¡Hai que poñerse as pilas!

imagen

 Na Universidade de Michigan creáronse uns diminutos xeradores denominados, Xeradores Incrementados de Frecuencia Paramétrica, que poden utilizar as vibracións que se producen no medio para xerar a electricidade suficiente para poñer en marcha un reloxo de pulseira, un marcapasos ou un dispositivo inalámbrico.

Éstes xeradores convirten en electricidade as vibracións xeradas polo tránsito de vehículos e incluso polo movemento dos músculos das persoas e, tamén, demostraron que poden producir ata 0,5 milivatios a partir das amplitudes das vibracións que se atopan no corpo humano.

No futuro agárdase aplicar estas baterías en sensores remotos inalámbricos, por exemplo para detectar indicios de corrosión en pontes ou edificios, e en artefactos médicos implantados quirurxicamente, nos que é moi caro o remprazamento das baterías esgotadas.

Autora: Sabina Casalderrey Somoza

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

58 Responses to ¡Hai que poñerse as pilas!

  1. marcelina.aso.1a di:

    Este post é interesante xa que non estaba informada sobre o que nel se conta. Ademais estas novas pilas ao ser producidas por vibración non contaminarían.

  2. ruben.aso.1a di:

    É unha gran noticia este descubrimento porque estes xeradores van aforrar moito diñeiro, moitas pilas… que substituirán as que actualmente empregamos en reloxos , aparellos inalámbricos, e sobre todo nas pilas de marcapasos , e outros aparellos médicos … xa que transforman movementos moi pequenos(movemento dos músculos, vibracións…) en electricidade.

  3. raquel.aso.1b di:

    Non creo que o caso deste invento dea resultado, xa que na miña opinión, as vibracións que produce o medio non son sempre as mesmas e isto podería afectar á forma de funcionamento do apareello, e se por exemplo fallase nun reloxo non pasaría nada, pero se polo contrario sucede no marcapasos dunha persoa, podería provocar a súa morte.

  4. anadia.aso.1b di:

    Os seus creadores aseguran que estos xeradores algún día podrían suministrar enerxía, por exemplo, a censores nas pontes que advirtan aos inspectores sobre rachaduras ou a corrosión antes de que os ollos humanos siquiera poidan velos problemas.

  5. victor di:

    Marcelina, as novas “pilas” non son producidas por vibración senón que as vibracións poden cargalas.
    O maior problema das pilas e baterias é a contaminación que producen cando deixan de ser útiles.
    Que compostos se utilizan para as novas baterias? Que duración teñen? Son reciclables?

  6. alexandre.aso.1b di:

    As baterías que podemos encontrar en calquera tenda están formadas por compostos tóxicos,( mercurio, plomo, litio, cadmio e níquel), como ben sabemos o tema da reciclaxe das pilas non se lle da a debida importancia, e moita pilas acaban sendo queimadas nos basureiros, non sei canto tardarán en potenciar estes sensores pero si está comprobado que funciona pode ser unha solución para disminuir a contaminación.

  7. andrea.aso.1a di:

    Un novo tipo de baterias de ións de litio, que combinan alta potencia con larga vida de duración. Este avance en este tipo de baterias foi posible gracias a haber utilizado na súa fabricación fosfato de litio e ferro de estrutura olivina como material catódico.
    Este tipo de baterías terán unha larga vida de duración, xa que alcanzarán os 2.000 ciclos de carga e descarga.
    Serán capaces de almacenar ata 4 veces máis carga cas baterias recargables actuais.
    Outra das novedosas características de este tipo de bateria é a velocidade de recarga, xa que é capaz de alcanzar o 99% de carga en tan só 30 minutos.

  8. raqueltrigo.aso.1b di:

    Estas baterias,o principio foron feitas de oxido de cobalto pero como era moi custoso,combinaron materiais e saiu o prototipo da baetria feita por ferro-litio(lifePO4).pero setas tamen se fixeron algunhas melloras.
    Remplazouse o recubrimento de carbón por un material vitreo ainda máis condutor a base de fosfato de litio.
    Estas baterias son recargables.
    no que di Raquel do marcapasos opino como ela,pois eu creo que para ser pezas vitais xa teñen que estar moi ben feitas e analizadas.

  9. raqueltrigo.aso.1b di:

    Estas baterias abastecense con vibracións ambintais,enerxía cinetica.transito de vehiculos pola calle,persoas que suben e baixan escaleiras,ou que simplemente pasean.

  10. victor di:

    Que é iso que di Andrea do ferro de estructura olivina?

  11. barbara.aso.1b di:

    A olivina é un mineral da clase dos silicatos. Ten unha cor verde característica e acostuma a estar asociada a rochas volcánicas de cores escuras como a dunita.
    Existen 6 clases de olivina según a súa concentración de ferro.
    A olivina podese empregar na ornamentación ou como fundente na fabricación do aceiro.

  12. juanjose.aso.1a di:

    Trátase dun ferro óptimo debido a súa estructura cristalina e a o seu rendemento estable.

  13. paula.aso.1b di:

    Trátase de un silicato de magnesio e ferro que forma parte das rocas básicas e é casi o único constituinte dalgunhas ultrabásicas. Suponse que gran parte do manto terrestre está formado por olivinas.

  14. ruben.aso.1a di:

    Este ferro de estrutura olivina é usada como material de cátodo, debido a súa estrutura cristalina e estable rendemento . Esta forma é óptima para baterías , xa que ten unha alta densidade de potencia e os tempos de carga e descarga redúcense notablemente.

  15. angel.aso.1a di:

    A estructura atómica máis sinxela contén anións de silicato individuais e catións de metal, xeralmente ferro (Fe) e magnesio (Mg). A olivina é o máis común dos silicatos de este tipo, estos minerais conteñen unha proporción relativamente alta de ferro e magnesio.

  16. anadia.aso.1b di:

    A olivina (silicato de magnesio e ferro) é un mineral que forma parte das rocas básicas e supónse que gran parte do manto terrestre está constituído por olivinas.

  17. veronica.aso.1a di:

    O olivino ou peridoto é un mineral do grupo VII que se forma por cristalización de magmas, polo que se encontra en rocas de orixe magmático, nas zonas de rift e tamén en basaltos.

  18. karina.aso.1b di:

    É un mineral constituído por silicatos de magnesio e ferro formando unha solución sólida no cal o Fe/Mg varía entre os dous extremos. Normalmente son color verde oliva, de ahí o nome,ou amarillo claro. Ten fractura concoidal, a súa dureza e igual a 6.5-7, con peso específico 3.27-3.37. Creese que o color verde é debido a presenza de pequenas cantidades de níquel.As olivinas son xeralmente granulares e macizas. ocorre en rocas ígneas máficas e ultramáficas.

  19. karina.aso.1b di:

    No comentario anterior mostro algunha información sobre a olivina,xa que por exemplo no meu caso non sabía moi ben que era.

  20. sabina.aso.1a di:

    Ao longo da historia existiu algo de confusión á hora de diferenciar unha pila, unha batería e un acumulador. Na actualidade podemos afirmar que unha pila é un tipo de xerador de electricidade non recargable, mentres que unha batería é un xerador que si se pode recargar.
    O termo acumulador aplícase indistintamente a un ou outro tipo, así como a os capacitores eléctricos ou a futuros métodos de acumulación, convertíndose de este modo no termo neutro capaz de englobar e describir a todos eles.
    O funcionamento dunha batería está basado esencialmente nun proceso reversible chamado reducción-oxidación , un proceso no cal un dos compoñentes se oxida (perde electróns)e o outro redúcese (gaña electróns); é dicir, un proceso cuxos compoñentes non resulten consumidos nin se perdan, senón que meramente cambian o seu estado de oxidación. Estas circunstancias son o peche do circuito externo, durante o proceso de descarga, e a aplicación de unha corrente, igualmente externa, durante a carga.

  21. victor di:

    En que lugares de España se pode encontrar, en abundancia, o olivino?

  22. raqueltrigo.aso.1b di:

    Atopase nas rochas de orixe magamtico,sobre todo en españa atopase na zona do rift,aínda que é mairitario en dunitas e peridotitas asociasdo a piroxenos e cromitas.

  23. roberto.aso.1a di:

    Este mineral encontrase en Tenerife e en Lanzarote envolto en lava, tamén se atopa en Murcia, Ciudad Real, Zaragoda, Badajod,Malaga e Girona.

  24. victor di:

    E en Galicia?

  25. ruben.aso.1a di:

    En Galicia encóntrase no Cabo Ortegal este mineral.

  26. raquel.aso.1b di:

    O olivino podémolo atopar en Galicia en Cabo Ortegal, concretamente na canteira de Dunita (mineral constituído só por olivino)

  27. roberto.aso.1a di:

    Non estou moi convecido das fontes pero segundo atopei hai xacementos de olivino en Cabo Ortegal e tamén noutras zonas ainda que é máis dificil atopalo a tamaño macroscopico.

  28. angel.aso.1a di:

    Eu atopei igual que Roberto que existen xacementos de olivino en Cabo Ortegal.
    No que se refire a España,na provincia de Gerona, e principalmente nas proximidades de Olot, existe unha zona volcánica de carácter basáltico, relativamente recente e moi ben conservada, na que se encontran con bastante frecuencia como “núcleo” de bombas volcánicas, fragmentos de dunita de cor verde oliva intenso. Estas dunitas están constituidas esencialmente pola variedade magnésica de olivino, a forsterita. Unha das localidades nas que se encontran con maior profusión é Canet d’Adrí. Os olivinos desta zona son coñecidos e apreciados en todo o mundo.

  29. veronica.aso.1a di:

    Como di Roberto en Cabo Ortegal podemos encontrar Olivino ainda que tamén podemos atopar outro tipo de rochas de orixe magmático, como: peridotitas, Piroxenitas…

  30. carlos.aso.1a di:

    Eu creo o mismo que Roberto, xa que en Cabo Ortegal hai unha canteira de Dunita na que se pode encontrar roca monomineral de olivino e polos arredores atópanse outras rocas ultrabásicas como periodita ou piroxenitas e os seus minerais asociados.

  31. jose.aso.1b di:

    Gracias a este descubrimento, podemos aproveitar as vibracións do medio para producir electrecidade, e o mesmo tempo tamén imos poder contaminar menos gacias a este aproveitamento da electricidade.

  32. emilio.aso.1a di:

    Estiven mirando e coincido con Roberto, a fonte máis grande de olivino de Galicia é Cabo Ortegal. Téñense atopado noutros lugares pero en cantidades insignificantes. Dicir tamén que o olivino é o material principal dos gabros, basaltos e kimberlitas.

  33. juanjose.aso.1a di:

    Os principais xacementos de olivino encóntranse: nunha localidade da isla de Zeibirget (Mar Vermello), Exipto, Reserva India de San Carlos (Arizona, EEUU), Laacher See (Alemaña) e Rockport (Massachussets, EEUU).

  34. victor di:

    Que tipos de pilas existen? Cales teñen máis duración? Cales contaminan máis?

  35. jose.aso.1b di:

    Respondendo a primeira pregunta de Victor hai: ácidas, alcalinas, de mercurio, solares, atómicas e de hidróxeno.
    As máis comúns son as ácidas, que se usan en coches e equipos electrónicos portátiles.
    As alcalinas son máis caras, pero acumulan máis enerxía, tamén son as menos contaminantes e as que teñen máis duración.
    As de mercurio poden ser moi pequenas, e úsanse en reloxos e equipos electrónicos de bolsillo.
    As solares, máis costosas, teñen pouca potencia, pero cárganse co sol.
    As atómicas son as de maior eficiencia, pero requiren coidados especiais cos residuos.
    As de hidróxeno operan por reacción química, e quizais se utilicen nos coches do futuro.

  36. veronica.aso.1a di:

    As pilas podémolas dividir en dous grandes tipos:

    •Pilas primarias: Son aquelas que se esgotan
    •Pilas secundarias: Son as que se poden recargar (baterías)

    Tamén se poden clasificar as pilas según a súa forma:

    •Pilas cilíndricas: Teñen un maior tamaño que as pilas de botón, estas son empregadas para aparatos de maior tamaño.
    •Pilas de botón: Son máis pequenas que as anteriores e utilízanse para reloxos, audífonos…Estas contaminan moito máis que as anteriores, poden chegar a contaminar 175000 litros se se tiran no mar.

    Tamén podemos clasificar as pilas según os seus compoñentes, distinguimos os seguintes tipos: salinas, alcalinas, pilas de litio e pilas de níquel-cadmio.

  37. raquel.aso.1b di:

    Xeralmente as pilas poden dividirse en dous grandes grupos, as pilas primarias e as secundarias. Pero o máis frecuente e que os consumidores diferencien as pilas pola súa forma. Según esta fácil división podemos falar de pilas cilíndricas e pilas de botón.
    -Pilas primarias o no recargables: son aquelas que se esgotan.
    •Pilas ácidas
    •Pilas alcalinas
    •Pilas de litio
    •Pilas de monofluoruro de litio-carbono
    •Pilas de Litio-thionyl
    •Pilas de dióxido de litio-sulfuro
    -Pilas primarias tipo botón:
    •Pilas botón alcalinas de manganeso
    •Pilas de óxido mercúrico
    •Pilas de óxido de plata
    •Pilas de cinc-aire
    •Pilas botón de litio y dióxido de manganeso
    -Pilas secundarias o baterías recargables: son aquelas que se poden recargar.
    •Baterías chumbo/ácido
    •Baterías herméticas de chumbo
    •Baterías de níquel/cadmio (Ni/Cd)
    •Baterías de níquel/hidruro metálico (Ni/MH)
    •Baterías de zinc-aire
    •Plata-zinc
    •Baterías de litio

  38. raquel.aso.1b di:

    As pilas con fabricadas con elementos químicos considerados como tóxicos, de feito, o 30% do seu contido son materiais que causan danos na saúde e no medio ambiente. Co paso do tempo e pola descomposición dos seus elementos oxídanse e derraman diferentes tóxicos ó chan, auga e aire. Existen estudios que demostran que un 35% da contaminación do mercurio é ocasionada polas baterías que se queiman cá basura doméstica. Por exemplo, unha soa pila botón (como as que utilizan os reloxos) pode contaminar 6.5 millóns de auga.

  39. manuel.aso.1a di:

    Exixten dous tipos de pilas: as primarias e as secundarias. As pilas primarias son aquelas que se poden desecha, cuyos componentes químicos, o convertirse en enerxía electrica, xa que non poden recuperarse. As pilas secundarias son aquelas que se poden recargar.
    Unha pila recargable pode sustituir ata 300 pilas desechables.

  40. marcelina.aso.1a di:

    Hainas ácidas, alcalinas, de mercurio, solares, atómicas e de hidrógeno.
    As máis comúns son as ácidas, que se usan en coches e equipos electrónicos portátiles.
    As alcalinas son máis caras, pero acumulan máis enerxía.
    As de mercurio poden ser moi pequenas, e úsanse en reloxos e equipos electrónicos de peto.
    As solares, máis custosas aínda, teñen pouca potencia, pero cárganse co sol.
    As atómicas son as de maior eficiencia, pero requiren coidados especiais cos residuos.
    As de hidrógeno operan por reacción química, e quizá se utilicen nos coches do futuro.

  41. sabina.aso.1a di:

    No mercado hai moitos tipos de pilas diferentes, estas son: as pilas con forma de prisma rectangular que poden ser PP3, PP6, PP9, A, B ou C; as pilas con forma cilíndrica que poden ser AAAA, AAA, 1/3 AAA, 2/3 AAA,4/3 AAA, 5/3 AAA, 1/4 AAA, 5/4 AAA, AA, 1/3 AA,2/3 AA, 4/3 AA, 4/5 AA, A, 1/3 A, 2/3 A, 4/5 A, C, 2/3 C, Sub C, 2/3 Sub C, 4/3 Sub C,
    4/5 Sub C, D, 1/2 D, 4/3 D, F, G, J, N ou CR123A; as pilas de botón grande que poden ser CR 1616, CR 1620, CR 2016, CR 2025, CR 2032, CR 2430 ou CR 2450; as pilas de botón que poden ser PX28, PX28S ou PX28L.
    No conxunto das pilas as que teñen máis duración son as alcalinas, xa que duran entre tres e dez veces máis que as salinas.
    As pilas máis contaminantes están compostas de carbono, cinc e mercurio, e entre elas atópanse as pilas de botón.

  42. andrea.aso.1a di:

    ~Pilas Botón:
    Aínnda que hai de varios tipos as máis frecuentes son as pilas botón de mercurio, que son as que conteñen máis mercurio por unidade.
    ~Pilas alcalinas:
    Este tipo de pila ofrece duración e potencia, pero a costa de utilizar mercurio.
    ~Acumuladores Níquel-Cadmio:
    Este tipo de pilas,é menos frecuente, ten a característica de que poden recargarse despois de gastada,polo que, ben utilizada, pode durar anos.
    ~Pilas Salinas:
    Son as primeiras que apareceron. Teñen menos duración e potencia pero o seu contido tóxico é moi baixo.
    ~Pilas Verdes:
    Os fabricantes están comezando a sacar o mercado un novo tipo de pilas, coñecidas como verdes, ecolóxicas ou biopilas.

  43. angel.aso.1a di:

    Existen varios tipos de pilas:
    Pilas ácidas e alcalinas de óxido de manganeso
    de uso común , algunhas delas riesgosas polo seu contido de mercurio.
    Pilas de níquel-cadmio recargables, contidas en parte nas baterías usadas para teléfonos móbiles, son particularmente dañinos para o medio ambiente debido principalmente ao seu contido de cadmio.
    Baterías de plomo ácido utilizadas maioritariamente en automóbiles.
    Pilas de óxido de mercurio principalmente de formato botón, utilizadas en equipos especiais (por exemplo cámaras fotográficas, reloxos…)

  44. dolores di:

    Falades dos elementos contaminantes que conteñen, que ocorre con eles unha vez que as tiramos? Cales son os efectos no medioambiente? Poden chegar a afectarnos a nos?

  45. veronica.aso.1a di:

    As pilas conteñen substancias de metais pesados como o cadmio, mercurio, plomo…son substancias nocivas que representan un gran peligro para a salúde e o medio ambiente.
    Os efectos máis característicos destos metais son:

    •Cadmio: O organismo humano pode asimilar o 6% da dosis que absorbe, o resto pode acumularse nos riles ao largo de toda a vida, producindo lesións graves e irreversibles. Tamén produce hipertensión arterial, con riesgo de infarto de miocardio e arterioesclerosis.

    •Mercurio: E o metal máis contaminante do noso planeta. No caso de intoxicación producida por este metal, os síntomas poden ser: fatiga, anorexia ou adelgazamento, dores gastrointestinais e, tamén transtornos visuais e temblores. Co paso do tempo, o enfermo presenta transtornos psíquicos.

    •Plomo: A intoxicación con plomo provoca fatiga, dores de cabeza, musculares e de estómago, anorexia, estreñimiento e tamén poden chegar a producir os “ cólicos de plomo”.

  46. juanjose.aso.1a di:

    Cando tiramos as pilas ó mar estas poden chegar a contaminar 600 mil litros de auga, pero o peor é cando se oxidan, xa que disolven metales como plomo, níquel, mercurio… aumentando a toxicidade. As pilas tardan máis de 1000 anos en desaparecer.

  47. manuel.aso.1a di:

    As pilas están fabricadas con elementos químicos considerados como tóxicos, de feito, un 30 por cento do seu contenido son materiais que causan danos a saude e o medio ambiente. En México, cando unha pila xa non serve tirase a basura doméstica ou o ceo aberto; co paso do tempo e pola descomposición dos seus elementos oxidanse e derraman diferentes tóxicos no chan, na auga e no aire.

  48. dolores di:

    Non entendo moi ben iso de que cando se oxidan disolven os metais. O que se oxida é o envase e iso fai que se liberen os metais pesados, que é o mesmo que ocorre cando se tiran ao mar. Ou é outra a explicación?
    De que maneiras poden chegar a entrar no noso organismo e provocar eses efectos que explicades? E se en lugar de tiralas en calquera sitio se incineran, xa non contaminan?

  49. belinda.aso.1a di:

    Nos vertedoiros, as pilas acaban perdendo a carcasa e vértese o seu contido, que acaba contaminando as augas subterráneas e o chan e con iso introducese nas cadeas alimenticias naturais, das que se nutre o ser humano. Nas plantas de incineración, as emanacións resultantes darán lugar a elementos tóxicos volátiles, contaminando o aire.

  50. manuel.aso.1a di:

    Algunhas pilas o entrar en contacto co fogo poden explotar. Noutros casos, os compoñentes das pilas entran en combustión e liberan gran cantidade de contaminantes o aire.

  51. diego.aso.1b di:

    Parece un gran invento que pode permitir un gran aforro enerxético.Quizáis con este invento pasen a un segundo plano as pilas dando paso a este novo sistema.

  52. juanjose.aso.1a di:

    Esa era a explicación que trataba de dar eu e o peor que se pode facer cunha pila é expoñela ó lume, xa que poderían explosionar.

  53. carlos.aso.1a di:

    Como xa dixeron anteriormente, os principais compoñentes das pilas son mercurio, cadmio, níquel e manganeso. A exposición a estos químicos pode provocar incluso cáncer.
    Estudos médicos demostraron que o consumo constante de alimentos contaminados con mercurio pode provocar cambios de personalidad, pérdida de visión… e o respirar cadmio, pode producir lesións nos pulmóns.

    Algunhas pilas o entrar en contacto co lume aparte de poder explotar, os compoñentes que teñen, entran en combustión e liberan gran cantidade de contaminantes ó aire.

  54. veronica.aso.1a di:

    As veces en vez de tirar as pilas nos lugares adecuados, tiranse noutros vertedeiros onde se liberan as substancias que as pilas soltan cando se empecen a descompoñer como seria: o mercurio, o cadmio o níquel…
    A sua descomposición en solos e auga trae como consecuencia a contaminación. Cando os metales entran en contacto coa auga son inxeridos por organismos mariños que pasan a formar parte da cadea alimenticia humana, e ao entrar estos alimentos no noso organismo causan problemas de saúde como os que dixemos en comentarios anteriores.

  55. rubenlois.aso.1a di:

    A combustión das pilas é moi perigoso e moi contaminante. As pilas poden explotar e emitir gases á atmosfera. Estes obxetos, na miña opinión, hai que depositalos en contenedores especiais para pilas ou levalas a un punto limpo.

  56. leticia.aso.1a di:

    Como xa comentaron os meus compañeiros, e ben sabemos todos, as pilas se non se depositan no lugar axeitado (como son os contedores específicos para pilas e baterías)poden causar consecuencias desastrosas na natureza, e como ao fin e ao cabo todos formamos parte dunha cadea estamos prexudicando a nosa propia saúde.
    Por outro lado se se incineran poderían explotar, o que produciría unha gran cantidade de emisións de dióxido de carbono a atmosfera.

  57. cristian.aso.1b di:

    Pareceme un gran descubrimento estos xeradores xa que aforraríamos en pilas e non contaminaríamos tanto. Debíamos utilizar estos aparellos para utilidades máis útiles e importantes como marcapasos reloxos etc…

  58. marcelina.aso.1a di:

    Si se queman poden explotar e os gases tóxicos serían liberados á atmosfera contaminando o aire , si as botamos ao mar contaminarían as augas na que viven moitos seres vivos entre prantas e animais, e esa auga tamén nos chegaría a nós o que é moi perxudicial para a nosa saúde.