Plátano vs cancro

imagen

Científicos da Universidade de Michigan atoparon un novo potente inibidor do VIH; trátase da  lectina do plátano, que axuda a previr o virus VIH, causante da SIDA. Os científicos demostraron en laboratorio que esta substancia é tan potente coma outros medicamentos anti-VIH utilizados actualmente.

 Estas lectinas son proteínas sintetizadas habitualmente polas plantas, que se unen a moléculas de azucre. Algunhas son capaces de identificar invasores externos, como un virus ou unha bacteria, e adherirse ó patóxeno para así evitar que interaccione coas células.

 Seguen as investigacións, pero crese que este composto podería transformarse nunha crema microbicida vaxinal que previría a infección do VIH. Unha vez máis queda claro que a natureza ten máis utilidade e sabidoría do que a sociedade moderna pode chegar a pensar.

Autora: Fátima Vázquez

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Plátano vs cancro

  1. laura.aso.1a di:

    No mundo, cerca de 33,4 millóns de persoas viven con SIDA, esta enfermidade provoca entre 2 millóns de mortos ao ano (datos do ano 2008). Esta enfermidade afecta sobre todo a poboación de países pobres, que non ten os recursos médicos necesarios para previla ou tratala, este descubrimento abre unha nova posibilidade para a prevención da SIDA.

  2. roberto.aso.1a di:

    Segundo me informei ata o de agora existian diferentes tratamentos para tratarse despois de ser infectado ( o que non se atopou todavía é unha cura)Pero este é un dos primeiros inhibidores para este virus.
    Como duda,non atopo relación entre o titulo e o tema que se fala no post.

  3. manuel.aso.1a di:

    Algúns tipos de cancros son máis comúns en persoas con VIH que na poboación xeral. Unha das razóns pode ser que o VIH dificulta o control dalguns virus que provocan o cancro, como o virus do papiloma humano e o da hepatitis C.

  4. andrea.aso.1a di:

    Esta claro que a natureza sorpréndenos cada vez máis.A SIDA é unha enfermidade que afecta os humanos infectados polo VIH, unha persona padece de SIDA cando o seu organismo, debido a inmunodeficiencia provocada polo VIH, non é capaz de ofrecer unha resposta inmune adecuada contra as infeccións que poden chegar os seres humanos.

  5. antia.aso.2a di:

    O VIH (virus de inmunodeficiencia humana) que indica o seu nome, é un virus que nos deixa sen defensas nin anticorpos, por iso é tan perigoso, porque un simple constipado poderia acabar con calquera que sufrise esta enfermidade. As persoas que sufren a SIDA son máis propensas a ter calquera tipo de enfermidades e o cancro en especial pode afectarlles mais, porque o cancro é unha mutación dalgunhas células que se dividen e reproducen sen control, cando o noso corpo detecta esta mutación trata de eliminala mediante os anticorpos (Sistema Inmunolóxico) e a xente que sufre sida carece de el.

  6. juanjose.aso.1a di:

    A lecitina posee máis vantaxes sobre os medicamentos xa que é máis económica e é máis eficaz.

  7. raqueltrigo.aso.1b di:

    A microbicida é un composto feito apartir das lectinas que se aplican na vaxina ou no recto como protector ante as enfermidades de trasmision sexual como por exemplo o sida.
    Poden ser en xel.cremas,peliculas ou supositorios.
    Os microbicidas pode ter tamén efecto espermicida ou poden carecer del.

  8. veronica.aso.1a di:

    Este virus o que fai é que nos deixa sen defensas, e cando esto ocorre, é máis facil que collamos calquer outra enfermidade.

  9. tania.aso.1b di:

    As lectinas son proteínas nas que se unen azúcares con unha elevada especificidade para cada tipo distinto. O seu principal papel está nos fenómenos de recoñecemento, tanto no nivel molecular como celular. Por exemplo algunhas bacterias utilizan lectinas para acoplarse a células do organismo hospedador durantea infección.

  10. rubenlois.aso.1a di:

    Este descubrimento é un gran avance para a prevención do VIH. Ao meu parecer, a natureza ofrece moitas vantaxes que aínda están por descubrir a pesar do mal que lle estamos a facer. A natureza ten moitas substancias que favorecen a previr enfermidades, por exemplo a laranxa axuda a que non collamos tan facilmente a gripe.

  11. karina.aso.1b di:

    Esta investigación desvela que a natureza esconde máis cousas das que nós sabemos xa que moitos medicamentos están realizados con compostos dalgunhas plantas e animais, e tamén existen plantas curativas por si soas ou zumes destas plantas ou froitos.

  12. rubenlois.aso.1a di:

    Por outra banda, coincido coa aclaración de Roberto. Que ten que ver o título co que se fala no post?

  13. paula.aso.1b di:

    Os investigadores desenvolveron un método para illar BanLec (a lectina das bananas) e que é similar en potencia o T-20 e o maraviroc (dous fármacos anti-VIH que se utilizan na actualidade). Según señalan os autores, as terapias con BanLec serían moito máis baratas e proporcionarían unha protección máis ampla.
    Isto é unha moi boa notia para África, xa que é o continente onde hai máis persoas afectadas por este virus e que morren cada día por non ter os recursos precisos. Xa que este novo método é máis barato, poderá chegar máis facilmente ás máns desta xente.

  14. santigonzalez.aso.1a di:

    A proteína SEVI é a que facilita no semen o contaxio do virus VIH, se non existira esa proteína o virus non se transmitiría.

  15. raquel.aso.1b di:

    As lectinas constitúen un grupo de proteínas de orixe non inmune que teñen a pripiedade de enlazarse de forma específica e reversible a carbohidratos, xa sexan libres ou que formen estructuras complexas. Teñen polos menos dous sitios de unión, de ahí que se poidan enlazar en primero lugar a un azúcre específico e en segundo lugar a unha molécula glicosilada. Dado que teñen propiedades interesantes utilízanse en numerosas investigación que inclúen: estudo da estrutura das membranas, detección de transformacións malignas, estudos citoxenéticos e purificación de glicoconxugados entre outros.

  16. fatima.aso.1b di:

    No título houbo un fallo e en vez de poñer sida puxen cancro.
    A microbicida e un composto (xel,crema ou supositorio), que se pon na vaxina ou no recto para protexerse do sida.
    As lectinas son un grupo de proteínas de orixen non inmune que están presentes na maioría dos seres vivos, tanto no reino animal, vexetal e en microorganismos como bacterias, protozoarios e virus.

  17. andrea.aso.1a di:

    As lectinas considéranse armas valiosas no campo da xenética,a biomedicina e a inmunoloxía.A súa utilidade está basada na propiedade que teñen de combinarse con varios tipos de glicoconxugados presentes nas superficies celulares e fluidos corporais.
    As suas propiedades mitoxénicas permiten que se utilicen en estudios que teñen como base a proliferación de linfocitos en cultivos.
    Actualmente estudiáronse en detalle 9 lectinas con efecto mitoxénico sobre os linfocitos, entre as que se destacan as provenintes de Phaseolus vulgaris (PHA), Canavalia ensiformis (Con A), Pisum sativum (PSA) e Fitolaca americana (PWM).

  18. laura.aso.1b di:

    O Virus da Immunodeficiencia Humana (VIH) foi descuberto e considerouse como o axente da nacinte epidemia de SIDA polo equipo de Luc Montagnier en Francia en 1983. O virión é esférico, dotado dunha envoltura con unha cápside proteica.O xenoma nunha cadea de ARN monocatenario debe copiarse provisionalmente o ADN para poder multiplicarse e integrarse no xenoma da célula que infecta.

  19. maria.aso.1a di:

    E se esa proteina xa existe nos seres vivos….debémola ter nunha proporción ananísima xa que non somos inmunes ao VIH….e un gran avance atopar en algo tan usual e común como esta froita unha maneira de protexerse contra esa perigos enfermidade.

  20. victor di:

    Por que un virus determinado só ataca a unha célula concreta e non a outra? É dicir, por que o virus da gripe só ataca ás células do aparato respiratorio e o VIH só ataca aos linfocitos? Como se recoñecen?

  21. marcelina.aso.1a di:

    Un sistema inmunitario é un sistema de estruturas e procesos biolóxicos no interior dun organismo que protexe contra enfermidades identificando e matando células patóxenas e tumorais. Detecta unha ampla variedade de axentes, desde virus a gusanos parásitos, e necesita distinguilos das propias células e tecidos sans do organismo para funcionar correctamente. A detección é complicada xa que os patóxenos poden evolucionar rápidamente, producindo adaptacións que evitan o sistema inmunitario e permiten aos patóxenos infectar con éxito os seus hóspedes.
    Para superar este desafío, desenvolvéronse múltiples mecanismos que recoñecen e neutralizan patóxenos. Incluso os sinxelos organismos unicelulares como as bacteria posúen sistemas enzimáticos que os protexen contra infeccións virales. Outros mecanismos inmunolóxicos básicos desenvolvéronse en antigos eucariontes e permanecen nos seus descendientes modernos, como as plantas, os peixes, os reptiles e os insectos. Entre estes mecanismos figuran péptidos antimicrobianos chamados defensinas, a fagocitosis e o sistema do complemento. Os vertebrados como os humanos teñen mecanismos de defensa aínda máis sofisticados. Os sistemas inmunolóxicos dos vertebrados constan de moitos tipos de proteínas, células, órganos e tecidos, os cales relaciónanse nunha rede elaborada e dinámica. Como parte desta resposta inmunolóxica máis complexa, o sistema inmunitario humano adáptase co tempo para recoñecer patóxenos específicos máis eficientemente. A este proceso de adaptación chámaselle «inmunidade adaptativa» ou «inmunidade adquirida» e crea memoria inmunolóxica. A memoria inmunolóxica creada desde unha resposta primaria a un patóxeno específico, proporciona unha resposta mellorada a encontros secundarios con ese mesmo patóxeno específico. Este proceso de inmunidade adquirida é a base da vacunación.

  22. sabina.aso.1a di:

    Acerca dos virus gustaríame dicir que as tendencias actuais en nanotecnoloxía prometen facer un uso moito máis versátil dos virus. Desde o punto de vista dun científico de materiais, os virus poden ser considerados nanopartículas orgánicas. A súa superficie porta ferramentas específicas diseñadas para cruzar as barreiras da célula hóspede. O tamaño e a forma dos virus, así como o número e a natureza dos grupos funcionais da súa superficie, están definidos con precisión. Por tanto, os virus son utilizados habitualmente en ciencia de materiais como carcasas de modificacións de superficie unidas de forma covalente. Unha cualidade particular dos virus é que poden ser diseñados por evolución dirixida. As técnicas potentes desenvolvidas por as ciencias da vida están sendo a base de enfoques de enxeñería hacia os nanomateriais, abrindo unha gran variedade de usos moito máis aló da bioloxía e a medicina.

  23. ruben.aso.1a di:

    Un virus é unha entidade infecciosa microscópica que solo pode multiplicarse dentro das células de outros organismos , por este motivo cada virus afecta a unha determinada célula .
    Por exemplo o virus da gripe solo atacan ás células do aparato respiratorio porque estes virus están preparados para atacar esas determinadas células e nesas condicións idóneas.

  24. andrea.aso.1a di:

    Cada virus ataca a unha célula hospedadora determinada, así, por exemplo, o da gripe causa a destrucción de células da mucosa respiratoria, mentras que o da rabia destrue neuronas e pode ser mortal.
    A estrutura típica dun virus é simple, e consta de tres partes: unha zona central, que ten a información xenética (ADN ou ARN) responsable de reprogramar a célula hospedadora; unha cápside, que o rodea;e unha envoltura membranosa na parte máis externa.
    A gripe, a viruela, o SIDA, o herpes, a hepatitis, o ébola ou a polio son algunhas das enfermedides víricas en humanos. Tamén existen algúns virus que poden causar cancros e outros que non producen enfermidade. Hasta fai pouco tempo, o único método defensivo contra eles era o sistema inmunitario corporal. Na actualidade se emplean algúns fármacos que impiden a multiplicación de algunhas especies víricas.
    Algúns virus teñen a capacidade de integrar a sua información xenética na da célula hospede, permanecendo latente durante anos; de esta forma incluso poden chegar a formar parte da herencia xenética de algunhas especies.A súa existencia é un dos principais temores frente o uso de órganos animais para trasplantes humanos.A expresión de esos virus latentes no interior dun organismo humano podería xerar enfermidades descoñecidas.
    O coñecemento dos virus está permitindo que podan ser empleados como ferramentas da biotecnoloxía e da mediciña.

  25. veronica.aso.1a di:

    Os virus teñen unha estructura semple pola que é fácil recoñecelos, e consta de tres partes: una zona central, que garda la información xenética (ADN o ARN) responsable de reprogramar a la célula hospedadora; unha cápside, que o rodea; e unha envoltura membranosa na parte máis externa.

  26. victor di:

    Como actúa o noso organismo ante a invasión de virus?

  27. manuel.aso.1a di:

    Son varios os mecanismos dos que a defensa do noso organismo ten fronte os axentes patóxenos. Dependendo de como actúen poden clasificarse en dous grupos:
    Defensas inespecíficas, que actúan de maneira indiscriminada fronte a calquer axente patóxeno.
    Defensas específicas, que actúan de maneira selectiva.

  28. andrea.aso.1a di:

    Creando anticorpos que son especificos para os antíxenos desatados polos microorganismos que estan invadindo o corpo.

  29. carlos.aso.1a di:

    No sistema inmunitario pódense distinguir dous tipos de inmunidades: a inmunidade innata e a adaptativa. A inmunidade innata actúa como unha primeira barreira frente aos axentes infecciosos que, desta maneira, son controlados sen chegar a provocar unha infección. Si estas defensas iniciais non son suficientes, elabóranse entón unha serie de respostas específicas para cada axente infeccioso.