Un pouco neandertais

imagen

 Ó contrario do suposto ata o de  agora, o neandertal semella que foi antepasado da nosa especie, segundo os resultados presentados por un equipo internacional de científicos, que descifrou e analizou gran parte do xenoma do neandertal e  puido reconstruir os seus rasgos esenciais e determinar que deixou a súa pegada nos humanos modernos.

O primeiro borrador do xenoma do home de neandertal, publicado na revista Science,  compara partes do seu mapa xenético co do actual. Segundo as análises realizadas ata o momento, que só se baseaban no xenoma das mitocondrias, había un parentesco lonxano entre o home moderno e o de neandertal, que se extinguíu hai uns 30.000 anos.

 Os novos resultados do proxecto Xenoma de neandertal, encabezado polos científicos de Leipzig (Alemaña), demostran que este home primitivo, que posiblemente é o máis popular, contribuíu con entre 1-4% dos xenes da población actual en Europa e Asia.

 Isto é unha excelente e esperada noticia para a antropoloxía e para a xenética humana, e tal vez sexa o comezo dun cambio moderado nalgúns dos aspectos do modelo máis aceptado da evolución humana. Isto sucederá, sinxelamente, porque a ciencia sempre deu a entender que entre dúas especies diferentes (e iso eran os neandertais e os sapiens, é dicir, o home moderno), xamais podería haber unha descendencia sen consecuencias adversas. O coñecemento de que entre as dúas linaxes, que se seguen presentando como «diferentes», houbo unha hibridación deixa aberta unha nova porta ao debate, que enfrontará posturas científicas e tamén históricas.

 

Autora: Anadía Viñas

Esta entrada foi publicada en Evolución, Orixe humana, Xenoma humano e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to Un pouco neandertais

  1. andrea.aso.1a di:

    Na súa orixe,mentras o Homo sapiens evolucionou en África, dende donde migrou fai entre 100.000 e 60.000 anos hacia o resto do planeta, o home de Neandertal crese que descende do Homo heidelbergensis. Estudios recentes indican que a súa orixen podería estar na Península Ibérica.

  2. santigonzalez.aso.1a di:

    O Neandertal é unha especie do xénero Homo que viviu en Europa e parte de Asia durante o Paleolítico medio. Crese que habitou ó mesmo tempo que o home de Cro-magnon. Era de cnstitución robusta e tiña unhas extremidades cortas con respecto ó seu tórax para poder golpear e defenderse mellor na caza etc.

  3. victor di:

    Santi González; que era o home de Cromagnon?
    Cal é o antecesor común entre o Neandertal e o Sapiens?

  4. laura.aso.1a di:

    O antepasado común entre o Sapiens e o Neandertal era o homo heidelbergensis.

  5. raqueltrigo.aso.1b di:

    O home de cromagnon é o nome co que se lle chama o tipo humano correspondente a certos fosiles de homo sapiens.

  6. marinha.aso.1b di:

    O antepasado que comparten è o homo heidelbergensis

  7. ruben.aso.1a di:

    O home de Cromagnon é un tipo de homo sapiens , en especial os asociados ás covas. Viviron hai 10000 anos é dan lugar o comezo do Paleolítico superior.
    O antecesor común entre os Neandertais e os Sapiens é o Homo Heidelbergensis.

  8. victor di:

    Non Laura.
    O Homo sapiens ten a súa orixe en África e máis tarde coloniza Europa pero xa houbera colonizacións de homínidos anteriormente. Que homínido é o primeiro que migra fora do continete africano? Que homínidos europeos proceden desta primeira migración?

  9. raquel.aso.1b di:

    O homo erectus foi o primeiro homínido en saír de África, expandíndose por todo o Vello Mundo. Tamén suxeriuse que o Homo georgicus, un descendente do Homo habilis, puido ser o primeiro homínido e o máis primitivo en vivir fora de África. Por iso, moitos científicos consideran ó Homo georgicus como un membro anterior e máis primitivo da especie Homo erectus.

  10. andrea.aso.1a di:

    O home de Cromagnon é o nome co cal se designa o tipo humano correspondente a certos fósiles de Homo sapiens, en especial os asociados as covas de Europa nas que se encontraron pinturas rupestres.

  11. roberto.aso.1a di:

    Os restos do primer hominido fora de africa descubreuse en Atapuerca.
    Os restos correspondian ós dun homo antecessor

  12. santigonzalez.aso.1a di:

    O home de Cro-Magnon é o nome que se lle deu a unha parte dos homo sapiens que pintaba pinturas rupestres nas covas nas que vivía. Habitou en Europa hai entre 40.000 el 10.000 millóns de anos. Tiña un mentón alargado, a cara ancha e era bastante alto, dado que un fósil que se atopou na cova que lle da o seu nome, medía 1.80m de altura. Vivía coma os seus antecsores, da caza e da reclección e vivían en covas e en campamentos que transladaban de vez en cando para sitios donde houbera máis alimentos e recursos naturais. Conviviron cos Neandertais entre 19 e 15 millóns de anos pola datación de fósiles, e según a súa estructura parece que os Cro-Magnon eran máis desenvolvidos, xa que tiñan un aparato fonador capacitado para a linguaxe, e un cerebro máis grande.

  13. marcelina.aso.1a di:

    O primeiro en saír de África foi o homo erectus cara ó mundo vello, aínda que tamén se di que o homo georgicus saiu antes.

  14. santigonzalez.aso.1a di:

    Estou de acordo con Roberto, o primeiro homínido que saíu de África é o homo antecessor que viviu hai uns 1.2 millóns de anos e se estendeu por toda Europa.

  15. ruben.aso.1a di:

    O homo antecessor foi encontrado en Atapuerca , é foi un gran descubrimento porque este homínido creese que foi o primeiro en saír de África.

  16. laura.aso.1b di:

    O homo erectus foi o primeiro en saír de África.
    Despois sucedeylle o homo habilis.

  17. juanjose.aso.1a di:

    O primer hominido que abandonou África foi o Homo erectus. Tamén foi o primeiro que usou o lume, que utilizaba asentamentos permanentes…

  18. paula.aso.1b di:

    O primer hominido en abandoar África foi o Homo Erectus, que se espandiu por todo o Vello Mundo.
    Os primeiros homínidos que habitaron Europa estaban evolutivamente máis preto do Australopithecus e foi denominado como Homo Georgicus, que era un eslabón entre o Homo Hábilis e o Homo erectus.

  19. maria.aso.1a di:

    Acoradando coas respostas anteriores, o primeiro homínido que abandona África foi o hommo erectus, o viaxeiro, que colonizou Europa e Asia ata a China(e por suposto toda África).
    Como dixo Raquel, o Hommo Georgius é unha especie de erectus máis primitivo, sendo os achádegos dos seus osos máis antigos; o principal é o de Dmanisi, en Xeorxia.
    Os de Atapuerca son os Hommo Antecessor, altos e robustos, similares a nós fisicamente pero cun cerebro moito máis pequeno.

  20. veronica.aso.1a di:

    Con respecto ao homo antecesor (os de Atapuerca) aínda non coñecía o lume, usaba lanzas sencillas e pedras cortantes. Con respecto a súa estructura corporal tiña unha mandíbula pouco especializada, eran robustos e corpulentos e había gran diferencia entre machos e femias. Dedicábanse a recolección de vexetais e a caza menor, eran caníbales.

  21. ana.aso.1b di:

    O primer hominido que saliu de África foi o Homo erectus.
    En África encontraronse outros restos fósiles que se incluen en outra especie o Homo ergaster
    que ese é o primeiro hominido que procede desa migración.

  22. karina.aso.1b di:

    Os primeiros restos do Homo erectus foron atopados no continente africano, apareceron fai 1,6-1,7 millóns de anos en África, medían sobre 1,80m. E a súa capacidade cerebral é considerablemente máis grande que todos os seus antecesores.

  23. jose.aso.1b di:

    Esta nova teoría, vai facer que se cambien moitas das teorías que houbo ata o de agora de quen serían os nosos antepasados máis proximos, e agora con este novo descubrimento científico sabemos de certo que foi o neandertal.
    Os neandertais viviron en Europa e Oriente Próximo ata fai unos 30.000 anos e extinguironse despois de aparecer o seu sucesor, o Home de Cromagnon, que era anatómicamente un humano moderno.

  24. santibras.aso.1a di:

    O primeiro homínido en saír de África foi o homo antecesor. Este despois evolucionará no neandertal, en Europa.

  25. vanesa.aso.1b di:

    Os cromosomas que os seres humanos non africanos compartimos cos neandertais fan ver, pero só é unha hipótese, que hai uns 80.000 e 50.000 anos puideron encontrarse no Oriente Próximo.
    Os devanditos xenes están relacionados co metabolismo,coñecemento….

  26. sabina.aso.1a di:

    Todo o que ten que ver coa evolución humana e os distintos antepasados que tivemos ao longo da historia, son temas que están á orde do día, debido, fundamentalmente ao aniversario da publicación do libro de Darwin, A Orixe das Especies.
    Ata o de agora, a evolución que se produciu dentro do xénero Homo ata chegar ao Homo sapiens comezou co Homo habilis e continuou co Homo rudolfensis, Homo ergaster, Homo georgicus, Homo erectus, Homo cepranensis, Homo antecessor, Homo heidelbergensis, Homo neanderthaliensis, Homo floresiensis, Homo rhodesiensis e po último o Homo sapiens, que evolucionou no Homo sapiens idaltu e no Homo sapiens sapiens, que somos nós.
    A partir desta clasificación pódese chegar a novas conclusións co paso do tempo e a medida que se vaian descubrindo cousas novas, porque unha cousa está clara: non todo está descuberto, e cada día pódense facer novos e mellores achados, xa que quedan moitas cousas por saber e moitas preguntas por responder.

  27. victor di:

    Que se quere dicir no texto cando se afirma que os primeiros xenomas estudiados procedían do ADN mitocondrial?

  28. rubenlois.aso.1a di:

    O ADN das mitocondrias da célula foi o máis usado comunmente para construir árbores evolutivos.
    O ADN mitcondrial ten unhas capacidades de mutación altas. As mitocondrias teñen o seu propio xenoma de aorredor de 16500 bases. Cada xenoma contén 13 xenes que codifican proteínas, 22 tARN y 2 rARN.
    Teñen unha taxa de substitución máis alta co ADN nuclear. Isto fai máis fácil a resolución de diferencias entre individuos emparentados de preto.
    As mitocondrias só se heredan da nai, polo que se poden establecer liñas xenéticas directas.

  29. roberto.aso.1a di:

    O ADN mitocondrial é o material xenético das mitocondrias, os orgánulos que xeran enerxía para la célula.As mitocondrias só están presentes nas células eucariotas. Tradicionalmente Considerabase que o ADN mitocondrial se herdaba só por vía materna. Hai autores que afirman que o ADN mitocondrial do pai pode perdurar en texidos como os dos musculos.

  30. santigonzalez.aso.1a di:

    O ADN mitocondrial está situado nas mitocondrias, orgánulos de dentro das células que se encargan de suministrar a enerxía para que funcionen. Este orgánulo prodúcese na división celular só, e non se vai alongando en cadeas senón en circunferencias pechadas. O ADN mitocondrial mantense invariable e nel só se manifestan as mutacións que se produciron nunha especie ó longo de moitas xeracións (10.000 anos por cada variación aproximadamente na especie humana).
    O ADN mitocondrial só se hereda por vía mataerna, xa que ó fecundar un espermatozoide un óvulo, as mitocondrias do espermatozoide están situadas no flaxelo, que queda fóra e rompe na fecundación.

  31. marcelina.aso.1a di:

    O ADN está presente dentro do núcleo de cada célula do noso corpo. Pero é o ADN das mitocondrias da célula o que foi usado máis comúnmente para construír árbores evolutivas.
    O ADN mitcondrial mostra taxas de mutación altas.

    As mitocondrias teñen o seu propio xenoma de ao redor de 16,500 bases, o cal existe fóra do núcleo das células. Cada xenoma contén 13 xenes que codifican proteínas, 22 tARN e 2 rARN.
    Grandes cantidades de mitocondrias están presentes en cada célula, o cal require un menor número de mostras.
    Teñen unha taxa de substitución (mutacións onde un nucleótido é reemplazado por outro) máis alta que o ADN nuclear, o cal fai máis fácil a resolución de diferenzas entre individuos cercanamente emparentados.
    Elas hérdanse só da nai, o cal permite trazar liñas xenéticas directas.
    Elas non se recombinan. O proceso de recombinación no ADN nuclear (coa excepción do cromosoma E) mestura seccións de ADN da nai e do pai, creando así unha historia xenética mesturada e ilegible.

  32. paula.aso.1b di:

    O ADN mitocondrial foi secuenciado en estudios anteriores, pero hoxe en día dispoñemos de seis mitoxenomas neandertais completos. Neste caso represéntase o primer borrador de xenoma neandertal que se refiere á información xenética exclusivamente do núcleo das células.

    Un aspecto moi interesante que debemos seguir estudando é que o ADN mitocrondial non mostraba ningunha similitude entre sapiens e neandertais. Curiosamente o ADN nuclear sí presenta unha huella xenética de similitude. Comprender esta diferencia posiblemente será o seguinte paso na investigación.

  33. sabina.aso.1a di:

    Con respecto ao ADN mitocondrial gustaríame dar un dato que me chamou moito a atención.
    Segundo a teoría xenetista, a Eva mitocondrial foi unha muller africana que na evolución humana correspondería ao ancestro común máis recente feminino que posuía as mitocondrias das cales descenden todas as mitocondrias da poboación humana actual. Por esto, ao seguir a liña xenealóxica por vía materna de cada persoa na árbore xenealóxica de toda a humanidade, a Eva mitocondrial correspondería a un único antepasado feminino da cal diverxe toda a poboación actual de Homo sapiens.

    Basándose na técnica de reloxo molecular os investigadores creen que esta Eva viviu aproximadamente entre fai 150.000 anos a 200.000 anos como máximo.

    Unha comparación do ADN mitocondrial de distintas etnias de diferentes rexións, suxire que todas as secuencias de este ADN teñen envoltura molecular nunha secuencia ancestral común. Asumindo que o xenoma mitocondrial só se pode obter da nai, estos achados implicarían que todos os humanos vivos descenden en última instancia dunha soa muller.

  34. andrea.aso.1a di:

    O ADN mitocondrial pode ser usado para identificar individuos xunto con outra evidencia. Tamén é usado por laboratorios forenses para identificar vellas mostras de esqueleto humano. Distinto que o ADN nuclear, o ADN mitocondrial non sirve para identificar individuos, pero si para identificar grupos de individuos, é usado entón para aceptar ou rechazar comparacións entre persoas perdidas e restos non identificados.