-CENSURED-

Era un sábado coma calquera outro. Era un Sábado 26 de Abril; e corría o ano 1986. Facía bo tempo; achegábase o verán. En Pripyat posiblemente os cativos corresen cara ao parque para xogar. Quizáis as señoras se reunisen para dar unha volta cos seus meniños. Pero iso son suposicións; suposicións que, penso, nunca se saberán de certo. O que sí se sabe é que á 1:23:04 o reactor nº 4 da central nuclear de Chernobyl estoupou. Coverteuse nunha masa líquida incandescente; o grafito mesmo “ardía”. A temperatura era duns 2.500ºC. Os 31 traballadores da central morreron instantáneamente. Elevouse unha enorme nube de fume (afectou a nivel radioactivo a gran parte de Europa: Bielorrusia, Rusia, Ucrania, Polinia, República Checa, Alemaña…); coma unha cheminea a grande altura (oficialmente as emisións radioactivas desta nube cesaron o día 13 de maio,  tras seren arroxadas unhas 5 toneladas de materiais). A cidade de Pripyat foi evacuada un día despois do accidente; a de Chernobyl, a uns 36 km da planta nuclear tardou 6 días máis en ordenarse. Para aquel entón miles de persoas xa resultaran afectadas. Arredor de 135.000 persoas foron evacuadas. Para pechar os restos da central contruíuse arredor dela un enorme sartego de formigón. Os encargados de contruilo foron coñecidos coma “liquidadores” (arredor de 500.000). Todos eles recibiron altas doses de radiación; aínda que os máis afectados foron os que resultaron desprazados ao pouco da catástrofe.


O Iodo emitido en forma de radiación contaminou o leite e tamén foi o causante do aumento de casos de cancro de tiroides. Aínda así, os casos de leucemia non aumentaron tras a catástrofe. En canto á flora e á fauna, ao principio apareceron anomalías como a do “Bosque Vermello” e os animais non se reproducían. Na actualidade a zona salvaxizouse debido á ausencia de seres humanos e os animais e plantas viven moi ben; incluso se recuperaron especies en perigo de extinción na zona; coma é o caso dos cabalos de Prezelwasky.

 

imagen

DATOS (estimados) : -4000/5000 mortos, -6,8 millóns de persoas afectadas pola radiación, con máis risco de padecer cancro, -31 mortos na explosión, -28 mortos directos pola radiación (liquidadores), -reconstrución dun novo sartego enriba do vello para evitar fugas, sen cifras aproximadas do custo (Información recolliada de : www.elenafilatova.com )

Autora: María Grandal

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, General e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to -CENSURED-

  1. rubenlois.aso.1a di:

    Os restos de compostos nucleares que quedaron despois da explosión afectou moi gravemente ás persoas que despois habitaron os lugares próximos.
    Esta explosión deixou moitos restos nucleares á redonda de donde se produxo o suceso e a parte de que moitas personas morreron, outras enfermaron debido a estes restos.

  2. laura.aso.1a di:

    Este suceso foi unha catástrofe, onde miles de seres vivos, tanto persoas, animais e plantas se viron afectados pola radición emitida, padecendo graves enfermidades. Na miña opinión as centrais nucleares tería que posuir un sistema de seguridade moi eficiente e que estuvera activo as 24h, e que avisara ante calquer pequeno erro. Tamén as poboacións terían que crear un plan de evacuación para estar preparados antes este tipo de sucesos, e así evitar a desorganización e o caos.

  3. andrea.aso.1a di:

    Este desastre afectou en moitos aspectos,a catástrofe inicialmente disimulada na súa verdadeira magnitude por Rusia trascende a propagarse a radiación por toda Europa. A cercana población de Pripiat é a primeira en ser evacuada, o radio exténdese pronto hasta 30 kms a outras localidades que tamén serán evacuadas das cales 40.000 corresponden a habitantes da ciudade de Chernobil. A produccion agricola e ganadeira nas zonas alcanzadas pola contaminacion foron destruidas e as areas proximas a zona cero abandonadas definitivamente.

  4. maria.aso.1a di:

    A pesar da lectura catastrófica, coma a que percibiu Laura; debo recalcar que esta traxedia tivo algunhas cousas positivas(recuperación de fauna e flora da zona) aínda que é obvio que coma legado de cara ó futuro, un sartego que encerra unha enorme metedura de pata..non é exactamnete o mellor que podíamos deixar…

  5. santigonzalez.aso.1a di:

    Algo parecido a isto pero a moita menor escala está a pasar moito máis preto de nós, como é o caso dalgunhas torres de ata tensión e reductores de tensión eléctricos, que producen radiacións e prducen anomalías e deformacións nas persoas e nos fillos, podendo producir ata cancros.

  6. roberto.aso.1a di:

    Sen dubida esta foi unha das peores catastrofes dos últimos séculos.Desde aquela adquiriuse unha concienciación máis forte do perigo que teñen estas centrais.
    Por outra banda, este é un bo exemplo para explicar como as enfermididades e mutacións do ADN poden transmitirse de xeración en xeración xa que ainda se notan as consecuencias do desastre na poboación actual das zonas proximas a central.

  7. ivan.aso.1a di:

    Esta sen dúbida foi unha das catástrofes máis impactantes da historia, con miles de mortos e con millóns de persoas expostas a radiación, producindo fetos malformados e un aumento considerable dos casos de cancro.
    Como aspecto ¨positivo¨ creouse un medo pola inseguridade destas centrais, aumentando así os controis e a súa seguridade.

  8. victor di:

    Evolucionaron moito as centrais nucleares desde a catástrofe de Chernobyl como para consideralas seguras?

  9. manuel.aso.1a di:

    Considerar que as centrais nucleares son seguras sería un tanto arriscado, xa que a enerxía nuclear naceu para a construcción da bomba que logo causou esos estragos en Hiroshima, ademais estas centrais deixan residuos, que perxudican a natureza, a vida humana, a animal, etc.

  10. andrea.aso.1a di:

    Unha central nuclear conleva riscos e beneficios. Os riscos deben preverse e analizarse para poder ser mitigados. A todos aqueles sistemas diseñados para eliminar ou polo menos minimizar esos riscos chámanse sistemas de protección e control. Nunha central nuclear de uso civil utilízase unha aproximación chamada defensa en profundidade.

  11. juanjose.aso.1a di:

    As centrais nucleares evolucionaron dende este desastre, xa que nadie quere que se volva a repetir esta traxedia, polo que se investiu algo máis en medidas de seguridade. Aínda así creo que no son o suficientemente seguras.

  12. roberto.aso.1a di:

    Non se poden cosiderar seguras ,sobre todo porque recordemos que os seus residuos son altamente peligrosos para o medio e que todavía non se atopou a maneira de desfacerse deles sen danar o medio.

  13. raqueltrigo.aso.1b di:

    As medidas de seguridade son:
    1- Autoridad reguladora: é o organismo encargado de que todas a barreiras se encontren en perfecto funcionamento.
    2- Normas e procedementos: todañas actulizacios deben rexirse por procedementos e normas escritas,ademais de un control de calidade e ten que estar supervisado pola autoridade reguladora.
    3- Primera barrera física : sistemas de protección intrínsecos basados nas leis da física que dificultan a aparición de faios no sistema do reactor.
    4- Segunda barreira física: Reducción da frecuencia coa que poden suceder os faios.
    5- Terceira barreira física: sistemas que minimizan os efectos debidos a sucesos externos á propia central.
    6- Barreira técnica: todas as instalacios instalanse en ubicacios consideradas moi seguras (baixa a probabilidade de sismo ou vulcanismo) e altamente despobladas.
    7- Salvagardas técnicas

  14. santigonzalez.aso.1a di:

    Respecto á súa seguridade melloraron moito, xa que agora tense en moita consideración a construcción deste tipo de centrais e sobre todo polos residuos como dixo Roberto. Hoxe en día todas as centrais nucleares están altamente protexidas tanto de radiación coma de vertidos, por almacenamento de residuos e muros de formigón para impedir que a radiación chegue á flora e fauna próxima e poida contaminala.
    Se se producira un fallos nunha destas centrais sería unha catástrofe, aínda que non explosionara como en Chernobyl, contaminaría os arredores deixando todo inservible para poder ser utilizado; por iso debemos ter coidado ó instalar os famosos cemiterios radioactivos dos que tanto se falou, pois eses residuos producen grandes danos irreparables nos seres vivos.

  15. victor di:

    Durante o desastre de Chernobyl producíuse unha gran nube radiactiva; que se entende por este concepto?

  16. raquel.aso.1b di:

    Unha nube radiactiva é a concentración de partículas radioactivas en forma de nube como consecuencia dunha explosión ou accidente nuclear.

  17. victor di:

    E cal é a composición desas partículas?

  18. emilio.aso.1a di:

    A composición desas partículas é a de estroncio 90, cesio 137 e Iodo 131. Esta composición é moi perxudicial para o ser humano. Por poñer un exemplo se esta nube afectaba a unha muller embarazada podía provocar que o bebé nacera con malformacións e deficiencias. Engacir tamén que o tempo de latencia de estas nubes radiactivas é duns 30-40 anos.

  19. angel.aso.1a di:

    A nube radioactiva ,de Chernobyl concretamente, compoñíase maioritariamente de Estroncio 90, cesio 137 e iodo 131, o periodo de latencia da radiación calcúlase que será duns 300 anos (a vida do estroncio e o cesio son de 33 e 28 años respectivamente pero como o seu decaimento é logarítmico multiplíca por 10 a vida útil).

  20. juanjose.aso.1a di:

    Segun un informe da Axencia de Enerxía Nuclear, liberáronse as seguintes proporciones do núcleo: 133Xe 100%, 131I 50-60%, 134Cs 20-40%, 137Cs 20-40%, 132Te 25-60%, 89Sr 4-6%, 90Sr 4-6%, 140Ba 4-6%, 95Zr 3,5%, 99Mo >3,5%, 103Ru >3,5%, 106Ru >3,5%, 141Ce 3,5%, 144Ce 3,5%, 239Np 3,5%, 238Pu 3,5%, 239Pu 3,5%, 240Pu 3,5%, 241Pu 3,5%, 242Cm 3,5%

  21. victor di:

    Como se poden contaminar radiactivamente, os cidadáns de Chernobyl, na actualidade?

  22. veronica.aso.1a di:

    Dos cidadáns de Chernobyl, moitos deles están contaminados radiactivamente na actualidade debido a que as mulleres contaminadas teñen fillos con problemas como por exemplo canceríxenos e según din moitos especialistas estos problemas pódense transmitir ata vinte xeracións despois.

  23. ruben.aso.1a di:

    Moitas das persoas que viven actualmente en Chernobyl sufren elevados sintomas de ansiedade, sintomas sen explicación médica e unha mala saude subxetiva en comparación coa dos habitantes de zonas non expostas. A desafortunada combinación de vivir en terra
    contaminada pola radiactividade e o consumo de alimentos afectados pola radiactividade está incrementando e agudizando os danos sobre a saude.

  24. aliciaromero.aso.1b di:

    Podense contaxiar porque a radiactividade tarde centos de anos en desaparecer, o solo, ar árbores… todo o medio quedo contaminado pola radiactividade e iso provoca que os nenos nazcan con malformidades, cáncro e outras enfermidades.

  25. juanjose.aso.1a di:

    Pódense contaminar comendo os productos cultivados na área contaminada, xa que a radiacción permanece no solo durante miles de anos antes de desaparecer. Esta radiacción é absorbida polos vexetais que quedan contaminados.

  26. rubenlois.aso.1a di:

    Os cidadáns de Chernobyl pódense contaminar porque aínda quedan residuos nucleares no medio e eso transmítese mediante a contaminación do aire e do medio.

  27. maria.aso.1a di:

    Non se poden contaminar; porque directamente..a zona de Chernobyl esta restrinxida; aínda que hai xente que a visita..son poucos.Tamén quedan habitantes na coñecida coma “Terra de Lobos”; e nese lugar agora mesmo non existe demasiado risco, aínda que depende da zona.
    Nos lugares que sufriron a catástrofe podes pisar zonas nas que morrerías nuns minutos pola elevada cantidade de radiación; e hai outras apenas contaminadas..a so uns pasos; por eso os visitantes da Cidade Fantasme deben levar un contador do nivel de raadiación; polo demais o nivel de radiación en xeral é inofensivo…non máis do q se recibiría nun viaxe en avión entre S. Petersburgo a Londres.
    Por outra banda e pouco recomendable coller ..una fermosa mazá vermellas que vexas mentres paseas por..Prypyat..se algo conserva contaminación de maneira…pouco analizable a simple vista é a comida.

  28. leticia.aso.1a di:

    Pódese contaminar radiactivamente a través dos cultivos que están plantados nesa zona xa que esa radioactividade tarda moito en desaparecer, incluso miles de anos. A través destes alimentos dos que se están alimentando os habitantes de Chernoblyl están poñendo en perigo a sua saúde, e cada vez son máis os afectados.

  29. andrea.aso.1a di:

    Aínda se poden contaxiar xa que a radiactividade tarda moito en desaparecer, e todo medio aínda segue contaminado, e por iso os cidadáns poden contaminarse mesmo comendo os cultivos de esa zona, e tamén estes cidadáns poden ter enfermidades pola consecuencia do desastre como poden ser a ansiedade, e outros problemas de saude.

  30. angel.aso.1a di:

    A xente contamínase porque consume alimentos (carne e vexetais) contaminados con radiación que se encontra no subsolo, productos que tamén chegan a outras rexións.

    O peor é que nas zonas contaminadas a mortalidade é ata un 4% maior que noutras rexións e nos próximos 15 anos supondrá a morte de al menos 300.000 persoas.