ORANGUTÁNS EN PERIGO

As illas de Borneo e Sumatra son o último lugar do mundo onde quedan orangutáns en liberdade pero, de proseguir o ritmo de actual desaparición, poderían chegar a  extinguirse en tan só unha década, segundo os expertos. A principal ameaza que sofren é a deforestación (legal e ilegal) para deixar sitio ás plantacións destinadas a producir aceite de palma, que logo é utilizado para fabricar biocombustible, cuxa demanda non fai máis que medrar no  primero mundo.

imagen

  Cada ano, arden en Indonesia centos de hectáreas de bosques tropicais para deixar paso ás plantacións de palmeiras, o que está tendo un efecto devastador nas poboacións de orangutáns e outros animais, ademáis de facer un biocombustible máis perxudicial para o medio ambiente que a gasolina.

A organización “Proxecto Gran Simio” denuncia que a poboación de orangutáns de Borneo  reducíuse á metade nos últimos dez anos e no caso dos orangutáns de Sumatra a situación é crítica. Ambas especies están en serio perigro de extinción debido á destrucción do seu  hábitat.


Autora: Anadía Viñas

Esta entrada foi publicada en Biocombustibles, Bodiversidade, Cambio Climático, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to ORANGUTÁNS EN PERIGO

  1. laura.aso.1a di:

    Na miña opinión, este post deixa claro que o que manda no mundo son os cartos, non importa se hai que destruir habitats,probocar a desaparición dunha espeecie, ou perxudiciar ao medioambiente de calquer forma, se hai demanda, a producción segue ata sen importar as consecuencias.

  2. barbara.aso.1b di:

    Estou de acordo con Laura, e penso que se debería buscar unha solución axiña a este problema porque se non os orangutáns extingiranse, pero tamén moitas outras especies que vivan en ese habitat.

  3. andrea.aso.1a di:

    É realmente unha pena que pola produción do aceite de palma, os orangutáns esten en ameaza e esten desaparecendo, con isto e moitas cousas máis vese a pouca importancia que se lle da o que nos rodea.

  4. angela.aso.1b di:

    As persoas que deixan que esto ocorra non se dan conta do que fan, porque fan que desapareza unha especie sen importarlles nada e non sei que pensan conseguir con iso, porque poderían intentar facer o mesmo pero buscar algunha forma de que os animais non se vexan perxudicados e non se extinga a especie, ou polo menos intentalo.

  5. emilio.aso.1a di:

    Este post só e un exemplo do que está a ocorrer en multitude de lugares por mor da deforestación, que trae os famosos biocombustibles. Estes biocombustibles, penso que crean case tanto dano ao planeta como os combustibles derivados do petróleo. Cada día somos informados do cambio climático por mor dos combustibles fósiles, pero estes combustibles que nos parecen tan bos para medio ambiente, tamén nos están perxudcando indirectamente.

  6. victor di:

    Da a sensación, lendo os vosos comentarios, que a destrución do ecosistema tropical onde vive o orangután faise de mala fé.
    Pero cales son as causas reais e que opcións teñen estes países para protexer as súas riquezas naturais?
    Como realicionades este tema co cambio climático?

  7. jose.aso.1b di:

    Sobre este tema, opino que se debería de ter especial atención nas deforestacións ilegais xa que sen darse conta, están a acabar coa vida de milleiros de animais non so cos orangutáns, senon con outras moitas especies que agora por culpa da deforestación están en perigo de extinción.
    Respondendo a pregunta de como relacionamos este tema co cambio climatico, penso que están relacionados xa que a deforestación ten un papel clave nos paises en desarrollo, xa que a deforestación emite entre 25 e 30 por cento dos gases que crean o efecto invernadoiro, uns 1600 millóns de toneladas que se liberan a atmosfera todolos anos.

  8. angel.aso.1a di:

    A destrucción das selvas estase a producir por varios motivos. En Latinoamérica cortanse bosques para facer pequenas granxas e ranchos de gando. En Asia a preparación de novos terreos para a agricultura é a principal causa de desaparición da selva, e en África a obtención de combustible e a preparación de pequenas granxas son os principais motivos. Tamén en moitas ocasións desempeña un papel moi importante o comercio de madeiras entre os países en vías de desarrollo e os desarrollados.

  9. ruben.aso.1a di:

    Estes animais pasan a maioría do seu tempo trepando polas árbores , ramas …
    A deforestación que se esta levando a cabo nestes lugares, para producir cultivos de palma de aceite … , esta a provocar a extinción destes animais . Se a deforestación segue a este ritmo calcúlase que dentro de 10 ou 20 anos estes animais estean desaparecidos por completo. Outro factor que inflúe e a deforestación ilegal que arrasa con milleiros de hectáreas destes arbores o ano.
    Creo que a única opción que teñen e impoñendo unhas taxas ou impostos elevados nos prezos destes productos e limitando a cantidade de tala destes arbores.
    Con este tema podemos falar tamen de cambio climático debido a que o talar arbores , redúcese o cambio de osíxeno por carbono incrementando o CO2 na atmósfera.

  10. karina.aso.1b di:

    Baixo o meu punto de vista pareceme moi inxusto que estos animais poidan desaparecer por culpa da xente que non pensa máis ala de buscar o seu propio beneficio.

  11. marcelina.aso.1a di:

    As principais causas da deforestación son o obtención de combustible, obter madeira, montar granxas de gando…
    No tocante ao cambio climático a tala de árbores non favorece ao intercambio gasoso que nelas se produce.

  12. victor di:

    Repito: que opcións económicas lles dades a países como este, subdesenvolvidos, cunha gran riqueza natural pero de economía débil?

  13. silvia.aso.1b di:

    Eu penso que un país subdesenvolvido non pode potenciar a súa economía por moita riqueza natural que teña, xa que seguen sen ter medios para facelo; non poden montar as súas propias empresas porque non teñen cartos, e tampouco poden explotar o medio sen ningún tipo de control. Na miña opinión o que habería que facer sería que os países máis ricos apoiaran aos subdesenvolvidos económicamente ata que éstes fosen o suficientemente independentes como para formar as súas propias empresas e explotar a súa riqueza natural de maneira controlada para non extinguir ningunha especie animal. Cando conseguiran manter o control sobre a industria poderían dominar tamén o sector terciario, sendo xa países desenvolvidos. Con todo isto poderían evitar a grande presión que os países ricos exercen sobre os subdesenvolvidos porque non teñen medios para explotar os seus recursos e ter unha vida mellor.

  14. ruben.aso.1a di:

    Pois para min , os países subdesenvolvidos pero con unha gran riqueza natural a única solución que lle vexo é explotar estes recursos.
    Pero creo que os deberían explotar con sentido , pensando no futuro …
    Pero por outro lado creo que fan ben porque é a única saída que teñen.

  15. victor di:

    Non me convences Rubén porque das por feito que as cousas deben seguir como ata o de agora. Paréceme moito máis interesante a resposta que nos da Silvia.

  16. andrea.aso.1a di:

    Eu opino igual que Silvia, penso que os paises máis ricos deberían de axudar aos subdesenvolvidos económicamente, para que asi os subdesenvolvidos salgan adiante, e poder formarse económicamente e eso sí dunha maneria controlada para non ter este tipo de problemas e non perxudicar a ninguna especie.

  17. victor di:

    O orangután é unha especie xeneticamente próxima a nos; pero é a especie viva máis emparentada co “Homo sapiens”?
    O ser unha especie “emparentada” con nos obríganos (temos algún tipo de compromiso?) dalgún xeito a prestarlle unha maior atención e apoio?

  18. marcelina.aso.1a di:

    Obriga non sei pero creo que debemos respetar aos orangutáns e a todos os animais e plantas da Terra porque ningún ser vivo sobra todos cumpren unha función e forman parte de cadeas alimentarias, todos nos complementamos entre nós.

  19. laura.aso.1a di:

    Polo que puiden encontrar o chimpancé é o animal máis emparentado co ser humano pola sua estructura física e xenética.
    Estou de acordo con Marce, da igual se están máis ou menos emparentados con nós, debemos respetalos a eles e o seu habitat.

  20. angel.aso.1a di:

    Non é a especie máis emparentada co Homo Sapiens.
    Os chimpancés xunto cos bonobos son os parientes máis cercanos ao ser humano,a súa rama evolutiva separouse da dos humanos fai aproximadamente uns 7 millóns de anos,e comparten o 96% do seu ADN con nós.

  21. juanjose.aso.1a di:

    Non necesariamente deberíamos prestarlle máis atención, con respecto a outras especies de animais, por estar emparentada con nós. Eu creo que todas as especies son igual de importantes e igual de necesarias na natureza.

  22. victor di:

    Que opinades da utilización de simios como animais de laboratorio para experimentación?

  23. silvia.aso.1b di:

    A min non me parece ben que se experimente con simios no laboratorio, pero tampouco con ningún outro animal (incluíndo aos seres humanos). Aínda que supoño que haberá que experimentar dalgunha maneira…

  24. laura.aso.1a di:

    Non estou a favor coa experimentación con ningun tipo de animal, pero é necesario por exemplo, probar os medicamentos para saber os seus posibles efectos secundarios, ou si é efectivo, para poder determinar si é posible aplicalo a os seres humanos.

  25. juanjose.aso.1a di:

    Non me parece ben que se experimente con calquer tipo de animal, xa que non existen para ser suxeitos de laboratorios, pero por outro lado necesitamos experimentar cos productos antes de introducilos no mercado e o único co que se pode experimentar son cos animais.

  26. marcelina.aso.1a di:

    Parecer ben? non sei creo que neste tema quizais sexa un pouco frívola pero non é que me importe moito se experimentan con animais é para algo importante e necesario para atopar novos medicamentos, probar cosmética, etc. Prefiro que se experimente con orangutáns que con humanos. Ademais como é unha especie xenética cercana a nós o resultado será máis fiable.

  27. karina.aso.1b di:

    Estou completamente de acordo con Juan Jose xa que os animais tamén son seres vivos, e merecense as mesmas oportunidades de vivir que calquer ser humano, porqué teñen que pagar eles por nos? iso é inxusto!

  28. jose.aso.1b di:

    Na miña opinión, non me parece ben utilizar os simios ou outros animais como animais de laboratorio para a experimentación, aínda que se nos paramos a pensar temos que ter en conta de que é mellor que fagan experimentos con algúns animais que coas persoas, xa que os científicos necesitan experimentar con seres vivos para poder ver como reacciónan e que efectos tería no ser humano.
    Por outra parte estou dacordo con Karina en que é inxusto que as teñan que pagar eles por nós, aínda que se estas experimentacións non a fan cos animais,(neste caso os simios), teríano que facer con nós, e na miña opinión penso que é preferible sacrificar un animal a ter que sacrificar unha persoa.

  29. andrea.aso.1a di:

    No tocante a este tema penso que utilizar os orangutáns como animais de laboratorio é algo inxusto xa que son seres vivos coma nós e non se merecen de ningún xeito tratalos así, nin eles nin outro ser vivo, e é moi cruel que por culpa nosa teñan que estar sufrindo, e teñan que ser sacrificados, eles deberian de ter as mesmas opurtinades de vivir como calquera de nós.

  30. juanjose.aso.1a di:

    Antes de sacar os novos produtos ó mercado, as empresas proban os seus produtos en animais pequenos. Se consiguen bos resultados pasan a animais máis grandes e así sucesivamente. Cando os resultados son satisfactorios nos animais próbanse en seres humanos que se somenten voluntariamente a estas probas, e se os resultados son bos, entón é cando este produto pode saír ó mercado.

  31. maria.aso.1a di:

    Non é correcto nin me gusta ..eu non o farei nin o faría; pero supoño que con alguén teñen que probar..e coma os monos tenden a non argumentar protestar o suficientemente racionais coma para seren tomadas en conta…toculles ser os “cabezas de turco”…ademais está o de uqe se parecen a nos moitísimoa; se nos parecésemos a un lagarto…o que tería que ser conexiño de indias sería o lagarto…