Auga por un tubo

imagen

Un grifo en cada casa transformaría a moitas sociedades donde as persoas recorren grandes distancias na súa procura. Mentres os habitantes dos países ricos só teñen que abrir un grifo, no resto do mundo hai cerca de 900 millóns de persoas que non teñen acceso a agua potable. A agua sucia e a falta de hixiene causan a morte a 3.3 millóns de persoas ao ano, na súa maioría menores de cinco anos.

Nestes momentos, están traballando máis de 17.000 desalinizadoras en todo o mundo, transformando agua salgada dos océanos en agua potable. O noso planeta está formado por un 75% de agua, pero o 97.5% é salgada. Estas desalinizadoras utilizan unha  técnica innovadora chamada ósmose inversa, que é un método eficaz e respectuoso co medio ambiente, pois unha vez realizado o proceso de desalinización, o sal sobrante é devolto ao mar.


Autor : Rubén Barreiro

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Auga por un tubo

  1. alexandre.aso.1b di:

    Parece un método de desalinización interesante, pero si o sal é devolto o mar non pode causar que unhas especies que viven no mar sufran algún tipo de daño polo exceso de sal? parece unha pregunta absurda, pero buscando información non fun capaz de aclarar a resposta, desde logo que esto pode axudar a que paises en condicións menos favorables teñan auga.

  2. laura.aso.1a di:

    Estas plantas de desalinización sería moi útil, por exemplo en África onde escasea, e moita xente morre de sede, bebe auga contaminada, ou ten que andar longas distancias para conseguir auga.
    Aparte unha maior diponibilidade de auga, tamén melloraría as condicións de hixiene.

  3. santigonzalez.aso.1a di:

    Paréceme que si se conseguira auga suficiente potable para os países africanos por exemplo, aumentarían o seu desenvolvemento radicalmente, e así conseguirían aumentar o nivel de vida. Pero isto conleva moitos gastos e habería que transportar a sitios onde fixera falta a auga. Non sería viable nun país en desenvolvemento, pero nun país desenvolvido métodos ecolóxicos de desalinización coma este poden ter moita saída.

  4. victor di:

    Por partes:
    Alexandre, o océano é moi grande e o sal acabará por diluirse. O único problema sería na zona próxima puntual onde se verte o sal.
    Cando falades de auga para África, pensade que estas tecnoloxías son custosas e non están ao alcance de países pobres.
    Que método seguían, antes desta técnica, para desalar a auga? Que inconveniente tiña?

  5. barbara.aso.1b di:

    Desde o meu punto de vista este método e sin duda moi bo, pero penso que se debería aplicar nos países que están en proceso de desarrollo, xa que son os que non teñen auga, e son eles os que teñen que camiñar durante horas para conseguila, por eso penso que neses países subdesarrollados sería moito máis útil e beneficioso.

  6. andrea.aso.1a di:

    As plantas desalinizadoras ou desaladoras son instalacións industriais destinadas a desalinización.
    Penso que as desanilizadoras serán de moita utilidade e axudarán a mellorar moito estas situacións nos paises necesitados nestes aspectos.

  7. santiguillan.aso.1a di:

    Eu penso que para axudar tamén sería conveniente definir o que se entende por agua dulce e agua potable. As plantas descentralizadas de tratamento de agua con alimentación autónoma poden axudar a resolver este problema, xa que conseguen transformar agua salgada en agua doce para beber.

  8. angel.aso.1a di:

    Antes desta técnica usábanse outros métodos como:
    Destilación:realizase mediante varias etapas, en cada unha das cales unha parte da auga salgada se evapora e se condensa en auga doce. A presión e a temperatura van descendendo en cada etapa lográndose concentración da salmuera resultante. A calor obtida da condensación serve para calentar de novo a auga que hai que destilar.

    Conxelación:mediante este proceso pulverízase auga de mar nunha cámara refrixerada e a baixa presión, co que se forman uns cristales de xeo sobre a salmuera. Estos cristales sepáranse e lávanse con auga doce.E así obtense a auga doce.

    Evaporación relámpago: no proceso de desalinización por evaporación relámpago, a auga é introducida en forma de gotas finas nunha cámara a presión baixa, por debaixo da presión de saturación. Parte destas gotas de auga convértense inmediatamente en vapor, que son posteriormente condensadas, obtendo auga desalada. A auga residual introdúcese noutra cámara a presións máis baixas que a primera e mediante o mesmo proceso de calentamiento, pulverización e evaporación relámpago obtense máis auga desalada. Este proceso repetirase, ata que se alcancen os valores de desalinización desexados.

  9. veronica.aso.1a di:

    O método máis antigo para a desalinización era quentar un recipiente cheo de auga salada coa enerxía solar, entonces a auga evaporaríase e condensaríase certa cantidade de auga na cuberta do recipiente mentres que o sal quedaría no fondo. O inconveniente disto sería que para a obtención dunha cantidade considerable de auga necesitaríamos unha gran superficie (recipiente).

  10. marcelina.aso.1a di:

    Sobre este tema atopei que na universidade están estudando a posibilidade de desalar auga mediante nanotecnoloxía. A ciencia na que se basea o proceso de destilación por membranas de Sirkar é simple. Un combustible económico quenta o auga forzando a súa evaporación da solución salina. O vapor depurado pasa, entón, a través dos nanoporos da membrana para acabar condensado en auga fría polo outro lado da membrana.

  11. juanjose.aso.1a di:

    A desalinización pode realizarse por diversos procedementos:

    – A nombrada ósmose inversa.
    – Destilación.
    – Conxelación.
    – Evaporación relámpago.
    – Formación de hidratos.

  12. ivanabal.aso.1a di:

    Estas plantas, eu creo, que non estan o alcance da maioria dos paises africanos, por moi boas que sexan, se un pais non pode permitirse comprar unha non serve de nada.

  13. sabina.aso.1a di:

    A desalinización pode realizarse por medio de diversos procedementos, entre os que se poden citar: ósmose inversa, destilación, conxelación, evaporación lóstrego e por formación de hidratos.
    Entre eles é interesante o de evaporación lóstrego. Este procedemento consta de tres ou máis estanques con diferentes presións cada un. O fluído é quentado e evaporado no primeiro estanque que corresponde ao de maior presión, do cal se obtén o primeiro producto purificado; logo o fluído que no é evaporado no primeiro estanque é pasado a un segundo estanque con unha presión menor ao anterior do cual se obtén un segundo producto purificado, o fluído que non é evaporado en segunda instancia pasa a un terceiro estanque con unha presión aínda menor, do cal se obtén un terceiro producto purificado . Finalmente o que non se logra evaporar no último estanque é considerado residuo e é desbotado.
    Para a condensación utilízase a baixa temperatura do fluído a evaporar, que é conducido a contra corrente, producindo no intercambio de calor un pre quentamento do fluído e a condensación dos tres productos purificados.

  14. ruben.aso.1a di:

    Antes , a técnica usada era a de evaporación solar e a destilación . Estes 2 procesos consistían en quitar o sal, polo cambio de estado da auga de líquido a gas facilmente, pero non quitaba as partículas sucias da auga.Por este motivo tiña un inconveniente que é o seguinte : ó non actuar sobre esta auga produtos químicos esta causaba infecions , enfermidades … nas persoas, incluso podían chegar a morte.

  15. ana.aso.1b di:

    Existen dous procesos para a desalinización da auga do mar: un deles é por destilación (evaporación) ea outra é a osmose inversa, que se usa no buques.En ambos os casos, o vertido faise coa adición de produtos químicos (biocidas , anti-incrustantes e anti-escuma), usado no tratamento da auga.

  16. rubenlois.aso.1a di:

    A auga potable debería ser un ben para todos e non só para os países ricos ou desenvoltos.
    A desalinización da auga fai que os países teñan auga potable, pero isto provocaría que a salinización do mar aumente progresivamente e os animais deberían adaptarse a esta nova salinización.

  17. andrea.aso.1a di:

    Outro método é a potabilizacion de auga de mar por enerxía solar.
    En este metodo utilízase a enerxia solar con paneles de vidrio para facer que a auga de mar ferva e se evapore. Cando se halla evaporado o auga de mar o vapor de auga elévase e é atrapada polos vidrios ou paneis solares e logo colócase nun enfriador ou conxelador donde o auga é pura para o consumo humano.
    Este proceso chámase o Solar Estill é unha das máis utilizadas nos países industrializados pero a nivel industrial ou a gran escala.

  18. paula.aso.1b di:

    A cadencia de auga potable debese tanto á falta de inversións no sistema de auga como o seu mantemento inadecuado. Cerca do 50% da auga nos sistemas de suministro de auga potable nos países en desenvolvemento perdese por fugas, conexións ilegais e vandalismo. Nalgúns países, o auga potable é altamente subsidiada para aqueles conectados o sistema, xeneralmente persoas nunha mellor situación económica, mentres que a xente pobre que non está coenctada o sistema depende de vendedores privados costosos ou de fontes inseguras.

  19. jose.aso.1b di:

    Esta técnica é moi interesante, xa que polo menos se se conseguise o desexado con estas desalinizadoras polo menos reduciríanse as mortes, sobre todo nos países menos desenvolvidos que debido a que non teñen auga e necesitan beber para sobrevivir, beben de augas non potables ou de augas en mal estado.

  20. vanesa.aso.1b di:

    A desalinización aplicando a ósmose inversa ou mesmo a destilación son caros e aplicaranse industrialmente producindo danos ecolóxicos, como son:
    -A instalación de calquer industria
    -A extracción de grandes cantidades de auga de mar levarán á desaparición de especies mariñas, tanto animais como vexetais e desequilibrarase o ecosistema marño.
    Unha boa solución é a reutilización das augas que reduce o consumo e devolven nutrintes orgánicos aos campos cultivados.
    Nalgúns casos a auga urbá residual é utilizada posteriormente á hora de regar despois de pasar por unha depuradora.
    Este sistema está sendo pouco utilizado provocado polo rexeitamento da poboación.

  21. victor di:

    Credes que a ósmose inversa é o método definitivo para acabar cos problemas de falta de auga?
    Que estratéxias propoñedes para solucionar os problemas de abastecemento de auga?

  22. andrea.aso.1a di:

    Penso que a ósmose inversa donde se leva a cabo o proceso de que os fluídos presiónanse a traves dunha menbrana, mentras que os sólidos disoltos queden atrás, pode axudar moito nos problemas de abastecemento de auga, este método paréceme o axeitado, pero pode que no futuro xorda un mellor método para este problema.

  23. marcelina.aso.1a di:

    Creo que nas novas tecnoloxías non se pode dicir definitivo xa que cada pouco as están renovando e xorden novas, creo que de momento este sistema de ósmose inversa é axeitado e bó pero ao mellor dentro duns anos sae un novo que é mellor.

  24. ivanabal.aso.1a di:

    De momento, creo que a ósmose inversa é un bo metodo, pero no mundo das tecnoloxias decir definitivo e mais dificil xa que se estan a descubrir novas tecnoloxias cada pouco o que pode facer que apareza unha solución mellor

  25. santigonzalez.aso.1a di:

    Na miña opinión a ósmose inversa é un bo método para a desalinización da auga pero como din Andrea e Iván, coas novas tecnoloxías é moi probable que aparezan novos métodos e mellores. Por outra parte este método non solucionaría os problemas de abastecementos en países en desenvolvemento, xa que supón un elevado custo a súa instalación e estes países que son os que precisan auga potable non disporían de cartos para poder permitir a súa posta en funcionamento. Penso que un método máis económico e menos ecolóxico sería máis productivo para estes países, aínda que fora perxudicial para o cambio climático do planeta.

  26. juanjose.aso.1a di:

    Non creo que sexa un método definitivo, xa que no mundo da ciencia estase a avanzar a pasos axigantados, e non me extrañaria nada que se innovara dentro de pouco con respecto a este tema.

  27. maria.aso.1a di:

    A osmose Inversa parece un método bastante cómodo de momento; pero nada para sempre..hai 5 anos, non se imaxinaban as cousas que as novas tecnoloxías non achegan hoxe en día…é dificil predecir como avanzarán os desenvolvementos neste campo.
    En canto ao de levar auga a todo o mundo…non sei..o método dos acueductos dos romanos estaba ben..e as cañerías a gran escala…coma se fosen oleoductos tamén..pero eso non chega nin chegou nunca xa que non todos os paises teñen as mesmas facilidades(nin ganas) de construilos…
    Depósitos e ese tipo de cousas tampouco son moi igualtitarios, xa que o clima e as precipitacións varían enormemente.

  28. raquel.aso.1b di:

    Dende o meu punto de vista, a ómose inversa non é o método definitivo para rematar cos problemas de falta de auga, porque a tecnoloxía e a ciencia están moi adiantadas, e o día menos pensado atópase un novo método que acabe con este problema.

  29. paula.aso.1b di:

    Na miña opinión, a ósmose inversa é un método que pode resultar moi efectivo.

    Cando as comunidades aproveitan eficientemente os recursos de auga dulce, tamén aproveitan mellor outros recursos naturais, melloran o saneamento e reducen as enfermidades. No plano nacional, especialmente nas rexións con escasez de auga e a alta densidade de poboación, a adopción dunha perspectiva de ordenación dunha vertente ou cunca hidrográfica é unha alternativa necesaria frente a políticas non coordinais de ordenación das aguas por xurisdiccións distintas.
    No plano internacional, os países que comparten cuncas hidrográficas poden adaptar políticas factibles para ordenar máis equitativamente os recursos hídricos. As organizacións de desenvolvemento deberán ocuparse máis de asegurar o suministro e xestión dos recursos de auga dulce e de proporcionar senamentos como parte dos programas de desenvolvemento e saude pública.