No universo de Polgariño

imagen

O mundo invisible é tan infinito e fascinante como o Universo, polo feito de non poder velo cóstanos imaxinar e comprender a natureza dos obxectos diminutos, por iso é un reto acercarnos á grandeza do pequeno. A nanociencia e a nanotecnoloxía son dúas áreas do coñecemento a nivel atómico e molecular polo que  traballar con obxectos tan pequenos, o prefixo “nano” indica  a mil millonésima parte de algo, leva consigo unha gran dificultade. Debido a isto, ata a aparición do microscópico de campo cercano foi imposible achegarnos a este mundo, permitindo dende entonces visualizar e manipular a materia a escala atómica.

Estas áreas do coñecemento estanse a desenvolver dunha maneira notable na actualidade e todavía existen poucos produtos baseados nelas. O dominio da materia a nanoescala permitirá deseñar e fabricar materiais ata agora inexistentes, os cales presentarán unhas propiedades físicas, químicas e mecánicas que non posúen os materiais naturais e poderán ser aplicados en diversos campos, permitindo o deseño de dispositivos máis complexos.  

Estes avances producirán unha revolución a nivel industrial. Algunhas aplicacións destes novos materiais serán: os nanotubos de carbono, con 1/6 do peso do aceiro, poden ser hasta 100 veces mais resistentes o que traería grandes beneficios na  industria aeroespacial, na construción…. No campo das telecomunicacións as computadoras serían moitísimo máis rápidas e pequenas. No campo da medicina permitiría detectar enfermidades antes de que aparezan e obter os medicamentos específicos para cada paciente.

Falar de nanociencia e nanotecnoloxía  e sinónimo de innovación e desenvolvemento.

 


Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

44 Responses to No universo de Polgariño

  1. angel.aso.1a di:

    A nanotecnoloxía paréceme un gran avance que terá multitude de saídas en tódolos ambitos da vida cotiá.
    As 15 aplicacións máis prometedoras deste campo da ciencia son:
    Almacenamento, produción e conversión de enerxía.
    Armamento e sistemas de defensa.
    Produción agrícola.
    Tratamento e remediación de augas.
    Diagnóstico e cribaxe de enfermidades.
    Sistemas de administración de fármacos.
    Procesamento de alimentos.
    Remediación da contaminación atmosférica.
    Construcción.
    Monitorización da saúde.
    Detección e control de plagas.
    Control de desnutrición en lugares pobres.
    Informática.
    Alimentos transgénicos.
    Cambios térmicos moleculares (Nanotermoloxía).

    Con semellantes avances poderase crear diamante reubicando os átomos do grafito dunha mina de lapis por exemplo,crear chips a partir de area, e así multitude de solucións vanguardistas a problemas da humanidade.

  2. andrea.aso.1a di:

    A nanociencia está unida en gran medida dende a década dos 80 con Drexler e as súas aportacións a”nanotecnoloxía molecular”, isto é, a construcción de nanomáquinas feitas de átomos e que son capaces de construir elas mesmas outros compoñentes moleculares.
    Podemos dicir que moitos progresos da nanociencia estarán entre os grandes avances tecnolóxicos que cambiarán o mundo.
    A nanotecnoloxía suporá numerosos avances para moitas industrias e novos materiais con propiedades extraordinarias.

  3. raqueltrigo.aso.1b di:

    A maior parte dos cientificos oficializaron iniciativas par promover iniciativas á nanociencia e a nanotegnoloxía,nas súas universidades e laboratorios.
    Hubo recentes aumentos nos fondos destinados a este tipo de investigación,e moitos cintificos estan levando a cabo programas de investigación e gracias a isto aumentan os descubrimentos e os avances cientificos.

  4. carolina.aso.1b di:

    Eu creo que si,falar de nanotecnoloxía e nanociencia resulta un avance e un proceso de desenvolvemento enorme,pois podese falar de cousas moi interesantes que a simple vista non apreciamos,polo tanto creo que todo avance ten un beneficio o cal se lle pode sacar moito partido.

  5. raquel.aso.1b di:

    A nanotecnoloxía é un gran avance para a nosa sociedade xa que segundo estiman algún expertos nun prazo de 5 anos máis dun 20% dos materiais textiles europeos incorporará a nanotecnoloxía. Trátase dunha nova xeración de novos materiais nos que ananotecnoloxía xoga un papel esencial. Roupa que non se ensucia, que repele o café, as manchas de froita ou de viño, etc. A explicación de todo isto son as nanopartículas (partículas microscópicas cunha dimensión menor de 100 nm) permiten cambiar as propiedades dos texidos. Poden chegar a repeler virus, bacterias… máis de 100 lavados sen perder as súas propiedades. Non se trata de ciencia ficción, en menos de cinco anos calcúlase que o vello sector textil terá unha renovación nova e revolucionaria.

  6. laura.aso.1b di:

    A nanotecnoloxía como ben di o post e necesaria para varios campos,sexa mediciña,informática…
    No matrimonio entre medicina e nanotecnoloxía estase a convertir nun pesadelo para o cáncro. O combate da enfermidade a escala molecular permite detectar precozmente a enfermidade, identificar e atacar de forma más específica ás células canceríxenas. Por iso, o Instituto Nacional del Cáncro de Estados Unidos (NCI) puxo en marcha a “Alianza para la nanotecnología en el cáncer”, un plan que inclue o desarrollo e creación de instrumentos en miniatura para a detección precoz.

  7. josebenito.aso.1b di:

    A nanotecnoloxía pode ser moi beneficiosa para a humanidade se é desenrolada con esmero. Agora, na era das tecnoloxías e da información vai ser un gran avance, xa que ó construír, por exemplo, aparatos minúsculos pódense conseguir cousas ata agora impensables, como en medicina, donde se podería observar o corpo humano por dentro para curalo.

  8. marcelina.aso.1a di:

    A revolución nanotecnológica ou “fabricación molecular” cuxa viabilidad terá un impacto enorme nas nosas vidas, nas economías, os países e na sociedade en xeral nun futuro non afastado causando impactos na medicina, a biología, o medioambiente, a informática, a construción… Na actualidade os principais avances prácticos xa se dan nalgúns campos: nanopartículas, nanotubos. Os progresos, máis cuestionados, son en materia de nanorobots e autoreproducción que son obxecto de polémica entre os expertos. O que non cabo dúbida é que estamos diante dunha nova revolución tecnolóxica. E tamén o debate sobre os seus beneficios e riscos. Os euroresidentes están contribuíndo a difundir toda a información útil aos interesados nun tema de maior relevancia científica e social de gran importancia no noso futuro.

  9. fatima.aso.1b di:

    Un namometro é igual a 0´000000001 metros.
    A principios dos oitenta foi inventado un microscopio capaz de ver átomos, uns anos máis tarde foi inventado Atomic Force Microscope incrementando as capacidades de investigar novos tipos de materiais.
    Gracias a esta tecnoloxía podemos observar obxectos imperceptibles á vista.

  10. dolores di:

    Marcelina, non sei se a maioría entendemos a que te refires cando dis “os euroresidentes”, supoño que é a paxina web pero podes aclaralo?E xa contáchedes algo sobre beneficios, pero se hai debate entre eles e os riscos… Podedes contarnos algo sobre os riscos?

  11. ivanabal.aso.1a di:

    A nanotecnoloxia é unha esperanza que teñen os enfermos de cancer de poderse curar xa que axuda a poder ser detectado moito antes, e asi poder atacar de maneira moito mais especifica. Un exemplo da axuda que aportan son os nanosistemas de liberación de fármacos, pequenas capsulas que liberan os fármacos no lugar especifico

  12. veronica.aso.1a di:

    En abril deste ano presentouse un proxecto proposto pola EPA ( Axencia de Protección Medioambiental) promovendo a investigación aplicando a nanotecnoloxía en ámbitos como a prevención, seguimento e control da contaminación.

    Algunhas das áreas propostas foron:

    •Novos filtros nanoporosos para a eliminación de contaminantes gasosos e partículas de corrientes de aire contaminadas.
    •Nanomateriales de superficie para novos recubrimentos e aplicacións medioambientales.
    •Novos instrumentos portátiles lixeiros para detectar e cuantificar as nanopartículas.
    •Tecnoloxías que reduzan ao mínimo a liberación dos nanomateriales no medioambiente.

  13. andrea.aso.1a di:

    Na nanotecnología o enorme impacto notaráse en cuestión dúns poucos anos,algunhas consideracións a ter en conta incluén:
    ~Importantes cambios na estrutura da sociedade e o sistema político.
    ~A potencia da nanotecnoloxía podería ser a causa dunha nova carreira de armamentos entre dous países competidores.
    ~A producción pouco costosa e a duplicidade de diseños podería levar a grandes cambios na economía.
    ~A sobre explotación de productos baratos podería causar importantes danos ó medio ambiente.

  14. barbara.aso.1b di:

    Pese a que a nanotecnoloxía xa está en contacto coa nosa vida cotidiá, casi non existen estudios sobre os seus potenciales negativos. Hai escasos estudios sobre os problemas que podería acarrexar na salud e no ambiente, e practicamente ningún en torno aoa impapcto político, militar, e nas economías, sobre todo nos países do sur.
    Conm respecto a salud, existe por exemplo os nanotubos. Un nanotubo é unha fibra hueca construída a partir da estructura molecular do carbono C60, o cal, polas súas propiedades, é preocupante, xa que pode estar en contacto coa nosa pel, a través de cosméticos, protectores solares, roupa “que non se mancha”, etc.
    Este contacto coa nosa pel pode causarnos inflamacións e daños nos texidos, e incluso crecimiento de tumores.

  15. angel.aso.1a di:

    Un dos riscos máis grande é o de usar a nanotecnoloxía en carreiras armamentísticas,tamén unha proliferación de productos máis baratos pode influir na economía global.

  16. juanjose.aso.1a di:

    Eu creo que a potencia da nanotecnoloxía pode empezar unha carrera armamentística. Esta tecnoloxía pode abaratar a producción destas armas, facendoas máis numerosas.

  17. raqueltrigo.aso.1b di:

    A nanotenoloxía,tamen ten unha serie de riscos,importantes cambios na estructura da sociedade e o sistema politico.Carreira de armamamentos entre paises competidores.A producion de armas e aparatos poderia baixar o coste actual sendo a mais os productos máis pequenos,potentes e numerosos.Cambios na economía pola duplicidade de diseños e a sobre explotación de produtos baratos causaría danos no medio ambiente .
    A administración intentaria controlar istes e outros riscos,intentando aprobar unha normativa excesivamente rixida que a,súa vez creariase unha demanda para unmercado negro que chegaria ser tan perigoso como imparable.Seria moi doado traficar con produtos pequenos e moi perigosos como as nanofábricas.

  18. ruben.aso.1a di:

    A nanociencia é a encargada de estudar os átomos , moléculas , obxectos… que teñen dimensións diminutas ( 1 nanometro = 109 m). Esta ciencia é diferente de outras ciencias porque en vez de estudar materiais no seu conxunto , os científicos estudan os átomos e moléculas individuais , podendo así , formar novos materiais con incríbles características. Richard Feynman é o pai da nanociencia, que en 1959 propuxo fabricar productos reordenando os átomos e moléculas.
    A nanotecnoloxía é a encargada do estudo , diseño , creación … de obxectos ,a través da manipulación da materia a nano-escala.
    Estes avances en corto prazo provocarán unha revolución nanotecnolóxica , que tendrá un impacto nas nosas vidas , xa que permitirá detectar enfermidades incluso antes de que aparezan no noso organismo , favorecendo así o aumento da esperanza de vida, mellor saúde …, etc. Tamén cobrarán un importante impulso nos ámbitos da construción , da tecnoloxía , nas telecomunicacións , e no campo da investigación, facendo posible que se sigan descubrindo cousas que ata o de agora descoñecemos.

  19. veronica.aso.1a di:

    Tamén temos que ter en conta que a nanotecnoloxía como todo, se non está en boas mans pode ter causas negativas. Por exemplo, se unha micromáquina quedase solta no medio ambiente, esta podería convertirse nunha especie de nova enfermidade. Neste caso tendríamos que loitar contra esta especie de “virus nanotecnolóxico” creando robots “vacuna” (todo isto se se lograse construír unha micromáquina).

  20. noelia.aso.1b di:

    Algúns dos riscos que ten a nanotecnoloxía son os cambios que pode facer na estrutura da sociedade e no sistema político. A potencia da nanotecnoloxía podería ser a causa dunha nova carreira de armamentos entre os países competidores. A produción de armar e aparatos de espionaxe podería ter un custe moito máis baixo co actual sendo ademais os produtos máis pequenos, potentes e numerosos.
    A produción pouco custosa e a duplicidade de deseños podería levar a grandes cambios á economía. A sobre explotación de produtos baratos podería causar importantes danos o medio ambiente. O intento por parte da administración de controlar eses e outros riscos podería tamén levar á aprobación dunha normativa excesivamente ríxida que, a súa vez, crease unha demanda pra un mercado negro que sería moi fácil traficar con produtos pequenos e moi perigosos como os das nanofábricas. Existen numerosos riscos moi graves de diversa natureza ós que non se pode aplicar sempre o mesmo tipo de resposta. As solucións sinxelas non terán éxito, É practicamente improbable atopar unha resposta adecuada a esta situación sen entrar antes nun proceso de planificación meticulosa.

  21. sabina.aso.1a di:

    Verdadeiramente este post aportoume novos coñecementos dos que carecía ata o de agora. Persoalmente sabía que existía a nanotecnoloxía, pero sinceiramente non era un tema que me atraera demasiado, e penso que non son a única, dende logo hai un número elevado de persoas que non saben nin que existe esa palabra e moito menos no que consiste. Pero teño que admitir que este post me impulsou a informarme máis acerca da nanotecnoloxía, que ao día de hoxe considero algo fascinante e digno de atención.
    A partir da información que nos aporta este post e do resto que podemos atopar en Internet ou en libros, chegamos á conclusión de que a nanotecnoloxía supón un importante avance para a ciencia e para outros campos, e que aporta multitude de beneficios; pero o impacto da nanotecnoloxía tamén supón unha serie de riscos:
    -Cambios na estructura da sociedade e do sistema político.
    -A potencia da nanotecnoloxía podería ser a causa dunha nova carreira de armamentos entre os países competidores.
    -Grandes cambios na economía.
    -Danos ao medio ambiente pola sobre explotación de produtos baratos.
    -O intento por parte da administración de controlar estos e outros riscos podería levar á aprobación dunha normativa excesivamente ríxida que, a súa vez, crease unha demanda para un mercado negro no que sería moi fácil traficar con productos pequenos e moi perigosos como as nanofábricas.

  22. berta di:

    No comentario de Barbara,14,fai referencia que os nanotubos se utilizan en cosmética, polo tanto son perxudiciales para a saúde. Na información da que dispoñemos, en cosmética utilizanse nanopartículas.Serían prexudiciais estas partículas só en contacto coa pel?

  23. berta di:

    Cales son as formas alotrópicas nas que se atopa o carbono na natureza? E nos nanotubos de carbono?

    NOTA: NOVO FORO (ESTARÁ ABERTO 10 DÍAS)

  24. raquel.aso.1b di:

    Os riscos poden ser varios, máis ainda cando se carece de regulación a escala mundial e os intereses internacionais dirixen o rumbo desta teconoloxía a alimentos, cosméticos e medicamentos, entre outros productos.
    Entre estes riscos resalta a creación e duplicación de gran variedade de productos de baixo custo, o cal provocará grandes cambios na economía global, pois poderíanse substituir fácilmente materias primas ou productos coma o aceiro, por exemplo, en perxuizo das nación en desarrollo.
    Habería sobrexplotación de productos baratos que causarían graves danos o medio ambiento ou á saúde, que de feito xa existen, como os bloqueadores solares ou cosméticos (cremas antiarrugas que conteñen nanopartículas e nanocápsulas cuxas repercusións na saúde aínda se descoñecen).

  25. laura.aso.1a di:

    Dependendo das condicións de formación, o carbono pode atoparse na natureza en distintas formas alotrópicas, carbono amorfo e critalino en forma de grafito e diamante.
    Curiosamente as súas formas alotrópicas incluen a substancia máis blanda (o grafito) e a máis dura (o diamante)sendo a súa única diferencia a forma na que están distribuidos os átomos de carbono.
    Conocense 5 formas alotrópicas do carbono, grafito diamante, fluoreno, nanotubos e carbinos.
    A estrucutra nos nanotubos, é unha lámina de grafito enrrollada sobre si mesma, dependendo da forma da lámina orixinal, podense dar nanotubos de xeometría e diametros diversos.

  26. laura.aso.1b di:

    O oxíxeno forma o óxido de carbono (IV), vital para o crecemiento das plantas co hidróxeno forma numerosos compostos denominados xenéricamente hidrocarburos, esenciales para a industria e transporte na forma de combustibles fósiles; e combinado con oxíxeno e hidróxeno forma gran variedad de compostos como, por exemplo, os ácidos grasos, esenciales para la vida.

  27. ruben.aso.1a di:

    En cosmética utilízanse nanopartículas porque poden penetrar de maneira fácil na nosa pel e exercer os efectos que estamos buscando.
    A seguridade destes produtos non se sabe case nada. Solo se sabe que estas nanopartículas atravesan a nosa pel e desaparecen. Actualmente séguese investigando sobre a seguridade destas partículas en contacto coa nosa pel.
    O carbono atópase na natureza de diferentes maneiras , esta propiedade chamase alotropía , que en química , é a propiedade que presentan estruturas moleculares diferentes con características físicas diferentes, pero no mesmo estado físico ( sólido , líquido ou gas ). O carbono ten 3 maneiras principais : en forma de grafito , diamante e fulereno.
    A explicación de que as diferenzas que presentan nas súas propiedades encontrouse na disposición dos átomos no espazo.
    Por exemplo nos cristais de diamante cada átomo de carbono esta unido a catro átomos de carbono de forma tetraédrica, e en cambio no grafito os carbonos están distribuídos en capas superpostas .
    Os nanotubos de carbono son outra forma alotrópica do carbono descubertos en Xapón no 1991 . Teñen unha estrutura peculiar xa que é unha lámina de carbonos enrollada sobre si mesmo dando lugar a un tubo circular. Dependendo de cómo se enrolle a lámina da lugar a nanotubos de diferente diámetro …

  28. berta di:

    Laura o fluoreno é un carburo de hidróxeno non unha forma alotrópica do carbono, supoño que quixeste dicir fulereno ou fullereno.

  29. leticia.aso.1a di:

    En cosmética utilízanse nanaopartículas que en contacto coa pel o que fan é acumularse nos diversos órganos, xa que o noso corpo non conta cun medio efectivo para eliminalas. Ao ser tan pequenas, ademáis, poden ir ata calquera parte do corpo, incluso atravesalas células, nas cales no seu interior interfiren con mecanismos subcelulares.Ata ahora, críase que as nanopartículas non eran tóxicas porque non producían reaccións químicas. Sen embargo, isto que acabo de comentar alertanos da súa perigosidade.

  30. veronica.aso.1a di:

    Os cosméticos que teñen ingredientes do tamaño de nanopartículas poden atravesar a nosa pel den dificultades, chegar aos vasos sanguíneos, e terminar en calquera órgano ou tecido corporal, entrando en calquera das nosas células.

    Pero tamén temos que ter en conta que o noso corpo protéxese ante elementos estraños que intentan entrar no noso organismo. Pero de momento non se sabe con moita exatitude as consecuencias destas partículas en cotacto coa nosa pel e os efectos que terían para a nosa saúde.

  31. laura.aso.1a di:

    Si, confundinme, quixen decir fullereno, que é moi apreciado pola súa versatilidade, e pode presentarse en forma de esferas, elipsoides e cilindros.

  32. marcelina.aso.1a di:

    Coñécense cinco formas alotrópicas do carbono, ademais do amorfo: grafito, diamante, fulerenos, nanotubos e carbinos. En marzo do 2004 anunciouse o descubrimento dunha sexta forma alotrópica: as nanoespumas.
    Por exemplo O grafito ten exactamente os mesmos átomos do diamante, pero por estar dispostos en diferente forma, a súa textura forza e cor son diferentes. Os diamantes naturais fórmanse en lugares onde o carbono foi sometido a grandes presións e altas temperaturas. Os diamantes pódense crear artificialmente, sometendo o grafito a temperaturas e presións moi altas.

  33. andrea.aso.1a di:

    Coñécense cinco formas alotrópicas do carbono, ademáis do amorfo: grafito, diamante, fulerenos, nanotubos e carbinos.
    Unha das formas en que se encontra o carbono é grafito, que é o material do cál está feita a parte interior dos lápices de madeira. O grafito ten exactamente os mesmos átomos do diamante, pero por estar dispostos en diferente forma,a súa textura forza e color son diferentes.Os diamantes naturais se forman en lugares onde o carbono foi sometido a grandes presións e altas temperaturas. Os diamantes pódense crear artificialmente, sometendo o grafito a temperaturas e presións moi altas.

  34. sabina.aso.1a di:

    Como ben dixo Andrea,coñécense cinco formas alotrópicas do carbono, ademáis do amorfo: grafito, diamante, fulerenos, nanotubos e carbinos.
    Unha das formas en que se atopa o carbono é o grafito, que é o material do cal está feita a parte interior dos lápices de madeira. O grafito ten exactamente os mesmos átomos do diamante, pero por estar dispostos en diferente forma,a súa textura, forza e cor son diferentes.
    A moi altas presións, o carbono adopta a forma do diamante, no cal cada átomo está unido a outros catro átomos de carbono. O diamante presenta a mesma estructura cúbica que o silicio e o xermanio e, gracias á resistencia do enlace químico carbono-carbono, é, xunto co nitruro de boro, a sustancia máis dura coñecida.
    Os fulerenos teñen unha estructura similar ao grafito, pero o empaquetamento hexagonal combínase con pentágonos (e en certos casos, heptágonos), o que curva os planos e permite a aparición de estructuras de forma esférica, elipsoidal ou cilíndrica. O constituído por 60 átomos de carbono, que presenta unha estructura tridimensional e xeometría similar a un balón de fútbol, é especialmente estable.
    Os nanotubos de carbono, que poden describirse como capas de grafito enroladas en forma cilíndrica e rematadas nos seus extremos por hemiesferas (fulerenos), constitúen un dos primeiros productos industriais da nanotecnoloxía, como ben puidemos coñecer a raíz deste post.

  35. berta di:

    No comentario Laura fala de compostos de carbono non das formas alotrópicas que era o que se preguntaba.
    Os últimos avances na investigación sobre nanotecnoloxía, podería afectar ao mundo do deporte?

  36. andrea.aso.1a di:

    Desde fai tempo os avances tecnolóxicos influén no deporte. En cascos de bicicleta, ropa deportiva. Un exemplo de como os avances científicos poden influir no deporte é o ténis. Hasta fai unhas décadas,as raquetas de ténis estaban feitas de madeira.Nos anos oitenta as mellores raquetas fabricábanse con grafito. Conforme os materias facianse máis firmes e máis lixeiros, no xogo empezaba a predominar a velocidade e os saques potentes.
    Agora parece que a nanotecnoloxía empeza a afectar os deportes. Hasta o momento no mercado hai poucos productos deportivos feitos con técnicas da nanotecnoloxía.
    Prévese que a partir de agora a nanotecnoloxía empezará a ter un impacto moi significativo en moitos deportes porque a través de avances nanotecnolóxicos é posible fabricar productos deportivos máis fortes e máis lixeiros que nunca.

  37. laura.aso.1a di:

    Por suposto, a nanotecnoloxía vai revolucionar o mundo do deporte, aínda que polo de agora, no mercado existen poucos productos feitos con técnicas da nanotecnoloxía, este tipo de producttos van aumentar proximamente.
    Como algúns exemplos de estes productos, están unhas pelotas de golf, que poden reducir en gran medida os xiros e movementos a os que poidan verse sometidas, isto lograrono cambiando a estrucutura molecular da pelota, alterando o seu peso interior para que esta se mova menos.
    Outros exemplos son as bicicletas, algunha roupa deportiva e as raquetas no tenis.

  38. juanjose.aso.1a di:

    Outra das aplicacións da nanotecnoloxía ao deporte son os nanometales aos palos de golf, creando palos máis fortes e menos pesados.
    Como referencias ao turismo o equipo Phonak utiliza unha bicicleta con unha estructura que incorpora nanotubos de carbón que a fan máis ríxida e máis lixeira.

  39. santigonzalez.aso.1a di:

    Unha empresa xaponesa fabrica bolas para xogar ós bolos que non se sae da pista, a pesar de que esta teña pequenas imperfeccións.
    Wilson está a crear mediante nanotecnoloxía pelotas de tenis que tardan moito máis en desinflarse.

  40. adrian.aso.1a di:

    Tamén existe un produto que utiliza a nanotecnoloxía que consegue un equilibrio e regulación no fluxo da enerxía do corpo que da maior enerxía, flexibilidade e resistencia. Tamén mellora a contración e recuperación das fibras musculares. Moitos deportistas de élite usano, como por exemplo Beckham.

  41. veronica.aso.1a di:

    A nanotecnoloxía está traballando no ámbito do deporte para mellorar a calidade dos materiais tanto en raquetas, como en paus de golf, bicicletas, traxes de baño, balóns de fútbol, en pezas para os coches de F1…todo tipo de materiais deportivos.
    Pero a nanotecnoloxía, tamén se aplica noutros ámbitos, como o é por exemplo o da construción. Estase investigando en materiais que se empregarán en: pontes, carreteras, túneles, instalacións de auga…todos eles para mellorar a vida nun futuro.

  42. andrea.aso.1a di:

    Respeto o ciclismo unha determinada empresa (BMC) afirma ser a primeira que logrou construir un marco de bicicleta utilizando nanotecnoloxía de nanotubos de carbón. Ademais, a estrutura non require axustes mecánicos despois do proceso de fabricación, o que reduce que se ocasionen posibles danos as fibras de carbón.

  43. angel.aso.1a di:

    Unha empresa americana estase centrando no golf principalmente para o uso da nanotecnoloxía(pelotas que van rectas, golpes máis efectivos) porque os xogadores están acostumados a pagar altos prezos polos seus equipos, e a aplicación da nanotecnoloxía no golf todavía é moi custosa.
    Pero o golf non é o único deporte no que se usa esta tecnoloxía, en ciclismo o equipo Phonak usa unha bicicleta cun marco de menos dun kg,fabricada con nanotubos de carbón.Tamén como mencionaban anteriormente os meus compañeiros no tenis logrouse un gran avance que aportou maior lixereza e manexo ás raquetas.

  44. marcelina.aso.1a di:

    Segundo atopei proxéctase vender unha pelota de golf que promete reducir de forma dramática os xiros e movementos aos que poidan estar suxeitas as pelotas durante un partido de golf. Descubríuse como alterar os materiais nunha pelota de golf a nivel molecular para que o peso dentro móvase menos mentres vira a pelota. Canto menos se mova, máis recto vai a pelota.
    A nanotecnoloxía está empezando a afectar aos deportes. Ata o momento no mercado hai poucos produtos deportivos feitos con técnicas da nanotecnoloxía. Unha empresa xaponesa fabrica unha pelota de bolos á que non lle afectan os imperfectos da superificie e que se queda no centro da pista. A empresa Wilson utiliza a nanotecnología para fabricar pelotas de ténis que tardan moito máis en desinflarse, e varias empresas están desenvolvendo paus de golf fabricados con nanotecnoxía.
    A través de avances nanotecnolóxicos é posible de fabricar produtos deportivos máis fortes e máis lixeiros que nunca.