Sabías que…

imagen

As baleas frean o quencemento global ao igual caos bosques, xa que capturan dióxido de carbono, indirectamente, a través do fitoplancto mariño e logo incorpórano aos seus tecidos, mentres que as árbores capturan dióxido de carbono de forma directa para realizar a fotosíntesis. A repoboación dos océanos con baleas pode ser tan efectiva contra o cambio climático como a plantación de árbores.

A caza de baleas libera tanto CO2 como a deforestación, xa que cando morre unha balea deixa un particular regalo de despedida ao mundo. Ao afundirse no océano leva con ela ao fondo do mar, toneladas de CO2, e alí almacénanse durante séculos, onde non perxudican ao clima. Pola contra a caza comercial de baleas pode ser responsable de liberar grandes cantidades de CO2 a atmosfera, que doutra maneira deberían terminar no fondo do mar. Estímase que a caza de baleas desprendeu arredor de 105 millóns de toneladas de CO2 nos últimos 100 anos, aínda que esa cantidade é “pequena” en comparación coas emisións das que somos reponsables os seres humanos.


Autor: Adrián Oubiña

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

49 Responses to Sabías que…

  1. andrea.aso.1a di:

    Non tiña coñecemento de que as matanzas de baleas o longo da historia contribuiron o quentamento global do planeta e a reducción do xeo nos casquetes polares.
    O desaparecer as baleas, o océano ve reducida a súa capacidade de obter C02, cantas máis baleas no océano contribuiríase a reducir o quentamento.

  2. santigonzalez.aso.1a di:

    Descoñecía que as baleas captaran tanto CO2, polo tanto esta información da máis do que falar referente ó cambio climático. Os principal país na caza de baleas é Xapón. Utilízanse para a obtención da súa valiosa carne e para a obtención de aceites etc. para a fabricación de cosméticos. Se as baleas tamén axudan a reducir o CO2 do planeta penso que se deberían protexer máis, xa que coa súa captura só aumentamos o cambio climático.

  3. laura.aso.1a di:

    Pareceme que é unha cantidade de CO2 moi grande, e só coa caza de baleas, na miña opinión, esta practica debería terminarse, non só para reducir as emisións de CO2, senon poruqe me parece unha actividade inxusta cos animais.

  4. victor di:

    Creo que para comentar este post resultaría recomendable coñecer o ciclo do C (diferentes formas moleculares nas que podemos encontrar ao C na biosfera).
    As baleas comen (inxiren C -C orgánico-) e respiran (expulsan C -CO2-). As baleas son C.
    Entón porque dicimos que captan o CO2? Non o devolven ao medio? E cando morren, que pasa?

  5. raquel.aso.1b di:

    As baleas pertencen á orde dos cetáceos, animais de sangue quente que viven no mar. Existen as baleas con barba (misticetos) e as que poseen dentes (odontocetos). Todas elas teñen un tamaño bastante considerable e existe unha gran diversidade que pode ser na forma ou no hábitat. Na actualidade existen ó redor de 40 tipos de baleas. Os cetáceos caracterízanse por ser un dos animais máis móviles, é dicir, atópase en constante traslado, sobre todo no cambio de estacións.
    Xapón foi o país líder na caza de baleas.

  6. roberto.aso.1a di:

    As ballenas presentan certa resistencia a acumular CO2 nos texidos, pois é a acumulación deste o que provoca a respiración involuntaria ,en lugar da ausencia de O2, o que fai que estes animais poidan augantar sumerxidos tanto tempo sen danar os seus tecidos.

  7. martin.aso.1a di:

    As baleas cando morren eliminase CO2 do seu sistema de almacenamento (os tecidos) este CO2 liberado pasa a almacenarse na atmosfera.

  8. maria.aso.1a di:

    Eu atopei que ao que incluso as “feces” das baleas absorven o CO2( e tamén actúa como fertilizante do krill, aínda que esto non ven a conto..); así que aínda que non atopei ningunga referencia real sobre o que ocorre co Co2 cando morren supoño que pode funcionar igual que as feces; xa que ao final un cadáver podre parecese bastante ao outro…

  9. laura.aso.1b di:

    Según os estudios o problema radica en que cando se mata o animal ese dióxido de carbono deixa de ser almaceado para emitirse no aire e así contaminar. Por iso, os científicos propoñen difundir esta información e convencer de que deixar crecer ós grupos grandes de baleas pode ser moi beneficioso para a captura de gases de efecto invernadoiro (o igual que hoxe en día coidanse moitos bosques, por ter esta capacidad).

  10. andrea.aso.1a di:

    As baleas almacenan dióxido de carbono dentro dos seus corpos e cando as matan liberan gran parte de este CO2 e ao sacalas do océano, están eliminando dióxido de carbono do seu sistema de almacenamiento e, posiblemente, liberandoó na atmosfera.
    Cando as baleas morren naturalmente,os seus corpos fúndense. Así, levan o dióxido de carbono directamente o fondo do mar.

  11. jose.aso.1b di:

    Este post e moi interesante, xa que seguramente moitos de nós non sabíamos nada sobre o tema, polo menos eu ata o de agora non sabía nada do que se comenta no post.
    Por isto na miña opinión, creo que aínda que as baleas son moi bonitas e todos os adxetivos que se lle queiran atribuír, o afundimento destas levan consigo toneladas de CO2.

  12. ruben.aso.1a di:

    As baleas acumulan CO2 nos seu corpo, podemos decir , que as baleas funcionan como os bosques. Nos últimos anos a enorme matanza de baleas que se está levando a cabo , esta producindo un aumento do CO2.
    Pola contra si as baleas morren por causas naturais , estas van cara o fondo do mar e alí almacenase o CO2 que teñen no seu corpo.

  13. ivanabal.aso.1a di:

    Cando as baleas morren de maneira natural o CO2 acumulado non se emite outra vez a atmosfera, mentres que cando se matan para aprobeitar a sua carne o CO2 volve a ser desprendido a atmosfera

  14. victor di:

    Un ser vivo está formado por azucres, graxas e proteinas (= C orgánico)na súa maior parte. A
    Que lle ocorre a este ser vivo (= ao C orgánico) cando se morre? Quero dicir, que lle ocorre ao C do ser vivo?

  15. veronica.aso.1a di:

    Cando unha planta ou animal morre, no momento da descomposición o carbono é devolto ao medio en forma de CO2 e de materia orgánica, que son aproveitados por plantas para reiniciar o ciclo. Cando falo de reiniciar o ciclo refirome ao ciclo do C que é fundamental, porque del depende a produción de mateiria orgánica que é o alimento básico dos seres vivos.

  16. raquel.aso.1b di:

    As baleas almacenan carbono dentro dos seus enormes corpos, por iso cando unha balea morren de forma natural, os seus corpos afúndense levando con el o carbono ó fondo do mar, e así evitase que ese carbono vaia á atmosfera.

  17. sabina.aso.1a di:

    Resulta verdadeiramente fascinante descubrir que as baleas poden actuar do mesmo xeito que as árbores fronte ao CO2. Dende logo é un dato moi interesante e ao mesmo tempo inusual, xa que cando os animais e os humanos respiramos estamos absorbendo osíxeno e liberando CO2, por iso me chama realmente a atención que as baleas absorban CO2 do medio para o seu aprobeitamento.
    Penso que esta información é totalmente descoñecida para moitas persoas incluídos os cazadores furtivos que se benefician a base de matar baleas, por iso vexo que sería necesario informar á poboación do que supoñen as baleas para o clima e das consecuencias que pode traer a súa matanza para o comercio. Pero tamén está claro que aos furtivos posiblemente non lles fora a influír en absoluto esta información e seguirían a aniquilar baleas sen importarlles as consecuencias. Por este motivo as autoridades dos distintos países deverían tomar cartas no asunto para erradicar a caza furtiva dunha vez por todas, e así estarían a axudar dun xeito enorme á sociedade e ao planeta en xeral.

  18. ruben.aso.1a di:

    Cando o ser vivo morre , o animal vaise cara o fondo do mar. O C que leva este animal e almacenado no fondo do mar , xerando combustible fósles co paso dos anos.

  19. marcelina.aso.1a di:

    Cando un animal morre o seu carbono co paso de millóns de anos e se se corta o contacto co O2 convértese en combustibles fósiles.

  20. laura.aso.1b di:

    Cando no exemplo da balea morre o C que contén o animal queda no fondo do mar convertíndose en combustibles fósiles co paso do tempo.

  21. victor di:

    Afírmase no post que as baleas comen fitoplancto; é iso certo?
    Que tipo de baleas hai e que comen?

  22. belinda.aso.1a di:

    Plancto son organismos que non poden opoñer resistencia ás correntes mariñas (non poden nadar eficazmente), polo que quedan a mercé destas. Exemplos de seres planctónicos son a maioría de augamares(medusas en castellano). Os organismos fitoplanctónicos (vexetais) son os responsables da maior produción, por medio da fotosíntese, de osíxeno ao ano en todo o planeta; sendo maior que a produción de todos os bosques, xunglas, e selvas do planeta. Ao ano os océanos producen 27 * 109 toneladas de osíxeno.

  23. belinda.aso.1a di:

    As baleas desdentadas aliméntanse de animais diminutos que encontran preto da superficie do mar. Entre as desdentadas destacan as “yubartas”, tamén chamadas “baleas de aletas”, pois se caracterizan por ter unhas longas aletas peitorais de cor branca.
    Tamén destaca, polo seu gran tamaño, a balea azul. De feito é o maior animal que navega polos nosos mares.
    As baleas dentadas, chamadas “odontocetos” teñen bocas cheas de dentes. Devoran peixes e outros invertebrados, incluíndo as luras xigantes das profundidades abisais.

    Destacamos neste grupo ao cachalote e a fermosa “balea branca” ou “beluga” que ten unha cor branca pura na súa idade adulta.

  24. manuel.aso.1a di:

    As baleas comen plancton , que son pequenos animais que viven na superfie do mar, especialmente o que se chama “krill” unha especie de gamba pequena.
    Tipos de baleas:
    Balea austral
    Balea azul
    Balea bacalao
    Balea blanca
    Balea boreal
    Balea anana
    Balea gris
    Balea jorobada
    Balea pigmea

  25. juanjose.aso.1a di:

    O cachalote tamén é un tipo de balea, e é o animal dentado máis grande que existe. Posee o cerebro máis grande que calquer outro animal existente.

  26. diego.aso.1b di:

    Xa sempre se debeu ter un control sobre a caza de baleas e agora aínda máis.Dado que están en perigo de extinción e agora que se sabe que actúan como un bosque deberíase facer o imposible por sanlvalas e incluso aumentar a poboación.

  27. patricia.aso.1b di:

    Esta entrada pareceme moi interesante, de feito non tiña coñecemento de que as baleas contribuen a reducir o quentamento global, a non ser que as capturen, que en todo caso contribuiran o quentamento global.
    A maioria das baleas comen pequenos peixes que se poñen no seu camiño, xa que elas durante o seu percorrido van absorvendo a auga, a cal leva plancton e peixes os cales elas comen despois de sacar da auga polas fosas que se encontran no seu lomo, esta fosa evita que salgan os peixes para que as baleas os poidan comer.

  28. carlos.aso.1a di:

    Dentro do tipo de baleas pódese facer unha distinción, baleas desdentadas e baleas dentadas.
    As baleas desdentadas (misticetos), que teñen unhas láminas de material córneo, chamadas “barbas de balea”, que penden da mandíbula superior en forma de longas placas triangulares e aplastadas, cuxos bordes forman un tosco fleco que traballa a modo de colador cando o animal come. As baleas desdentadas alimentanse exclusivamente de animais diminutos que encontran cerca da superficie do mar. Destaca neste grupo, polo seu gran tamaño, a balea azul.

    As baleas dentadas (odontocetos)teñen bocas cheas de dentes. Devoran peixes e outros invertebrados, incluindo os calamares xigantes das profundidades abisales. Destacamos en este grupo o cachalote.

  29. paula.aso.1b di:

    Segundo a información que atopei, as baleas alimentanse básicamente de placton e krill, ainda que tamén é moi frecuente que se alimentes de peixes, pero as diferentes especies manteñen dietas diferentes :

    – Balea azul : alimentase de placton e peixes.
    – Balea Jorobada : alimentase de invertebrados e peixes.
    – Balea gris : aliementase de invertebrados que viven no fondo do mar de Bering.
    – Orcas : alimentanse de peixes, calamares, aves mariñas ( incluso pingüíns ), pinnípedos e outros cetáceos.

  30. josebenito.aso.1b di:

    As baleas consomen millóns de toneladas de crill e reciclan o ferro, o que fai que se manteña nos océanos niveles de produación biolóxica elevados. Na actualidade a caza de baleas está provocando a desestabilización do nivel de produción biolóxica, xa que as baleas capturan CO2.
    Se se añade ferro ós océanos recuperaríanse, pero tamén o faría deixar de matar tantas baleas.

  31. veronica.aso.1a di:

    As baleas con barbas, filtran a través das súas barbas o alimento composto fundamentalmente de kril ou de pequenos peixes como o capelán. Algunhas das baleas que se alimentan exclusivamente de Kril son a balea azul (2 e 3 toneladas ao día) e a balea franca.

  32. victor di:

    En que situación está na actualidade a caza de baleas?

  33. laura.aso.1a di:

    Na actualidade a caza de baleas é ilegal pero, algúns paises como Noruega e Xapón seguenas cazando, polo comercio da sú carne.

  34. rubenlois.aso.1a di:

    Na miña opinión, esta noticia é algo sorprendente. Non me imaxinaría que as baleas fixeran unha función tan importante para a nosa vida na Terra.
    O CO2 que se deposita no fondo do mar cando as baleas morren é malo xa que subiría á superficie e sería emitido á atmosfera.

  35. rubenlois.aso.1a di:

    Na actualidade, a caza de baleas estáse a reducir, pero non hai moitos anos era unha caza incontrolada e que puxo en perigo esta especie. A graxa de balea era un ben moi escaso e moi caro, por iso se cazaba indiscriminadamente, para gañar cartos.
    Agora estes ataques súfreno máis as focas porque a súa graxa é moi boa.

  36. maria.aso.1a di:

    Na actualide a cooperación internacional de cara a regulación na caza de baleas deu comezo en 1931. Unha serie de acordos multiraterais existen agora neste ámbito, sendo o máis importante a CBI, “Comisión Ballenera Internacional” fundada buscando dar asesoramento en materia de xestións ás nacións membros.
    Os paises non membros levan a cabo os seus propios programas de manexo; aínda que en todos os paises se aplica unha tasa límete en canto ao numero de baleas cazadas con límites comerciais.O único país que non sigue estp é Noruega, xa que sigue cazando lexitimamemte bales de Minke(unha subespecie de bales Barbadas).

  37. andrea.aso.1a di:

    O tema da caza de baleas sigue presente na actualidade. Só este ano o tema foi noticia importante dúas veces, o que foi levantado unha conciencia da sociedade sobre o tema.
    Este ano realizóuse a sesión anual da “Comisión Ballenera Internacional” en Saint-Christophe e Niévès,no Caribe, do 16 ao 20 de Xuño.Nesta sesión producíronse feitos bastante inquietantes con respecto á caza de baleas.
    A “Comisión Ballenera Internacional” esta composta na actualidade por 70 países,a participación nesta comisión esta aberta para cualquier país,os que poden adherirse sempre e cando paguen a membresía anual, que ademáis pernmíteslle o dereito a voto sobre as decisións que tomen.

  38. victor di:

    E os galegos; cazabamos baleas?

  39. raquel.aso.1b di:

    Houbo un tempo no que as baleas visitaban moi a menudo as costas do Atlántico Ibérico. No século XV, franceses e vascos chegaron a Galicia para cazar a estos cetáceos. Pouco despois, crearonempesas navieirasnos portos de abrigo natural próximos os lugares de paso das manadas. Desta forma, a explotación de baleas convertéuse nun peza esencial na economía do litoral galego. A caza de baleas supuxo un gran apoio para a economía de subsistencia de entonces, principalmente en inverno, que era cando estaban en sazón.

  40. roberto.aso.1a di:

    No século XV os vascos e franceses chegaron o norte de galicia para cazar baleas.Pouco despois, crearon empresas navieiras nos portos de abrigo natural próximos ós lugares de paso das manadas. Desta forma, a explotación de baleas converteuse nun pilar esencial na economía do litoral galego.

  41. santigonzalez.aso.1a di:

    Os galegos propiamente non, pero os viquingos que chegaron ás costas galegas si que cazaban baleas e traían consigo a súa carne, aceites etc. Unha vez instalados saían de vez en cando á captura de máis, para comerciar con outros portos importantes e así obter beneficios.

  42. veronica.aso.1a di:

    Desde a Idade Media ata o siglo XVIII, os portos galegos máis importantes nesta actividade foron os de San Cibrao, Burela, Foz, Malpica… E no siglo XX a actividade concentrouse na ría de Vigo, na factoría de Morás (Lugo) e na de Canelitas ( Na Costa da Morte).
    A caza de baleas en Galicia pasou por varias etapas, como por exemplo a tradicional ou a moderna.
    Os mariñeiros galegos, antes da invención do “cañón-arponero” capturaban sobre todo a balea franca entre outras, sobre todo mataban aquelas baleas que fosen máis pequenas e menos rápidas xa que os medios daquela época non eran o suficientemente avanzados.

  43. rubenlois.aso.1a di:

    Os galegos propiamente ditos non cazaban baleas, pero si habitantes doutros países que chegaban ás nosas costas.

  44. cristian.aso.1b di:

    Eu descoñecia que as baleas o morrer pudesen emitir tanto CO2.
    Por eso penso que debíamos controlar máis a sua capturan (pola sua carne e pel) e tamén penso que as debíamos protexer máis xa que a sua caza e tan prexudicial.

  45. leticia.aso.1a di:

    Os galegos non cazaban baleas. Non obstante a caza destes cetáceos supuxo un gran apoio económico para o litoral galego, xa que, como ben dixeron os meus compañeiros, estes visitaban as nosas costas con frecuencia, traendo consigo a franceses e vascos que andaban na súa captura.

  46. marcelina.aso.1a di:

    No século XIII, tróuxose dende o País Vasco a Galicia a práctica da caza de baleas. Éstas mantivéronse ata o ano 1985 cando se cerrou a última empresa dedicada a iso dado a que se prohibiu a caza de baleas.

  47. paula.aso.1b di:

    Algúns arponeiros galegos facían cousas casi inverosímiles noutros lugares, como cazar duas baleas á vez utilizando duas estachas.
    A caza de baleas en Galicia pasou por duas etapas : a tradicional ou artesanal, dende a Idade Media ata o século XVIII, e a moderna ou industrial no século XX. Curiosamente, en ambos casos os príodos de maior actividade foron protagonizados por baleeiros foráneos.

  48. juanjose.aso.1a di:

    Houbo un episodio entre un balleneiro, de Nantucket (Massachusetts) que foi transportado á literatura. Trátase do Essex, un barco balleneiro que foi atacado e afundido por un cachalote. Este incidente produciuse no océano pacífico en 1820. Este suceso foi a inspiración para a novela de Moby-Dick.

  49. tania.aso.1b di:

    En bioloxía mariña e limnoloxía chámase fitoplancto ó conxunto dos organismos acuáticos autótrofos, que teñen capacidade fotosintética e que viven dispersos na auga.

    Forman parte deste grupo moitos seres tradicionalmente considerados algas e estudados como tales (pola botánica e especialmente pola ficoloxía).