Isto xa o vivín!

imagen

Descóbrese a parte do cerebro responsable dos “deja vu”; trátase do Hipocampo, lugar onde as neuronas constrúen un mapa mental de novos lugares e experiencias e logo almacénaos para o seu uso futuro. Así o significado do “deja vu” ven a ser a estraña sensación de haber vivido algo anteriormente.

Os investigadores identificaron a parte do cerebro responsable destes episodios xa vividos e cren que o descubrimento conducirá a novos tratamentos relacionadas coa memoria. Tamén argumentan que poden ser debidos  un mal funcionamento da capacidad do cerebro para clasificar nova información, mecanismo  denominado  memoria episódica.

http://www.youtube.com/watch?v=khFEdsBEVU0&translated=1

Aparte disto,  están experimentando con ratos modificados xeneticamente. O experimento consiste en modificar os ratos para eliminarlles o xene chamado circunvolución dentada  (zona especifica do hipocampo), pois cren  que é crucial na formación da capacidade para clasificar experiencias semellantes.

esquema do cerebro

Autora: Susana Fernández

Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

42 Responses to Isto xa o vivín!

  1. andrea.aso.1a di:

    Este paréceme un tema moi interesante, xa que moitas veces pregunteime como era posible que ocorrera iso e fixome ter curiosidade por saber a que se debia.
    Según me imformei esto pode ser debido a memoria episódica como dí no post,a memoria episódica é un sistema de memoria explícita e declarativa que se utiliza para recordar experiencias personais enmarcadas no noso propio contexto, como é un breve relato ou o que tíñamos onte para comer. Este sistema de memoria depende moi intensamente dos lóbulos temporais mediales.

  2. marcelina.aso.1a di:

    Este post paréceme interesante xa que como se di no post grazas ao descubrimento do hipocampo poderanse descubrir curas para enfermidades relacionadas coa memoria.

  3. marcelina.aso.1a di:

    Críase que o hipocampo estaba implicado no olfato. Esta idea fundábase en gran medida na crenza da que posteriormente demostrouse a súa falsedad, de que o hipocampo recibe aferencias directas do bulbo olfatorio. Continúa existindo algún interese no referente a respostas olfatorias de orixe hipocampal, particularmente sobre o papel do hipocampo na memoria dos cheiros, pero poucas persoas creen hoxe en día que o olfato é a súa función principal. Co paso dos anos, tres ideas sobre a función do hipocampo acabaron dominando a: inhibición, memoria e espazo.

  4. alicia.aso.1b di:

    É interesante saber de onde ven esa sención de “Deja Vu” que todos sentimos algunha vez na nosa vida.
    Xa que os “Deja Vu” están relacionado coa memoria como se menciona no Post, este descubrimento facilitará o estudo doutras enfermidades relacionadas coa memoria para poder encontrar curas.

  5. karina.aso.1b di:

    Considero un gran avance que os investigadores descubrisen por fin esa parte do cerebro responsable dos “deja vu” e que isto poida conducir a novos tratamentos que teñan que ver coa memoria aínda máis. Xa se sabe que co paso dos anos a memoria vai a menos, e si se descubrise algún tratamento para isto sería un gran avance tanto para nos como para futuras xeracións.

  6. raquel.aso.1b di:

    A memoria episódica é un sistema de memoria explícita e declarativa que se utiliza para recordar experiencias persoais enmarcadas no noso propio contexto, como é un breve relato ou o que tiñamos onte para comer. Este sistema de momoria depende moi intensamente dos lóbulos temporais mediais, desempeñan un papel importante en tarefas visuais complexas, como por exemplo o recoñecemento de caras (que inclúen o hipocampo e a corteza entorrinal e perirrimal).

  7. vanesa.aso.1b di:

    Segunda unha investigación o déjà vu pode ser un recordo de soños olvidados ou, á súa vez pode saír de ideas do noso instinto,así, cando estamos na situación, estamos preparados,aínda que só sexan froito dunha ideación inconsciente.

  8. veronica.aso.1a di:

    Esta zona do cerebro é moi importante, porque lesións graves do hipocampo producen profundas dificultades na formación de novos recordos, e a menudo tamén afecta aos recordos formados antes da lesión. Aínda que nalgúns casos estos recordos máis antigos permanecen. Esta preservación dos recordos antigos levou a idea de que a consolidación ao largo do tempo implica a transferencia de recordos desde o hipocampo a outras partes do cerebro.

  9. raqueltrigo.aso.1b di:

    O hipocampo e unha das pricipais estructuras do cerebro humano e e denominado asi polo parecido cun cabalo de mar.
    A igual que o resto da corteza cerebral é unha estructura pareada con duas metades que son imaxes especulares en ambos hemisferios cerebrais.
    Desempeña funcions importantes na memoria e no manexo do espacio.
    Foi utilizado frecontemente como un sistema modelo para o estudo da neurofisioloxía.

  10. victor di:

    Cales son as funcións do hipocampo?
    Cantos tipos de memoria existen? Almacénase todos os tipos no hipocampo ou hai outras zonas cerebrais con esa función?

  11. aliciaromero.aso.1b di:

    A principal función do hipocampo é a consolidación da memoria e o aprendizaxe.
    Existen varios tipos de memoria, a memoria sensorial, a memoria a curto prazo e memoria a largo prazo, e dentro da memoria a largo prazo dependendo da información, esta pode ser, memoria procedimental(implícita) ou memoria declarativa(explícita).

  12. emilio.aso.1a di:

    O hipocampo representa a zona no cerebro onde se consolida a memoria e o aprendizaxe. Esta e unha das zonas que é máis afectada pola enfermidade do alzheimer. Os que sufriron un golpe nesta zona do cerebro poden sufrir amnesia, incapacidade de adquirir ou reter novos recordos.

  13. angel.aso.1a di:

    O hipocampo é unha parte do sistema límbico importante para a memoria e a aprendizaxe.
    Os psicólogos e neurocientíficos están xeralmente de acordo en que o hipocampo ten un papel importante na formación de novos recordos dos acontecementos experimentados, tanto episódicos como autobiográficos. Parte de este papel no que está implicado o hipocampo consiste na detección de acontecementos, lugares y estímulos novedosos.

  14. santibras.aso.1a di:

    É a zona responsable da memoria, e encargase da memoria declarativa (a memoria dos coñecementos do mundo e as experiencias vividas por cada perdoa). Hai outros tipos de zonas no cerebro que se encargan de almacenar memorias diferentes, non só no hipocampo.

  15. carlos.aso.1a di:

    O hipocampo, desempeña un papel importante no procesamento de información complexa.
    Anatómicamente, o hipocampo é unha gran zona de converxencia. Xunto con outras agrupacións neuronais interconectadas rexistra e mantén temporalmente nova información enlazando distintos elementos (lugares, olores, sonidos, personas) etc.
    Un aspecto importante das funcións do hipocampo, é a mediación de certas memorias que non emerxen ó ámbito consciente. Así, esta estructura cerebral non sólo participa no recordo da cara dun amigo, sinon tamén o andar en bici ou o atarnos os zapatos.

  16. ruben.aso.1a di:

    As funcións do hipocampo son fundamentalmente estas tres : inhibición, memoria e espacio.
    Na memoria este hipocampo ten as siguientes función: a deteción de acontecementos, lugares e estímulos novedosos.
    Existen varios tipos de memoria:
    – Memoria sensorial: registra sensacións percibidas a través dos sentidos. Ten gran capacidade para procesar moitos datos en poucos segundos.
    – Memoria a curto prazo: retén información , capacidade de aprendizaxe , resolución de problemas…
    – Memoria a largo prazo: almacena toda a información . Nela almacénanse recordos vividos , imáxes , conceptos, … Ten capacidade desconocida e vulgarmente chamamoslle “memoria”
    – Memoria procedimental
    – Memoria declarativa
    A memoria non está concentrada toda nos hipocampos hai outras zonas cerebrais con esas funcións.

  17. sabina.aso.1a di:

    Teño que dicir que eu, persoalmente, teño experimentado algún que outro “deja vu”, e estes son verdadeiramente extraodinarios, resulta realmente impactante que vivas un feito totalmente novo e que teñas a sensación de habelo vivido con anterioridade.
    Con respecto a unha das cuestión plantexada por Víctor gustaríame dicir que históricamente, a hipótese máis sostida consistía en que o hipocampo estaba implicado no olfato pero poucas persoas cren hoxe en día que o olfato é a súa función principal.Co paso dos anos, tres ideas sobre a función do hipocampo cobraron protagonismo: inhibición, memoria e espazo. A teoría da inhibición da conducta foi moi popular nos anos 60, e derívase a partir de dúas observacions: en primeiro lugar, de que os animais con lesions no hipocampo tenden a ser hiperactivos, e en segundo lugar, de que os animais sometidos a este tipo de lesions tamén teñen problemas para inhibir respostas que previamente se lles enseñaran. A segunda liña teórica principal relaciona ao hipocampo coa memoria. Esta idea deriva dun famoso artículo que describe os resultados da destrucción quirúrxica do hipocampo (para curar os ataques epilécticos dun paciente)e que tivo como resultado unha amnesia anterógrada grave e unha amnesia retrógrada parcial. A terceira teoría sobre a función do hipocampo o relaciona coa percepción espacial.

  18. juanjose.aso.1a di:

    A memoria ten varios tipos:

    Segundo os procesos cognitivos conscentes: memoria instantánea e memorias especializadas, que a súa vez esta divídese en lingüística, visual e emocional.

    Segundo a persistencia da memoria: a corto prazo, a medio prazo, a largo prazo e memoria vital.

  19. ana.aso.1a di:

    Pareceme moi interesante saber como se producen esas conexións nos nosos cerebros que nos probocan esas sensacinos de recordo. Nunca me puxera a pensar porque nos pasaba eso de ir a algun sitio descoñecido, e despois dun largo tempo, por casualidade pasar por ese sitio e podelo recordar de que nos sona de algo.
    Por outro lado unha das funcións do hipocampo e a función olfativa, que nos mamíferos desempeña a principal función na memoria para o seu manexo no espacio. Nos estudios dos roedores responden como “celulas de lugar”, así o animal atravesa por unha zona especifica do seu entorno. Axudase para a sua orentación. Pero nos humanos esta función e moi escasa.

  20. victor di:

    A nivel experimental que técnicas é posible utilizar para realizar estudios para coñecer que funcións desempeñan as diferentes zonas do cerebro?

  21. laura.aso.1a di:

    Encontrei unha técnica que consiste en, que a través dunha resonancia magnética podense obter imaxes do cerebro moi precisas, esto permiténos ver os cambios metabólicos, que ocorren nunha parte de tecido cerebral en actividade. Pero se o cerebro experimentou lesións graves como un infarto, ou un tumor, pode que as zonas onde se debería localizar a parte encargada de realizar determinada función cambie.

  22. andrea.aso.1a di:

    Unha de estas técnicas mide o volume de materia gris do cerebro, unha segunda examina as conexións da susbtancia branca subyacente e a terceira rexistra o patrón de actividade de diferentes partes do cerebro mentras os pacientes fan un test de cognición. O resultado é que as tres técnicas identificaron a mesma rexión cerebral,a cortiza frontal media, como anormal nos pacientes.

  23. santigonzalez.aso.1a di:

    Existen diversos tipos de estudos do cerebro, por exemplo a tomografía axial computarizada, a angiografía cerebral, imagen por resonancia magnética(IRM), electromiografía, punción lumbar, biopsia cerebral…
    Este tipo de estudos debe ser moi coidadoso, xa que calquera anomalía pode danar seriamente o funcionamento do cerebro, afectando gravemente ó individuo. Por eso estes estudos débense facer con especialistas no tema.

  24. marcelina.aso.1a di:

    É un método para crear imaxes detalladas do cerebro e tecidos nerviosos circundantes.
    A diferenza das radiografías e as tomografías computarizadas (TC) que utilizan radiación, a resonancia magnética emprega ondas de radio e imáns potentes. O campo magnético producido por unha resonancia magnética é aproximadamente 10,000 veces maior que o da terra.
    O campo magnético forza aos átomos de hidróxeno do corpo a alinearse de certo xeito (similar á forma como se move unha agulla nun compás cando un sostena preto dun imán). Cando se envían as ondas de radio cara aos átomos de hidróxeno alineados, estas rebotan e un ordenador rexistra o sinal. Diferentes tipos de tecidos envían sinais diferentes.

    As imaxes soas da resonancia magnética denomínanse cortes e pódense almacenar nun ordenador ou imprimilas nunha película. Un exame produce ducias ou algunhas veces centos de imaxes.

  25. angel.aso.1a di:

    A resonancia magnética funcional (RM) e a tomografía por emisión de positróns (PET) permiten ver o cerebro en pleno axetreo neuronal mentras se fala, se aprende un idioma, se move un brazo, etcétera. As áreas activadas poden localizarse fácilmente na pantalla do ordenador.

  26. victor di:

    E como funciona unha célula nerviosa? Como lle pasa a información a unha celula contigua?
    Como almacena a información?

  27. andrea.aso.1a di:

    O cerebro humano está formado por miles de millóns de neuronas. Cada unha ten un corpo, axón, e moitas dendritas. O cuerpo das células contén un núcleo, que controla as actividades de toda a célula e de varias outras estruturas que cumplen funcións específicas.O axón,expándese hacia o exterior do corpo da célula e transmite mensaxes a outras neuronas. As veces,os mensaxes teñen que desplazarse grandes distancias.As dendritas tamén se ramifican ou extenden do corpo das células. Reciben mensaxes dos axóns de outras células nerviosas. Cada célula nerviosa está conectada a miles de outras células nerviosas a traves dos seus axóns e dendritas.As neuronas están rodeadas polas células gliales, que as protexen e nutren.
    Os grupos de neuronas no cerebro teñen traballos especiales. Por exemplo, algúns se relacionan co pensamento, o aprendizaxe e a memoria. Outros encárganse da recepción da información sensorial,outros comunícanse cos músculos.

  28. paula.aso.1b di:

    Unha tecnica é a RMfno que non soamente é util para ó estudo da anatomía cerebral, senón que tamén pode axudar ó radiólogo a determinar exactamente que área do cerebro é a que está desempeñando as funcións maís importantes como son a fala, o movemento e a sensibilidade. Esta información é crucial á hora de planificar a ciruxia ou a radioterápia no caso dos tumores cerebrais, para tratar de hacer o menor dano posible ás áreas que desempeñan estas funcións e que poden atoparse cercanas o tumor.

  29. carlos.aso.1a di:

    A medida que unha neurona recibe mensaxes das células que a rodean, unha carga eléctrica, ou impulso nervioso,acumulase. Esta descarga desplazase hacia a parte baixa do axón hasta que chega ao final. Aquí, desencadease a liberación de mensaxeiros químicos chamados neurotransmisores, que se moven desde o axón hacia as dendritas ou os corpos de outras neuronas a través dun espacio diminuto,(sinapsis). Despois de que pasan a través das sinapsis, os neurotransmisores únense a receptores específicos no extremo receptor das dendritas das neuronas contiguas. Tamén pueden unirse directamente aos corpos das células.

  30. jose.aso.1b di:

    A corteza central está composta de neuronas, as células levan consigo o material magnético do individuo e foron derivadas por multiplicación da célula xerminal orixinaría.
    Respondendo a segunda pregunta sobre o paso da información, as células nerviosas aproxímanse unindo as súas dendritas. As dendritas emisoras dunha neurona pasa a información, as dendritas receptoras da neurona seguiente. A información é transmitida hacia as dendritas emisoras da neurona que a su vez traspasan a mensaxe as dendritas recetoras da próxima célula nerviosa.
    Este proceso conocese co nome de Sinapsis.
    A célula nerviosa responde a estímulos producidos por neuronas de tres maneiras diferentes: excítase, inhíbese e modula o seu comportamento nalgún sentido.

  31. raquel.aso.1b di:

    Para facilitar o paso da información, as células nerviosas apoxímanse unindo as súas dentritas. As dentritas emisoras dunha neurona pasa a información, a mensaxe, ás dentritas receptoras da neurona seguinte. A información é transmitida hacia as dentritas emisoras da neurona que á súa vez traspasan a mensaxe ás dentritas receptoras da próxima célula nerviosa. Este proceso denomínase Sinapsis.

  32. veronica.aso.1a di:

    O almacenamento da información é a causa das conexións sinápticas que xa explicaron os meus compañeiros entre as neuronas. Esto permítenos reter experiencias xa pasadas, estos recordos créanse cando as neuronas reforzan a intensidade da sinápsis.

  33. ivanabal.aso.1a di:

    O almacenamento no noso cerebro e grazas as conexions das neuronas, por eso cando nos facemos vellos e as conexions empezan a fallar a nosa memoria tamen empeza a fallar.

  34. victor di:

    Cales son as enfermidades cerebrais relacionadas directamente coa memoria? Existen tratamentos para estas doenzas?

  35. marcelina.aso.1a di:

    A conexión entre neuronas denomínasde sipnase, nelas trasmítese o impulso nervioso mediante substancias químicas. Cando o impulso nervioso chega ao extremo da membrana presinàptica os neurotransmisores son liberados ao espazo sináptico. Na superficie da membrana presináptica existen uns receptores que recoñecen específicamente eses transmisoresde tal xeito que cando se une o neurotransmisor ao receptor desencadean o impulso nervioso na neurona presináptica.

  36. andrea.aso.1a di:

    Por exemplo a enfermidade do Alzheimer que é a demencia máis común,unha demencia é a pérdida irreversible das capacidades intelectuais, tamén a memoria, a capacidade de expresarse e comunicarse adecuadamente, de organizar a vida cotiá e de levar unha vida familiar, laboral e social autónoma. Conduce a un estado de dependencia total e finalmente,a morte.
    Esta enfermidade comeza e incluye sempre trastornos da memoria que son xa desde fases moi incipientes, importantes dende o punto de vista funcional, é decir, que interfiren coas actividades.
    A isto asócianse:
    -Trastornos do lenguaje,o pacente “olvida” o nome das cousas
    -Apraxia, ou dificultades para realizar os xestos que chamaríamos útiles.
    -Agnosia ou dificultade para recoñecer ou comprender o significado de todo o que se ve, se toca, etc.
    Aínda non existe unha cura para a enfermidade do Alzheimer pero si existen medicamentos que poden aliviar os síntomas e retardar o desarrollo da enfermidade.

  37. veronica.aso.1a di:

    Unha das enfermidades que máis nos sona a todos e o alzhéimer. Caracterízase pola pérdida progresiva de memoria e de outras capacidades mentales, cando as neuronas morren en diferentes zonas do cerebro deixan de funcionar correctamente.
    Actualmente non existe cura para esta enfermidade, pero sí existen tratamentos para reducir o grado de progresión da enfermidade e os seus síntomas.

  38. raquel.aso.1b di:

    Entre as enfermedades cerebrais que afecten á memoria podemos atopar entre outras moitas a amnesia e o alzheimer.
    A amnesia é unha concición na cal a memoria é alterada, durante este transtorno o individuo é incapaz de conservar ou recuperar información almacenada con anterioridade.
    Por outra banda, o alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa, que se manifesta como deterioro cognitivo e transtornos conductais. Caracterízase por unha pérdida progresiva da memoria e de outras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas (neuronas) morren e diferentes zonas do cerebro atrofíanse.

  39. adrian.aso.1a di:

    Como xa dixeron os meus compañeiros a máis coñecida é o alzheimer una enfermidade neurodexenerativa que se manifesta co perda como deterioro cognitivo e trastornos conductuales. Caracterízase na súa forma típica pola perda das facultades cognitivas superiores a medida que as neuronas morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian.
    A enfermidade soe ter unha duración media despois do diagnóstico de 10 anos, aínda que isto pode variar en proporción directa coa severidade da enfermidade ó momento do diagnóstico.
    Na actualidade non existe cura para esta enfermidade, pero sí tratamentos que intentar reducir o grado de progresión da enfermidade e os seus síntomas.

  40. marcelina.aso.1a di:

    O alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa, que se manifesta como deterioro cognitivo e trastornos conductuales. Caracterízase na súa forma típica por unha perda progresiva da memoria e doutras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas (neuronas) morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. A enfermidade adoita ter unha duración media aproximada despois do diagnóstico de 10 anos, aínda que isto pode variar en proporción directa coa severidad da enfermidade ao momento do diagnóstico.
    De momento esta enfermidade non ten cura pero hai fármacos que poden axudar a mellorar a calidade de vida dos enfermos.

  41. rubenlois.aso.1a di:

    A enfermidade cerebral máis coñecida que ten relación coa memoria é a amnesia. Esta enfermidade consiste en olvidar cousas por momentos e non recordalas durante un tempo.

  42. tania.aso.1b di:

    O alzheimer é unha enfermidade onde a persoa que o sufre non se acorda de nada nin da súa propia familia,da súa casa…
    para eles todo é estraño, mismo a súa familia tamén sufre.