Pingüíns sen futuro?

O cambio climático afecta gravemente á fauna da Antártida; as colónias de pingüíns sofren un grave problema asociado a esta causa. Os científicos afirman que o cambio climático é a principal causa do descenso do número de pingüíns. Os ecosistemas antárticos son os máis sensibles aos cambios ambientais, por iso o efecto invernadoiro e o consecuente cambio climático están a causar o seu deterioro.

Un dos datos que confirman  o deterioro da Antártida é o diminución do grosor do xeo nos invernos así como o descenso de peixes pequenos, imprescindibles na dieta dos pingüíns. Os científicos británicos avisan da posible existencia de máis factores que axudan ao cambio climático e que provocan o deterioro do medio ambiente, o cal causa a diminución de baleas e focas, que poideran estar a influír na desaparición de aves mariñas na Antártida.

 

 Autor: Cristian Rodiño

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

45 Responses to Pingüíns sen futuro?

  1. ana.aso.1b di:

    Cada vez o cambio climático trae máis consecuencias ao noso planeta e uns dos que mais sofren son os animais.Ahora o que tiñamos que facer nos é cambiar para que asi isto non vaia cada vez a máis.

  2. andrea.aso.1a di:

    É unha verdadeira pena que este a ocorrer isto, por consecuencia do cambio climático cada vez a vida faíse máis dura para determinados seres vivos, como é o caso dos pinguíns, ademáis, o alimento é escaso, por esto e pola sobrepesca, as catro especies de este animal que viven no continente Antártico están baixo unha crecente presión.
    A península antártica estáse calentando cinco veces máis rápido ca media do cambio climático. Así, o Océano Sur derreteuse ata 3.000 metros en profundidade.

  3. laura.aso.1b di:

    A sociedade non está a pensar na repercusión que trae consigo o cambio climántico.
    Estase perdendo especies,e outras moitas están en perigo de extinción.
    Non se lle da importancia q este termo de “cambio climántico” a xente pensa que eso non está a ocorrer ou que sólo afecta os países máis frios, pero non é asi.
    Sólo se darán conta cando lle afecte máis de cerca a eles mesmos, coa subida do mar, o perigo da extinción…

  4. sabina.aso.1a di:

    Xa deveriamos de estar afeitos a oír os efectos que acarrexa o cambio climático. Un deses efectos é a diminución dos pingüíns nas zonas frías do planeta(ademais doutros animais). É verdadeiramente desolador ver en reportaxes televisivas como se están a derretir os polos e como se están a derrubar decenas de glaciares por mor do cambio da temperatura.
    A min persoalmente gústanme moito os pingüíns, porque me perecen moi interesantes, por íso gustaríame falar un pouco deles: Os pingüíns son as únicas aves vivintes non voadoras adaptadas ao buceo propulsado polas ás. Por ese motivo, as súas ás transformáronse en aletas. Os ósos dos pingüíns son máis densos que os de outras aves. As patas están situadas moi atrás no corpo, dificultando o desplazamiento en terra. Os pingüíns son capaces de alcanzar velocidades de ata 60 km/h. Estes animais son capaces de reter a maior parte da súa calor corporal, o que lles permite habitar as zonas máis frías. Os pingüíns aliméntanse fundamentalmente de peixes e plancton.

  5. josebenito.aso.1b di:

    O desxeo dos polos provocará a subida do nivel do mar, que fará que moita área de terra quede sumerxida, e con ela pobos, vilas e cidades enteiras, pero tamén vai provocar que cambien as correntes mariñas ó alterar a temperatura das augas.
    Hoxe en día existen nos océanos unhas correntes mariñas diferenciadas dependendo da temperatura á que estén e isto fai que os animáis mariños poidan vivir a gusto e migrar a través das correntes. Pero se cambian as correntes poden chegar a desaparecer especies, e isto acabaría por afectarnos.

  6. fatima.aso.1b di:

    Os polos actuais posicionados baixo o sol ecuatorial, derretiranse rapidamente. O desxeo dos polos fará, polo tanto que aumente o nivel do mar en todo o mundo duns 650 a 700 pes nun lapso de dous anos. Os sobrevivintes que viven baixo este nivel, encontraranse con que terán que mudarse constantemente, xa que os ríos comezarán a desbordarse da súa orilla e as áreas pantanosas faranse lagos. Aqueles que estén planeando o seu lugar de supervivencia deberán considerar isto, así como planear rutas de escape para os sobrevivintes que poderían quedar atrapados polo aumento da auga.

  7. laura.aso.1b di:

    Según un estudo do Instituto Pluridisciplinar Hubert Curien do Centro Nacional da Investigación Científica de Francia o quentemento global podría poñer en risco a supervivencia a largo plazo dos penguins rei da Antártida.
    Os pinguins rei, segundos en tamaño despois dos pinguins emperador, esarrollanse nas illas dos límites do norte da Antártida, e teñen unha poboación total de máis de dous millone de parellas reproductoras.
    Alimentanse de pequenos peixes e calamares, dependendo menos do kril e outros pequenos crustáceos.
    Debido a que los pinguins rei encontranse no alto da cadea de alimentación da sua rexión, son indicadores sensibles das alteraciones deo ecosistema mariño e en eles manifiestanse de forma amplificada os efectos do cambio climático.

  8. laura.aso.1a di:

    Este post, dalle outra visión ao que considero como derretemento dos polos, a preocupación xeneralizada é a de que ao aumentar a temperatura debido ó cambio climático, fará que o xeo dos polos se derrita, e entón o nivel do mar subi´ria, afectanto gravamente ás costas, pero no temos en conta que este proceso afectará sobretodo a os animais que dependen deste medio, coas caraterísticas prinicpais da temperatura que posue.

  9. angela.aso.1b di:

    Este post deixanos ver claramente que a maioría da xente nn sabe os efectos que ten o cambio climático.

  10. angela.aso.1b di:

    Este post deixanos ver claramente que a maioría da xente nn sabe os efectos que ten o cambio climático. Só se daran conta canto vexan como se incrementan as temperaturas, a subida dos niveis do mar e o empeoramento dos fenómenos atmosféricos.

  11. veronica.aso.1a di:

    Según o que din algúns expertos, si o desxeo da Antártida segue en aumento como está previsto, a especie de pingüinos emperadores disminuirá máis de 6000 parellas de cría a unhas 400 para finais deste século.

  12. santigonzalez.aso.1a di:

    Se esta especie diminúe a súa poboación, varía todo o ecosistema e condena a outras especies que se alimentan deles a tamén estar en perigo de extinción. Débese ter máis en conta o planeta no que respecta ó cambio climático.

  13. raquel.aso.1b di:

    Cada vez aumentan máis este tipo de noticias onde o principal protagonista é, como empeza a ser habitual, o cambio climático. Dende a miña opinión, penso que non estamos o suficientemente concienciados có que está ocorrendo, e que se seguimos agardando e non tomamos as medidas axeitadas, chegará un momento, non moi lonxano, no que moitísimas especies desaparezan, o nivel do mar creza en exceso debido ó desxeo dos polos, e moitas cousas máis.

  14. victor di:

    Por que é tan sensible a Antártida fronte ao cambio climático?
    Como influirían no resto do planeta, os cambios que o quentamento global provocaría na Antártida?
    Son tan importantes os pingüíns?

  15. jose.aso.1b di:

    Este post, amósanos outra razón máis pola que debemos axudar a non contaminar, debido ó cambio climático, e esto na Antártida provocará que os pingüíns vaian desaparecendo pouco a pouco debido ó cambio climático.
    Respondendo a primeira pregunta de Víctor, penso que a Antártida e tan sensible fronte ó cambio climático, porque debido ó quentamento global fai que suban as temperaturas e isto provaca un descenso do grosor do xeo.
    Os pingüins podemos pensar que nós non os necesitamos para nada, pero é un animal, que se se chegara a extinguir provocaría a extinción doutros animais e así sucesivamente, ata que chegaran a desaparecer gran parte dos animais da Antártida.

  16. vanesa.aso.1b di:

    Os pingüíns cobran unha importancia relevante pois do resultado sobre a acción do cambio climático sobre estes animais concluirase o efecto que tería sobre comunidades enteiras.
    Á súa vez, a súa redución produciría na cadea alimentaria antártica.Tanto o krill coma os peixes que tamén se alimentan deles,ambos son comida dos pingüíns.
    O krill vive grazas á extensión do xeo pero o propio desxeo faría que perigase a cantidade dos krill e que os peixes que se alimentan del, antes nomeados tivesen escaseza de alimentos.

  17. adrian.aso.1a di:

    As placas de xeo son verdadeiramente bloques flotantes, de maneira que si ó océano situado debaixo dos bloques se quenta, aumenta o ritmo do deshielo e fanse mais delgados. Por eso, son áreas moi sensibles o cambio climático.

  18. adrian.aso.1a di:

    Segundo a miña opinión os pingüís son tan importantes como calquera outro animal. Nos últimos anos a reducción do hielo mariño provoca que diminuan as poboación de Krill, pequenas criaturas de aspecto similar ó camarón, que son a base da cadena alimantaria da Antártida. Polo tanto, menos hielo mariño significa menos placton e redución do krill que provoca que se reduza o número de peixes que son o soporte dietético dos pingüíns emperadores.

  19. manuel.aso.1a di:

    A pérdida de masas de xeo deste continente Antártico, ocasionaría un aumento do nivel do mar, o mesmo tempo que a desaparición de miles de poboacións que se encontran a poucos metros sobre a liña da marea. Isto tendría consecuencias devastadoras para aqueles países compostos por illas, os que estando nun territorio continental contan con grandes extensións de terras baixas nas súas zonas costeiras.

  20. marcelina.aso.1a di:

    Porque se desfarían os cascos de xeo e subiría o nivel do mar afectando ao mundo enteiro.
    Porn outra banda poderían desasparecer os pingüíns que só viven no polo sur (Antártida) e nas illas Galápagos.

  21. belinda.aso.1a di:

    Debido á súa cor clara, o xeo e a neve das rexións polares ten un grande albedo (albedo é a reflectividade da superficie terrestre e refírese á enerxía reflectida dende a Terra ao universo),polo que a maior parte da enerxía solar se ve reflectida de volta ao espazo. Non obstante, a medida que máis cantidade de gases invernadoiro fan que o noso planeta se quente, parte deste xeo e neve derrétese, e menos cantidade de radiación é reflectida de volta ao espazo, e máis é absorbida pola superficie da Terra e os océanos. Esta enerxía extra quenta as rexións polares, fai que se derreta máis cantidade de xeo e que haxa máis quentamento.

  22. ruben.aso.1a di:

    A Antártida é moi sensible ó cambio climático debido a que nesa zona as temperaturas non pasan dos 0 ºC . Ó non pasar nunca dos 0 ºC o xeo mantense intacto. Pero nos últimos 60-70 anos incrementouse 3 ºC a temperatura global media. A causa deste aumento está na alteración dos ventos que agora levan ventos máis quentes. Por este motivo na Antártida se están derretindo continuamente bloques enormes de xeo.
    Se segue así pode provocar danos irreversibles no planeta e a desaparición de especies mariñas de todos os lugares do mundo, ademais dun incremento do nivel do mar , aproximadamente 1.5-2 m, e un maior efecto invernadoiro xa que o mar non captaría tanto CO2 .
    Creo que os pingüíns son importantes porque son únicos no mundo e solo se poden atopar nese lugar.

  23. juanjose.aso.1a di:

    Todos os animais son importantes, dende unha pequena mosca ata un gran elefante, xa que todo os animais están en perfecta relacion co medio formando a biodiversidade.

  24. andrea.aso.1a di:

    A comunidade científica antártica é consciente de que os crecentes niveis de
    CO2 poden acelerar o quentamento global, o que pode provocar a desintegración das plataformas de xeo e os seus casquetes de xeo asociados, e o consiguiente aumento do nivel mariño. O nivel do mar aumentaría 6 m si se fundise o casquete
    de xeo da Antártida Occidental.

  25. roberto.aso.1a di:

    Estamos a coñecer cada pouco tempo novos efectos do cambio climatio pero non nos damos concienciado todavía de que temos que frearlo.
    Como xa dixeron alguns compañeiros ó derreterse os casquetes polares sube o nivel do mar en toda a Terra eso tería consecuencias debastadoras nas illas de poucos metros de altitude como as de Indonesia que xa estan buscando axuda en países como Nova Zelanda co que ten un compromiso de acollida en caso de que se produzca esta situación.Por outro lado desaparecerian moitas especies animais e vexetais o que alteraria o equilibrio que esiste entre as especies xa que desaparecerian tanto presas como depredadores é as especies comenzarian a relacionarse con outras especies de xeito diferente ao que estaban acostumados.

  26. angel.aso.1a di:

    A Antártida é o punto máis frío da estratosfera. Durante o inverno antártico acumúlanse todas as substancias contaminantes e cando este polo se ilumina no outono prodúcese unha reacción fotoquímica dos freóns (cloro e hidrocarburos, coñecidos como CFCs) pola cal se destrúe a capa de ozono.

  27. laura.aso.1b di:

    Porque co quentamento global a Antártida, un país tan frio iríase desprendendo e así mesmo ocasionando un aumento moi notable nos océanos e mares,consecuencia que nos afectaria a nós mesmos xa que subiría o nivel do mar.
    Os penguíns son importantes como o poden ser calquera animal, e máis que viva nesa zona, xa que teñen un risco constante por iste cambio.

  28. susana.aso.1b di:

    Se seguimos tendo péridas de masas de xeo en Antártida,subirá moito máis o nivel do mar según científicos subirá asta sete metros neste siglo e esas augas provocarán que aparte dos pingüíns outros animais mariños sufrirían se isto chegase a acontecer.

  29. veronica.aso.1a di:

    Os cambios que se producirían polo quentamento global na Antártida, ademáis de ocasionar un aumento do nivel no mar como dixo Manuel, tamén vai afectar (ou está afectando xa) as correntes mariñas.
    A corrente do Golfo é a que fai que Europa teña un clima cálido. Pero ademáis de contribuír ao clima, tamén aporta a acumulación de nutrintes no fondo mariño, aumentando a absorción oceánica de CO2. Estes cambios nas correntes mariñas producirían graves cambios na agricultura e no clima, tamén incidiría noutras correntes mariñas e temperaturas do planeta.

  30. ana.aso.1a di:

    Neste post explicanos algo que todos xa sabemos, que o cambio climático esta provocando os cambios de temperatura no planeta. E poreso os polos da Terra van disminuindo de tamaño, e o habitad que existe neles valla desaparecendo e que o nivel das augas valla en aumento. A miña opinion sobre esto que esta a suceder, e que como ahora os seres humanos estamos tan desenvolvidos, contaminamos moitisimo mais ca fai un cantos anos, porque nestes tempos, canta luz se gasta? canto combustible se gasta nos automoviles persoais?
    Por outra parte, respondendo a pregunta de Victor, a Antártida e moi sensible, porque toda ela esta constituida de xeo, e polo aumento da temperatura global,a Antartida estase derretendo pouco a pouco. O ir desaparecendo a Antártida, o nivel do mar sube, e segun alguns estudos, dentro de 10 anos, parte de algunhas playas e lugares cercanos o mar, van quedar sumerxidos.
    Os pingüins son moi importantes, porque si esta especie chegara a desaparecer, os osos mariños que comen peixes, calamares, e pingüins, tamen poderían desaparecer, porque e todo unha cadea alimentaría.

  31. rubenlois.aso.1a di:

    Na miña opinión, a Antártida está sufrindo máis que outros lugares o desastre do cambio climático pola súa posición e porque está formada de xeo.
    Os pingüíns son son importantes porque é unha especie, e si se derrite a antártida esta especie desparecerá.

  32. ivanabal.aso.1a di:

    Eu creo que afectan mais os cambios porque a natureza ali e mais sensible os cambios de temperatura e coa subida de un so grao o ecosistema varia.

  33. roberto.aso.1a di:

    Como curiosidade,buscando información atopei unha noticia que decia que encontraran un avión de 1912,fai case cen anos¡,o avión faltabanlle varias pezas alongadas polo que se pensa que puderonse usar para facer trineos.
    Este descubrimento foi posible por culpa do aumento da temperatura nos polos.

  34. andrea.aso.1a di:

    Encontrei os datos de que o continente antártico podería ver como a súa temperatura sube tres graos antes de que remate o siglo XXI. Dende o acordo internacional de 1997, as capas de xeo perderon millóns de toneladas. O mundo falou moito pero respeto a intentar frealo fíxose moi pouco.

  35. leticia.aso.1a di:

    A Antártida é sensible ao cambio climático, xa que todo o seu conxunto está formado de xeo, e debido ao aumento de temperatura a capa de xeo estase derretindo e provocando así a desaparición de especies, como é neste caso en concreto a destes pingüíns.
    Por outro lado, a desaparición de esta especie é tan importante como outra calquera, xa que todos formamos parte dunha cadea de supervivencia; uns non podemos vivir sen os outros.

  36. victor di:

    Moi ben todas as respostas sobre a Antártida. Seguimos aportando información sobre este continente. Quen son os propietarios da Antártida?, que intereses teñen?
    Que se debería facer coa Antártida?

  37. adrian.aso.1a di:

    Segundo busquei a Antártida é un caso único xa que non pertence a nadie. Leva 40 anos rexido por un tratado internacional polo que non pode ser administrado nin controlado como un territorio sometido a una soberanía nacional.

  38. santigonzalez.aso.1a di:

    Algúns países reclaman a soberanía de parte da Antártida, por exemplo Francia, Chile, Arxentina, Australia, Nova Zelanda, Reino Unido… os países sudamericanos non teñen fronteiras na Antártida e denominan ó conxunto Antárdida sudamericana. Por outra parte España, EE.UU., Rusia, Perú, Sudáfrica, Ecuador, Brasil e Uruguai tamén queren parte do territorio antártico e deixaron constancia do seu interese no caso de haber un reparto do territorio antártico.
    Na miña opinión a Antártida non debería ter propiedade de ningún país, xa que se tivera dono explotarían os recursos que hai alí, tendo que instalar máquinas etc. e podendo variar máis aínda o clima, aumentando o nivel do mar

  39. carlos.aso.1a di:

    A Antártida é un caso único: ese continente está rexido desde fai casi 40 anos por un tratado internacional,un tratado internacional que convirteu a Antártida no “continente de la paz y de la ciencia”. Ese texto foi complementado en 1991 con un protocolo para protexer e conservar o medio ambiente dese continente aislado, polo que non pode ser administrado ou controlado como un territorio sometido a unha soberanía nacional. Para modificar esas reglas necesítase o acordo unánime dos 27 países signatarios do Tratado que teñen estatuto consultivo.

  40. angel.aso.1a di:

    A Antártida é un caso único: ese continente está rexido por un tratado internacional , polo que non pode ser administrado ou controlado como un territorio sometido a unha soberanía nacional. Para modificar esas regras necesítase o acordo unánime dos 27 países signatarios do tratado. Actualmente Arxentina,Australia,Chile,Francia,Noruega,Nova zelanda e o Reino unido reclaman territorios da Antártida.

  41. aliciaromero.aso.1b di:

    A Antártida non pertenece a ningún país xa que está sometido a un tratado internacional, pero os países si poden facer investigacións científicas.

  42. marcelina.aso.1a di:

    En 1959, un tratado internacional converteu á Antártida no continente da paz e da ciencia. Ese texto foi complementado en 1991 cun protocolo para protexer o medio ambiente dese continente illado. Pero a sombra dunha contaminación que vén de fóra se cierne hoxe día sobre el. En vésperas da reunión dos países signatarios do Tratado Antártico (maio de 1999, Lima, Perú), David Walton, experto do British Antarctic Survey (Centro Británico de Investigacións sobre a Antártida), explica por que a conservación do continente que segue sendo lugar máis limpo do planeta é importante para todos nós.

  43. andrea.aso.1a di:

    A Antártida é o cuarto continente máis extenso do mundo, aínda como está situado casi na súa totalidade dentro do Círculo Polar Antártico non está habitado. Durante o invierno dobla o seu tamaño pola gran cantidade de xeo mariño que se forma na súa periferia, non pertence a ningún país, e penso que é mellor que continue sendo así, xa que si pertence a algún país, poida que ese país acabe empeorando o estado da Antártida.

  44. victor.aso.1a di:

    Na miña opinión andrea ten razon xa que si a Antártida pertencese a calquera país, este país non tardaria en explotalo ata, como ben dixo andrea, terminar por destruilo.

  45. maria.aso.1a di:

    E eso se está a facer; principalmente a industria farmacéutica; xa que está interesada nun organismo coñecidos coma “extremófilos”; capaces de adaptarse a condicións climáticas extremas.