Pros e contras

Recentemente, alumnos/as de 2º e 3º de ESO  do IES Francisco Asorey, veñen de realizar sendas visitas didácticas á Central Hidroeléctrica do Xallas. O Xallas é un emblemático rio galego; o único da Europa peninsular que remata (remataba) nunha fermosa fervenza. Así mesmo é un dos nosos ríos onde se realiza un maior aproveitamento hidroeléctrico pois ao longo do seu percorrido construíronse ata catro encoros.

A enerxía hidroeléctrica considérase unha enerxía renovable pero que supón un gran impacto no medio ambiente que, en ocasións, é posible amortigualo. Pero no caso do río Xallas, a construción do último encoro (encoro de Santa Uxía) e as súas consecuencias sobre o medio resultan difíciles de aceptar.


Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Recursos naturais, Saídas didácticas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

47 Responses to Pros e contras

  1. roberto.aso.1a di:

    Unha central hidroeléctrica pode causar un enorme impacto medio ambiental, xa que se non se evaluan moi coidadosamente as consecuencias (o que é bastante caro) pode causar cambios ambientales irrebersibles.

  2. laura.aso.1a di:

    O rio Xallas posúe un grna desnivel o que fai que a súa produción de enrxí sexa moi elevada, uns 133.000kW.
    Na súa desembocadura atópanse 3 centrais hidroelectricas Castrelo, Santa Uxía e Pindo.

  3. andrea.aso.1a di:

    Outros impactos ambientais dos proxectos hidroeléctricos necesariamente, implican a construcción de liñas de transmisión para transportar a enerxía os centros de consumo.

  4. santigonzalez.aso.1a di:

    Os encoros como di no texto teñen un gran impacto medioambiental, xa que afecta ó ecosistema mariño do río e tamén das súas enchentes tanto para ben como para mal neste caso. Hai moitas especies que lle afectan os encoros, por exemplo o salmón que nalgúns ríos non lles permitían chegar arriba para reproducirse.

  5. victor di:

    A enerxía hidráulica é unha enerxía renovable pero isto non significa que un encoro teña un tempo de vida indefinido. Cal é o tempo de vida dun encoro?

  6. raquel.aso.1b di:

    Segundo atopei a idade media dos encoros varía entre os 30 e os 50 anos.

  7. vanesa.aso.1b di:

    En España a media de anos dos encoros está en 30 e 50 anos e incluso os hai que datan da época romana.Arredor do 20% teñen máis de 60 anos.
    Para resentir o menos posible á natureza e presentar maior beneficio,a Unión Europea aprobará soamente as empreasas hidráulicas se perxudican o menos posible ao medio, se da realmante postos de traballo e se con iso se logra aumentar a calidade de vida da poboación da zona.
    En España hai moitos encoros sen ser utilizados, as estruturas que quedaron en desuso pola súa idade deben ser retiradas e, á súa vez, débese investir máis no mantemento destes encoros.

  8. emilio.aso.1a di:

    Según lin o tempo aproximado de vida dunha presa é dun 50 anos. Estas presas requiren moito tempo de construcción e temos varios tipos, que podemos clasificar según a súa planta e según a súa estructura.

  9. barbara.aso.1b di:

    Moitas presas existen desde máis de 1000 anos. As presas de gravedad e as presas de recheo de rochas deben calificar para largas vidas útiles. As presas de arcos delgados, múltiples arcos ou as presas de contrafuente teñen a vida máis limitada, sobre todo si estas conservan grandes cantidades de auga.

  10. raqueltrigo.aso.1b di:

    Ten como vida útil 50, 100 ó 150 anos.

  11. jose.aso.1b di:

    Contestando a pregunta de Víctor de cal e o tempo de vida dun encoro, eu atopei que a vida dun encoro pode ser afectada pola cantidade de sedimentos transportados polo río. Moitos encoros existen desde hai máis de 1.000 anos.

  12. victor di:

    Cales son os principais impactos ambientais que crea a construción dun encoro?

  13. belinda.aso.1a di:

    Durante a fase de construcción crea problemas de contaminación acústica, polo pó e tamén polo estancamento de augas.
    Outro problema dos encoros e que reducen o osíxeno na auga, cambia a temperatura e estratificanse os sedimentos e proliferán as enfermidades.
    O tipo de erosión e o transporte de sedimentos tamén se modifica xa que a sedimentación producese de maneira máis acusada no encoro e priva o resto do curso do río dos elementos de sedimentación.
    Impide o paso de especies animais, que o longo do seu ciclo de vida recorren o río nun sentido ou en ambos.
    E tamén crea un microclima na zona do seu emplazamento, por exemplo, as neboas que se xerán no encoro afectan os cultivos dos agricultures, modificando as condicións de húmidade,etc.

  14. roberto.aso.1a di:

    Eu penso

  15. roberto.aso.1a di:

    Eu penso que o principal problema sería a destrucción do ecosistema desa zona. Ainda que logo sempre se tenta repoboar a zona con espescies autoctonas e dentro do encoro crease un pequeno escosistema.

  16. ruben.aso.1a di:

    Algúns dos impactos ambientais probocados pola creación dun encoro son :

    – Disminución do caudal do río.
    – Sequia.
    – Resequedade do solo nas marxenes do río.
    – Aumento do sedimento no cauce do río.
    – Aumento da erosión no marxen do río.
    – Disminución da materia de arrastre
    – Disminución do material freático
    – Perdida de cerco natural
    – Cambio na paisaxe.

  17. paula.aso.1b di:

    Outros impactos ambientais que se xeneran pola creación dun encoro poden ser :

    – Alteracións no medio ambiente.
    – Cambio na morfoloxía do solo.
    – Deteriodo das vias.
    – Perdida do solo na zona do embalse.
    – Deslizamentos por voladuras.
    – Cambio do microclima.
    – Contaminación polo aumento do ruido.
    – Contaminación atmosférica.
    – contaminación visual.
    – Cambia o uso do solo.

  18. veronica.aso.1a di:

    Os problemas que pode dar a construción dun encoro poden ser que se produza unha sequía, a diminución do cauce do río, unha clara transformación da paisaxe, aumento da erosión da marxen do río…

  19. karina.aso.1b di:

    Pode disminuir a calidade da auga no encoro e no río, augas en mal estado, turbias ou con cheiros desagradables, debido a eutrofización que é o enriquecemento en nutrientes dun ecosistema. Pódese agravar pola presenza de algas como a Microcystis aeruginosa, tóxica para as persoas e que provoca que a auga non sexa apta para o consumo doméstico.

    En resumo, que onde non hay problema pódese crear un novo e ademáis cun custo ambiental, social e económico moi elevado.

  20. maria.aso.1a di:

    Cambia as correntes, posiblememte provoque á larga un cambio na biodiversidade da zona, obliga á xente a mudar de pobo(porque se un pobo queda no medio dun encoro, a menos que sexa un pouco grandiño…pois afundese), cambia a conformación do solo, pola función erosiva da auga…e en Galicia, coma hai moitísimos, sobre todo nas zonas máis de interior tamnen se podenn considerar contaminación visual…xa que no se pode dicir que unha mole de hormigón retendo unha mole de auga sexa a obra de arte do noso século.

  21. rubenlois.aso.1a di:

    Este tipo de impactos ambientais non se debería permitir porque destrúen a paisaxe na que vivimos e os poucos medios naturais que quedan en Galiza, aínda que aquí hai moitos.
    A obtención da enerxía hidroeléctrica é algo bo, pero antes de construír calquera encoro deberíase facer un estudo dos impactos que este produciría no medio e as súas consecuencias.

  22. adrian.aso.1a di:

    O maior impacto para a fauna orixinarase na perda de hábitat, que ocorre ao encher o encoro e producense os cambios no uso do terreo da cuenca. Poden afectar os modelos de migración da fauna, debido ao encoro e o desenvolvemento que se relaciona con este. A caza ilegal e a erradicación das especies consideradas como pragas agrícolas, clandestina actividade relacionada co mesmo, teñen un efecto máis selectivo.

  23. andrea.aso.1a di:

    Os proxectos dos encoros grandes causan cambios ambientais irreversibles nunha área xeográfica grande, e, polo tanto, teñen o potencial para causar impactos importantes
    Ademáis dos efectos ambientais directos e indirectos da construcción do encoro, deberán ser considerados os efectos co medio ambiente produce. Os principais factores ambientais que afectan o funcionamiento e a vida do encoro son causados polo uso da terra, a auga e os outros recursos da área de captación encima do reservorio (por exemplo a agricultura, a colonización, o desbroce do bosque) e éste pode causar maior acumulación de limos e cambios na calidade da auga do reservorio e do río, augas abaixo.

  24. leticia.aso.1a di:

    A construcción dun encoro provoca impactos ambientais como a diminución do caudal dun río, a sequía do terreo, contaminación acústica e visual, e como non, non pode faltar a contaminación atmosférica, entre outros moitos…

  25. carlos.aso.1a di:

    En canto a pesca, usualmente, deteriorase, debido aos cambios no caudal ou temperatura do río, a degradación da calidade da auga, a pérdida dos sitios de desove e as barreiras que impiden a migración dos peixes. Sen embargo, créanse recursos de pesca no reservorio, que, aa veces, resultan máis productivos que os que houbo anteriormente no río.

  26. rubenlois.aso.1a di:

    O tempo de vida dun encoro depende dos impactos que este sufra e da construcción coa que este está realizada.
    Dependendo dos choques de placas tectónicas, de volcáns e doutros fenómenos naturais, os encoros sofren unha dexeneración na súa estructura o que pode chegar a provacar o seu derrubo por perigo a que o faga el, ou o seu derrubo debido á deterioración que posúe.
    Se debido a deterioración se derruba, este produciría unha onda no río que podería chegar a ser perigosa para os habitantes dos arredores e incluso algúns que estén lonxe.

  27. carlos.aso.1a di:

    Tamén, incluso os encoros grandes poden alterar a actividade tectónica. A probabilidade de que se produzca actividade sísmica é difícil de predecir; sen embargo, deberase considerar o pleno potencial destructivo dos terremotos, que poden causar desprendimentos de terra, daños á infraestructura da represa, e a posible falla da misma.

  28. rubenlois.aso.1a di:

    A creación de encoros para a obtención de enerxía hidráulica ten moitas desvantaxes, pero a obtención desta enerxía ten algunhas ventaxas xa que é unha enerxía limpa e moi úil porque ten un alto rendemento, polo que é utilizada con moita frecuencia.

  29. manuel.aso.1a di:

    Os maiores problemas que pode ocasionar a construcción dun encoro proveñen do envalse de auga, a inundación da terra para formar unha reserva de auga e a alteración do caudal da auga, mais abaixo. Estos efectos teñen impactos directos para os solos, a vexetación, a fuana e as terras silvestres, a pesca, o clima, e, especialmente, para as poboacións humanas da área.
    .

  30. victor di:

    Poden os encoros afectar ás praias?

  31. manuel.aso.1a di:

    Cando se crea un encoro hai unha disminución de aporte de sedimentos nas costas, incidindo na erosión das praias e deltas.

  32. martin.aso.1a di:

    Ademais do aporte de Manuel, tamen hai que dicir que se unha praia cercana a un río, e o caudal deste vese afectado por un encoro, pode que o cambio de nivel de auga modifique o tipo de solo do terreo.

  33. paula.aso.1b di:

    Os encoros si afectan as praias, e ademáis, negativamente xa que o aumento dos encoros reduciu o auga e sedimentos que chegan ata o mar, e a construcción de novos encoros provocará que este efecto sexa ainda maior.

  34. santigonzalez.aso.1a di:

    Os encoros como di Manuel reducen os sedimentos e polo tanto impide a formación de praias, bahias e deltas; producindo o erosionamento do terreo lindante ó río.

  35. victor di:

    De onde procede a area dunha praia?
    Poderiase ver afectado o banco marisqueiro do Serrido de Cambados pola construción do encoro do Umia en Caldas?

  36. adrian.aso.1a di:

    A area das praias procede da erosión das olas do mar contra as rocas. En xeoloxía denomínase area o material composto de partículas de rocas disgregadas cuyo tamaño varía entre 0,063 e 2mm.

  37. juanjose.aso.1a di:

    A area da praia provén da erosión das olas do mar contra as rochas. O choque das ondas vai desgastando as rochas, e estas “limaduras” vanse depositando nas praias.

  38. emilio.aso.1a di:

    A area dunha praia procede da disgresión de rochas. Falamos de area cando o tamaño destas partículas é duns 0,063 e 2 mm. As que están por debaixo de 0,063 denomínase limo é as que teñen un tamaño superior á 2 mm chamánse grava.

  39. andrea.aso.1a di:

    A area da praia ten moitos oríxenes. Nos continentes soe proceder, do desgaste dos materiais aportados polos ríos. Nas islas volcánicas por exemplo en Canarias vemos por elo preciosas praias de arena negra. Entre a area podemos observar pequenos fragmentos de conchas que se van machacando pola agresiva acción das ondas, especialmente durante as tormentas.

  40. sabina.aso.1a di:

    Este post mostranos o grande dilema que se produce entre a obtención das enerxías renovables e o impacto que producen todos os medios necesarios para dita obtención. O impacto que producen no medio estas centrais, coma a hidroeléctrica do río Xallas, é apreciable pero a obtención de enerxías renovavles require destas instalacións e polo tanto dun sacrifico por parte dos cidadáns. O que si se podería facer é intentar reducir este impacto, por exemplo instalando parte da maquinaria debaixo da terra, pero para iso precisaríase dunha gran cantidade de cartos da que non se dispón e que polo tanto imposibilitaría este feito, pero quizais no futuro se poida facer.
    Con respecto á pregunta realizada por Víctor gustaríame dicir que, como din os meus compañeiros, a area das praias procede da erosión das rochas, pero actualmente a area de moitas praias é depositada de xeito artificial e procede da trituración de granito.

  41. paula.aso.1b di:

    A area é producto da erosión das olas do mar contra as rochas. Isto quere decir que as olas serían coma unha lima que desgasta as rochas co seu constante golpeteo e a area sería as limaduras residuais.

    O Sarrido de Cambados si que se ve afectado xa que os responsables do encoro liberan grandes cantidades de auga, o que motiva a que cheguen á desembocadura do río enormes cantidades de auga doce. Isto pode causar a morte dos bancos de ameixa que alí hai, e que precisamente se atopan na desembocadura do río.
    No verán, a situación é inversa, pois péchase o encoro e chega moi pouca auga ó Sarrido.

  42. ruben.aso.1a di:

    A area da playa está constituida polos restos de rochas erosionadas procedentes das montañas.Os axentes erosivos, como a choiva e o vento, foron arrancando das montañas fragmentos de distintos tamaños que, gracias as augas torrenciais, foron a parar ós ríos. Alí, as rochas menos pesadas, foron arrastradas ata o litoral, onde se foron depositando en forma de area fina.

  43. carlos.aso.1a di:

    A area de praia ten moitos oríxenes. Entre algúns deles están os pequenos fragmentos de conchas que vanse machacando pola agresiva acción das olas, especialmente durante as tormentas e así como da erosión das olas do mar contra as rochas.

  44. raquel.aso.1b di:

    A area das praias ten moitas orixes. Nos continentes soe proceder do desgaste dos materiais aportados polos ríos. Entra a area podemos observar pequenos fragmentos de cunchas que se van machacando e descompóndose polos golpes do mar, sobre todo durante as tormentas.

  45. rubenlois.aso.1a di:

    Os encoros poden afectar ás praias sempre e cando estes ríos desemboquen cerca das praias.
    A area das praias procede de causas naturais como a erosión das rochas e outras causas naturais, pero si as praias necesitan area tráese area doutras praias en camións, polo que isto tamén pode perxudicar á paisaxe.
    O Sarrido de Cambados veríase afectado si se constrúe un encoro no río Umia porque no sarrido hai moitos bancos de ameixa, berberechos…

  46. santigonzalez.aso.1a di:

    O marisqueo no Serrido veríase afectado, xa que cos sedimentos que transporta o río axuda a tapar as ameixas e outros moluscos para que sobrevivan , por outra banda diminuiría a forza das correntes na desembocadura do río e os peixes que antes non ivan cara alí, irían a alimentarse e deixando menos recursos para os moluscos e outros seres vivos mariños.

  47. leticia.aso.1a di:

    A area das praias procede principalmente pola erosión das rochas, a acumulación de pequenos fragmentos de cunchas debido a actividade do mar… Actualmente esta area soe ser depositada, e dicir, artificialmente, procedente do desminuzamento de granito.