MENOS CONTAMINACIÓN PERO…

imagen

O bioetanol é un alcol formado a partir da fermentación dos azucres contidos na materia orgánica das plantas. Neste proceso obtense  alcohol hidratado, cun contido aproximado do 5% de agua, que tras ser deshidratado pode utilizarse como combustible. O bioetanol mesturado coa gasolina produce un biocombustible de alto poder enerxético con características moi semellantes á gasolina pero cunha importante reducción das emisións contaminantes  nos motores tradicionales de combustión. Co uso do bioetanol conseguimos:

-Redución da emisión de CO2 nun 90 % por Km percorrido.

-Redución da emisión de gases de efecto invernadoiro.

-Fomentamos o desenvolvemento do sector agrícola.

O bioetanol xa se comezou a usar en coches da marca Renault, que conta con  varios modelos que funcionan con este combustible. Esta proposta chegou ata a F1, na que Ferrari utilizou este  tipo combustible  na primeira carreira do ano 2010.


Autor: Jose Padín

Esta entrada foi publicada en Biocombustibles, Cambio Climático, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

57 Responses to MENOS CONTAMINACIÓN PERO…

  1. andrea.aso.1a di:

    En xeral, utilízanse tres familias de productos para a obtención do alcohol:
    ·Azucares, procedentes da caña ou a remolacha, por exemplo.
    ·Cereais, mediante a fermentación dos azúcres do almidón.
    ·Biomasa, pola fermentación dos azúcres contidos na celulosa e hemicelulosa.

  2. veronica.aso.1a di:

    As enerxías renovables como os biocombustibles non son a única solución para mellorar o medio. Hai que saber empregar estas enerxías intentando obter factores positivos. No caso da industria do biocombustible estase producindo un forte desenvolvemento, que pon en desequilibrio a alimentación mundial e a deforestación de grandes extensións.

  3. sabina.aso.1a di:

    Eu persoalmente xa tiña coñecemento dos problemas que está a supoñer a expansión acelerada dos biocombustibles.
    A maioría da poboación xa se está a concienciar para frear o cambio climático, pero dende logo o que non se pode facer é implantar unha medida para diminuír a contaminación(como é o caso dos biocombustibles)sen estudar os efectos que pode ter a súa expansión. Se se realizase un estudo previo dun xeito exhaustivo e serio non estarían a suceder moitos dos problemas que estamos a sufrir parte da poboación do planeta.
    Como ben di o post os biocombustibles obtéñense a partir de bioetanol, e o bioetanol obtense a partir da materia orgánica das plantas; para obter esa materia orgánica é preciso destiñar moitas terras de cultivo, destiñadas á alimentación, á obtención de plantas específicas para a obtención de bioetanol, este feito proboca que se diminúa a producción de ditos productos alimentíceos, o que fai que aumente o precio dos mesmos perxudicando á poboación. Outro dos problemas que acarrexa a producción de bioetanol para os biocombustibles é a deforestación, feito que se dá para que se poida dispoñer de unha maior extensión de terreo para cultivar as plantas que se destiñaran á producción de bioetanol.
    Na miña opinión penso que se debería de buscar outra saída máis rendible e que resultase moito menos perxudicial xa que é inconcebible que se tome unha medida para axudar ao planeta e que esta o que está a probocar son danos á economía das distintas familias, o que pode acarrexar nalgunhas ocasións problemas graves.

  4. raquel.aso.1b di:

    Dado que o bioetanol procede de masa vexetal, esas plantas das que proceden expulsaron a atmosfera durante o seu crecemento (mediante a fotosíntese) unha gran cantidade de osíxeno, unha emisión medioambiental “positiva” que de algún xeito ven contrarrestando de antemán as emisións nocivas que con posterioridade poda lanzar a atmosfera. Esa é a estratexia que, como Renault, están seguindo moitas marcas para cumplir co compromiso de Kioto e dar unha imaxe de marca “verde” ante os seus clientes.

  5. juanjose.aso.1a di:

    Os Ferrari de Alonso e Massa utilizaron bioetanol lignocelulósico. Este combustible fabrícase con palla de trigo e contamina un 90% menos que a gasolina que se utiliza normalmente. Esta noticia xa fora anunciada por Shell, o proveedor oficial de carburante de Ferrari, que dende mediados de 2009 levan traballando en colaboración con Ferrari no desenrolo destes novos carburantes. Este carburante non podían ter unha mellor confirmación da súa eficacia, xa que Alonso e Massa quedaron 1º e 2º no Gran Premio de Barhein.

  6. victor di:

    Jose, nos argumentos a favor dos biocombustibles afirma que potencian o sector agrícola. Que opinión vos merece esta afirmación?

  7. laura.aso.1a di:

    Fomentaría a agricultura no ámbito de producción e importancia a nivel económico, tamén porsupostos os postos de traballo, pero esta gran produción tamén leva consigo un aumento dos campos de cultivo, e por tanto a deforestación ou a eliminación de outros cultivos para a produción dos biocombustibles.

  8. ruben.aso.1a di:

    Os biocombustibles son de orixe biolóxica e obteñense de maneira renovable a partir dos restos orgánicos( azucar , trigo , millo. Dentro deste grupo de biocombustibles atópase o bioetanol que é un alcohol que se obtén a partir do millo , da caña de azúcar ,e da remolacha.
    O bioetanol permite substituir as gasolinas por este combustible que reduce enormemente a cantidade de CO2 que se emite a atmósfera, e polo tanto a emisión de gases de efecto invernadoiro. O principal productor de bioetanol e Brasil seguido de EEUU.
    Nestes paises estase xerando un gran problema porque para ter unha cantidade razoada de bioetanol fai falla grandes cantidades de materia prima( millo, caña de azúcar)o que leva consigo unha deforestación de grandes áreas, que antes eran bosques, para cultivar estas materias primas.

  9. carlos.aso.1a di:

    Estou de acordo con Laura, xa que fomentaría a agricultura, pero non en alimentos como millo,arroz… senon que a fomentaría a nivel de producción de biocombustibles, xa que os agricultores buscarían a maneira de ganar máis cartos e a dos biocombustibles parece máis asequible.

  10. roberto.aso.1a di:

    O malo é que este suposto potenciamento do sector agricola leva consigo un efecto encadeado que seria perxudicial para todos.
    Ó aumentar o prezo deste producto para obter máis beneficio todos os productos relacionados con este sufririan un aumento do seu prezo,e como dixo Victor este é un producto,que representa un alimento principal nas dietas da poboacion dos paises sur americanos ,e se subise o seu prezo uns dos principais afectados serian eles que non o poderian comprar.

  11. alexandre.aso.1b di:

    A verdade esto potencia claramente o sector agricola, xa facía tempo que non había noticias para mellorar a producción do campo, esto beneficia os agricultores pero tamén temos que pensar na subida de bens primarios, xa que ahora porque teñamos esta saída non vamos a deixar de comer nós para facer carburantes para os coches, creo que hai que ter un control sobre os medios de produción e sen chegar a abusar desto seguir buscando novas melloras, e non agarrarnos a esto como única medida.

  12. ana.aso.1a di:

    Este post pareceme moi interesante, xa que non oira falar deste bioconbustible.
    Por outra parte, respondendo a pregunta de Víctor creo que isto podería veneficiar o sector agrícola, aportando moitos beneficios para a nosa economía, pero tamén nos podría perxudicar a nos, xa que este biocombustible se fai cun producto que para nos e primario,e isto podría levar o encarecemento de este producto e así perxudicarnos.

  13. victor di:

    Que implicación ten sobre o prezo dos alimentos o destinar solo agrícola para producir biocombustibles?

  14. veronica.aso.1a di:

    Cando se queren producir biocombustibles empréganse a maioría dos alimentos con este fin. Moitos países lanzáronse a esta produción de biocombustibles sen darse conta de que si a maioría dos alimentos se empregan para obter bioetanol, queda unha pequena porcentaxe para a demanda alimenticia do resto da poboación, entón esto fai que suban os precios dalgúns vexetais; e como estos alimentos tamén se empregan para a alimentación dalgúns animais, sube así o precio da carne.

  15. juanjose.aso.1a di:

    O uso dos biocombustibles aumentou o prezo dos cereais e das oleaginosas nun 65%. Se esto segue asi, moitos dos cultivos utilizados para fabricar biocombustibles aumentarán o precio rápidamente.

  16. barbara.aso.1b di:

    Estou de acordo con Ana, xa que os biocombustibles poderían beneficiar enonómicamente o sector agrícola, pero por outra parte tamén se producirá unha suba notable nos prezos dalgúns alimentos que para nós son de primeira necesidade, xa que a cantidade ofertada será menor.

  17. emilio.aso.1a di:

    Lendo unha noticia sobre os biocombustibles, afirmaba que ó 20% destes procedian da Arxentina, é o 5,5% dos biocombustibes que se usan no mundo probeñen de alí. Se nos paramos a pensar, toda ó combustible que gastamos no transporte dende Arxentina ata a nosa galolineira, supón un gasto moi gande e moita contaminación.

  18. ivanabal.aso.1a di:

    O prezo dos alimentos aumenta considerablemente cao produción de biocombustibles porque o terreo que antes se dedicaba unicamente a plantar alimentos ahora dibidese en duas parcelas, ou no peor dos casos, dedicase totalmente a produción de biocombustibles, o que fai que a cantidade de alimentos dispoñibles no mercado se reduza, incrementando o prezo, nalguns casos, ata no case o o doble do prezo inicial. Un caso particular vese na produción de arroz para Asia, xa que os agricultores estanse cambiando a plantar caña de azucar, xa que obteñen mais cartos vendendoas

  19. angel.aso.1a di:

    Un aumento na demanda de biocombustibles pode producir:
    Un aumento no precio dos cultivos enerxéticos.
    Un aumento no precio de outros cultivos
    Un aumento no precio dos productos que compiten por insumos cos combustibles enerxéticos (por exemplo carne).
    Unha redución no precio dos subproductos da producción de biocombustibles (por exemplo glicerina).
    Un claro exemplo do impacto negativo dos biocombistibles é o que aconteceu no 2006-2007 en México.Este pasou de ser autosuficiente a ser importador de gran parte do consumo de millo: aproximadamente o 30% do millo amarillo e o 25% do millo branco proveñen de Estados Unidos.

  20. maria.aso.1a di:

    Pareceme interesante que se pense en buscar substitutos para o petroleo(gasolina)..por ase de esgotar e ademási contamina moitísimo; pero non creo que o millo sexa a sulucion: o millo é comida!! e como lle din aos meniños: “non se xoga coa comida”; usalo como combustible prvocaria que se especulase cos cereais, sube o prezo da comida(eu prefiro ter que comer e ter que ir en bici a non poder comer…e de cereais estan feitas un montón de cousas ricas!!), e quiza tamen o do combustible; amais de que posiblemente se explotase de mala maneira aos productores.

  21. ruben.aso.1a di:

    O destinar solo estes alimentos ,(millo ,trigo , cañas de azúcar , remolacha)ou materias primas leva consigo un aumento da demanda e polo tanto elevase o prezo.
    As empresas destinadas os biocombustibles poden aceder a estas materias primas pero as persoas deses paises , a maioría son xente pobre polo cal o seu alimento básico é o millo e o trigo fundamentalemente, entón non pode aceder a estes alimentos favorecendo a fame neses países.

  22. paula.aso.1b di:

    Poñer ós agricultores europeos a producir biocombustibles permite solucionar o problema do excedente agrario ó tempo que axuda a reducir as importacións de petróleo, e todo iso sen a necesidade de deixar ós traballadores do campo en paro.

  23. laura.aso.1b di:

    O crecente consumo de alimentos vai da mano co seu desarrollo económico e éste é un dos principales factores que foi aumentado a demanda mundial de alimentos e, consecuentemente, reducido o stock dos mesmos e así o precio aumenta.
    Se sumamos o aumento da demanda de alimentos o aumento na demanda de petróleo pola parte de países como a India ou China, o coktail resulta desastroso. Cada vez resulta máis cara a distribución de alimentos e isto tamén influe no precio dos mismos.

  24. victor di:

    Por que é preferible utilizar un biocombustible que a gasolina ou o gasóleo?

  25. raquel.aso.1b di:

    As principais vantaxes de usar etanol en lugar de gasolina son as seguintes:
    -Ó ser renovable e producido localmente, o etanol permite disminuir a dependenciado petróleo, o que mellora a seguridade enerxética dos países.
    -O etanol, ó ser un osixenante das gasolinas, mellora a súa octanaxe (número de octanos, hidrocarburo alifático, de un carburante) de maneira considerable, o que axuda a descontaminar as nosas ciudades e a reducir os gases causantes do efecto invernadoiro.
    -Ó ser un aditivo osixenante, o etanol tamén reemplaza a aditivos nocivos para a saúde humana, como o chumbo e o MTBE.
    -O octanaxe do etanolpuro e de 113 e queimase mellor a altas compresións ca gasolina, polo que da máis poder ós motores.
    -O etanol actúa como un anticonxelante nos motores, mellorando o arranque do motor en frío e previndo o conxelamento.
    -Aumenta o valor dos productos agrícolas dos que procede, mellorando así os ingresos dos habitantes rurais e, por consecuencia disto, elevando o seu nivel de vida.

  26. ruben.aso.1a di:

    É preferible utilizar biocombusibles en vez de gasolinas ou gasóleos porque reduciría enormemente a cantidade de petróleo e combustibles fósiles destinados a produción de gasolinas e gasóleos.
    Esta redución tamén levaría consigo unha menor emisión dos gases que provocan o efecto invernadoiro.
    Por outro parte tamén e preferible porque favorece as zonas rurales xerando empregos nestes lugares.

  27. paula.aso.1b di:

    Os biocombustibles actualmente supoñen a principal parte da enerxía renovable tanto a escala europea coma mundial e por iso, a corto – medio prazo, o aumento da participación das enerxías renovables pasa pola intensificación do seu uso. As suas ventaxas son a seguridade dos abastecimentos que confiren, a inyección de importantes recursos no sector primario contribuindo con iso á cohesión territorial e o aproveitamento de subproductos e residuos orgánicos reducindo o volumen de basuras entre outras.

  28. laura.aso.1a di:

    É preferible utilizar os biocombustibles porque se reducen as emisións de CO2 e supoñen unha fonte reciclable, e por tanto inesgotable.
    Pero tamén teñen as súas desventaxes como por exemplo, que o seu custo de produción case dobla o da gasolina ou a do gasóleo, nas zonas de cultivo usaríanse moitos herbicídas, ademáis os biocombustibles necesitan unha transformación previa máis complexa, ademási os bioalcois, na súa destilación, emiten máis CO2 que a gasolina ou o gasóleo; e por último o seu uso só se limita a os motores de baixo rendemento e pouca potencia.

  29. carlos.aso.1a di:

    Eu creo que os biocombustibles e preferible utilizalos porque principalmente xeneran unha menor contaminación ambiental. Ten algunhas ventaxes como que é unha fonte de enerxía inagotable e que reduce as emisións de gases… pero tamén algunha desventaxe como que producen graves impactos sociais e medio ambientais ou que se necesitan grandes áreas de cultivo deixando así de cutivarse outras cousas como pataca, arroz..

  30. andrea.aso.1a di:

    Os combustibles teñen máis vantaxes xa que todos eles reducen o volume total de CO2 que se emite na atmosfera, xa que o absorben a medida que crecen e emiten prácticamente a mesma cantidade que os combustibles convencionais cando se queiman, polo que se produce un proceso de ciclo cerrado.
    Os biocombustibles son a menudo mezclados con outros combustibles en pequenas proporcións, 5 ou 10%, proporcionando unha reducción útil pero limitada de gases de efecto invernadoiro.En Europa e Estados Unidos, implantóuse unha lexislación que esixe os proveedores mezclar biocombustibles ata uns niveis determinados. Esta lexislación foi copiada logo por moitos outros paises que creen que estos combustibles axudarán o melloramento do planeta a través da reducción de gases que producen o efecto invernadoiro.

  31. victor di:

    Enténdese que utilizando bocombustibles, a parte de producir menos gases efecto invernadoiro, o CO2 emitido será en parte consumido pola nova xeración de plantas (ao realizar a fotosíntese)para máis biocombustible. Eso non ocorre cos derivados do petróleo.
    Que será máis eficiaz no consumo de CO2, unha plantación de millo ou un bosque da mesma extensión?

  32. emilio.aso.1a di:

    Pois dende o meu punto de vista, creo que non se podería deixar esquecido ningunha desas plantación. As plantacións de millo favorecen moito para os biocombustibles pero os árbores non podemos deixar que desaparezcan. A produción de millo aumentou unha barbaridade pero non podemos descoidar as árbores xa que sen elas a vida para moitos sers vivos sería imposible.

  33. ivanabal.aso.1a di:

    Eu creo que o bosque é mais eficaz porque non se ten que volver a plantar, en cambio o millo si, porque se recolle e se ten que volver a plantar

  34. marcelina.aso.1a di:

    Creo que o bosque é o sistema máis eficaz de captación de CO2. Mentres que a plantación de millo para obter biocombustible nalgúns lugares pode dar lugar á deforestación.

  35. santigonzalez.aso.1a di:

    O millo unha vez recollido o froito hai que volver a plantalo, e ademáis, dado o seu tamaño non poden eliminar tanto CO2 coma unha árbore. O millo por outra parte necesita productos químicos para a súa producción sen que colla enfermidades nin pragas e isto fai que aumente o consumo en estes produtos, tanto na maquinaria para aplicalos coma para producilos.

  36. maria.aso.1a di:

    Estou de acordo con Iván; o bosque é mellor opción xa que absorve máis cantidade de CO2(espacialmente os castaños e os nogais); e ademáis non necesita ser “replatado” todos os anos…así ademais durante o periodo que medran os cereais non absorven moito CO2.

  37. sabina.aso.1a di:

    Gustaríame falar da fotosíntese das plantas C4, dantro das cales se atopa o millo:
    As plantas C4 utilizan a vía de 4 carbonos para a fixación do carbono. A vía de 4 carbonos consiste na captación do dióxido de carbono nas células do mesófilo da planta pero o CO2, en vez de utilizarse inmediatamente no ciclo de Calvin, reacciona co fosfoenolpiruvato. O producto final da reacción entre o fosfoenolpiruvato e o CO2 é o oxalacetato, que posteriormente se convirte en malato que se transporta hacia as células da vaina, donde é descarboxilado, producindo o CO2 necesario para o ciclo de Calvin ademais de piruvato. Este último pasa novamente ao mesófilo donde se transforma por medio de ATP en fosfoenolpiruvato, para quedar novamente dispoñible para ciclo.
    Entre as plantas C4 atópanse o millo, a cana de azucre, a invasora Cynodon dactylon ,o sorgo e o amaranto.

  38. andrea.aso.1a di:

    Na miña opinión penso que sería máis rentable un bosque, xa que unha plantación de millo da máis traballo e necesita ser replantado, mentres que un bosque non, e o bosque recolle máis CO2 cunha plantación da mesma extensión de millo.

  39. marcelina.aso.1a di:

    Creo que o bosque é o sistema máis eficaz de captación de CO2. Mentres que a plantación de millo para obter biocombustible nalgúns lugares pode dar lugar á deforestación!

  40. victor di:

    Todos os bosques (en función da súa idade) son igualmente eficaces á hora de captar CO2?

  41. roberto.aso.1a di:

    Non todos os bosques son igual de eficaces a hora de captar CO2,enc función da sua idade os bosques xoves son máis eficaces que os que teñen máis anos.
    Esto debese a que as arbores xoves necesitan máis CO2 xa que o seu crecemento é máis acelerado.Mentres que as arbores de maior tamaño seguen absorvendo C02 pero a diferente ritmo xa que estes crecen máis lento.

  42. laura.aso.1a di:

    Non, os bosques que posuen as árbores máis xoves son os máis eficaces na captación de CO2, xa que o seu crecemento é moi acelerado, en cambio cando as árbores van facendose máis vellas a súa captación de CO2 diminue, xa que o seu crecemento é máis lento.

  43. andrea.aso.1a di:

    Pois claro que non, xa que os árbores xoves captan moito mellor o CO2 debido o seu crecemento rápido e porque necesitan máis CO2, e os árbores que xa teñen certa idade van disminuindo a sua captación de CO2 debido o seu crecemento, que se volve máis lento, e precisan de menos CO2.

  44. adrian.aso.1a di:

    Unha árbore absorbe de media os gases tóxicos que emiten cen coches nun día pero a captación varía como ben dixeron Roberto e Laura en función da súa idade pero tamém varía en función da especie arbórea e en que lugar se encontren.

  45. santigonzalez.aso.1a di:

    Os bosques dependen da súa idade e da clase das árbores, xa que unhas teñen maior tamaño, máis follas… As árbores cando teñen moitos anos van cambiando e van botando máis CO2 e menos osíxeno.

  46. juanjose.aso.1a di:

    Por eso é tan importante os árbores no desenrolo do quentamento global, xa que coa tala indiscriminada de árbores conséguese ter menos filtros de CO2. Según atopei un árbore absorve de media os gases tóxicos que emiten nun día cen coches. Eu apostaria por incrementar as zonas verdes nas cidades.

  47. marcelina.aso.1a di:

    Non son igual de eficaces á hora de captar CO2 xa que os máis vellos fan menos intercambio gasoso e non transforman tanto CO2 como o fai unha árbore nova que está en pleno crecemento. Pasa igual cos humanos xa que unha persoa maior non ten tanta axilidade mental coma un rapaz novo.

  48. andrea.aso.1a di:

    Referente a este tema,os árbores absorben dióxido de carbono (C02) atmosférico xunto con elementos dos chans e do aire para convertilos en madeira que contén carbono e forma parte de troncos e ramas.A cantidade de C02 ca árbore captura durante un ano, consiste só no pequeno incremento anual que se presenta na biomasa da árbore (madeira) multiplicado pola biomasa da árbore que contén carbono.
    Aproximadamente 42% a 50% da biomasa dunha árbore (materia seca) é carbono. Hai unha captura de carbono neta, únicamente mentres a árbore se desarrolla para alcanzar madurez. Cando a árbore morre, emite a mesma cantidade de carbono que capturou. Un bosque en plena madurez aporta finalmente a mesma cantidade de carbono que captura. O primordial é canto carbono (C02) captura a árbore durante toda a súa vida.

  49. santiguillan.aso.1a di:

    Os árbores que captan maior CO2 son as máis grandes, por iso nas zonas con maior humidade e temperaturas suaves son as zonas con árbores máis grandes.
    Tamén é certo que según algúns estusios se di que os bosques vírxenes absorben máis CO2 que os bosques repoboados, pero agora co cambio climático as árbores están baixando na captación de CO2.

  50. victor di:

    Por certo, cal é o maior sumidoiro de CO2: os bosques ou os océanos?

  51. laura.aso.1a di:

    Polo que puiden encontrar, os oceános son o que máis absorben CO2, por varias razóns:
    -A superficie que ocupan os oceános é moito maior que a que ocupan os bosques.
    – A auga admite o CO2 en disolución.Comprobouse que os líquidos frios admiten unha maior concentración de gases que os líquidos quentes.
    -Por outra banda tamén hai que ter en conta, que as plantas non sempre están absorbendo CO2 e expulsando osíxeno, mentras que na súa respiración fan o proceso contrario absorben osíxeno e expulsan CO2.

  52. victor di:

    E os organismos mariños como actúan con respecto ao CO2?

    NOTA: NOVO FORO (ESTARÁ ABERTO 10 DÍAS)

  53. angel.aso.1a di:

    Cando os niveis de dióxido de carbono na atmosfera se incrementan, aceléranse as reaccións químicas que descompoñen os minerais de silicato nos chans. Entre os productos destas reaccións, están os ións de calcio que se disolven en auga e son transportados ata o mar polos ríos. Organismos mariños como por exemplo moluscos combinan os ións de calcio co dióxido de carbono disolto na auga para formar as súas conchas (de carbonato de calcio) o que diminúe o calcio e o dióxido de carbono dos océanos, restaurando o equilibrio.

  54. marcelina.aso.1a di:

    Nun artículo que lin afirma que os oceános absorben máis CO2 polos seguintes motivos:
    *Os océanos son máis vastos que os bosques.
    *Sábese que os líquidos fríos admiten unha maior concentración de gases disoltos que os líquidos quentes, de modo que este tipo de absorción producirase preferentemente nas augas máis frías (preto dos polos)
    *Durante a noite en que se arrefría a superficie do auga, que é a que está en contacto coa atmosfera e na que se realiza o intercambio de gases. Sen embargo as prantas pola noite non fan a fotosíntese pero si respiran botando CO2 en vez de transformalo.

  55. marcelina.aso.1a di:

    O fitoplancton, moitas bacterias e determinadas algas realizan fotosíntesis de forma análoga a como o fan as plantas verdes. Estes procesos só poden realizarse na superficie do auga, xa que a luz non penetra máis que uns metros, polo día, xa que se require luz como coa clorofila, e preferentemente nas augas cálidas, xa que a calor favorece que se produzan as reaccións químicas necesarias.

  56. veronica.aso.1a di:

    Os organismos mariños, extraen o CO2 da auga mariña para construir os seus esqueletos e conchas de carbonato cálcico. Este proceso retira o CO2 da auga, e permite que o océano absorba máis CO2 da atmosfera.

  57. leticia.aso.1a di:

    Os organismos mariños que constrúen caparazóns ou esqueletos de carbonato cálcico veranse seriamente afectados debido a os niveis de acidez que acadarán mares e océanos.
    A acidificación do océano é un proceso polo cal descende o pH dos océanos da Terra pola absorción do dióxido de carbono antropoxénico emitido á atmosfera. Na actualidade, os mares absorben máis do 30% das emisións de CO2.
    De non reducir as emisións de dióxido de carbono é moi probable que nunha ou duas décadas as latitudes máis altas dos oceános Atlántico, Pacífico e Austral (ao ser zonas máis frías, absorben máis CO2) acaben sendo moi hostiles para os organismos que calcifican.