RECUPERANDO O PERDIDO


Uns investigadores conseguiron, por primeira vez, extraer ADN de fósiles de cáscaras de ovo de máis de 19.000 anos de antigüedade. As cáscaras pertencen a dúas especies xa extinguidas: os moas e as aves elefante. Eran as aves máis grandes coñecidas; podían acadar os tres metros de altura, pesaban ata media tonelada e os seus ovos chegaban a medir máis de medio metro. Os fósiles destas criaturas son abundantes e obtiveronse mostras en Nova Zelanda, Australia e Madagascar.

Os fósiles de cáscaras de ovo utilízanse para datar xacementos e analizar ecosistemas do pasado a través de distintas técnicas, polo que os perfiles de ADN axudarán aos paleontólogos e aos arqueólogos a entender como as aves interactuaban co seu entorno e o seu proceso evolutivo.

imagen

A autora deste estudio xa intentara con anterioridade, aínda que sen éxito, obter ADN de ovos doutra especie coñecida como Genyornis, extinguida hai 50.000 anos. As novas técnicas de análise de ADN permitiron a finais do 2008 secuenciar o xenoma doutro animal desaparecido: o Mamut.

Autora: Alicia Romero Fernández

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Bodiversidade, Evolución e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

47 Responses to RECUPERANDO O PERDIDO

  1. laura.aso.1a di:

    As vulgarmente coñecidas como ¨aves elefante¨ pertencen a orde dos Aepyornithiformes; eran aves non voadoras e vivían principalmente en Madagascar,non eran voadoras e eran corredoras.
    Crese que a principal razón da súa extinción foi o a depredación dos seus ovos. Pero a pesar do seu tamaño eran inofensivos e bastante torpes.

  2. andrea.aso.1a di:

    Os fósiles de estas criaturas son abundantes e foron hachados en distintos xacementos aínda agora logrouse algo excepcional: aislar restos de ADN.
    As novas técnicas para analizar o ADN están permitindo os investigadores obter valiosa información sobre especies extintas, algo impensable fai uns anos. Así, a finais do 2008 secunciouse por primera vez o xenoma dun animal desaparecido, o mamut como indica no post que grazas o encontro dun espectacular exemplar que quedóu atrapado no xeo durante 20.000 anos e que incluso tiña restos de pelo.

  3. angela.aso.1b di:

    As “aves elefantes” foron extinguidas tamen debido o seu grande tamaño e como outros animais dese tamaño a súa torpeza, e os seus movementos lentos, isto levavaos a non opoñer moita resistencia aos seus depredadores.

  4. paula.aso.1b di:

    Esta especie de ave, pertenceu o grupo de aves coñecido como rátidas, aves terrestres, bípedas e incapaces de alcanzar o vó, como as avestruces. Podería haber cerca de 11 especies diferentes de moas, algunhas tan pequenas coma un pavo, e outras de descomunal tamaño.
    En 1658 o gobernador de Madagascar ainda as incluía no seu censo das especies da illa, sendo iste o último rexistro concreto que se conserva dunha das aves máis espectaculares que existiron.

  5. ruben.aso.1a di:

    Os restos utilizados para hachar o ADN destas “aves elefante” son moi antigos ( aproximadamente 19.000 anos de antigüidade) polo cal dificulta este traballo.
    Encontráronse restos de cáscara de ovo en Madagascar.
    As cáscaras de ovo son resistentes e actúan como barreira contra a auga e o osíxeno , que son os principais elementos que dañan o ADN.
    Para descubrir o material xenético os investigadores empregaron unha recente técnica que xa se empregou para descubrir o ADN da moa en Nova Zelanda e do emú australiano.
    Este descubrimento permite analizar os ecosistemas ó que pertenceron estas aves , como interactuban co entorno e com foi o seu proceso evolutivo.

  6. leticia.aso.1a di:

    Estes estudos son de grande interese xa que nos permite coñecer máis sobre estas especies das que apenas temos coñecemento. Pouco a pouco chegarán a darnos datos ata agora descoñecidos sobre o proceso evolutivo de aves como as chamadas aves elefante que nomea o post,e da súa adaptación ao medio no que vivían.
    Por outra banda,a pesar do gran tamaño que teñen as chamadas aves elefante compre decir que se pensa que eran totalmente inofensivas ainda que aparentasen todo o contrario.

  7. roberto.aso.1a di:

    Os moas tamén era aves xigantes voadoras que habitaban en Nova Zelanda.
    Coñecense 10 especies diferentes deste ave ,o seu tamaño variaba segundo a especie dende o tamaño dun galo ata aves de 3 m e 250 kg.

    Estas especies foron extingidas sobre todo polas glaciacións,pola diminución dos espazos donde se alimentaban (principalmente especies como as gramineas),e tamén pola ameaza das águilas de Haast as maiores aves de presa coñecidas.

  8. victor di:

    Cal é a causa de que estas aves acadaran tamaños tan grandes?

  9. marcelina.aso.1a di:

    Algunhas tan pequenas como un pavo e outras de descomunal tamaño. Entre elas, a especie Dinornis giganteus (Moa Xigante) ostenta o título de ser o ave máis alta que pisou a Terra, con máis de 3′ 7 metros de altura. Polo seu tamaño e corpulencia debía consumir a diario tanta cantidade de alimento como un buey. A súa única ameaza antes da chegada do home parecía proceder do Aguia Xigante, un depredador tamén extinguido na actualidade, con 3 metros de envergadura e máis de 10 quilos de peso.

  10. angel.aso.1a di:

    Tras desaparecer os dinosaurios, ás aves resultáballes seguro baixar á terra para encontrar comida. Algunhas empezaron a cazar presas á carreira. Ao cabo de millóns de anos, desarrollaron patas cada vez máis grandes, co cal podían correr cada vez máis deprisa. Para cazar presas maiores, os seus corpos tamén creceron. Ao facerse os corpos máis pesados, non puideron voar. Xa non necesitaban ás e atrofiáronselles.

  11. ivanabal.aso.1a di:

    Moitas destas aves deixaron de voar porque unha vez que os dinosaurios mais grandes desapareceron o perigo de ser devoradas era moi pequeno, entonces esas extremidades tuberon novas funcións, un exemplo son os pengüins que a función das suas as cambio para utilizalas como aletas, desarollando moito mais as suas patas

  12. ruben.aso.1a di:

    A causa de que estas aves acadaran tamaños tan grandes é que son aves paleogantas , é decir , que non poden voar.
    Ó non poder voar estas aves desenvolveron outros lugares como as patas; que son fortes e longas, teñen o externón plano e sin quilla( donde se insertan os musculos para voar que estas aves non necesitan)
    Estas cualidades fixeron que estas aves foran collendo envergadura a medida que ían evolucionando e polo tanto puideron acadar esas enormes medidas, e tamaños.

  13. martin.aso.1a di:

    Se estas aves deixaron de voar e desenvolveronse na terra, isto tamén influiría na sua forma de alimetación dado que se antes tiñan que voar a un determinado lugar á hora de buscar alimento, agora terían que buscar outra forma de obtelo ou mesmo cambiar de alimentación.

  14. santigonzalez.aso.1a di:

    A evolución das aves como di Ángel fai que as novas aves ó non ter perigo na terra non precisen voar, e logo de varias xeracións conseguir ter descendentes coas patas máis fortes e as ás máis pequenas, ata que lle desapareceran. Na actualidade existen especies de aves moi semellantes ás aves elefantes, pero de moito menor tamaño, por exemplo o kiwi.

  15. sabina.aso.1a di:

    Neste post temos outra proba do importante e útil que pode chegar a ser o ADN, xa que como podemos ler tamén se utiliza á ora de estudar máis en profundidade fósiles de ovos de animais desaparecidos hai miles de anos.
    Dende logo é verdadeiramente interesante e atractivo coñecer dun xeito máis claro os ecosisistemas onde se desenvolvía a vida destes animais,o que tamén axudaría a coñecer as diferencias entre os antigos ecosistemas e os actuais, e aproximarse así a como puideron evolucionar ata concurrir no que hoxe en día son.
    O que me chamou especialmente a atención neste post foi o vídeo inicial, xa que me pareceu fascinante o feito de que se poidan realizar clonacións de animais extintos hai miles de anos, como é o caso do mamut. Pero tamén me impactou que o ADN se conserve aínda pasados tantos anos, tiña coñecemento de que o ADN é extremadamente resistente, pero de ningún xeito pensei que puidera resistir tanto tempo.

  16. laura.aso.1a di:

    O tamaño tan grande destas aves débese a progresiva adaptación a o medio terrestre, xa que cando os dinosaurios apareceron, as aves corrían menos perigo a ir a terra para obter alimento, e foron adaptandose pouco a pouco, desenrolando unhas patas máis grandes e fortes, para poder cazar as súas presas á carreira, e a consecuencia da maior adaptación a terra foi que as súas ás forense atrofiando, e por tanto perderon a súa capacidade para voar.

  17. andrea.aso.1a di:

    A causa de que os moas e as aves elefante acadaran esas grandes dimensións débese a desaparación dos dinosaurios, xa que como non corrian perigo , estas aves frecuentaban máis a terra e deste xeito foron desarrollándose ata acadar unhas patas máis fortes, un corpo de dimensións xigantes para unha ave, e con isto o seu peso aumentou, ata que xa non podian voar, polo que estas aves tiñan ausencia de ás.

  18. victor di:

    Se visitades as illas Canarias poderedes coñecer que case cada unha delas posúe a súa especie de lagarto xigante. Hai outras illas nas que se encontran especies máis pequenas do normal (hipopótamo anano, “home de Flores”).
    Cal credes que é a causa do diferente crecemento que experimentan as especies asociadas a illas?

  19. roberto.aso.1a di:

    Eu penso que pode ser porque un animal canto máis pequeno máis posibilidades de supervivencía nun habitad máis pequeno.

  20. laura.aso.1a di:

    O tamaño esta estreitamente relacionado coa abundacia de recursos no medio e tamén dos depredadores que habiten nese ecosistema.

  21. andrea.aso.1a di:

    Eu creo que cada especie se desenvolve no seu medio, é dicir que como dí Victor que case cada illa ten unha especie diferente de lagaro xigante, será porque as illas estan illadas, e en cada sitio desenvolveuse un tipo de lagarto, en conclusión penso que é polo illamento dunhas illas as outras, e por iso en cada illa habera diferentes especies.

  22. santigonzalez.aso.1a di:

    Cada illa destas funciona coma un ecosistema diferente, xa que non teñen conexion entre elas. Ó ter medios de vida separados aínda que parecidos danse diferentes condicións de vida, e polo tanto diferentes variacións da evolución da mesma especie. O que unha especie se faga máis grande ou máis pequena depende do que dixo Laura, os depredadores e os recursos da illa.

  23. marcelina.aso.1a di:

    Creo que depende do tipo de ecosistema e dos depredadores que habitan cada illa diferente.

  24. ruben.aso.1a di:

    Eu estou de acordo cos meus compañeiros , penso que as especies se adaptan ó entorno no que viven , a abundancia de comida … etc , polo tanto desenvolvense estas especies de maneira diferente.

  25. vanesa.aso.1b di:

    O crecemento diferente , na miña opinión,débese á súa adaptación no medio,é dicir, maneiras de sobrevivir entre depredadores e maneiras de conseguir comida , e á súa evolución como especie.

  26. maria.aso.1a di:

    Estou de acordo con Laura; cando unha especie varía algunha das súas características(coma o tamaño) faino para busca un mellor adaptamento ao medio e así mesno maís posibilidades de supervivencia; é igual que un lagarto xigante coma o Varano das Komodo vive de carroña e considérase potencialmente perigo sincluso para nós un lagarto anano aproveitará o seu tamaño para ocultarse mellor; e alimentarase de ..flores(?)

  27. victor di:

    Loxicamente como dicides ten que ver cos ecosistemas. Pero como funciona o proceso de adaptación nas illas?
    Fixádevos que comentamos que uns se fan grandes e outros pequenos. Cales e por que?

  28. santigonzalez.aso.1a di:

    Os depredadores faranse grandes para poder cazar as súas presas e o resto evolucionará para ser máis pequeno e así consumir menos recursos da illa e así aproveitalos para máis tempo.
    A adaptación nas illas está illada dos outros ecosistemas, o cal pode producir diversas evolucións dunha mesma especie, facendo así que nun lado da illa haxa unha especie con diferentes rasgos, como atopou Darwin nas Galápagos os 6 tipos diferentes de paxaros que só variaban no pico.

  29. andrea.aso.1a di:

    Como xa citei antes é o illamento das illas é o que ocasiona diversas especies en cada illa xa que non hai contacto entre as especies dunha determinada illa coa outra illa,e respecto as especies penso que todo básase nunha cadea alimentaria, xa que os depredadores fanse máis grandes e as presas máis pequenas, e por riba deses depredadores haberá outros e asi sucesivamente.

  30. carolina.aso.1b di:

    Unha ave podese facer mais grande para poder adaptarse o seu medio,para poder sobrevivir segundo a sua forma de cazar,outros son mais pequenos poola mesma razon, creo que resulta lle moito mais facil sobrevivir a un animal pequeno e non a un grande,como xa se dicia nalgun comentrio anterior. en resumo que o tamaño podese deber a forma de adaptarse o medio.

  31. marcelina.aso.1a di:

    A taxa de evolución nas illas dispárase. Por iso nas illas hai tantas especies singulares. Non é o feito da insularidad, senón do illamento. A poboación é moi probable que tenda a xurdir da originalidad. Tanto as mutaciones, como as diferentes combinacións xenéticas, como a adaptación ao novo ambiente producirán, moi probablemente, unha especie diferente.

  32. jose.aso.1b di:

    Neste post refléxase, como podemos obter información doutros animais a partir de determinadas especies, como neste caso de obter información dun Mamut a partir desta ave tan peculiar.

  33. ivanabal.aso.1a di:

    Nas illas a evolución dividese xa que non todas as islas teñen os mesmos ecosistemas, por eso cada animal da mesma especie evoluciona de maneira diferente dependendo de como ten que alimentarse ou de como ten que defenderse dos enimigos.

  34. santiguillan.aso.1a di:

    Os seres vivos vanse adaptando para poder comer e sobrevivir fronte os ataques doutros seres vivos. Os seres vivos vanse facendo máis grandes, fortes ou desenrolando partes do corpo que lles axuden na súa vida diaria.
    Un animal pode facerse pequeno por exemplo para agocharse de depredadores e grande para poder plantarlles cara.

  35. sabina.aso.1a di:

    A fauna das illas Canarias presenta unha complexa diversidade debido a dous factores determinantes, insularidade e clima. As Illas Canarias estiveron dende sempre ailladas do continente, o que se reflexa na súa fauna con poucas especies e moitos endemismos(só é posible atopala de forma natural neste lugar) No caso canario ademais hai que destacar a inclusión do arquipélago dentro da Macaronesia, rexión de carácter volcánico especialmente rica nunha microfauna de especies e subespecies endémicas.
    Por outro lado, as variedades climatolóxicas e paisaxísticas dadas dentro das illas Canarias repercuten nesa diversidade zoolóxica. Así, as illas máis orientais posúen espacios con hábitats semidesérticos e influenciadas pola presenza cercana do Sáhara. Mentres que as illas máis occidentais, albergan bosques de piñeiro canario e laurisilva debido á influencia climática dos ventos alisios. En xeral as especies presentes son propias do Mediterráneo e o Norte de África.

  36. victor di:

    E que pasa coas Illas Atlánticas do noso Parque Nacional (Cíes, Ons, Sálvora E Cortegada); poderían posuir especies que evolucionaran en función da insularidade?

  37. laura.aso.1a di:

    Na mia opinión non, son illas moi próximas a costa, por tanto, os animais das illas e os que viven en terra, están baixo unhas condicións moi semellantes, polo tanto non presentarán unha distinta evolución.

  38. victor di:

    Laura, tes parte de razón no inicio do teu comentario pero menos na parte final. Cada Illa das Canarias ten ou tivo (“malditos gatos”) o seu lagarto xigante propio a pesar de ter condicións moi semellantes.
    E canto tempo hai que as Illas Atlánticas son illas?

    NOTA: NOVO FORO (ESTARÁ ABERTO 10 DÍAS)

  39. anadia.aso.1b di:

    o orixen xeolóxico das Illa Atlánticas remóntase a máis de 400 millóns de anos, é decir, ao Silúrico Superior. O océano silúrico, desapareceu como resultado da colisión que uneu todos os continentes, e a raíz deste movemento das capas xeolóxicas creouse a cordilleira Hercínica ( fai máis de 300 millóns de anos ). Elevacións e asentamentos de extractos deron orixen, entre outras cousas, ás Illas Cíes, así como á maior parte da configuración da costa das Rías Baixas.

  40. laura.aso.1a di:

    A formación xeolóxica das Illas Atlánticas data de finales do Terciario,cando se produciron os afundimentos dalgunhas partes da costa, polo que penetrou o mar e crearonse as rias. Todas as Illas Atlánticas son as cumbres das serras costeiras que quedaron cubertas parcialmente polo mar.

  41. marcelina.aso.1a di:

    A súa formación geológica é de finais do Terciario, cando se produciron os afundimentos dalgunhas partes da costa, co que penetrou o mar e creáronse as rías. Todas as illas atlánticas son os cumes das serras costeiras que quedaron parcialmente baixo o mar e están formadas case na súa totalidade por pedra granítica.

  42. victor di:

    E as glaciacións?, desde cando son illas?

  43. laura.aso.1a di:

    A glaciación é un periodo de longa duración na que a temperatura global baixa,do que resula unha expansión dos casquetes polares. As glaciación divídense en 2 partes:
    -Periodos Glaciales:Que son os periodos máis frios das glaciacións.
    -Periodos interglaciales: Que son os periodos máis cálidos.
    Tense constancia de polo menos catro glaciacións donde a máis recnete acabou fai uns 10.000 anos,e a glaciación hipotética máis antiga(chamada Glaciación Huroniana)tivo lugar entre 2.700 e 2.300 millón de anos.

  44. manuel.aso.1a di:

    Segundo a definicion de glaciación ainda nos encontramos nunha glaciación porque todavía existen casquetes polares en Groenlandia e na Antártida.

  45. victor di:

    Hai 9.000 anos, as illas atlánticas galegas estaban unidas ao continente porque…

  46. laura.aso.1a di:

    Por que hai 9.000 anos estabamos nun periodo de glaciación, onde o nivel do mar era moito máis baixo.

  47. andrea.aso.1a di:

    Como dí Laura, as illas atlánticas estiberan unidas ao continente pola glaciación, e de acordo a definición dada pola Glacioloxía, o término glaciación refírese a un periodo con casquetes glaciales tanto o hemisferio norte como o sur; según esta definición, aínda nos encontramos nunha glaciación (porque aínda hai casquetes polares en Groenlandia e na Antártida).