Casa temperada = aforro

imagen

Segundo os últimos estudos, un grupo de científicos descubriron un material para a cuberta de tellados (cuberta intelixente) que é capaz de manter a calor no inverno e illalo no verán. Este tellado estaría feito  a partir de aceites usados, e outro tipo de residuos e o innovador do material é que a pesar de que está feito con aceites usados e outro tipo de materiales, non sería nin tóxico nin inflamable.

imagen

Un tellado con este tipo de cuberta sería capaz de cambiar automaticamente de función, reflectindo ou absorbendo calor para o interior da vivienda. Pode resultar un gran avance xa que unha vivenda consume moita enerxía tanto en inverno como en verán, pois  as calefaccións e os aires acondicionados manteñen a casa dentro dunhas temperaturas sen importar o consumo; por outra banda como este material está feito a partir de residuos orgánicos (aceites), tamén pode colaborar ao reducir o vertido dos aceites.

Autor: Alexandre Fontán

Esta entrada foi publicada en Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

40 Responses to Casa temperada = aforro

  1. rubenlois.aso.1a di:

    Este descubrimento é moi bo xa que o consumo nas casas particulares reduciríase moito, pero tamén se pode impoñer en grandes fábricas e así reducir o seu consumo e por consecuente tamén algunhas das emisións de CO2 que estes producen.
    Na miña opinión, este gran avance custaría moito xa que outros sectores perderían gastos; como se podería previr isto?

  2. victor di:

    Que caraterísticas debe ter un illante térmico?

  3. emilio.aso.1a di:

    Os materias que son illantes térmicos deben de ser porosos ou fibrosos por que dalgún xeito inmovilizan o aire seco. Algúns exemplos de illantes térmicos son a lá, a espuma de poliuretano…

  4. fatima.aso.1b di:

    o illante térmico úsase na construcción pola súa alta resistencia térmica, que establece unha barreira ó paso do calor entre dous medios que naturalmente tenderían a se igualar en temperatura.

  5. carlos.aso.1a di:

    Os illantes térmicos son caracterizados esencialmente pola súa resistencia térmica e a súa inercia térmica. A resistencia térmica defínese como a dificultade que presenta un producto dun espesor dado o deixar pasar o calor en condicións unitarias ambientais.
    A inercia térmica é a capacidade física dun material para conservar a súa temperatura.
    Os mellores illantes son o aire, espuma de poliuretarano, fibra de vidrio, corcho…

    Os illantes térmicos tamén deben ser porosos e fibrosos xa que teñen que ser capaces de inmovilizar o aire seco e confinalo no interior de celdillas máis ou menos estancas.

  6. rubenlois.aso.1a di:

    Os materiais illantes son utilizados na construcción para manter a calor en espacios cerrados. Os materiais deben ser porosos ou fibrosos, como ben indicou Emilio.

  7. angel.aso.1a di:

    Un illante térmico debe ter baixa conductividade térmica así como un baixo coeficiente de absorción da radiación,en resumen, que sexa moi resitente ó paso da calor.

  8. andrea.aso.1a di:

    Un aislante térmico é un material usado na construcción e caracterizado pola sua alta resistencia térmica.
    O mellor aislante térmico é o vacío, pero debido a gran dificultade para obter e manter condicións de vacío,empléase en moi poucas ocasións.
    Utilízanse como aislantes térmicos: fibra de vidrio, vidrio celular, poliestireno expandido, poliestireno extruido, espuma de poliuretano, aglomerados de corcho, etc.

  9. marcelina.aso.1a di:

    O contido deste post é interesante e innovador xa que con este tipo de tellados aforraríase moito e aparellos como a calefacción para o inverno e aire acondicionado ou ventiladores para o verán. Ademais de reutilizar o aceite co que é fabricado.

  10. marcelina.aso.1a di:

    Utilízanse como illamento térmico materiais porosos ou fibrosos, capaces de inmobilizar o aire seco e confinarlo no interior de celdillas.
    Por exemplo lá de roca, fibra de vidro, vidro celular, poliestireno expandido, poliestireno extruido, espuma de poliuretano, aglomerados de corcho, etc.

  11. manuel.aso.1a di:

    Características dun illante térmico:
    Baixa condutividade calorífica, lixeiro, incombustible e imputrefactivo, que non poida ser atacado por roedores e insectos, que non críe bichos, inerte, fácil de colocar…

  12. roberto.aso.1a di:

    Eu penso que o mellor deste novo material é que se pode obter a partir de outros reciclados e polo tanto supoño que sería moito máis barato,aparte de ecoloxico,xa que o proceso de obtención sería máis curto e menos costoso.

  13. sabina.aso.1a di:

    Dende logo este novo illante vai a traer moitos beneficios, tanto no aforro económico que conleva non utilizar a calefacción no inverno ou o aire acondicionado no verán, coma na diminución dos vertidos de aceites usados. Por outra banda é obrigado pensar que estes novos materiais illantes quizais resulten un pouco máis caros que os illantes habituais, pero dende logo a inversión vale a pena.
    Con respecto aos illantes térmicos gustaríame dicir que o mellor aillante térmico é o valeiro, pero éste empléase en moi poucas ocasións. Na práctica utilízase aire, que gracias á súa baixa conductividade térmica e un baixo coeficiente de absorción da radiación, constitúe un elemento moi resistente ao paso de calor. Sen embargo, o fenómeno de convección que se orixina nas cámaras de aire aumenta sensiblemente a súa capacidade de transferencia térmica. Por esta razón se utilizan como aillamento térmico materiais porosos ou fibrosos, capaces de inmovilizar o aire seco e confinalo no interior de celdillas máis ou menos estancas. Sólense utilizar como aillantes térmicos: la de roca, fibra de vidrio, vidrio celular, poliestireno expandido, poliestireno extruido, espuma de poliuretano, aglomerados de cortiza, etc.

  14. victor di:

    Cada vez se lle da máis importancia ao aforro enerxético na construción de vivenda. Con esta mentalidade xurde a chamada arquitectura bioclimática; que características define este tipo de arquitectura?

  15. laura.aso.1a di:

    As características que definen a arquitectura son o máximo aprobeitamento dos recursos dispoñibles, como o sol, e adpatandose sempre as condicións climáticas das distintas zonas. O que se intenta tamén con este tipo de vivendas é reducir o consumo de enerxía e diminuir o máximo posible o impacto que poida causar no medio ambiente.
    Aparte, se integramos a este tipo de vivendas, dispositivos de almacenamento de enerxía, podremos dispor de enerxía as 24h sen ter en conta factores climáticos.
    A arquitectura bioclimática, aínda que é un concepto que se está poñendo de moda nestes últimos anos, xa leva existindo dende moito tempo, a orientación a hora de construir unha casa, dependía de factores climáticos, como orientar o tellado hacía o sur para aprobeitar mellor a radiación solar, esto foise perdendo dado a construción masiva, donde non teñen en conta a orientación.

  16. roberto.aso.1a di:

    A arquitectura bioclimática é aquela na que á hora de plantexar un edificio tense moito en conta o clima do lugar donde se construirá, a presenza de vexetación, os ventos dominantes, etc. Todo para ter un máximo de benestar no seu interior e un consumo mínimo de enerxía convencional. Intenta sacar o máximo partido das condicions do entorno.

  17. marcelina.aso.1a di:

    A vivenda bioclimática consiste no deseño de edificacións tendo en conta as condicións climáticas, aproveitando os recursos dispoñibles (sol, vexetación, choiva, ventos) para diminuír os impactos ambientais, intentando reducir o consumo de enerxía.
    Unha vivenda bioclimática pode conseguir un gran aforro e ata chegar a ser sostenible na súa totalidade. Aínda que o custo de construción pode ser maior, pode ser rendible, xa que o incremento da vivenda compénsase coa disminución dos recibos de enerxía. O feito de que a construción hoxe en día non teña en conta os aspectos bioclimáticos, únese ao pouco respeto polo ambiente que inunda aos países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento, que non poñen os suficientes medios para frear os desastres ecolóxicos que deixamos ao noso paso.
    Malia que parece un concepto novo, lévase utilizando tradicionalmente dende hai tempo; un exemplo diso son as casas encaladas en Andalucía ou os tellados orientados ao sur no hemisferio Norte, con obxecto de aproveitar a inclinación do sol.

  18. angela.aso.1b di:

    As vivendas bioclimáticas son edificacións contruídas tendo en conta as condicións climáticas, aproveitando os recursos naturais como o sol, as chuvias, os ventos co obxectivo de diminuír os impactos ambientais, intentando reducir o consumo de enerxía.

  19. andrea.aso.1a di:

    Unha característica é que hai que aproveitar o máximo a enerxía térmica do sol cando o clima é frío,aproveitar o efecto invernadoiro dos cristais. Ter as mínimas pérdidas de calor (bo aislamiento térmico) se hai algún elemento calefactor.
    Cando o clima é cálido o tradicional é facer muros máis anchos, e ter o tellado e a fachada da casa con cores claros. Poñer toldos e cristais especiais como doble cristal e ter boa ventilación son outras solucións.No caso de usar algún sistema de refrigeración, illar a vivenda. Ter diante dunha vivenda un gran árbol de folla caduca que tape o sol en verano e en invierno permitao tamén sería unha solución.

  20. juanjose.aso.1a di:

    Consiste no deseño de edificacións tendo en conta as condicións climáticas, aproveitando os recursos disponibles, intentando reducir os consumos de enerxía.

  21. ruben.aso.1a di:

    A arquitectura bioclimática consiste no deseño de edificacións ,construcións … tendo en conta as condicións climáticas , aproveitando os recursos (sol , chuvia, ventos…) para diminuir os impactos ambientais e reducir os consumos de enerxía.
    Unha vivenda bioclimática pode conseguir un gran aforro e incluso chegar a ser sostible na súa totalidade, aínda que o custo de construción pode ser maior.
    A pesar de que este concepto parece novo , este proceso levase utilizando tradicionalmente toda a vida , un exemplo son os tellados orientados o sur no hemisferio Norte , co obxectivo de aproveitar a inclinación do sol e que entre a luz , entre outros.

  22. victor di:

    Se tivérades unha parcela para construír un vivenda ao voso gusto, dicide en que orientación e por que situaríades os seguintes elementos: ábores (tipo), galerías, porche.

  23. andrea.aso.1a di:

    A orientación das zonas acristaladas o sur no Hemisferio Norte, ou o norte no Hemisferio Sur, é dicir hacia o ecuador, captase máis radiación solar en inverno e menos en verano, aínda que as zonas máis cálidas é mellor colocar as zonas acristaladas no sentido oposto, de esta maneira no verano, a cara acristalada só será irradiada polo Sol nos primeros instantes do alba e nos últimos momentos do ocaso, e no inverno o sol nunca irradiara esta fachada.
    Como xa citei antes ter diante dunha vivenda un gran árbol de folla caduca que tape o sol en verano e en invierno permitao tamén sería unha solución.

  24. veronica.aso.1a di:

    Nunha vivenda bioclimática as árbores se necesitan bastante humidade orientaríanse cara o norte, e as galerías se é unha vivenda situada nun sitio húmedo hacia o sur ao igual que o porche. Eu dependendo do terreo situaría todo doutra maneira supoño que sin preocuparme tanto do aproveitamento da humidade, das horas de luz…si por exemplo esa parcela estivese ao lado do mar pois seguramente as galerías estarían orientadas cara el, ao igual que o porche.

  25. adrian.aso.1a di:

    Según a distribución dos locais e a nosa intención a hora da iluminación, unha casa debe estar orientada de diferente maneiras xa que se orientas as ventanas o norte e o sur esas zonas van ter unha entrada de luz moderada e en cambio soense orientar o este e o oeste as ventanas dos locais que frecuentamos continuamente, como pode ser a cociña, xa que estes espacios van gozar de luz natural máxima.

  26. ruben.aso.1a di:

    Pois situaría os arbores de tamaño medio na parte norte porque ten un dobre fin de parar os aires fríos do norte en inverno e de ter un ambiente fresco no verán.
    As galerías situarías mirando cara o sur e por último o porche poñeríao na cara sur xa que no verán evita que entre o Sol e no inverno déixao entrar.

  27. leticia.aso.1a di:

    Se tivese unha parcela para construír a miña propia casa orientaría as galerías ou zona acristalada cara o leste xa que é donde nace o sol e quenta nas primeiras horas do día, as árbores (de folla caduca)situaríaas cara ao sur, é dicir, diante da casa para de algunha maneira protexela. Por último un porche situaríao ou para o leste ou para o oeste.

  28. angel.aso.1a di:

    Se vives nun sitio frío o mellor é orientar as dependencias que máis se usan ó norte para aproveitar a calor, e se é un sitio cálido ó contrario para evitar a calor(todo isto mellorado con acristalamento debido).
    Opino o mesmo que andrea no que se refire as árbores

  29. antia.aso.2a di:

    A “arquitectura bioclimática” levase facendo dende fai moitisimo tempo, se nos fixamos na nosa arquitectura, en calquera pazo podemos observar que orientaban as edificacions segundo o sol. E as galerias das casas costeiras e mariñeiras son outro exemplo desto.

  30. victor di:

    Poderíase calcular a lonxitude que debería ter tellado do porche nunha casa en Cambados orientada cara ao sur?

  31. manuel.aso.1a di:

    Un tellado idóneo debe de estar orientado hacia o sol (en Europa hacia o Sur) e cunha inclinación entre 35º e 45º.

  32. raqueltrigo.aso.1b di:

    Sabendo a orientación do sol poderiase calcular a lonxitude máxima, polo ángulo de inclinación do sol sobre a fachada.
    o porche no veran resgardaria A casa e daria sombra pero, no inverno impediria a calor aínda que si estaria protexido da choiva.

  33. victor di:

    Que tipo de árbores serían os axeitados para plantar na fachada sur?
    En que consisten as cubertas vexetais?, posúen algunha ventaxe?

  34. raquel.aso.1b di:

    Busquei información sobre esa pregunta pero non estou moi segura do que atopei. Según o que atopei si que se podería calcular, e para iso habería que observar e medir o ángulo de inclinación do sol que se pode ver na fachada da casa. Cá orientación ó sur a casa tería sol en inverno e se estudara a altura do aleiro, cortaríase o sol directo que pode entrar no verán.

  35. raquel.aso.1b di:

    As cubertas vexetais serven para protexer as azoteas ou as terrazas dunha vivenda, de forma natural e ecolóxica, dos cambios climáticos do exterior, polo que nos permiten aforrar a enerxía que íamos a empregar para refrixerar ou quentar o interior.

  36. jose.aso.1b di:

    Na miña opinión, este novo avance pode dar un gran resultado nun futuro, xa que como ben se comenta no post vainos poder illar da calor no verán e vainos a manter a calor no inverno e grazas a isto non teremos por que darlle tanto uso a calefacción no inverno e ó aire acondicionado no verán.

  37. juanjose.aso.1a di:

    Aconséllase que se planten na fachada sur árbores de folla caduca, así en inverno non crean demasiada sombra e en verano protexen do sol.

  38. victor di:

    É a madeira un bo material para utilizar en construción bioclimática?

  39. carlos.aso.1a di:

    Según mirei, creo que madeira é un bo material para a construcción boiclimática xa que non só aforra tempo de construcción sinon que ademáis polas súas características de conservación da temperatura, aislamento.. entre outras, aforra un 50% de enerxía.

  40. veronica.aso.1a di:

    A madeira ten un gran nivel de aislamento dentro da arquitectura tradicional, xa que a vivenda adquire un maior nivel de confort superior.