Adictas ao néctar

As abellas prefiren os néctares que conteñen pequenas doses de cafeína ou nicotina, polo que  revela un estudo da Universidade de Haifa, en Israel. Pode tratarse incluso dunha forma de evolución das flores, que buscan a adición dos insectos ao seu zume.

imagen

O néctar floral está composto por azucres, que aportan enerxía aos animais. Nalgunhas especies  encóntrase tamén substancias tóxicas, como a cafeína ou a nicotina. Pola contra, os científicos chegaron á conclusión de que o obxectivo das flores non é outro que ‘atrapar’ aos insectos, sen intención de envelenalos. Ofrecéronlle ás abellas distintos tipos de néctar, algúns enriquecidos artificialmente con altas doses desas substancias nocivas. O resultado foi claro: en tódolos casos as abellas elixiron este néctar modificado. Non obstante aínda non está claro que as abellas poidan volverse adictas a estas substancias estimulantes. A proba é que cando se lles ofreceu unha dose que superaba o miligramo de nicotina por litro, os insectos inclináronse polo néctar limpo.

O equipo investigador  sinalou que é difícil determinar con seguridade se a aparición de estimulantes no néctar responde a un cambio evolutivo para facer a polinización máis eficiente. Afírmase con seguridade que as especies que sobreviviron á selección natural foron aquelas que desenvolveron niveis “correctos” de estas substancias aditivas, que lles daban vantaxe ao atraer a máis abellas. Os investigadores insistiron en que o seu estudo non demostra o desenvolvemento de ningún tipo de adicción, se non de preferencia, pero sentaron  precedentes para continuar as investigacións nese sentido.

Autor: Santiago Bras Castro

Esta entrada foi publicada en Evolución e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.