Xogando a ser Deus

 

Un can labrador de 10 meses foi clonado por unha empresa californiana en Corea do Sur e, logo,  entregado aos seus donos estadounidenses, pechando así o primeiro caso dun can clonado comercialmente no mundo. Edgar e Nina Otto, unha parella de Florida, pagaron 155.000 dólares por este clon do seu anterior can labrador, chamado Lancelot, o cal morreu en xaneiro do 2008. O canciño novo vive xa nunha gran casa con xardín e outros nove cans e ovellas. A súa dona declaraba que está moi feliz de ter o pequeno “Lancey” por fin na súa familia, xa que o seu antecesor significaba moito para eles.

O responsable do servizo de clonación describíu o can como pequeno e vivaz e bromeaba dicindo que mordía e roubaba obxectos. O experto estima que o can tenrá unha vida normal de entre 12 e 13 anos e que será totalmente fértil como para ter descendencia. Para realiazr a clonación,  conxelouse con anterioridade o material xenético do seu antigo can e unha vez morto, este material implantouse nunha femia e o 18 de novembro naceu o novo cachorro.

imagen

Que opinión vos merece este feito? Pode o cariño que sentimos por un animal chegar a modificar o ciclo de vida e da natureza?  Debería prohibirse a clonación de animais ao igual ca humana? E atendendo a cuestións económicas, é ético porlle precio a un can, sabendo a gran cantidade deles abandoados nas rúas?

Autora: Noelia Iglesias

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Bodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

49 Responses to Xogando a ser Deus

  1. victor di:

    NOTA: HAI UN FORO ABERTO (ESTARÁ 10 DÍAS ABERTO)

  2. laura.aso.1b di:

    Na miña opinión toda clonacion sexa cans coma humano non se debería de levar a cabo, unha clonación neste caso dun can non vai a substituir a outro animal, e non me parece ético pagar esa morea de cartos por unha clonación cando hai moitos animais sin fogares, ningunha vida ten precio nin animal nin humana para a miña forma de pensar

  3. ivanabal.aso.1a di:

    A clonación deberia de estar prohibida en casos coma estes, xa que esta familia poderia adoptar un can e non pagar moitos cartos por un can.

  4. rubenlois.aso.1a di:

    A clonación é un mal para a natureza. Os animais deberían ser como son e non modificalos xenéticamente nin nada.

  5. andrea.aso.1a di:

    Respeto a última pregunta penso que é certo que hai moitos cans abandoados e que non se merecen ese trato, pero tamén si significaba moito ese can para estas persoas é algo comprensible e aínda por riba si dispoñen de cartos para permitilo.
    Pero a miña opinión céntrase máis en que antes deberíase de adoptar.

  6. roberto.aso.1a di:

    Eu creo que non é nada etico pagar semellante suma de cartos por un can.Ademáis ese can so tera a mesma anatomia que o seu antigo can ,iso non qere decir que teña o mesmo caracter nin que valla a ter un comportamento igual.
    Con respecto á pregunta se penso se debería prohibirse penso que si que se debería prohibir sobretodo antes de que a alguen se lle de por experimentar cos seres humanos.

  7. ana.aso.1a di:

    Penso que non e nada etico andar clonando animais nin persoas, e ainda menos pagar semellante cantidade de diñeiro por un can que como ben di Roberto so vai ter o mesmo aspecto fisico, pero non vai ter o mesmo caracter que o seu antigo can.
    Por outro lado peso que iso deberia estar prohibido e sancionado, porque nun principio empezarian con animais e despois pasaria a persoas, e eso non me parece etico.

  8. juanjose.aso.1a di:

    Este non é o primeiro caso dun can clonado comercialmente, xa que antes xa se clonaran 5 cans creados a partir de células dun Pit Bull fallecido. A muller chámase Bernann McKinney. Ela quedou con 3 dos cans, os outros dous quedaron no laboratorio para futuras investigacións.

  9. angela.aso.1b di:

    Eu penso que nos casos como o desta familia si que se debería de prohibir a clonación porque poderían pagar por comprar outro can que non custara iso ou mesmo recollelo da rúa. E a pesar de que lle tiveran tanto cariño tamen lle poderían chegar a coller o mesmo cariño a outro can ou animal que non fose igual o que tiveran.

  10. ruben.aso.1a di:

    Por unha parte creo que o cariño que esas persoas lle tiñas o seu can era enorme, é digno de admirar. Pero por outra parte creo que están locos, pola cantidade que gastaron para ter outro can idéntico o anterior. Esta parella creo que si fora a unha canceira podería coller o mesmo tipo de can ( labrador) e collerlle tanto cariño como o anterior , sen ter que gastar tanto diñeiro.
    Na miña opinión creo que a clonación non debería poder facerse xa que cada individuo ten unhas calidades específicas e distintos do resto de individuos e polo tanto cousas boas e malas.
    Creo que si que se debería prohibir a clonación tanto en animais como en humanos.

  11. jose.aso.1b di:

    Respondendo as preguntas expostas no post, eu penso que e algo que está bastante ben, xa que clonar animais non e o mesmo que a clonación de persoas, por iso, na miña opinión penso que non se tería por que prohibir a clonación de animais.
    Por outra parte respondendo se é ético, poñerlle prezos os cans, opino que non, xa que como ben se comenta no post hai moitos abandoados nas rúas.

  12. marcelina.aso.1a di:

    Estou de acordo cos meus compañeiros non émoral pagar tantos cartos por un can cando hai por ahí moitos cans abandonados esparando por un dono.
    Non sei si se debería prohibir a verdade, pero esta é unha nova forma de facer ciencia tamén aunque non dunha forma ética pero ao fin ….

  13. victor di:

    Creo que defendedes unha opinión moi semellante, pero antes de seguir adiante investigade que vantaxes ten a clonación para o ser humano.

  14. laura.aso.1a di:

    Opino os mismo ca os meus compañeiros, pareceme unha suma anorme por un can, sabendo que este, aínda que sea igual xenéticamente, non ten porque ter o mesmo comportamento co individuo do que se extraeu a información xenética.
    Por outra banda,non me parecería ético levar acabo este tipo de experimentos con seres humanos.

  15. santigonzalez.aso.1a di:

    Ao meu parecer non se debería pagar tantos cartos por un can, aínda que sexa clonado. Ademáis este campo da ciencia, a clonación, altera o ciclo da vida, xa que así non faría falta nin machos nin femias para reproducir a especie, senón que simplemente serían cans totalmente iguais. Estas operacións poderían facerse con especies en perigo de extinción, para así alargar a súa extinción.

  16. andrea.aso.1a di:

    As ventaxas da clonación entre outras son as terapias xénicas, a súa utilidade para certas curacións e unha mellora na calidade de vida das persoas.

  17. raquel.aso.1b di:

    A min persoalmente paréceme unha moi boa idea isto de poder clonar ó teu can ou outro animal que che morrese e que lle tiveses moito agarimo. Eu se tivese os cartos necesarios para face pois faríao, xa que penso, que a pesar de haber moitos cans por ahí abandonados que necesiten un fogar, a min encantaríame ter un clon do meu can que desgraciadamente morreu, e como dixen, si tivese os cartos suficientes faríao sen pensalo.

  18. raquel.aso.1b di:

    -A clonación te unha serie de vantaxes, que son as seguintes: as terapias xénica, a súa utilidade para certas curacións e unha mellora na calidade de vida das persoas.
    -Pola contra a clonación tamén ten algunas desvantaxes, como poden ser: a reduplicación do ser humano, o que implica unha manipulación da reproducción humana.

  19. ana.aso.1a di:

    Un clon formase:
    -Primeiro:tome unha célula da que é extraído o núcleo que contén todos os cromosomas.
    -Segundo: Extraese un óvulo non fertilizado ao que se lle extraeo nucleo, porque contén só a metade dos cromosomas.
    -Combina o citoplasma (este ofrece os nutrientes para o embrión futuro) e do núcleo. Este último é todo herdanza (ADN) da nai. Polo tanto, o clon será igual a ela.
    – Aplicase unha pequena corrente eléctrica para a célula para comezar a dividir como se fose fertilizado.
    – As células multiplicanse nun tubo de ensaio.
    – Despois oito semanas, o embrión está implantado no útero.
    E por ultimo o nacemento do clon.

    Por outro lado as vantaxes da clonación son: A súa utilidade para determinadas curas e mellora da calidade de vida das persoas.
    E as esvantaxes da clonación son: a duplicación do ser humano, que implica a manipulación da reprodución humana.

  20. laura.aso.1a di:

    Como vantaxes da clonación humana atópanse:
    – A clonación de orgános para realizar transplantes nos que a compatibilidade sexa máxima, xa que o orgáno está creado apartir de células do paciente.
    -Tamén podría axudar en estudos sobre o corpo huamno.
    -Permitirá ter fillos con características unicamente de un proxenitor, no caso de que algun padeza unha enfermidade conxenita grave.
    -Permitiría a unha muller esteril ter un fillo de ela mesma, usando calquer célula do seu organismo.
    Sobre estas vantaxes, opino que hai un gran dilema ético, en canto as dúas primeiras, pareceme moi beneficioso no campo da mediciña, e podrá salvar moitas vidas, grazas a os transplantes, pero a última consideroa pouco ética.

  21. victor di:

    Seguimos. Semella que o de clonar un can non vos gusta á maioría (hai a quen si).
    Que debería facer a Administración en canto á clonación. Clonación si, non, en que casos?
    Que normativa ou lexislación hai en España para os casos como os que se contan no “post”?

  22. veronica.aso.1a di:

    As vantaxes que ten a clonación no ser humano son que se poden usar cun “final terapéutico”. Co descubrimento das células nai naceron varias posibilidades para curar enfermidades mediante a clonación:

    •Terapia celular: Consiste en reemplazar as células enfermas por outras sanas, sin a necesidade de transplantar o órgano enteiro.

    •Células nai embrionarias: Consistiría en combinar a técnica de clonación coa de obtención de células nai embrionarias, para curar a persoas mediante transplante celular. Esto tería a vantaxe de que as células nunca provocarían un rechazo ao implantalas, ademáis de que poden ser conxeladas. O problema e que moitas persoas non ven ético traballar con embrións, polo que xorden conflictos na sociedade.

    •Células nai non embrionarias: Estas son células pouco especializadas que poderían dar lugar a outro tipo de células. Un exemplo de células pouco especializadas son as que se encontran na médula ósea.

  23. angela.aso.1b di:

    En España esta aprobada a ley que permite a clonación terapéutica de seres humanos, e é legal cando se refire a fins médicos pero a clonación reproductiva non esta aprobada.

  24. marcelina.aso.1a di:

    España converteuse hoxe no cuarto país de Europa en aceptar e legislar a clonación terapéutica. O texto prohibe expresamente a constitución de preembriones ou embriones humanos exclusivamente con fins de experimentación e aproba a clonación terapéutica, técnica que consiste na transferencia do núcleo dunha célula adulta dun paciente a un ovocito ao que se lle extraeu o seu núcleo para reprogramar o seu crecemento celular e poder crear así células nai embrionarias capaces de crear tecidos ou órganos que se poidan trasplantar á persoa doente.

  25. sabina.aso.1a di:

    Ultimamente o termo clonación xa é máis coñecido pola poboación do planeta, e a min persoalmente paréceme un feito totalmente fascinante a nivel científico, tanto polo gran avance que supón como polas investigacións que se tiveron que levar a cabo para poder descubrir o modo de realizar estas clonacións.
    Tamén é sabido que as clonacións probocan polémica entre distintos grupos da sociedade, fundamentalmente polo feito de si son éticas ou non. Na miña opinión penso que as clonacións(por suposto,as de animais) son unha posibilidade aberta a todo o mundo e que poden recorrer a ela aquelas persoas interesadas(como é o caso que se mostra no post), aqueles aos que nos lles gusten ou non lles parezan éticas que se absteñan de recorrer a elas.Dende logo a min non me parece unha atrocidade, nin moito menos, que unha persoa á que lle faleceu unha mascota moi apreciada recorra a clonación para volver a recuperala, pero a quen si lle pareza inmoral que non o faga.
    Con respecto á cuestión plantexada por Víctor gustaríame dicir que en España está permitida a clonación terapéutica que consiste en transferir un núcleo da célula adulta dun paciente a un ovocito, co fin de reorientalo hacia a creación de órganos ou texidos que logo poidan ser trasplantados para combatir algunha patoloxía do paciente en cuestión.

  26. andrea.aso.1a di:

    A clonación humana non esta contemplada en España, según a normativa vixente.A lexislación permite a investigación con células nai, procedentes de embrións sobrantes dos procesos de reproducción asistida, pero non a súa clonación.

  27. laura.aso.1a di:

    Na miña opinión, a clonación tería que fomentarse, pero sempre e cando para fins médicos(transplantes, estudos….).
    En Esapña está permitida a clonación dentro de estes parámetros.

  28. anadia.aso.1b di:

    A clonación humana aínda non está contemplada en España, segundo a normativa vixente. A lexislación permite a investigación con células nai, procedentes de embrións sobrantes dos procesos de reproducción asistida, pero non a súa clonación.

  29. paula.aso.1b di:

    España firmou un tratado frente a este tipo de clonacións non productivas. Neste caso, non é tan esplícito como as productivas.
    É preciso analizar cal é a situación actual da chamada ” clonación terapéutica” en España. Hay varios textos lexislativos que se refiren no noso país ó asunto da clonación en términos xerais. A propia Ley de Técnicas de Reproducción Asistida prohibe expresamente no seu artigo a fecundación de óvulos para calquer fin distinto á procreación humana.

  30. josebenito.aso.1b di:

    Depende do caso, pero en principio non me gusta a clonación nin me parece ético.
    Un ser vivo nunca vai ser igual ca outro, xa que vai cambiar a súa personalidade moitísimo.
    Non hai dous seres iguais, por iso me parece que a clonación de animais só é interesante para xente rica con moito tempo libre ou para investigar cientificamente.

  31. juanjose.aso.1a di:

    Según leín, un grupo de investigadores está traballando na obtención de ADN de mamuts lanudos conxelados para intentar a súa clonación.

  32. vanesa.aso.1b di:

    O primeiro caso de clonación animal prodúcese no 1952 a través dun proceso denominado transferencia nuclear celular.
    Este proceso baséase en introducir o material xenético no oocito.
    O oocito é unha celula que está en proceso de converterse nun óvulo maduro e concretamente no ovocito secundario, producidos durante a ovulación ,está composto de 23 cromosomas co cromosoma sexual sempre X.
    Centrándome na tranferencia nuclear celular,consta de tres fases:
    -Enucleación do ovocito: Elimínase o material xenético do oocito receptor a través de métodos químicos ou manipulación.
    -Transferencia do núcleo:fusión do cariosoma(núcleo celular envolto por citoplasma) co citoplasma do oocito.Pódese realizar a través da electrofusión ou alternativamente, microinxección(realizada en casos de inxección
    intracitoplasmática).
    -Activación do oocito: Despois da transferencia do núcleo para que reprograme o xenoma introducido e reinicie o programa de desenrolo embrionario.

    Outros animais tamén clonados son:Rata,egua, mula,mosca da froita,coello,gato,porco….

  33. maria.aso.1a di:

    Sería interesante ver unha manada de mamuts correteando por Siberia…aínda que ao mellor acababa sendo coma Jurasik Park, pero de verdade…
    Non sei porque podendo clonar un can non se pode clonar un humano (non somos tan distintos??!!..ademias, non vexo o mal que lle pode facer a ninguén iso…); aínda que polo menos a clonación estea permitida con fins terapéuticos, o que axudará no tratamento dalgunhas enfermidades

  34. ana.aso.1b di:

    En España esta aprobada si é clonación terapeutica pero si e clonación reproductiva non.
    Eu creo que a lei esta ben asi de forma terapeutica debe permitirse a clonacion pero de forma reproductiva asi porque si non.

  35. karina.aso.1b di:

    Baixo o meu punto de vista, ningún amor por moi grande que sexa debería alterar o ciclo da natureza, pareceme fermoso que a muller estivese feliz xunto co can clonado, xa que o anterior significaba moito para eles, pero non me parece xusto que mentras algunhas persoas fan iso estén miles de cans abandoados, sobre todo no verán, os cales están esperando que alguén os agarime e os protexa.

  36. victor di:

    Credes que se debería impedir que a clonación estivese en mans de empresas privadas?

  37. laura.aso.1a di:

    Na miña opinión,si, aínda que os servicios que ofrecese sexan moito máis caros, na miña opinión serían moito máis eficientes, xa que posuen máis recursos económicos. Para facer máis barato o custo dos servicios, terían que aparecer máis empresas de este tipo, para que non sexa unha sola a que monopolice este sector.

  38. marcelina.aso.1a di:

    Creo que si, xa que as empresas privadas teñen máis capital para invertir e costear as clonacións. O que fai que teñan mellores medios que as públicas e tarden menos, polo tanto da lugar a que non haxa competencia posible con elas.

  39. andrea.aso.1a di:

    Penso que a clonación non deberia de limitarse só a empresas privadas, así quizais o seu custo sairía máis rentable, xa que a non estar só todo concentrado nesa determinada empresa, habería máis oportunidades e o alcanze de máis xente que estivera interesada nestos temas.

  40. adrian.aso.1a di:

    Dende o punto de vista ecónomico penso que os prezos serían máis baratos cantas máis empresas privadas houbera, xa que estas terían que competir polos clientes e veríanse obrigadas a poñer prezos razoables.
    Pero dende outro punto de vista quen debería levar a cabo unha colonización, segundo a miña opinión, son os gobernos e non en todos os casos.

  41. santigonzalez.aso.1a di:

    A clonación supón un gasto innecesario en casos coma o desta familia de clonar un can. Estes casos deberían ser de empresas privadas, xa que non teñen trascendencia para un país, pero penso que para a clonación de órganos a partir do ADN dunha persoa debería ser pública, xa que é a vida de persoas coa que se trata.

  42. angel.aso.1a di:

    Eu opino que todo o que é bo para nós da clonación, como busca de curas para enfermidades ou o que respecta aos órganos debería non estar en mans do privado soamente.Pola contra todo o que sexan “caprichos” como o caso do can deberían estar no privado xa que un país non pode investir en chorradas como esas.

  43. maria.aso.1a di:

    Estou de acordo cos comentarios de Angel e Santi; se ben é interesante que se invirta(dende o país en cuestión) en investigación sobre a clonación de cara a melloras médicas importantes ou ao ADN…pareceríame unha chorrada que os cartos dos impostos dos cidadans acabasen sendo probas para clonas cans..ou gatos…ou o que fose: eso é un capricho e está ben no sector privado: que existe para reponder a eses caprichos; aínda que tampouco seía correcto prohibir que o sector privado investigase a nivel “serio”..porque tamén eles poden lograr importantes avaces..e un avance é un avance…veña de inde veña.

  44. roberto.aso.1a di:

    Eu non estou tan seguro sobre si sería de todo bo que se meteran empresas privadas porque estas eestan dispostas a todo con tal de gañar cartos.
    Por eso penso que si que se debería pero estando vixiladas polo estado.

  45. andrea.aso.1a di:

    Penso que as empresas privadas van o que van, e intentan conseguir gañas máis, pero tal e como dí Maria, e interesante que estas empresas non desaparezcan xa que poden lograr avances, que poden traer consecuencias moi boas para ese campo de estudo, e que as clonacións sexan inncesarias e cousa de cada un coma no caso deste can.

  46. andrea.aso.1a di:

    Penso que as empresas privadas van o que van, e intentan conseguir gañar máis, pero tal e como dí Maria, e interesante que estas empresas non desaparezcan xa que poden lograr avances, que poden traer consecuencias moi boas para ese campo de estudo, e que as clonacións sexan inncesarias e cousa de cada un coma no caso deste can.

  47. manuel.aso.1a di:

    Na miña opinión creo que moitas de estas empresas privadas por non decir todas, queren beneficiarse no tocante os cartos, ademais de que poderían manipular o seu antollo a todo o que se lle poña por diante, sen facer ningunha obxección con nada.
    Pero apesar disto o malo sempre ten algo bo, neste caso sería que si logran avanzar neste campo poderíanse sacar novas conclusións e solucións para este tema.

  48. laura.aso.1b di:

    Como en moitos sectores, as empresas privadas teñen un peso importante.Na miña opinión non debería estar só nas empresas privadas, si non tamén nas públicas, pero o teren maior capital as privadas o seu peso e moi importante.

  49. juanjose.aso.1a di:

    Creo que non sería xusto que non se impedise que as empresas privadas puidesen clonar, pero tamén deberíase controlar máis o que fan, xa que este é un asunto serio. Tamén creo que as empresas públicas deberían afondar máis neste tema, pero sempre cuns fins de mellorar a nosa vida e facela máis fácil, non coma simples fabricantes de copias de animais por encargo.