Achuuussss…

 

imagen

Moitas persoas son alérxicas ó polen das plantas, como as gramíneas ou olivos, cuxa polinización comeza a finais de abril. A hiperreactividade do organismo ante a presenza de polen é a causa desta enfermidade. O sistema inmunitario, ó intentar protexerse, produce anticorpos que a súa vez provocan que unas células chamadas mastocitos liberen histamina (mediador químico responsable dos síntomas da reacción alérxica) ó torrente sanguíneo.

Os expertos atoparon unha nova forma de combater esta alerxia ó polen. Trátase da medicina biorreguladora que se basea na regulación dos procesos de autodefensa do organismo fronte a diferentes substancias patóxenas causantes da enfermidade. Consiste en microdoses vexetais e minerais que conseguen aliviar e previr tódolos síntomas da rinitis, asma  e conxestión ocular. Estes fármacos estabilizan o sistema inmunitario a diferencia dos tratamentos convencionais como o corticoide, que evitan os efectos secundarios.

Algúns consellos para as persoas alérxias son: eliminar toxinas, evitar saír ó exterior nas horas de maior concentración , lavar as máns, a cara, as fosas nasais e o cabelo con frecuencia, evitar os cambios bruscos de temperatura e o fume,  reducir o estrés e algúns alimentos como o chocolate, fritos, carnes vermellas ou graxas hidroxenadas.

 


Autora: Raquel González

Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.