A BELEZA CHEGA A TODOS

imagen

Un estudo da Universidade de Columbia, publicado na revista “Nature” afirma que cerca do 10% das aves optan por quedarse solteiras porque non se ven o suficientemente fermosas como para encontrar compañeira e poder reproducirse.  Este problema é debido a que nalgunas especies hai machos “máis fermosos” xa que contan con mellor plumaxe e máis colorido ca outros e  poden chegar a atopar compañeira. Pola contra, as femias, aínda que non se saen do normal son moi esixentes pois só elixen aos machos que intentan e estar o máis fermosos posible.

Segundo Charles Darwin, na selección sexual, inflúen fundamentalmente dous fenómenos: a preferencia das femias por certos machos nas especies polígamas, e as batallas dos machos por conseguir a femia máis fermosa. Como vedes non só os humanos temos preferencias sexuais.


Autora: Ángela Lago

 

Esta entrada foi publicada en Evolución, selección natural e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

41 Responses to A BELEZA CHEGA A TODOS

  1. andrea.aso.1a di:

    Este post é moi interesante porque seguramente hai moita xente que non coñeza este aspecto de determinadas aves, que o igual que os seres humanos teñen preferencias sexuais e as femias intentan escoller o macho máis vistoso.

  2. victor di:

    Son as femias as que escollen ao macho ou ao revés? O comportamento na elección de parella nos humanos responde aos mesmos criterios ca no resto dos animais?

  3. laura.aso.1a di:

    Na miña opinión son as femias as que escollen o macho, en moitos rituais de apareamento, de diversas especies, son os machos os que compiten por chamar a atención a femia, e despois esta é a que escolle, basandose en diversos criterios.
    Respondendo a segunda pregunta, eu creo que non, porque os animais teñen moi enconta a fertilidade da súa posible parexa para garantir a supervivencia e a variedade da especie, nese sentido os humanos non nos fixamos tanto niso, como cita o video.

  4. silvia.aso.1b di:

    No reino animal, o que faga máis inversión de enerxía é o que elixe. Xeralmente é a femia a que elixe ó macho, xa que debe investir moita enerxía en producir ovos, coidar as crías… Tamén hai excepcións, como os cabaliños de mar, nas que o macho escolle á femia, porque vai ser el quen leve os ovos.

    Segundo o vídeo, os humanos actuaríamos de maneira parecida, xa que buscamos o mellor pai/nai para os nosos fillos, pero eu creo que non nos fixamos tanto niso, senón na personalidade, no físico, etc.

  5. jose.aso.1b di:

    Respondendo a primeira pregunta de Victor,penso que quen escolle a parella nos animais son os machos.
    Con respeto a segunda pregunta, penso que aínda que nalgúns aspectos nos podemos asemellar a algúns animais, sobre o tema da eleccion de parella eu opino que non, xa que os seres humanos somos moi distintos neste aspecto, porque na elección de parella os seres humanos temos moi en conta os sentimentos, e decir o que sentimos por outra persoa, mentres que nos animais o tema de elixir parella baséase máis no físico de cada animal.
    Con respecto a quen elixe nos seres humanos a parella é algo mutuo, mentres que nos animais non é así.

  6. victor di:

    Dos últimos tres comentarios estou observando que non considerades animal a nosa especie; creo que estades equivocados. E que pensades que non temos instintos?, e que todo o que facemos é racionalmente?
    Eliximos parella de xeito racional e premeditado?

  7. andrea.aso.1a di:

    Penso que son as femias as que escollen os machos que elas pensan que son apropiados, e respecto o de si os animais teñen os memos criterios que os humanos, penso que non, xa que os animais teñen o seu criterio como buscar a parexa ideal que lle garanta a superviviencia e unha descendencia fértil.

  8. ana.aso.1a di:

    Eu creo que as aves femias son as que escollen ao macho, e os machos pelexan por seer os escollidos.
    Aves manteñen contactos con membros do sexo oposto da súa especie, a fin de reproducir. As relacións entre machos e femias varían segundo a especie. Nalgúns casos, as aves manteñen o mesmo compañeiro para o resto da súa vida, noutros, a relación non vai durar un día.

    O tipo máis común de relación é a Monogamia, en que cada individuo ten só un compañeiro de reproducción por ano. A maioría dos paxaros son monógamos. Algúns quedan co seu compañeiro de vida ou buscar outro, cando este morre. Outras aves monógamos, no entanto, buscar unha parella reprodutor diferente cada ano.

    A poligamia é menos común en un individuo que ten varios socios reprodutivos. Existen varios tipos de poligamia:

    – Poligamia. A compañeiros do sexo masculino con varias femias (todos os compañeiros do sexo feminino con un macho). É a forma máis común de poligamia. É o caso de moitas aves de rapina, papagaios, gansos…

  9. victor di:

    Andrea, se ollas ben o video debería chegar a outra conclusión.

  10. ruben.aso.1a di:

    Eu penso que no grupos das aves elixen as femias, mentras que os machos pelexan por ser elixido.
    Hai grupos de animais nos que elixen as femias , e noutros casos os machos.
    No caso dos humanos creo que hai un acordo mutuo entre a femia e o macho . Os seres humanos tamén nos guiamos por instintos como o resto dos animas.

  11. marcelina.aso.1a di:

    Penso que as femias escollen ao macho xa que nunca vin pelexar a dúas femias por un macho, ao contrario a femia ou escolle ou os machos pelexan entre eles.

  12. victor di:

    Rubén o que ti chamas acordo mútuo sempre é posterior á elección. Buscade información sobre o noso cerebro de “réptil”.

  13. fatima.aso.1b di:

    O cerebro humano está formado por varias zonas diferentes que evolucionaron en distintas épocas. Cando no cerebro dos nosos antepasados crecía unha nova zona, xeralmente a natureza non se desfacía das antigas; en vez de eso, retenas, formándo a sección máis recente encima de ellas.

    A parte máis primitiva do noso cerebro,é nomeado ‘cerebro réptil’,encargase dos instintos básicos da supervivencia: o desexo sexual, a búsqueda de comida e ás respostas agresivas tipo ‘pelea-ou-fuxe’.

    O noso cerebro réptil remontase a máis de doscentos millons de anos de evolución, aínda dirixe parte dos nosos mecanismos para cortexar, casarse, buscar fogar…

  14. ruben.aso.1a di:

    O chamado cerebro de réptil é o encargado dos instintos básicos de supervivencia : deseo sexual , busqueda de comida.
    Gracias a este cerebro de réptil sobrevivimos durante milleiros de anos.

  15. veronica.aso.1a di:

    O cerebro humano está formado por diferentes zonas que evolucionaron en períodos de tempo distintos. Cando no cerebro dos nosos antepasados medraba unha nova zona, a antigua non desaparecía. O “cerebro réptil” é a parte máis antiga do noso cerebro, é a que se encarga dos instintos básicos como o da supervivencia, o deseo sexual, a búsqueda de alimento, respostas agresivas ou defensivas…

  16. angel.aso.1a di:

    A parte máis primitiva do noso cerebro, o chamado ‘cerebro réptil’, encargase dos instintos básicos da supervivencia -o desexo sexual, a búsqueda de comida e as respostas agresivas tipo ‘pelea-ou-fuxe’.

    Nos réptiles, as respostas ao obxeto sexual, á comida ou ó predador perigoso eran automáticas e programadas; a corteza cerebral, cos seus circuitos para sopesar opciones e seleccionar unha línea de acción, obviamente non existe nestos animais.

    O noso cerebro primitivo de réptil, que se remonta a máis de douscientos millóns de anos de evolución, ainda dirixe parte dos nosos mecanismos para ligar, casar, buscar fogar e seleccionar dirixentes.

  17. paula.aso.1b di:

    O denominado ” cerebro reptil” é a parte máis primitiva do noso cerebro. Encargase dos instintos básicos da supervivencia – o desexo sexual, a búsqueda de comida e as respostas agresivas tipo peleas.
    Esas partes primitivas do cerebro humano seguen operando en concordancia cun estereotipado e instinto conxunto de programas que proceden tando dos mamíferos que habitaban nos bosques, coma dos reptís que deron orixe os mamíferos.

  18. ivan.aso.1a di:

    A pate máis primitiva do noso cerebro, e o chamado cerebro réptil que se encarga dos instintos básicos de supervivencia como a búsqueda de comida, o deseo sexual e a homeostase.

  19. sabina.aso.1a di:

    O cerebro humano está formado por varias zonas diferentes que evolucionaron en distintas épocas. Cuando no cerebro dos nosos antepasados crecía unha nova zona, xeralmente a naturaleza non desvotaba as antigas; en vez de eso, retíñaas, formándose a sección máis recente sobre elas.
    Esas primitivas partes do cerebro humano seguen operando en concordancia con un estereotipado e instintivo conxunto de programas que proceden tanto dos mamíferos que habitaban no solo do bosque como, máis atrás no tempo, dos réptiles que deron orixen a os mamíferos.
    A parte máis primitiva do noso cerebro,é o chamado ‘cerebro reptil’,e encárgase dos instintos básicos da supervivencia (o desexo sexual, a búsqueda de comida las respostas agresivas tipo ‘pelexa-ou-fuxe’.

  20. silvia.aso.1b di:

    O cerebro e réptil é a parte máis primitiva do noso cerebro, encargada dos instintos básicos da supervivencia, como o desexo sexual, a búsqueda de comida, reaccións violentas, etc.

  21. victor di:

    Queren dicir os vosos comentarios que nunha relación de parella hai pouco de racional?

  22. tania.aso.1b di:

    A selección sexual e a existencia de dimorfismo nos óvulos e espermatozoides,e o feito de que en xeneral os machos compiten entre sí polo acceso as femias, suxire que a presión da selección e forte sobre a habilidade dos machos por acceder a aparearse, e sobre as femias por elixir ao seu compañeiro de cópula.

  23. ruben.aso.1a di:

    Unha parexa racional é aquela na que os dous individuos poden dominar as súas emocions.
    Creo que os humanos podemos dominar estas sensacions , polo tanto non creo que haixa pouco de racional.

  24. laura.aso.1a di:

    Na miña opinión si, cando nos namoramos de alguén non nos guiamos por motivos racionais, apartamos a racionalidade e deixamonos guiar por o noso instinto.

  25. silvia.aso.1b di:

    O amor é un sentimento irracional, xa que por moito que te esforces en deixar de sentir algo non podes, porque non es tí quen manda, senón o teu instinto.

  26. sabina.aso.1a di:

    O feito de namorarse pode suceder de maneiras diferentes dependendo da persoa, da súa mentalidade, do entorno que a rodéa e da súa maneira de ser, principalmente.Dependendo de todos estes factores o amor pode ser racional ou irracional, aínda que ao principio poderíase dicir que en todo nemoramento hai algo de irracional e co paso do tempo esta situación vaise equilibrando e normalizando,ou non, dependendo da parella en cuestión.

  27. josebenito.aso.1b di:

    A seleción sexual leva connosco dende o inicio da existencia. Todos os seres vivos buscan reproducirse para perpetuar a especie e para isto buscan a mellor parella ou a que sexa considerada máis óptima para proquear. Nos humanos ocorre o mesmo. Cando os homes nos sentimos atraídos por unha muller guapa, tal vez nós pensemos que nos fixamos nela porque ten bo físico, pero o que facemos é seguir o instinto de perpetuidade da especie que nos di que ese individuo é óptimo para ter descendencia.
    Unha persoa que teña uns rasgos máis proporcionáis no corpo, como a distancia entre os ollos, por exemplo, é unha persoa que está sa.

  28. marcelina.aso.1a di:

    Penso como Laura, cando nos namoramos non o facemos con racionalidade, xa o feito de namorarse non é racional se non que é froito de raccións químicas nunha parte do noso cerebro que rexe as emocións.

  29. karina.aso.1b di:

    Estou de acordo con Silvia, un non elixe en quen fixarse, simplemente pasa ou non,e un sentimento que nos non podemos controlar, como ben di Silvia, e tan só instinto.

  30. tania.aso.1b di:

    Karina e Silvia non sempre e asi, hai xente que elixe a súa parexa polo feito de ser popular, que viste de marca…etc.
    Pero aínda asi algo de razón tedes.

  31. marcelina.aso.1a di:

    Tania pero eso non é namorarse senón que é puro interese.

  32. victor di:

    Buscade a relación entre enamorarse e oxitocina.

  33. andrea.aso.1a di:

    Penso que nunha relación de parella, cando unha perosa elixe a outra faino inconscientemente aínda que algo lle dí que esa persoa é a adecuada, é como un instinto que temos sen darnos conta.

  34. marcelina.aso.1a di:

    As neuronas oxitocinérgicas non só secretan a oxitocina ou OT ao torrente sanguíneo, senón que tamén o contiñan e liberaban nas terminais sinápticas das neuronas, o que significaba que, ademais de funcionar como unha hormona, facíao como un neurotransmisor. Tanto o útero como a glándula mamaria posúenos en abundancia, e a existencia de terminales nerviosas de OT implica que tamén hai receptores dentro do cerebro. Isto explica unha relación entre a conduta maternal e OT. Partindo do razonamiento de que durante o parto prodúcese unha liberación masiva de OT, ademais de liberarse no torrente sanguíneo tamén se secréta dentro do cerebro, rste é o inicio do amor e da conduta maternal.

  35. ivanabal.aso.1a di:

    A oxitocina e unha hormona que se libera, nas mulleres, no parto e na lactancia das nais, para facer asi mais facil esta dor. Esta hormona tamen se segrega cando alguen se sinte excitado por outra persoa

  36. belinda.aso.1a di:

    Cando temos a experiencia de sentir o amor, unha persoa convértese de boas a primeiras no centro de toda a nosa atención.

    As feromonas, substancias etéreas que cada especie ou persoa despiden de xeito invisible, alteran a propia química e desencadean respostas fisiolóxicas tales como a secreción de fluídos lubricantes, etc.

    Nesta fase experiméntanse reaccións de desexo que perturban a razón. Estimulada polas feromonas, a feniletilamina instrúe a produción masiva de dopamina ou norepinefrina, estimulantes cerebrais que producen unha sensación de ansiedade e de anticipación gozosa.

    O bo humor, a risa e os pensamentos positivos estimulan en certa medida unha liberación de oxitocina.
    A oxitocina é unha hormona de función estimulante. Trátase dun neuropéptido sintetizado por células nerviosas no hipotálamo para ser transportada no torrente sanguíneo.

    É esta hormona, a mesma oxitocina que á fin do parto e en conxunto coa prolactina causa que o leite suba aos seos da nai, estimula no recén nacido a succión reflexa.

  37. manuel.aso.1a di:

    A oxitocina, da cal temos constancia da súa existencia dende 1953, é unha hormona xerada no hipotálamo capaz de regular procesos humanos como as emocións.
    Necesitamos oxitocina en abundancia para ser felices e se ben o medio pode ser unha simple molécula o noso pensamento positivo pode estimular a creación de dita sustancia.

  38. andrea.aso.1a di:

    A oxitocina é unha hormona relacionada con os patróns sexuais e coa conducta maternal e paternal que actúa tamén como neurotransmisor no cerebro. Nas mulleres, a oxitocina libérase en grandes cantidades trala distensión do cérvix uterino e da vaxina durante o parto, así como na resposta á estimulación do pezón pola succión do bebé, facilitando polo tanto o parto e a lactancia.
    Tamén pénsase que a súa función está asociada coa afectividade, a ternura,o contacto e o orgasmo en ambos sexos. Algúns a chaman a “molécula da monogamia” ou “molécula da confianza”. No cerebro parece estar involucrada no recoñecemento e establecimento de relacións sociais e podería estar involucrada na formación de relacións de confianza e generosidade entre personas.

  39. rubenlois.aso.1a di:

    Cando alguén se namora non elixe de quen facelo, senón que se sinte atraído por esa persona. Moitas veces esa atracción ven dada polo físico desa persoa, pero cando realmente é interesante é cando o que sintes por unha persoa ven do corazón, non dado polo físico.
    A oxitocina é unha hormona que forma as emocións das peroas. Normalmente afecta máis ás mulleres no momento do parto e favorece tamén á lactancia do bebé.
    Tamén se relaciona coa confianza que se deposita sobre unha persoa, que pode ser maior ou menor dependendo da ralación.

  40. maria.aso.1a di:

    A oxitocina é unha hormona coñecida vulgarmente coma “a hormona do amor” , xa que regula os procesos e lazos afectivos afectivos entre as persoas(favorecendo así a monogamia). Tamén se liga á conducta maternal( ou paternal; e é producida en grandes cantidades polas mulleres durante o parto e o período de lactancia do bebé.
    Tamén se liga ao nives de confianza entre persoas ( un estudo da universidade de Zurich demostra que cando confiamos noutros ser humano prodicimos secrección de esa hormona).
    Así mesmo aparece ligada ao orgasmo(aumentando a sensación de placer) e coma potenciadora da xenerosidade das persoas ( estudo recente dunha universidade californiana)

  41. santiguillan.aso.1a di:

    A oxitocina é unha hormona excretada no hipotálamo que se almacena na pituitaria posterior. Esta hormona relaciónase cos patrones sexuales e coas conductas maternal e paternal. A oxitocina está relacionada con funcións comúns como o enamoramento, os orgasmos, o parto e o amamantar. Tamén é chamada “hormona do amor”. Necesitamos oxitocina en abundancia para poder ser felices e, se ben o medio só pode ser unha simple molécula o noso pensamento positivo pode estimular a creación de dicha substancia.

    A oxitocina forma parte esencial da nosa vida, na experiencia do enamoramento,unha persoa se coverte no centro da nosa atención, acapara toda a nosa atención desencadeando unha resposta química que da lugar ao enamoramento.