Climántica no Asorey

Os/as  alumnos/as  de 2º, 3º de ESO e 1º de Bacaharelato do IES Francisco Asorey, tiveron a oportunidade de participar nos obradoiros que se organizan desde o Proxecto Climántica para a formación do alumnado en temas relacionados coa sostibilidade e o Cambio Climático. Podedes  ollar o seguinte  video para coñecer o desenvolvemento na aula dos citados obradoiros.


Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Climántica no Asorey

  1. sabina.aso.1a di:

    Esta foi unha esperiencia bastante boa e instructiva xa que falamos de temas que están moi de actualidade, coma por exemplo o cambio climático, mediante un debate entre todos que resultou verdadeirame divertido. Eu repetiría a experiencia.

  2. laura.aso.1a di:

    O obradoiro que fixemos os de 1ºBach foi moi divertido, puxemonos na stiuación de entidades que están intervindo activamente no cambio climático, como son as petroleiras, os países ricos, os países en desenvolvemento….axudounos a comprender mellor a situación.

  3. santigonzalez.aso.1a di:

    Fixemos coma se fora o cumio de Copenhague, con representantes de cada parte e tendo asi que defender a inversión e a postura de cada un.

  4. emilio.aso.1a di:

    Foi unha actividade bastante interesante xa que nos falaron de multitude de cousas sobre o clima e vimos como se ve o clima e o cambio climatico dende diferentes puntos de vista; paises ricos, países subdesenvolvidos…
    Faláronnos de todas as ventaxas que nos supón axudar ao clima e non deixar que o ser humano acabe coa terra…

  5. vanesa.aso.1b di:

    Tratouse dunha actividade que nos axudou a entender a opinión dende as diferentes partes que interveñen no cambio climático. Á súa vez, tamén nos fixeron reflexionar e criticar as accións que están desenvolvendo para frealo, pois hai partes como poden ser as petroleiras, que se negan a axudar ou coma os países ricos, que só pensan en enriquecerse a costa dos países en vía de desenvolvemento sen comprometerse realmente.

  6. raquel.aso.1b di:

    Este obradoiro organizado polo proxecto climántica foi moi interesante e á vez moi divertido. Tratamos temas de máxima actualidade e ó mesmo tempo fixemos un xogo no que nos puxemos no papel de diferentes organizacións como as ONGS,os países ricos e os menos desenvolvidos, etc… para defender ou non o cmabio climático.

  7. rubenlois.aso.1a di:

    Esta actividade foi unha moi boa actividade xa que nos tivemos que meter en papeis moi complicados que son nos que se ven metidos os traballadores de grandes empresas e multinacionais como son as petroleiras, ONGs, ect.
    Tamén nos falaron do cambio climático, e nos tivemos que expoñer en práctica os nosos coñecementos nun debate para previr o cambio climático.

  8. raqueltrigo.aso.1b di:

    A min o que máis me gustou foi o debate do tratado de kyoto do final,cada grupo metemonos no papel que nos tocara e tiñamos que aportar as nosas ideas de porque os paises ricos non tiñan razon ou os pobres porque a tiñan ou as empresas,e asi ata chegar un acordo do que facer.

  9. leticia.aso.1a di:

    No obradoiro que fixemos os alumnos de primeiro de bacherelato vimos os diferentes puntos de vista do cambio climático, dende países ricos ata países subdesenvolvidos, petroleiras, ecoloxistas…
    Foi unha actividade que resultou entretida e que ao mesmo tempo fixo que todos, dende o punto de vista que nos tocou, crear un debate defendendoo o mellor posible. Desta maneira puidemos poñernos no lugar das diferentes situacións planteadas.

  10. ruben.aso.1a di:

    Estes obradoiros nos que participamos foron unha boa experiencia donde tocamos os temas máis importantes do momento como por exemplo a cume de Copenhague , o protocolo de Kioto entre outros. Despois de que a monitora nos explicara brevemente os contidos fixemos un xogo de debate que foi divertido. Eu persoalmente repetiría esta experiencia.

  11. victor di:

    Credes que o tema do cambio climático está sufientemente presente na vosa educación?
    É importante formar cidadáns coñecedores da base científica do cambio climático?

  12. maria.aso.1a di:

    Está máis que presente…a información, dende logo, témola…o caso é se a usamos…ou se nos acordamos dela cando saimos da aula
    Penso que si, porque aínda que pode que á nosa xeeración non nos vaia cambiar a vida que o planeta sexa un grao máis quente(polo menos vivindo onde vivimos)…quizá a os nosos descendentes si…

  13. raqueltrigo.aso.1b di:

    claro que é importante que os cidadans teñan coñecementos do cambio climantico,pois teñen que saber o que se lles aveciña se non coidan o medio e se non utilizan as medidas axeitadas para coidalo.

  14. aliciaromero.aso.1b di:

    Eu creo que si que é importante que os cidadáns esten informados, xa que se non tivesen coñecemento ningún ninguén intentaria poñer solucios para coidalo e intentar polo menos frear o cambio climático.

  15. victor di:

    Considerades que a solución ao problema do cambio climático pasa pola educación do cidadán ou realmente todo está nas mans dos políticos e as empresas?

  16. silvia.aso.1b di:

    Na miña opinión, aínda que a formación do cidadán é moi importante, a verdadeira responsabilidade téñena os políticos e empresas, xa que teñen máis poder e as decisións que eles tomen pódennos afectar negativamente a todos. Aínda que, por outro lado, os políticos e os xefes de empresa tamén son cidadáns, polo tanto a educación deste é indispensable.

  17. andrea.aso.1a di:

    Penso que de todos depende a solución ao problema do cambio climático, pero os que teñen que axudar a que iso se faga posible son os políticos e as empresas, xa que por moito de que nos queramos solucionalo se non hai xente que dicte as normas non conseguiremos moito.

  18. juanjose.aso.1a di:

    Eu creo que todo influe. Os cidadáns deben saber como reducir emisións e aforrar enerxía e os políticos e as empresas tamén teñen que poñer en marcha iniciativas para poder resolver este tema.

  19. santigonzalez.aso.1a di:

    O cidadán pode opinar e votar se se chegan a organizar unhas votacións; pero na miña opinión os que máis peso teñen na decisión son os países e as multinacionais ou empresas poderosas, con grandes capitais coma Estados Unidos, as empresas petroleiras, os países exportadores de petróleo…

  20. veronica.aso.1a di:

    O cidadán require unha educación importante, porque nós tamén podemos axudar a solucionar o cambio climático. Pero claro que as empresas e os políticos son os que teñen que tomar as decisións máis importantes e os que poden axudar a mellorar este problema.

  21. karina.aso.1b di:

    Estas actividades parécenme moi interesantes, xa que podemos ver dende distintos postos de vista, o cambio climático. Pareceume quizais un pouco curta, creo que 2 horas polo menos iba a abarcar máis, falar de distintos problemas e de como solucionalos.

  22. adrian.aso.1a di:

    Penso que quen realmente ten nas súas mans a situación son as grandes empresas e os gobernos porque os cidadáns non teñen medios para remediar a situación nin tampouco van a conseguir nada se os gobrenos e as empresas non colaboran.

  23. jose.aso.1b di:

    Foi una clase que nos axudou a coñecer as opinión dos diferentes paises, xa que posteriormente elaboramos un debate no que cada grupo tiña que representar un país, por exemplo uns tiñan que representar os paises ricos outros tiñan que representar ós pobres…
    En definitiva serviunos para aprender e sobre todo para informarnos de como ía todo eso dos países ricos, dos pobres…

  24. angel.aso.1a di:

    Eu penso que principalmente está nas mans dos políticos e empresas, ainda que o termo poder do pobo danos dereitos supoño. Os cidadáns deben presionar ós políticos para que reaccionen e actuén representándonos.

  25. carlos.aso.1a di:

    O cidadán pode aportar bastante para poñer solución ao cambio climático pero se os políticos, e en maior medida as empresas non fan algo para remediar esta situación e seguen así, vai ser moi difícil encontrar un remedio.

  26. ivan.aso.1a di:

    Eu creo que os cidadáns oxe en día estamos moi ben informados sobre o cambio climático e nós podemos axudar a diminuilo, pero dende logo non podemos poñerlle unha solución. Eu creo que para mellorar este prblema o goberno debería impoñerlle as empresas unhas emisións de dióxido de carbono moito máis baixas cas actuais e tamén que as empresas puxeran por exemplo un prezo asequible os vehículos eléctricos.