a teoría de tensión-cohesión.
    Esta teoría baséase na elevada tensión superficial que fai que a auga trate de exponer a menor superficie ao exterior e tamén ao elevado grado de cohesión entres as moléculas de auga debido a súa facilidade para formar enlades de hidrógeno. Ademais disto nas follas prodúdese unha perda de auga por transpiración o que produce un tirón substitúindo por outras moléculas de auga extendéndose este proceso ao longo de todos os vasos.