Corrente de vida

 

imagen

Estes últimos días un grupo de científicos xaponeses e australianos descubriron unha corrente mariña profunda, totalmente descoñecida ata o de agora,  procedente da Antártida. O seu caudal é 40 veces maior ca do río Amazonas e pasa polo océano Índico a máis de 3000 m de profundidade.  É densa, rica en osíxeno e sen ela o fondo mariño case non contería osíxeno. Arrastra, cada segundo en dirección ó Ecuador, más de 12 millóns de metros cúbicos de auga cunha temperatura de 0,2 ºC que é compensada por un fluxo que descende outra vez cara ó polo sur. Ademais é a corrente submariña a máis veloz que existe, pois desprázase a 20 cm/s.

Estas correntes teñen gran repercusión no clima, pois almacenan e transportan grandes cantidades de calor e de CO2, polo que teñen un efecto diminuidor do cambio climático. En conclusión estas correntes son as que regulan ó clima global.


Autor: Emilio Paz Sotelo

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, General e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

42 Responses to Corrente de vida

  1. laura.aso.1a di:

    Unha corrente mariña é un movmento de traslación, continuado e permanete dunha masa de auga que poden estar causadas pola rotación terrestre, por o vento ou por a configuración e localización de costas e continentes. Estas corentes actuan regulando as temperaturas das zonas por onde pasa.

  2. victor di:

    Por que se produce unha correte mariña?

  3. carlos.aso.1a di:

    Unha corrente mariña prodúcese principalmente debido as diferencias de temperatura xa que as augas das zonas polares é fría e pesada polo que tende a afundirse, desprazándose hacia as zonas ecuatoriais. A auga das zonas ecuatoriais, en cambio é cálida e tende a dilatarse, desprazándose hacia as zonas polares.

  4. raquel.aso.1b di:

    As correntes mariñas poden producirse polo movemento de rotación da Terra (que actúa de forma distinta e oposta no fondo do mar e na superficie) ou polos ventos constantes, así como a configuración das costas e a ubicación dos continentes.

  5. veronica.aso.1a di:

    As correntes mariñas pódense producir por multitude de causas, pincipalmente polo movemento de rotación terrestre, polos ventos constates ou planetarios así como a configuración das costas e a situación dos continentes, tamén se producen pola diferenta de temperatura da auga (a auga con maior temperatura tende a ascender).

  6. ruben.aso.1a di:

    Unha corrente mariña prodúcese por unha serie de factores.
    A temperatura e salinidade das augas determina a densidade desta auga, que produce correntes de densidade causada por diferencias de temperatura e salinidade .
    O vento orixina correntes de deriva
    A orografía do fondo produce correntes de pendente.
    Todas estas están interrelacionadas e xunto as correntes producidas polas mareas e o efecto de Coriolis(resulta da forza de inercia aplicada a un corpo en movemento nunha superficie rotatoria , a Terra) , constitúen as causas determinantes das correntes

  7. andrea.aso.1a di:

    As correntes mariñas son de gran importancia, especialmente para o clima. Todas elas deben a súa orixen principalmente os grandes sistemas de vento da Terra, aínda tamén están dirixidas polas diferenzas de densidade e contenido de sal, así como de temperatura e as influencias da evaporación; e pola rotación da Terra, que lles proporciona no hemisferio norte unha tendencia a dereita, no hemisferio sur unha tendencia hacia a esquerda. Tamén é a rotación da Terra a que orixina, nunha profundidade de 50 ata 200 metros por debaixo das correntes, unha inversión total da dirección delas.

  8. aliciaromero.aso.1b di:

    As correntes mariñas son causadas pola variación do nivel do mar, debido a atracción da Luna e do Sol. Desta maneira producense as mareas, o que ocasiona unha elevación e un descenso do nivel de agua en ciclos de seis horas. O vento e a tormenta crean as olas mariñas, que poden percorrer grandes distancias. O xiro da Terra hacia o Leste influe tamén nas correntes mariñas

  9. santibras.aso.1a di:

    As correntes mariñas producense porque a auga fría é mais densa ca auga quente, polo que a auga fria afunde formando a corrente, sendo as correntes frias as augas dos polos, e as augas quentes as das zonas ecuatoriais.
    Neste proceso tamén intervén o vento e a forza de atracción da lúa.

  10. manuel.aso.1a di:

    O clima seco das costas occidentais da zona intertropical ou subtropical que están bañadas por correntes frías e clima mais cálido e húmedo nas costas occidentais dos continenetes e nas latitudes medias e altas, debido a enormr cantidade de enerxía que transportan dende a zona intertropical. A grandes rasgos, as direccións das correntes mariñas coinciden cas dos ventos planetarios polos mesmo motivos que estos.

  11. victor di:

    Centrémonos nos cambios de temperatura e salinidade da auga mariña, que son as que producen correntes deste tipo.
    Como afecta ao movemento da auga para producir unha corrente a variación destes dous elementos?
    Por que se producen aumentos ou descensos da temperatura e da salinidade do mar?

  12. marcelina.aso.1a di:

    Unha corrente mariña é un movemento de traslación, continuado e permanente dunha masa de auga determinada dos océanos e en menor grado, dos mares máis extensos. Estas correntes teñen multitude de causas, principalmente, o movemento de rotación terrestre e polos ventos constantes ou planetarios, así como a configuración das costas e a ubicación dos continentes.

  13. marcelina.aso.1a di:

    Eu atopei que o descenso ou aumento da temperatura ou salinidade ocorre polas correntes mariñas e pola cercanía aos polos ou ao ecuador.
    Tamén descende a temperatura entre augas suoerficiais e augas profundas.

  14. andrea.aso.1a di:

    A salinidade presenta variacións cando se comparan as concas, as distintas latitudes ou as diferentes profundidades. Favorece unha salinidade máis elevada a evaporación máis intensa propia das latitudes tropicais, sobre todo na superficie, e unha menor salinidade a proximidade da desembocadura de ríos caudalosos e as precipitacións elevadas.
    De todos os mares abertos o mar vermello é o que presenta maior salinidade (40‰).

  15. veronica.aso.1a di:

    Os aumentos e descensos da temperatura e salinidade do mar prodúcense gracias as correntes. Cando as augas transportadas pola Corrente do Golfo chegan aos mares Nórdicos, a sua temperatura descende. Por enfriamento e contración térmica, adquiren unha densidade alta e rematan afundíndose, deixando espacio para a chegada do sur de novas masas de auga.

    O fenómeno de afundimento por conveción prodúcese naqueles mares septentrionais nos que se intensifica ao comenzo do inverno polo aumento da salinidade. Ocorre que cada outono-inverno, durante a formación dos xeos mariños en áreas subárticas, fórmase sal baixo a banquisa de xeo, unha masa de auga fría e moi salada que se afunde.

  16. victor di:

    Explicade o seguinte: a auga do Mediterráneo entra en contacto coas do atlántico polo estreito de Xibraltar. Estas augas serán máis ou menos salgadas cas do océano? Formarán unha corrente ou mesturaranse entre elas? Circularían pola superficie ou en profundidade?

  17. andrea.aso.1a di:

    A través do estreito de Xibraltar ten lugar o intercambio de agua entre o océano Atlántico e o mar Mediterráneo: as aguas superficiais, relativamente cálidas e pouco salinas, provenintes do Atlántico entran ao Mediterráneo, por encima de aguas profundas, relativamente frías e salinas, que saén do Mediterráneo.
    As correntes de marea son fuertes e varían o largo do día.

  18. anadia.aso.1b di:

    Os resultados dun estudo indican que a auga do Océano Atlántico ten maior cantidade de CO2 antropoxénico(dióxido de carbono xerado pola actividade humana) que a do Mar Mediterráneo. Os investigadores cuantificaron por primeira vez os fluxos netos de carbono antropoxénico a través do Estreito de Xibraltar.O proxecto “Carboocean” realizará unha evaluación precisa das fontes e sumideiros de carbono no mar. Ademáis, un obxetivo específico era evaluar o intercambio de carbono no Mediterráneo e o Atlántico Norte a través do Estreito de Xibraltar.
    Os resultados supoñen un importante avance en cuestións descoñecidas hasta o momento, tales como os sumideiros de CO2 antropoxénico dos océanos Atlántico e Austral; cómo contribúen os ríos europeos e zonas de plataforma aos patróns a gran escala das fontes e os sumideiros de CO2 antropoxénico no Atlántico Norte.

  19. raqueltrigo.aso.1b di:

    Debido a evaporación no Mediterráneo o nivel do mar disminue e grazas a auga do atlantico,entra par compensar a perdida.
    O existir no estreito unha diferencia do nivel do mar entre o atlantico e o mediterraneo é o diferir a densidad entre ambos establecense uns gradentes internos de presión e istes son os que xeran as forzas que moven as augas.As augas mediterraneas son máis densas polo tanto producensen unha seri de de correntes superpostas,e de sentidos contrarios.
    isto provoca unha serie de efectos secundarios,como a incidencia lateral das correntes sobre as superficies de cantos vivios formando asi remoiños.

  20. victor di:

    Non me respondedes á pregunta (16).

  21. rubenlois.aso.1a di:

    A salinidade do mar aumenta ou diminúe según se derretan os polos.
    Agora mesmo, co cambio climático e o aumento da temperatura, os polos estánse a derreter e polo tanto a auga doce dos icebergs pasa a formar parte do océano, pero como esta é doce e a do océano é salgada e a salinidade non cambia, fórmase unha mestura pero a sal é a mesma asique a salinidade é inferior á que había antes de se derreter o icebrg.

  22. santigonzalez.aso.1a di:

    As augas do Mediterráneo son evaporadas e os aportes de ríos etc. non conseguen cubrir esa perda; por iso parte da auga do Océano Atlántico entra polo estreito de Xibraltar creando unha corrente mariña superficial. Esta gran corrente move as augas pegado ás costas africanas e percorrendo a costa en sentido contrario ó das agullas do reloxo, chegando por último ás costas españolas de Valencia, Barcelona, Murcia…

  23. roberto.aso.1a di:

    As duas son o efecto dun gradiente de presión horizontal; entre elas existe unha interfase de separación, na que se mezclan , cuxa profundidade encontrase por término medio a 150 metros. A corrente atlántica ten unha salinidade próxima a 36,2por mil e unha temperatura superior aos 130 grados centígrados. A salinidade da mediterránea é de 37,9por mil, con una temperatura de 13 grados

  24. angel.aso.1a di:

    A evaporación excede en grandes cantidades as precipitacións e ás afluencias de ríos hacia o Mediterráneo, un factor que é central para a circulación da auga na conca.
    A evaporación é especialmente alta na metade este do Mediterráneo, causando que o nivel de auga descenda e a salinidade se incremente hacia o este. Este gradiente de presión mantén unha baixa salinidade provinte dende o Atlántico ata a conca, o cal se entibia e se volve máis salgado a medida que viaxa hacia o este e baixa na rexión de Levante, circulando logo hacia o oeste e dirixíndose ata o Estreito de Xibraltar. De esta maneira, a corrente mariña flúe dende o este bañando a superficie do estreito e logo hacia o oeste pola parte baixa.

  25. victor di:

    Chega auga do Mediterráneo ás rías galegas?

  26. roberto.aso.1a di:

    Non atopei información acerca disto, pero observando os mapas de mareas da Terra podese decir que non chega auga directamente do mediterraneo ,pero si chegan correntes dende o sur de Norteamerica e de America Central.

  27. josebenito.aso.1b di:

    Eu penso que si, xa que as correntes mariñas fan que se mova a auga por todos ou case todos os océanos e mares existentes.
    Seguro que levan algunhas propiedades de unhas augas a outras.

  28. andrea.aso.1a di:

    A agua pertencente das correntes do Mediterráneo non chega directamente as rías galegas, pero si prodúcense aportes de auga o Mediterráneo a través das correntes superficiais dende o mar Negro e o océano Atlántico; sin elas, calcúlase que o nivel medio do Mediterráneo descendería a razón de 1 cm por ano.

  29. jose.aso.1b di:

    Respondendo a pregunta de Víctor de si a auga do mediterráneo chega as rías galegas, supoño que sí, aínda que non estou seguro porque non atopei información sobre tema.

  30. ruben.aso.1a di:

    Non chega auga do Mediterráneo ás rías galegas pola acción das correntes oceánicas , que son correntes profundas nas que a auga se despraza por diferencias de densidade, é decir , as augas máis densas tenden a afundirse e as menos densas a elevarse. Como o Mediterráneo é un mar con pouca profundidade a auga está máis quente e a do Atlántico é máis profundo e a auga polo tanto máis fría non deixa saír a auga do Mediterráneo polas diferencias de temperatura e salinidade.

  31. ivanabal.aso.1a di:

    Busquin información pero solo puden obsevar mapas de corrientes, nas cales se indicaba que a auga do Mediterraneo viña do oceano Atlantico, e a Galicia non chegaban esas corrientes

  32. victor di:

    A maior temperatura ambiental do Mediterráneo fai que a evaporación sexa maior e como consecuencia as súas augas posúen unha salinidade maior (máis densidade). As augas máis densas do Mediterraneo saen polo Estreito de Xibraltar como unha corrente profunda que chega a bordear a Península Ibérica en dirección a Galicia e pasa polo bordo da nosa plataforma. Din os oceanógrafos que sería posible que parte desta auga penetre nas rías.
    As correntes oceánicas son superficiais ou profundas. En que lugares dá Terra profundizan estas correntes? Que correntes son bioloxicamente máis fértiles, as quente ou as frías?

  33. roberto.aso.1a di:

    As correntes son principalmente superficiais ainda que tamén poden continuarse ó fondo do oceano.As correntes bioloxicamente máis fertiles son as de auga cálida.

  34. laura.aso.1a di:

    As correntes marinas de profundidade,atópanse a 1000 metros de profundidade, polo tanto a súa temeperatura é fria e atópanse nas costas occidentales dos continenetes situados en latitudes intertropicales.

  35. veronica.aso.1a di:

    Un dos lugares da Terra onde se encontran as correntes máis profundas son a corrente profunda que avanza cara o sur pola zona occidental do océano Atlántico e cruza o Ecuador ata chegar a Antártida, despois cruza o Índico e finalmente exténdese polo Pacifico. Tamén se forma unha corrente profunda, máis fría que a do hemisferio norte, nos mares da plataforma de Antártida.

  36. santigonzalez.aso.1a di:

    Non, as augas do Mediterráneo non chegan ás costas galegas xa que o Mediterráneo como dixen no outro comentario non é suficiente a auga aportada dos ríos para compensar a evaporada polo tanto parte da auga do Océano Atlántico pasa ó Mediterráneo polo estreito de Xibraltar para compensar ese déficit de auga.

  37. victor di:

    Que si Santi. Claro que chegan. As augas do mar Mediterráneo renóvanse cada dous anos. E as que saen polo Estreito, non se mestura inicialmente coas do Atlántico e pasan por diante do talude mariño galego e, en ocasións, poden chegar ás rías.

  38. marcelina.aso.1a di:

    Segundo atopei as augas bilóxicamente máis fértiles son as cálidas. E as correntes máis profundas son as provenientes do atlántico ata a Antártida.

  39. andrea.aso.1a di:

    Segundo encontrei información o mediterráneo é un mar cálido, con un clima chuvioso en outono, con invernos dulces, primaveiras chuviosas e veranos secos e calurosos. A media de precipitacións do mar Mediterráneo é de 630 milímetros por ano.

  40. maria.aso.1a di:

    Eso explica a gran cantidade de especies endéimcas do Mediterráneo; dende máis de 230 especies de peixes de auga dulce(moitos en pergo de extinción por gracia e obra do ser humano) á gran cantidade de fanerógamas que habitan neste mar cálido

  41. rubenlois.aso.1a di:

    A auga do Mediterráneo chega ás rías galegas, pero chega porque todo o mar e o océano son un conxunto inseparable.

  42. sabina.aso.1a di:

    Dependendo do océano vamos atopar correntes mariñas diferentes, por exemplo: no Océano Ártico atópase a Corrente de Groenlandia Oriental e a Corrente de Noruega. No Océano Atlántico atópase a Corrente de Benguela, a Corrente das Antillas, a Corrente do Brasil, a Corrente das Canarias, a Corrente de Cavo de Hornos, a Corrente do Caribe, a Corrente das Malvinas, a Corrente do Golfo, a Corrente de Guinea, a Corrente do Atlántico Norte, a Corrente do Atlántico Sur, a Corrente de Madagascar etc. No Océano Pacífico atópase a Corrente de California, a Corrente de Australia Oriental, a Corrente de Humboldt, a Corrente de Kuroshio, a Corrente ecuatorial do Norte, a Corrente de Oyashio, a Corrente do Neno etc. No Océano Índico atópase a Corrente de Mozambique, a Corrente de Somalia, a Corrente do Monzón etc. Por último no Océano Antártico atópase a Corrente Circunpolar Antártica, a Corrente do Taser e Princess, o Xiro Weddell etc.