Cans de deseño?

Durante 14.000 anos os seres humanos non só domesticaron aos cans, senón que tamén os seleccionaron de forma artificial, para que teñan a cor, o tamaño, a estrutura corporal, as habilidades e, incluso, o comportamento psicológico elixidos.

imagen

Un grupo de científicos identificou 155 rexións no  xenoma dos cans,  sinais de esta selección,  que conteñen posibles xenes característicos de cada unha das 400 razas existentes. Tamén se fixeron análises de 21.000 tipos de variacións nas secuencias de ADN nun nucleótido, dun grupo de 275 cans de 10 razas diferentes. Identificaron, así mesmo,  155 rexiónsdo ADN que variaron nos últimos séculos, debido  á selección artificial feita polos humanos para obter as diferentes razas. Este traballo axudaranos a entender a evolución dos cans a curto prazo, pero tamén o mecanismo das variacións moleculares en poboacións naturais e a súa diferenza coas artificiais.

 

imagen

 Autora: Andrea Sánchez.

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Bodiversidade, Selección artificial, selección natural e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to Cans de deseño?

  1. andrea.aso.1a di:

    A selección artificial é unha técnica de control reproductivo mediante a cal o home altera os xenes de organismos domésticos e cultivados. Esta técnica opera sobre características heredables das especies, aumentando a frecuencia con que aparecen certas variacións nas seguintes xeneracións; produce unha evolución dirixida, na que as preferencias humanas determinan os rasgos que permiten a supervivencia, no caso dos cans seleccionaron de forma artificial, a súa cor de
    pelo, o tamaño, a estrutura corporal, as habilidades e tamén e posible o seu
    comportamento psicológico.

  2. santiguillan.aso.1a di:

    A min paréceme que poder elixir como queres que sexa o teu can é moi interesante. Iste descubrimento está moi ben e se se podera elixir algunhas cousas nos fetos e nenos sería moi interesante, por exemplo, a cor dos ollos ou do pelo.

  3. ana.aso.1a di:

    En este blog, demostrase ata donde podemos chegar os humanos, que somos capaz de facer calquera cousa. Na actualidade, estamos tan desarrollados, que podemos alterar o ADN dun ser vivo, en este caso, dun can, creando asi outro can que parecido, pero de diferente pelaxe, cor e tamaño. A verda e que son cousas asombrosas.

  4. santigonzalez.aso.1a di:

    Na miña opinión, este método de “creación” de cans ó gusto de cada persoa paréceme coma o caso da clonación, un malgasto de recursos. Aínda que esto sexa un gran avance no estudo do ADN débeselle buscar unha utilización correcta, para poder cambiar enfermidades hereditarias ou prenatais, coma a síndrome de Down por exemplo, mediante a modificación da estrutura do propio ADN.

  5. sabina.aso.1a di:

    O que nos conta este post acerca da selección de cans por parte dos humanos para obter as diferentes razas, nun primeiro momento pode parecer chocante polo feito de se é ético ou non,pero é a realidade e lévase facendo durante moitos anos como ben di o post. Non é extraño, nin moito menos, que moitas persoas descoñezan que para obter a raza de can que teñen tiveron que cruzar nun primeiro momento cans coas distintas características que querían que posuíse o can resultante, incluso esas persoas que sempre critican calquera selección artificial por ser unha atrocidade, feito que a maioría das veces o fan cun total descoñecemento da causa.
    Eu persoalmente penso que para ter o animal que un quere, coas características axeitadas, é necesario recorrer a esta técnica e dende logo non me parece desaxeitada de ningunha maneira.
    Entre as moitas razas de cans que existen a gran maioría foron obtidas por estas técnicas, algúns destes casos poden ser o doberman , creado por un alemán para a defensa e a protección, ou o pointer creado polos ingleses para adicarse á caza con escopeta.

  6. veronica.aso.1a di:

    O subgrupo dos cánidos ao que pertencen o lobo e o can, existe desde fai 7 millóns de anos.
    Hai uns 15000 anos que se domesticou ao can. Pero a maior parte das 350 razas que existen hoxe, conseguironse a maioría nos últimos dous séculos pola intervención dos humanos.

  7. alexandre.aso.1b di:

    A verdade esta técnica de selección artificial como xa comentamos noutros posts é unha gran ventaxa, pero bueno creo que por moitos avances que fagamos esto non ten que convertirse nunha carreira haber quen consegue o animal máis perfecto, está ben controlar un animal e tomar decisión que corrigan enfermidades e defectos, que poden facer que o animal lle coste adaptarse o medio, pero mofidicar animales por gusto non está o alcance de todos, tampouco o vexo como algo do que presumir, desde logo ter un control sobre a saúde dun animal é algo moi útil.

  8. victor di:

    Santi Guillán, Ana e Santi González, creo que non entendechedes o significado da selección artificial.
    Este tipo de selección dos seres vivos comezou coa domesticación dos primeiros animais e coa selección das primeiras plantas para o cultivo. Esta claro que para nada se sabía o que eran os xenes. Simplemente se seleccionaban as características que resultaban máis interesantes.
    Sinalade algúns casos de selección artificial en animais e plantas.

  9. vanesa.aso.1b di:

    Buscando información sobre a selección artificial en cans, hai máis de 150 razas diferentes de cans, dende un chihuahua a un gran danés que pertencen á mesma familia:canis familiaris e que todos son descendentes de lobos.

    Cómpre nomear a Darwin, que antes de publicar “el origen de las especies” adicouse á cría de galiñas e palomas, obtivo un amplo coñecemento sobre a orixe das razas caninas e a busca dalgúns criadores de desenvolver novas variedades.
    Adicándose á cría de galiñas practicou a selección artificial.

    Desta maneira, desenvolveu a súa teoría sobre a formación de razas e as variedades domésticas.

  10. adrian.aso.1a di:

    Un exemplo de selección artificial é o toro e a vaca xa que se intenta que se reproduzcan a vaca que dea máis leite co toro máis forte e sen efermidades.
    Outro exemplo sería o das rosas que cambiaron moito na forma das súas flores e na coloración dos seus pétalos xa que se buscou o despliegue multicolor con durabilidad e máis flores por planta.

  11. santigonzalez.aso.1a di:

    As formigas cortadoras de follas fan incisións nas follas dalgunhas plantas para depositar alí sementes de fungos e despois poder alimentarse deles. Estes fungos fóronse adaptando e así producindo máis alimento para as colonias de formigas e conseguindo eles tamén beneficio cando as formigas depositan as súas sementes noutras partes da árbore, para así expandirse. Este é un exemplo de selección artificial mútua, xa que ambas especies se adaptaron á outra, para así sobrevivir as dúas.

  12. angel.aso.1a di:

    Hoxe en día estamos rodeados de selección artificial sen darnos apenas conta,os cabalos de carreiras,as vacas,as galiñas,a fruta, os cans… Pero o que me chama máis a atención son os repolos, dunha mesma especie obtivéronse diversas variedades como repolos, coliflor, brócoli…

  13. martin.aso.1a di:

    A maioría de razas de cans de dedicados a ser cans de compañia (chihuahuas,pequineses, cans salchicha…)son o claro exemplo de selección artificial xa que o que se busca e mellorar o seu aspecto.
    Coas plantas sucede practicamente o mesmo sen embargo por selección artificial tamén se busca que mellloren as suas características para facer fronte a insectos, parásitos, etc.

  14. victor di:

    Compartides a opinión de Santi, con respecto ao caso das formigas e os fungos, de que é un exemplo de selección “artificial”? Cal é a diferencia entre unha e a outra?

  15. marcelina.aso.1a di:

    Eu creo que non é selección artificial xa que o fan para poder alimentarse é algo instintivo non premeditado como o que se expón no post.

  16. ruben.aso.1a di:

    Non comparto con Santi esa opinión porque as formigas fan eso para sobrevivir e é algo instintivo.
    A seleción artificial é unha técnica mediante a cal o ser humano altera os xens de seres vivos.
    E a outra é a seleción natural que é un proceso sin que interveña o home , é decir , evolutivo.

  17. andrea.aso.1a di:

    Penso que o que dí Santi non é do todo certo, xa que é a capacidade de supervivencia que teñen esas formigas, e a selección artificial trátase dunha técnica de control reproductivo mediante a cál o home altera os xenes de organismos domésticos ou cultivados. Esta técnica opera sobre características heredables das especies,produce unha evolución dirixida.

  18. victor di:

    Diferencias entre selección natural e artifical (con exemplos).

  19. marcelina.aso.1a di:

    A selección natural é todo eso de reprodución diferencial dos xenotipos dunha poboación. É un proceso evolutivo, que como tal require moito tempo.

    A selección artificial é unha técnica de control reproductivo mediante a cal alteramos as especies domésticas ou de cultivo seleccionando para a súa posterior reprodución a aqueles individuos que posúen as características que desexamos estender e/ou aumentar (tamaño, fecundidad…). A selección artificial empezou á vez que a agricultura e a ganadería: os antepasados xa realizaban selección artificial sen sabelo e sen saber o máis mínimo de xenética, elixindo as mellores ovellas ou o mellor trigo.

  20. barbara.aso.1b di:

    A diferencia principal entre a selección natural e a selección artificial reside en que a selección natural non está planificada polo ser humano, si non que ven imposta polas circunstancias ambientales.
    Un exemplo de selección natural é cando as aves poñen os seus ovos, e o primer polluelo que nace tira os demais ovos do nido para que el sea alimentado polos pais e asegure a súa supervivenvia.
    Un exemplo de selección artificial é cando se separa o millo mñais grande e fuerte do resto para sembralo.

  21. paula.aso.1b di:

    A diferencia principal reside en que a selección natural non está planificada polo home, senon que ven imposta polas circunstancias ambientais.
    A selección natural establece que as especies evolucionan, desenvolvense e adaptanse da cordo ó hábitat no que viven, e na selección artificial, o home modifica a través de experimentos.

    Exemplos :

    – Selección natural : Os tiburóns ó estar no ventre materno comense ós tiburóns maís débiles para asegurar maís alimento e maior supervivencia.

    – Selección artificial: Cando nas granxas separan os maizais maís grandes e fortes para tomar ós grans de este para sembrar de novo.

  22. veronica.aso.1a di:

    A principal diferencia que existe é que a selección natural non está planificada polo home, se non que se produce polas circunstancias ambientais. Un claro exemplo de selección artificial é como se mostra no post o de orientar as cualidades dun animal, como neste caso o son os cans, só para que sexan as nosas mascotas ideais.
    Tamén se modifican as características na agricultura por selección artificial na reprodución tanto por esquexes, como por acodos, por enxertos…

  23. anadia.aso.1b di:

    As especies evolucionan,desarróllanse e adáptanse dacordo co hábitat no que conviven é selección natural (por exemplo si a población inicial ten animais coa pel marrón e animais coa pel branca, os depredadores verán – e polo tanto comerán – os animais marróns con maior frecuencia. Ter pel branca axudará así á supervivencia, e o xene para a pel branca vendrá dominar á población). Cando o home modifica a través de experimentos e hábitat controlados dise que eé selección artificial.

  24. ruben.aso.1a di:

    Seleción natural: as xirafas desenvolveron un cuello máis longo porque as follas das árbores baixas escaseaban e por este motivo o seu cuello se alngou , é un proceso de supervivencia.
    Seleción artificial: elixir como vai a ser o noso can , é decir , que teña os ollos azuis, con pelo castaño claro , con arrugas …

  25. aliciaromero.aso.1b di:

    A diferencia principal reside en que a selección natural non está planificada polo home, senon que ben imposta polas condicións ambientais, e na selección artificial os humanos podemos modificar xenéticamente animais ou plantas.
    Selección natural: a diferencia da curvatura do peteiro de distintos paxaros.
    Selección artificial: os cans de caza, os cabalos de carreiras… os homes fan modificacións xenéticas en eles para que corran máis, sexan mais eficacez… E tamén ocorre isto nas plantas.

  26. manuel.aso.1a di:

    Un exemplo de selección natural, sería por exemplo o caso dos tiburon cando se encotran no ventre da súa nai comense aos tiburóns mais pequenos e mais débiles para poder alimentarse mellor e asegurarse da súa supervivencia. E un exemplo de seleccion artificial, como é o caso das plantas que son modificadas xenéticamente polos humanos para facelas mais resistentes as plagas, e para que os frutos sexan mais grandes e cunhas determinadas caracteristicas.

  27. karina.aso.1b di:

    A principal diferencia entre a selección natural e a artificial está en que a selección natural non está planificada polos seres humanos, se non que ven imposta polas circunstancias ambientales.

  28. victor di:

    Polo tanto a diferencia está en quen é o que selecciona entre as variedades. Se é o ser humano falaremos de selección artificial, mentres que cando son as circunstancias naturais falaremos de selección natural.
    Está claro que a seleción artificial foi unha ferramenta utilizada pola nosa epecie para facernos a vida máis doada. Coa foto deste blog, semella que se sobrepasou o límite. Que opinión vos merece utilizar a selección artificial para obter cans máis bonitos?
    Outra cuestión: moitos dos exemplares obtidos por selección artificial posúen determinadas doenzas causadas pola endogamia; que significa isto?

  29. victor.aso.1a di:

    Eu creo que non se deberia usar a selección natural para obter cans máis bonitos, xa que non e algo necesario.
    Por outa banda a endogamia é a reproducción entre individuos de descendencia comun, é decir que son da mesma familia ou linaxe. Esto fai que sexa máis probable que se manifeste na súa descendencia enfermedades de tipo xenetica.

  30. andrea.aso.1a di:

    Denomínase endogamia a unión ou reproducción entre individuos de ascendencia común,é dicir, dunha mesma familia ou linaxe. Asimesmo, enténdese como endogamia o rechazo a incorporación de membros axenos a un grupo social en particular. En bioloxía a endogamia refírese o cruzamento entre individuos dunha mesma raza dentro dunha población aislada tanto xeográfica como xenéticamente.

  31. santigonzalez.aso.1a di:

    Non me parece que se deba xerar un gasto en estudo da selección natural de cans, xa que é só un capricho, non un avance ou unha necesidade para o ser humano.
    A endogamia ocorreu por exemplo con parte da monarquía española despóis dos Reis Católicos xa que só se casaban entre primos, tíos etc. por iso algúns dos gobernantes nacían con síndromes dexenerativos e outras enfermidades por culpa da endogamia.

  32. roberto.aso.1a di:

    A endogamia como ben explicou Andrea é a reprodución entre individuos de ascendencia común.
    Ísto trae moitos problemas xa que se ese individuo tiña unha enfermidade con alelos dominantes pasaralla a súa descendencia. E se eses dous individuos teñen a mesma enfermidade ó provir do mesmo individuo, a casi totalidade da súa descendencia tera esa enfermidade.

  33. adrian.aso.1a di:

    Como ben dixero os meus copañeiros a endogamia é a reprodución entre individuos da mesma familia.
    E en canto o de utilizar a selección artificial para obter cans máis bonitos non estou dacordo xa que chegaría un momento en que perderían a graza, xa que sabes como van ser antes de nacer.

  34. susana.aso.1b di:

    Eu penso que non se debería de utilizar a selección artificial xa que a parte da endogamia,os cans poden nacer con alguha malformación ou heredar algunha enfermidade dos proxenitores dese can.

  35. juanjose.aso.1a di:

    Dícese de endogamia cando entre individuos emparentados existen cruzamentos. Unha prolongada endogamia durante xeracións dará lugar a linaxes puras pero tamén cun reducido vigor e fertilidade.

  36. marcelina.aso.1a di:

    A endogamia é a fecundación entre individuos da mesma especie.
    Estes animais sofren máis defectos xenéticos e enfermidades.
    A endogamia úsase para manter ou intensificar certas características, as denominadas características raciales.
    Vai en contra da selección natural, pola cal os animais doentes ou con defectos xenéticos non se reproducen. O home encárgase desta forma de supervivencia contranatural do animal