O mar e a enerxía do vento

imagen

A Universidade de Oviedo xunto cun grupo de empresas dedicadas á produción de enerxía limpa, porán en marcha, na costa asturiana, o primeiro laboratorio mariño de España para investigar as posibilidades da enerxía eólica no mar. Este proxecto recibe o nome de SeAsturLab, e esta apoiado pola Organización Internacional de Conservación Mariña, Oceana.

En España non se están a aproveitar,aínda, a enerxía eólica desde o maras fontes  e este proxecto é unha forma apropiada de concienciar á sociedade para  conseguir un modelo de consumo de enerxía, compatible fronte ao cambio climático. E aínda que este laboratorio non está aínda en activo, sería moi importante aproveitar zonas mariñas onde se puidera explotar o recurso enerxético que supón o vento.

imagen

Credes que este tipo de aproveitamento ten algún inconveniente? Podería supor problemas para a vida mariña da zona?

Autora: Sara Mendoza

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Enerxías renovables, Novas tecnoloxías, Recursos naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

46 Responses to O mar e a enerxía do vento

  1. victor di:

    RECORDADE QUE O ACTUAL FORO ESTARÁ ABERTO DURANTE 10 DÍAS.

  2. alexandre.aso.1b di:

    Pareceme unha boa iniciativa para aprobeitar ao máximo os recursos posibles, e seguramente proporcionará unha cantidade de enerxía optima, xa que nas zonas da costeiras hai máis vento, pero por outra banda habería que estudar a fondo o posible impacto que tería sobre a vida mariña nas zonas onde se instalara.

  3. andrea.aso.1a di:

    Novamente estánse producindo novedades en torno a enerxía eólica mariña no norte de España.
    As previsións sobre o sector da enerxía eólica mariña indican que, entre os anos 2010 e 2020, crecerá a un ritmo do 17% anual, mentres que a estimación do volume do mercado durante a próxima década dos proxectos que xa se coñecen é de 56.000 millóns de euros, esto trae consigo moitos beneficios pero respeto a vida mariña penso que si afecta.

  4. marcelina.aso.1a di:

    Na miña opinión penso que suporía algún inconveniente xa que a instalación de aereoxeradores produciría un desequilibrio na vida deses animais, así como o impacto visual.
    Pero por outra parte é unha boa maneira de apreveitar as enerxías renovables.

  5. victor di:

    Marcelina fala de inconvenientes ao nomear o impacto sobre o ecosistema mariño. Observade que a primeira foto danos a información sobre a viabilidade do litoral peninsular para este tipo de instalacións.
    Que vos parecen as características da costa galega para este tipo de instalacións?
    Que tipos de anclaxe posúen os muíños colocados no mar? Poden causar algún tipo de impacto sobre os ecosistemas mariños?

  6. roberto.aso.1a di:

    A enerxía eólica é unha das tecnoloxías do futuro nas que España ten un importante papel.
    España é o segundo productor de enerxía eólica en Europa, despois de Alemaña, e con uns niveles de producción moi similares aos dos Estados Unidos, tamén se encontra entre os tres países que máis enerxía produce no mundo en este campo, sobre todo é debido a súa xeografia e as condicións que se dan nela pero tamén grazas as melloras e investigacións neste campo.

  7. roberto.aso.1a di:

    Non estou cen por cen seguro pero creo que o enlace entre os xeradores e a terra e mediante tuberias baixo o fondo do mar,a colocación destas tuberias si que sería un gran pobrema e causaría serios danos nos ecosistemas das nosas rías

  8. santigonzalez.aso.1a di:

    Estes aeroxeradores afectarían gravemente o ecosistema mariño, podendo contaminar ou en caso de temporais poder caer ó fondo, producindo graves danos. Por outra parte tamén podería supoñer unha variación na ruta marítima dalgúns pesqueiros e bateeiros. A parte destes puntos negativos, xeraría moitos beneficios, xa que se aproveitaría máis enerxía renovable, e avanzaríase no camiño hacia o peche das centrais térmicas tan contaminantes.

  9. jose.aso.1b di:

    O que se comenta neste post, é algo moi interesante de investigar, porque como no mar o vento ten unha maior intensidade e ademáis case sempre hai vento poderíase aproveitar.
    Respondendo as preguntas de Victor, non estaría mal que a costa galega puxese este tipo de instalacións, na miña opinión creo que a costa galega conta cunhas boas características.
    O tipo de anclaxe dos muíños no mar conta de tres puntos de anclaxe.

  10. ruben.aso.1a di:

    Este tipo de producir enerxía limpa a través dos ventos mariños creo que pode supoñer unha fonte de enerxía moi interesante.
    Esta fonte de enerxía e case sempre constante xa que no mar case sempre hai corrente de vento tanto en inverno como no verán e polo tanto pode producir enerxía eléctrica todo o ano.
    Por outro lado , o único inconveniente que lle vexo é o impacto visual sobre o mar . Outro inconveniente é que cando haixa néboa os barcos teñen que ter coidado de non chocar contra eles , para o cal se lle terá que instalar algún tipo de dispositivo para que sexan facilmente visibles.
    Non creo que poida supor ningún outro problema para a vida mariño , quizais para as gaivotas que poden chocar contra as ás destes aeroxeradores pero polo resto creo que non ten ningún problema.

  11. ruben.aso.1a di:

    Sobre as preguntas de Víctor , na nosa costa case non se poden instalar este tipo de aeroxeradores porque non se dan as características necesarias para producir unha cantidade rentable de enerxía , polo tipo de costa que temos xa que é moi escarpada e moi profunda. En cambio si que é rentable nas costas do Mediterráneo, pola súa xeografía.
    O tipo de anclaxe supoño que será o mesmo que o que teñen as bateas , boias …

  12. paula.aso.1b di:

    O anclaxe dos enormes aeroxeneradores mariños complicanse a medida que se alexan da costa e aumenta a distancia ó fondo mariño. Os anclaxes dos aeroxeneradores afectuasen con hormigón a través da cinementación por gravidade, é decir, coa construcción dun dique seco de grandes estructuras que despois se fixaban no emplazamento elexido e se ancheaban con grava e area.
    Un deseño posterior, o monopilote, consiste nunha perforación do lecho mariño, de un diámetro de 3,5 a 4,5 metros e unha profundidade de 10 a 20 metros, na que se introduce un gran dilindro metálico que serve de base á torre.

  13. andrea.aso.1a di:

    A instalación de aeroxeneradores mariños esta creando moitos problemas e polémica. Todos estamos de acordo nas bondades dos parques eólicos. Os problemas urxen debido a que ningún pobo quere ver as siluetas dos aeroxeneradores desde su litoral. O medo o impacto visual e a disminución da pesca moviliza os pobos pesqueiros afectados.
    Grupos ecoloxistas piden estudios en profundidade para que non se cometan errores a hora de elexir as zonas donde instalar os parques eólicos. É necesario delimitar con exactitude as zonas donde se poden colocar os aeroxeneradores mariños e donde non.

  14. angel.aso.1a di:

    Actualmente úsase un diseño, o monopilote, que consiste nunha perforación do leito mariño, dun diámetro de 3,5 a 4,5 metros e unha profundidade de 10 a 20 metros, na que se introduce un gran cilindro metálico que serve de base á torre. Os parques eólicos conéctanse á terra por cables submariños enterrados.

    Os parques offshore, ésta é a súa denominación internacional, sitúanse en augas pouco profundas, alonxados das rutas mariñas comerciais, dos emplazamentos militares e dos espacios de interés natural ou ornitolóxico. A distancia da costa debe ser como mínimo de dous quilómetros para aproveitar mellor o réxime de ventos, de características diferentes aos que chegan á terra.

  15. veronica.aso.1a di:

    Nas costas galegas podrían construírse en zonas do litoral: unha frente as costas de A Guarda e outra en A Mariña de Lugo. Aínda que uns científicos fixeron un estudio e as zonas de máis potencia serían a Costa da Morte ou entre Cabo Prior e Ortegal, que xerarían tanta enerxía como catro parques eólicos xuntos. Pero estas zonas estan declaradas como zonas de exclusión para este proxecto; ao igual que As Rías Baixas.

  16. aliciaromero.aso.1b di:

    Eu penso que isto é imprescindible para combatir os efectos do cambio climático.
    A enerxía producida polos nosos mares e océanos representa un papel importante para combatir os efectos do cambio climático no noso planeta e nos nosos océanos. Necesitamos conseguir que se produzca menos CO2 e conseguir unha economía basada en enerxías limpias/renovables.

  17. maria.aso.1a di:

    Aínda que teñan un grande impacto a nivel visual(que ocasionaría perxuízos na zona onde fosen instalados) e causen daños no fondo mariño; penso que son unha boa idea…se se ten en conta que os máis fatalistas predican que se van derretir os polos…quedaría mar de sobra…
    Penso tamén que se poderían instalar coma boias; sen ese pilar que dane os solos mariños…aínda que non sei se dende un punto de vista..estructural é posible crear unha estructura esxclusivamente flotante que soporte o peso dos xeradores e non teña perigo de emborcar.

  18. sabina.aso.1a di:

    En primeiro lugar gustaríame dicir que tódolos post que falan sobre enerxías renovavles contra o cambio climático me parecen moi interesantes, pero este parécemo aínda máis polo feito de que nos fala dun novo sistema para o aprobeitamento da enerxía eólica que vai supoñer un verdadeiro avance, xa que no mar o vento atópase cunha superficie de rugosidade variable, as ondas, o que implica que a velocidade do vento non experimenta grandes cambios. Ademais, o vento é, polo xeral, menos turbulento que na terra,co que se amplía o período de traballo útil dun aeroxerador.
    Nun principio,os anclaxes dos aeroxeradores facíanse con formigón a través da cimentación por gravidade, é dicir, coa construcción nun dique seco de grandes estructuras que se fixaban no emplazamento elixido e se recheaban con grava e area. Un diseño posterior, o monopilote, consiste nunha perforación do solo mariño, dun diámetro de 3,5 a 4,5 metros e unha profundidade de 10 a 20 metros, na que se introduce un gran cilindro metálico que serve de base á torre. Os parques eólicos conéctanse á terra por cables submariños enterrados para reducir o risco de danos ocasionados por equipos de pesca, áncoras, etc. En zonas estratéxicas do parque colócanse centros de transformación que convirten a baixa ou media tensión en alta, para favorecer así o transporte ata a costa. Unha vez en terra, tan só queda conectar a línea eléctrica coa rede de distribución existente.

  19. victor di:

    Existen aeroxeradores mariños flotantes?
    Hai sistemas, semellantes aos aeroxeradores, para aproveitar as correntes mariñas?

  20. marcelina.aso.1a di:

    Existen diversos proxectos internacionais en curso, baseados no deseño de xeradores eólicos flotantes.
    España é unha das candidatas ao desenvolvemento deste tipo de instalacións. A empresa Iberdrola Renovables xa proba un modelo experimental. O proxecto, denominado Emerge e financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, ten previsto desenvolver un primeiro prototipo a escala real en 2012.

  21. andrea.aso.1a di:

    Si existen os aeroxeradores mariños flotantes,este novo sistema é moito menos agresivo para a flora e fauna mariña
    A turbina eólica flotante conta con aspas de 40 metros, e elévase uns 30 sobre a superficie mariña.
    A primeira turbina eólica flotante foi inaugurada o martes día 8 de septembro de 2009, en aguas noruegas do mar do Norte, a uns 10 kilómetros da costa.

  22. sabina.aso.1a di:

    Estiven investigando en Internet e puiden comprobar que si existen aeroxeradores flotantes. Estes aeroxeradores contan cunha serie de boias suxeitas ao solo mariño. De feito, a central podería compararse a un gran barco que lanzou as súas áncoras para mantener unha posición estable: poden moverse, pero nin se caen nin se afunden.
    Recentemente apareceu un novo sistema para aproveitar as correntes mariñas. As características xerais do novo diseño fano utilizable en zonas con media profundidade e fondo complexo, minimiza o impacto ambiental, reduce o impacto das ondas, adáptase ao perfil de velocidade da corrente, é de construcción simple e robusta, utiliza tecnoloxías coñecidas dentro do campo mariño e é de fácil instalación, mantemento e desmontaxe.
    O novo xerador de enerxía eléctrica submariño, está composto por unha hélice con tres palas, que accionan un xerador eléctrico, situado nun domo central do que saen tres brazos(columnas) en cuxo extremo se sitúan sendos flotadores(torpedos).
    A distribución de pesos e forzas de flotación permite que en operación, o par de xiro e o momento de inclinación se compensen hidrostáticamente, permanecendo alineado o eixo do xerador coa dirección da corrente. O conxunto únese por un sistema de cables ao fondo.

  23. laura.aso.1a di:

    Sí, o primeiro inaugurouse o 8 de setembro do ano pasado na costa norueguesa(a uns 10km da terra), este aeroxerador resiste as fortes tormentas desta zona sin afundirse nin cairse grazas a unha serie de boias suxeitas o leito mariño.
    Este e o primeiro de moitos, xa que este tipo de aeroxeradores teñen moitas vantaxes como:
    -Non perxudica a fauna e flora mariños, non precisa de sistemas de inhibidores de ruido, xa que non ten poboacións cerca.
    -A electricidade será conducida a costa, por cables submarinos, sen necesitar o emprego de xeneradores alimentados de gas, reducíndose así as emisión de CO2.
    -Ao ser flotantes, permite ubicalos en mares profundos.

  24. anadia.aso.1b di:

    Hywind é un proxecto desarrollado por Hydro e consiste no desarrollo de aeroxeradores mariños flotantes para aproveitar a enerxía eólica en mares profundos, permitindo a instalación de parques offshore (no mar, alonxado da costa) en profundidades de hasta 200-300 metros. Ademáis este novo sistema é moito menos agresivo para a flora e fauna mariña. A electricidade sería conducida mediante cables submarinos descartándose o emprego de xeradores alimentados de gas, reducíndose así as emisións de CO2.

  25. martin.aso.1a di:

    Aparte do aeroxeradores flotantese as suas características, recentemente existen os xeneradores de enerxía submariños. Constan dun hélice con tres palas, que accionan un xerador eléctrico, situado nun domo central do que saen tres brazos en cuxo extremo se sitúan sendos flotadores.
    A distribución de pesos e forzas de flotación permite que en operación, o par de xiro e o momento de inclinación se compensen hidrostáticamente, permanecendo alineado o eixe do xerador coa dirección da corriente. O conxunto unese por un sistema de cables ó fondo.

  26. dolores di:

    Falades dun novo sistema de aproveitamento submariño. É un proxecto de investigación, está en fase experimental ou xa se está utilizando en algún lugar?
    Que outros sistemas mariños de produción de enerxía hai?

  27. andrea.aso.1a di:

    Hywind é un proxecto de investigación que consiste no desarrollo de aeroxeradores mariños flotantes para aproveitar a enerxía eólica en mares profundos, permitindo a instalación de parques offshore en profundidades de ata 700 metros. Ademáis este novo sistema é moito menos agresivo para a flora e fauna mariña.A electricidade será conducida mediante cables submariños descartándose o empleo de xeradores alimentados de gas, reducindose así as emisións de CO2.Como xa citei antes a primeira turbina eólica flotante foi inaugurada o martes día 8 de septembro de 2009, en augas noruegas do mar do Norte, a uns 10 kilómetros da costa.

  28. santigonzalez.aso.1a di:

    O Biostream é un xenerador marítimo que consta dun pé anclado ó fondo mariño e un brazo cunha especie de cola de tiburón ó final. O Biostream aproveita as correntes de subida e baixada das mareas, movéndose coma unha aleta. Transporta a electricidade mediante cables submariños ata a terra. Polo que atopei aínda non hai ningún en funcionamento, posiblemente polo seu gran tamaño, máis de 15m de altura.
    As centrais mareomotrices son outro modo de aproveitar a forza das mareas, aínda que se aproveita menos, xa que cando a marea non sube o suficiente xérase moita menos enerxía, producindo variacións na producción.

  29. laura.aso.1a di:

    Como outros sistemas de producción mariña encontrei:
    -Totalizadores:encontranse en paralelo co frente da ola, e absorben a enerxía total da ola.
    -Atenuadores: encontranse en direción perpendicular ao movemento da ola, e vai absorbendo a súa enerxía progresivamente.
    -Absorbedores puntuales:capta a enerxía da ola e tamén a de unha porción de mar que rodea o dispositivo.

  30. angel.aso.1a di:

    Como sistemas de produción mariña basándose nas olas están máis utilizados a nivel mundial o cilindro de Bristol e o pato de Salter.
    O cilindro de Bristol consta dun cilindro(submariño, como un flotador) , o movemento do cilindro transmítese a unhas bombas que bombean auga a gran presión.
    O pato de Salter consta de flotadores que xiran sobre un eixe de formigón.
    As tres técnicas principais nas que se basa o aproveitamento de enerxía no mar son:

    Empuxe da ola: estes aparatos emplean efecto bombeo, cada vez que se desplaza o pistón provoca o mesmo efecto que unha bomba dunha bicicleta, úsase aceite que fai xirar unha turbina arrastrando un alternador.
    Altura da ola: usa o mesmo sistema que a anterior pero esta formado por un flotador.
    Presión:o volume de aire que hai nunha cámara é comprimido e obligado a mover unha turbina.

  31. manuel.aso.1a di:

    Segundo me informei, España non ten ningunha instalación eólica mariña nas suas augas e as estimacións mais optimistas sinalan que arredor do 2012 e 2014 sexan fechas de arranque. Diversos factores económicos, medioambientais e administrativos explican o retraso deste tipo de enerxía renovable no noso país.

  32. marcelina.aso.1a di:

    Noruega e Holanda están investigando un sistema de produción de electricidade por ósmose nas concas dos ríos. A mestura da auga doce dos ríos coa auga salada a través dunha membrana semipermeable pode chegar a converterse nunha importante fonte de enerxía renovable e non contaminante.

  33. victor di:

    E xa que estamos metidos no mar imos a falar máis deste medio. Como se está a explotar o medio mariño como productor de electricidade?

  34. laura.aso.1b di:

    Un exemplo como productor de electricidade e a enerxía xeotérmica,é aquela enerxía que pode ser obtida polo home mediante o aproveitamento do calor do interior da Terra.O calor do interior da Terra debese a varios factores, entre os que caben destacar o gradinte xeotérmico, o calor radioxénico, etc…

  35. juanjose.aso.1a di:

    Outra forma de explotar o medio mariño como productor de electricidade é coa enerxía undimotriz. Esta enerxía é producida polas olas.

  36. andrea.aso.1a di:

    Cando se trata de recursos mariños nos que se pensa é nos vivos, é dicir, no producto que se extrae con fines comerciais ou deportivos, que, xunto co combustible fósil, gozou de prioridade de consideración no ámbito dos asuntos mariños. Pero o mar e as costas, e particularmente os nosos, conteñen outros recursos de omisa atención, ou indebida consideración, que eventualmente podrían merecer unha importante inversión alternativa. Este é o caso do recurso escénico, dos minerais do fondo oceánico e da enerxía asociada os procesos oceánicos, aún non incorporados do todo, ou de maneira integrada e rentable, os planes de desarrollo nacionais.

  37. santigonzalez.aso.1a di:

    Como di Laura, a enerxía xeotérmica é un aproveitamento da enerxía da Terra. Os géiseres son fontes de auga quente que se aproveitan con moitas centrais térmicas, por exemplo en Islandia e Noruega.

  38. manuel.aso.1a di:

    Outro exemplo de enerxía producida polo mar, é a enerxía meremotérmica, esta funciona mediante a diferencia de temperatura entre as augas superficiais e profundas, accionando un motor térmico.
    O único inconveniente que teñen estas centrales e que necesitan turbinas de gran tamaño.

  39. emilio.aso.1a di:

    Temos diferentes formas de aproveitar o mar para producir enerxia, algunhas das máis relevantes son:
    -Enerxia maremotriz, que é o aproveitamento das mareas.
    -Enerxía undimotriz, que é a enerxia que se produce polo movemento das ondas.
    -Enerxía maremotérmicas, que é a enerxia que se obtén pola diferencia de temperatura no mar, por exemplo; non é a mesma temperatura a que hai na superficie que a que hai no fondo do mar.

  40. marcelina.aso.1a di:

    A enerxía do mar pódese aproveitar de diferentes maneiras:
    *A enerxía producida polas ondas e recollida por un sistema de boias.
    *A maremotriz que aproveita as mareas
    *A maremotérmica que é o resultado da diferencia de temperatura entre as augas profundas e superficiais.

  41. victor di:

    En que momento comezou a utilizarse a enerxía do mar e para que fin?

  42. andrea.aso.1a di:

    Reconócese o francés Jacques de Arsonval como o primeiro en expoñer e argumentar teóricamente a posibilidade de emplear a enerxía térmica dos océanos e transformala en electricidade, no ano 1880.
    Con este propósito empléanse os ciclos termodinámicos de potencia, que poden traballar como un ciclo aberto, ou pechado.Nun ciclo aberto, como o seu nome expresa, a susbtancia de traballo entra na instalación e despois de producir enerxía sale de esta.Nos ciclos pechados a susbtancia de traballo permanece dentro da instalación.

  43. maria.aso.1a di:

    A enerxía do mar ou maremotriz obtense aproveitando o moemento das mareas; e engadindo un alternador; coa finalidade de obter enerxía eléctrica.
    Uhna das centrais pioneiras foi a instalada no estuario do río Rande en Francia; que a pesar de obter “enerxía limpa” e en gran cantidad provocou moita polemica xa que as instalacións precisas alteraron a salinidade da zona, o cambio do ecosistema e modificacións nos acumulamentos de area.
    Outras maneiras de aproveitar enerxñias xeradas polo mar son a enería undimotríz/maremotérmica(?), que aproveita a diferencia de temperatura etre a auga da superficie e a do fondo; e a enerxía azul, qu se obten por electrólisis inversa aproveitando a diferencia de salinidade entre a auga do mar e a dos ríos.

  44. santigonzalez.aso.1a di:

    A enerxía do mar comeza a aproveitarse cos primeiros muíños de mareas. Temos un exemplo perfecto aqui en Cambados, co muíño da seca. Utilizábase para moer o millo, aínda que na actualidade está en desuso, xa que ou o compramos moído ou se moe en muíños eléctricos.

  45. marcelina.aso.1a di:

    Os primeiros experimentos de explotación da enerxía das olas datan de 1874, na que se emprega unha embarcación dotada de aletas por Henning. En Mónaco, en 1929, presentouse o “Rotor de Savonius” onde se aproveitaba a forza horizontal das olas.

    O pioneiro da enerxía mareomotérmica foi en 1881 D’Arsonval, aínda que a primeira central deste tipo non se construíu ata 1930 en Cuba, central que tivo unha curta vida. En 1979 montouse unha planta de produción de enerxía eléctrica de potencia 15 kW usando enerxía mareomotriz na costa de Hawai.

  46. juanjose.aso.1a di:

    Tense constancia da utilización das mareas como enerxía en 1581, en Londres. Aproveitábase para mover unha gran roda que era movida pola marea e que permitía bombear a auga ata o centro da cidade.