O futuro xa chegou?

Todos estamos acostumados a ir a clase e utilizar  ordenadores e proxectores, pero, e si proxectaramos as imaxes no aire? O “Cheoptics 360” é un proxector holográfico formado por unha pirámide invertida capaz de xerar imáxenes tridimensionais dentro do seu espazo de proxección, facendo que estas imaxes estean en 3D observándoas dende calquera punto. Pode proxectar imaxes dende 1.5 a 30 m de altura.


O heliodisplay é outro proxector holográfico que proxecta unha imaxe de ata 27”; a súa vantaxe son as  reducidas dimensións en comparación co anterior proxector. Este baséase na modificación do aire para proxectar a imaxe; ademais non fai falla que este nun medio especial (fume, aire con exceso de vapor de auga…). É dicir, dentro duns cantos anos poderemos asistir á clase con máis ganas de ver os hologramas que de estudar.

imagen

Autor: Martín Alonso

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to O futuro xa chegou?

  1. santigonzalez.aso.1a di:

    Paréceme que se se chegara a usar estos hologramas para axudar no ensino e no estudo sería moito máis fácil aprender e entender cousas xa que cunha imaxe pódese comprender multitude de cousas que non imaxinas mediante palabras. Suporía un gran avance para aprender novas cousas e máis rápidamente. Levado ó campo de mecánica, astronomía etc. poderíase ver e aprender mellor a arranxar máquinas ou situar o universo.

  2. angela.aso.1b di:

    O que este post nos conta pareceme un gran avance e penso que os alumnos interesarianlles máis as clases con estes proxectores e tamén se farían máis amenas.

  3. raquel.aso.1b di:

    Un holograma é unha imaxe tridimensional rexistrada por medio de raios láser, sobre unha emulsión sensible especial. Procesada e iluminada adecuadamente, a imaxe ademais de en tres dimensións, aparece salindo dos seus límites, hacia afora ou hacia dentro do seu marco, variando de perspectiva según sea a posición do espectador, é tan asombroso, que é difícil resistir a tentación de tocalo.
    Existen dous tipos de hologramas, os chamados de transmisión, visibles o ser iluminados por detrás e os de reflexión con luz que procede do mismo lado do observador.

  4. andrea.aso.1a di:

    Este tema paréceme un avance moi interesante,xa que actualmente só utilizamos ordenadores e proxectores.
    A holografía é unha técnica especial de producción de fotografías tridimensionais dun obxecto, para o que utiliza un raio de luz láser.

  5. veronica.aso.1a di:

    A holografía é unha técnica avanzada da fotografía que se basa na creación de hologramas. Estos hologramas empréganse en DVDs, tarxetas de crédito, discos, billetes, pasaportes, medicamentos, como símbolo de deguridade…
    Tamén hai outros dispositivos holeográficos ademais dos que se fala no blog como: Mark II, Mark III e o Interactive 360º Light Field Display.

  6. alexandre.aso.1b di:

    Xa oira falar deste proxector holográfico, a verda parece sacado dunha película, senon recordo mal en Star Wars xa se imaxinaran algo polo estilo, a verdade se esto sale adiante (que seguramente si), suporá un gran avance para a tecnoloxía, traballar aspectos de todo tipo cun campo de visión 3D é algo que todo especialistas soñaron algunha vez, non só é un avance para un número reducido de persoas senon que en todos os ámbitos pode resultar productivo, aínda que bueno ata que non o melloren e empecen a competir supoño que os prezos estarán moi altos, como todo.

  7. roberto.aso.1a di:

    O post di que non fai falla que este nun medio especial pero este proxector utiliza o helio para proyectar sobre el luz, de ahi que a imaxe este un pouco distorsionada.
    Este é un exemplo máis de que a tecnoloxía sege avanzando rápidamente e cada vez o que antes era algo novedoso,como eran os proxectores portatiles ,queden anticuados co paso duns anos.

  8. victor di:

    Aclarádeme unha cuestión: para que materias de clase credes que aportarían algo estes sistemas de proxección? (poñede exemplos)

  9. adrian.aso.1a di:

    Creo que para debuxo técnico aportaría moitisimo xa que sería moito máis fácil apreciar as figuras que se fan en 3D. Tamén sería útil para tecnoloxía para apreciar diversos mecanismos.

  10. roberto.aso.1a di:

    Eu penso que terian utilidade por exemplo para materias relacionadas coas ciencias .Por exemplo para unha expliacación de anatomía.
    Realmente a holografía está un pouco verde e hoxe en día non suporian demasiado cambio.Pero si que resultaria máis atractivo unha clase explicada con un holograma que cos dibuxos dos libros e cos que se fan nas pizarras.

  11. belinda.aso.1a di:

    Tería utilidade polo feito de que utiliza imaxes en 3d. Por exemplo en materias como matemáticas cando estudiamos os espacios vectoriais; sería un bo modo de ver a súa representación gráfica. Ou en materías como física ou debuxo técnico.

  12. ruben.aso.1a di:

    Tería utilidade para materias relacionadas coas ciencias por exemplo , debuxo técnico , física , química … Isto suporía un aumento dos coñecementos xa que coas imaxes ós estudantes lle quedan máis claros os conceptos. Polo tanto axudará moito no futuro , para explicar as clases.

  13. diego.aso.1b di:

    Sería de gran utilidade esteinvento nas clase tanto como para explicar como para facer as clases maís interesantes e amenas.

  14. juanjose.aso.1a di:

    Eu creo que se poderían aplicar a concertos, pasarelas… Dentro da propia ciencia, estes aparatos serían de grande utilidade no campo da mediciña, onde podería axudar ós ciruxanos durante intervencións. Tamén no referido ó exercito, para entrenar a pilotos de caza ou de aeroliñas comerciais. No sector do ocio e da publicidade tamén tendría moitas aplicacións.

  15. susana.aso.1b di:

    tería utilidade en materias relacionadas coas ciencias e a informática como por exemplo,en tic xa que serviría por exemplo,para explicar mellor coas imaxes en 3D como é unha torre de ordenador por dentro,as pezas que leva,como se colocan esas pezas….

  16. paula.aso.1b di:

    Unha proyección en 3D aportaría moito á xeografía, xa que asi poderíanse considerar moito mellor os relevos

    Respondendo a pregunta de Victor, nas facultades da UNAM, manteñen varios proxectos con imaxes en 3D, un deles é un cabalo utilizado en veterinaria que é un dos traballos máis complexos, é outro é empregado en mediciña para crear estructuras óseas.

  17. josebenito.aso.1b di:

    Eu penso que sería un gran avance, pero non sei se serviría para usalo nas clases da ESO ou primaria, xa que os chavales máis que aprender e facer caso ás explicacións só xogarían co holograma. Pero sí se podería usar noutros sitios para un ensino máis real e máis fácil de comprender, como son os campos donde hai que debuxar e así.

  18. fatima.aso.1b di:

    Pois este invento sería útil en materias nas que a percepción do obxecto sexa imprescindible, como as materias de debuxo técnico ou nas de deseño de materiais, automóbiles, etc.

  19. veronica.aso.1a di:

    Non só sería interesante a proxeción en 3D para materias de carácter científico, senón que tamén sería interesante para xeografía xa que se apreciarían moito mellor ó relevo.

  20. ana.aso.1a di:

    O novo proxector holográfico, e unha gran axuda para expoñer e realizar traballos. Onde se lle sacaría mais proveito, penso que son nos estudos e traballos de ciencia e medicina, arquitectos, aerolineas, astronomía e estudos de todo tipo, porque o ter un artilugio tan desenvolvido coma este proxector, facilitariase moito as cousas.

  21. laura.aso.1a di:

    O proxector sería ideal, por exemplo para a clase de química e poder ver as moléculas en 3D, ou na clase de bioloxia, para ver cadenas de ADN.

  22. maria.aso.1a di:

    Este proxector semella un proxecto moi interesante xa que se poderá usar de múltiples maneiras; a mivel escolar tanto impartindo lección os prfesores, coma expoñendo traballos os alumnos; en proxectos de investigación de diferentes materias …

  23. rubenlois.aso.1a di:

    Os avances da tecnoloxía que estamos a sufrir son moi bos porque axudan ás explicacións nas aulas. Estes proxectores serían innovadores en todos os institutos e colexios, pero sería un custo moi grande para as institucións.

  24. rubenlois.aso.1a di:

    Os proxectores serían moi bos para asignaturas como historia, arte, debuxo técnico e incluso para matemáticas.

  25. leticia.aso.1a di:

    O proxector holográfico é un gran avance para moitas materias. Un exemplo podería ser para as clases de xeografía, xa que nos permitiría ter unha mellor visión dos mapas; ou tamén para asignaturas complexas como química para explicar estructuras moleculares. Tamén serí interesante para asignaturas de debuxo.
    Tamén sería interesante para expoñer traballos e poder sacarlle moito proveito.

  26. andrea.aso.1a di:

    Penso que sería de gran utilidade para diversas asignaturas, xa que os profesores poderían mostrarnos mellor as cousas, como por exemplo nas clases de química, de bioloxía, xeografía..etc, para poder ver e entender mellor os conceptos.

  27. raquel.aso.1b di:

    Eu opino como a maioría dos meus compañeiros. Penso que este invento sería moi útil para diversas materias, pero sobre todo para debuxo técnico, tecnoloxía, física, etc.

  28. ivan.aso.1a di:

    O proxector penso que sería un gran avance para todas as materias, pero sobre todo para debuxo, bioloxía e química.Con esto podríase axudar a entender mellor as explicacións.

  29. santibras.aso.1a di:

    Este sistema serviría para xeografía, debuxo técnico, física, tecnoloxía e química.

  30. cristian.aso.1b di:

    Este post paréceme moi interesante, e enséñanos como vamos evolucionando con novas tecnoloxías.
    Eu penso que estos avances debíamolos aprobeitar e sobre todo no ensimo, debíase poñer este novo proxector nas máximas clases posibles para que nos facilitase o noso estudio.
    E paréce moi ben que evolucionen as tecnoloxías.

  31. marcelina.aso.1a di:

    Respostando á pregunta feita por Victor creo que este sistema sería adecuado para asignaturas como debuxo técnico, bioloxía , química, física, tecnoloxía e xeografía.
    Así entenderíanse mellor as explicacións e se farían con máis claridade.

  32. sabina.aso.1a di:

    Ao ler este post deime conta do rápido que están a avanzar as novas tecnoloxías. Fai uns anos sería imposible pensar no simple feito de que un aparello así puidese existir, pero na actualidade é unha realidade realmente impactante, tanto polo traballo que levaría crealo coma pola súa calidade.
    En canto aos proxectores holográficos gustaríame dicir que estes funcionan mediante hologramas, que son imáxenes tridimensionais rexistradas por medio de raios láser, sobre unha emulsión sensible especial. Procesada e iluminada adecuadamente, a imaxen ademais de en tres dimensións, aparece salindo dos seus limites, hacia fóra e hacia dentro do seu marco, variando de perspectiva segundo sexa a posición do espectador.
    Existen, básicamente, dous tipos de hologramas, os chamados de transmisión, visibles ao ser iluminados por detrás, e os de reflexión, con luz que procede do mesmo lado do observador.

  33. jose.aso.1b di:

    Este é un post moi interesante, xa que eu polo menos nunca escoitara falar deste proxector holográfico e debe ser moi interesante.
    Por outra parte, penso que este novo proxector tardará moito en aparecer por exemplo nas escolas ou nos institutos, xa que aínda hai pouco que se comezaron a intalar os proxectores normales nas aulas e estes aínda así son moi caros por esta razón penso que este novo proxector holográfico tardará en chegar os institutos, pero na miña opinión e un proxector que nun futuro vai a ser moi empregado.

  34. laura.aso.1b di:

    Eu creo que para materias coma son arte,cultura clásica e sobre todo dibuxo técnico.Os profesores nesta última materia evitarian ter que malgastar o tempo en debuxar na pizarra.