FERVENZA DE SANGUE

imagen

Aínda que resulte estraño, solo é auga salgada a que emana da cara frontal do glaciar Taylor, ubicado en Antártida. Esta auga emana ocasionalmente, tinxindo dun color vermello escuro moi semellante ao sangue como se pode comprobar no vídeo. Esta frevenza descubriuse en 1960, e desde o primeiro momento foi utilizada como proba para argumentar que a vida na Terra puido provir de cometas extraterrestres que colisionaron co noso planeta. Aínda que actualmente non se sabe ben como se formou, pode explicarse argumentando que a auga na que flota o xeo esta composta por sales ricas en ións de ferro, cunha concentración catro veces maior a auga do Océano Atlántico. A presión do glaciar fai que pola superficie saia óxido de ferro. Estudos  recentes confirman a existencia de 17 microorganismos anaerobicos, que poden levar máis ou menos un millón e medio de anos illadas.


Autor: Iván Abal

Esta entrada foi publicada en General, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to FERVENZA DE SANGUE

  1. ruben.aso.1a di:

    Debaixo do glaciar Taylor , a concenctración da sal é moi superior a dos océanos. Esta presión que fai a auga conxelada, produce que o sal saía en forma de cor vermella. Adquire esta cor porque o sal conten ións ferrosos , e estes o sair o exterior e poñerse en contacto co osíxeno producen oxido de ferro e por iso lle da esa cor.

  2. sabina.aso.1a di:

    Verdadeiramente é impactante ver ese líquido emanado por un glaciar,xa se ninguén me chega a dicir o que se supón que é en realidade posiblemente o houbera confundido con sangue, polo menos nun primeiro momento.
    Con respecto a esta noticia gustaríame dicir que me gustou moito xa que me aportou información que non coñecía e que é moi interesante, como por exemplo a existencia desta fervenza ocasional tan peculiar, a súa causa e a existencia de microorganismos tan antigos no xeo.
    Este último dato foi sen dúbida o que máis me chamou a atención,aínda que nesta última semana xa se falou de algo parecido nos medios de comunicación,máis concretamente duns pequenos crustáceos similares aos nosos camaróns e dunha especie de pequena medusa que foron atopados na Antártida a máis de 180 metros baixo o xeo e que son capaces de resistir nas condicións extremas que se dán nesa parte do planeta.
    A noticia da que nos fala este post e a que eu comento neste comentario constitúen unha proba fundamental para que pensemos que pode haber vida micoscópica nos planetas xeados, polo que habería que poñerse a traballar no seu descubrimento.

  3. andrea.aso.1a di:

    O glaciar Taylor é un glaciar da Antártida, de aproximadamente 54 km de lonxitude,concretamente exténdese pola meseta da Terra de Victoria ata a parte oeste do valle de Taylor, o norte dos montes Kukri.
    Recentemente, o glaciar Taylor forma parte de experimentos e medicións por parte de investigadores da Universidade de California e da Universidade de Texas.

  4. marcelina.aso.1a di:

    Acerca de este tema lin que algúns científicos cren que pode haber organismos extraterrestres no glaciar Taylor, eu non sei si é posible ou certo iso pero si o fose penso que sería moi interesante a algo sorprendente.

  5. laura.aso.1a di:

    É un post moi interesante, as bacterias que se encontran illadas, atopanse sen luz nin osixéno, entón podese confirmar, que pode existir a vida, ata en estas condicións.

  6. victor di:

    Aportade información sobre os estudios sobre a orixe da vida que se están a facer na Antártida e noutras zonas xeadas.
    Son as bacterias anaerobias os seres vivos máis antigos? En que lugares se encontran este tipo de bacterias?

  7. andrea.aso.1a di:

    Outro estudo é que especulan con que o orixen de estas colonias de bacterias pudo ser algún meteorito como o ALH 84001 (Allan Hills 84001), polo que trataríase dunha verdadeira población extraterrestre. Pero o certo é que non hai ningunha proba concreta polo momento que apoye esa teoría. Sen embargo, o descubrimento das bacterias nas Cataratas de Sangue oblíganos a redefinir cáles son as condicións necesarias para que a vida florezca e se desenvolva. Existen outros lugares no noso Sistema Solar que presentan condicións similares as das Cataratas de Sangue, como o planeta Marte ou Europa, unha das lúas de Xúpiter.

  8. vanesa.aso.1b di:

    Buscando información sobre as bacterias anaerobias atopei que éstas se dividen en tres:
    -anaerobios estrictos: Morren cando hai presenza de osíxeno e hainos que crean formas de resistencia coma os clostridios.
    -anaerobios facultativos: Bacterias que medran en presenza do osíxeno coma sen él e poden obter enerxía a través da respiración e fermentación.
    -anaerobios aerotolerantes: Medran en presenza de osíxeno pero só obteñen enerxía a través da fermentación.

    Os organismos anaerobios, en efecto, son os seres máis antigos pois atopáronse en fósiles de hai máis de 3.800 millóns de anos bacterias,procariotas e organismos unicelulares.

    Estes organismos teñen lugar nas zonas onde non hai osíxeno incluíndo na boca entre os dentes onde o osíxeno ten difícil acceso.

  9. marinha.aso.1b di:

    As bacterias anaerobias tenhen o seu habitat nas partes con menos osixeno dos homes e animáis como por explo o intestino a vaxina a boca…

  10. ivanabal.aso.1a di:

    Moitos estudios estan centrados na vida a temperaturas moi baixas porque si se descubre existencia de vida, seria posible que en planetas xeados tamen houbera vida. Por eso é tan importante o camaron que os cientificos da NASA atoporan a 200 mentros baixo terra

  11. carlos.aso.1a di:

    Según mirei as bacterias anaerobicas creo que proveñen de fai millóns de anos porque xa estaban presentes na fermentación do petróleo.

  12. santiguillan.aso.1a di:

    Pareceme que estas bacterias non necesitan osíxeno, dado que utiliza o ferro como oxidante, nin tampouco necesitan auga necesariamente para vivir ou multiplicarse e isto pode avanzar que pode haber vida case en calquera lugar.Istos estudios non son nada novo, posto que A NASA xa estaba a estudiar os compostos do Ría Tinto como prova de vida en condicións extremas, as augas do Río Tinto son vermellas, con metales moi pesados e sen case osíxeno.
    Un verdadeiro descubrimento que dará que pensar aos científicos as condicións para a vida.

  13. juanjose.aso.1a di:

    OS científicos xa coñecen estas cataratas dende 1960 aínda que se descoñece o seu orixen. Unha das teorías que máis probabilidades ten de converterse en explicación é a que enuncia que hai varios millóns de anos no val no que se asenta o Glacial Taylor foi inundado polo Mar de Ross, coma un fiordo.

  14. ruben.aso.1a di:

    As bacterias anaerobias son seres moi antigos, aproximadamente fai uns 3800 e 4000 millons de anos que xurdiron, as bacterias son os organismos mais abundantes do noso planeta , podemolas encontrar en calquer lugar do noso planeta , en lugares ácidos , radioactivos , nas profundiades do mar , e poden vivir en condicions extremas ( frío , calor …)
    Estas bacterias non necesitan osíxeno para vivir.

  15. victor di:

    Carlos fai un comentario contradictorio. Dí que as bacterias anaerobios son moi antigas porque xa estaban presentes na fermentación do petróleo; pero, de que procede o petroleo? parécevos acertado o comentario de Carlos?
    Ademais, Rubén dí que as bacterias anaerobias non necesitan osíxeno para vivir; é acertado este comentario?

  16. jose.aso.1b di:

    O glaciar Taylor é un glaciar da Antártida de aproximadamente 54km de lonxitude.
    Este glaciar foi descuberto pola expedición Discovery e pensaron que formaba parte do Glaciar Ferrar pero posteriormente, o equipo da expedición Terra Nova descubriu que se trataba dun glaciar independente.
    Respondendo a anterior pregunta de Victor sobre o que dí Rubén, non é que as bacterias anaerobias non necesiten osíxeno senon que a tensión de osíxeno é baixa.

  17. angel.aso.1a di:

    As bacterias anaerobias non utilizan osíxeno molecular na súa actividade biolóxica,poden vivir en ambientes con osíxeno ou sen el, e algunhas necesitan vivir en ambientes que carecen de osíxeno.
    O petróleo formouse cando a materia vexetal e animal queda depositada na corteza terrestre,e tras condicións de temperatura e presión elevadas e coa axuda das bacterias anaerobias se produce unha descomposición e reaccións químicas.

  18. victor di:

    Jose, non sei o que queres dicir; ti sábelo?
    E de que procede o petroleo? É máis antigo que as bacterias anaerobias?

  19. angel.aso.1a di:

    As bacterias anaerobias teñen uns 3600 millóns de anos, mentras que o petróleo provén de restos orgánicos, uns restos que non foron posibles ata máis tarde(sobre uns 700 millóns de anos) isto significa que están moito antes as bacterias que o petróleo.

  20. jose.aso.1b di:

    No meu comentario falo de quen descubriu o glaciar Taylor e de como é, e despois respondolle a Rubén, decíndolle que as bacterias anaerobias necesitan osíxeno para poder vivir.

  21. manuel.aso.1a di:

    Saber de onde procede o petróleo é moi complicado, a maioría de químicos e geólogos din que o seu orixe é orgánico, mentres que outros científicos pensan que se forma na natureza por un método ambióxeno.

  22. ivanabal.aso.1a di:

    O petroleo non e mais antigo que as bacterias anaerobicas, porque para a obtención do petroleo fixo falta a existencia de bacterias anaerobicas.

  23. marcelina.aso.1a di:

    O petróleo é unha mestura heterogénea de compostos orgánicos, principalmente hidrocarburos insolubles en auga.

    É de orixe fósil, da transformación de materia orgánica procedente de zooplancton e algas que, depositados en grandes cantidades en fondos de mares do pasado geológico, foron posteriormente enterrados baixo pesadas capas de sedimentos. A transformación química debida á calor e á presión durante a diagénesis produce, en sucesivas etapas, desde betún a hidrocarburos cada vez máis lixeiros. Estes produtos ascenden cara á superficie, polo seu menor densidad, grazas á porosidad das rocas sedimentarias. Cando se dan as circunstancias geológicas que impiden devandito ascenso (trampas petrolíferas como rocas impermeables, estruturas anticlinales, marxes de diapiros salinos, etc.) fórmanse entón os yacimientos petrolíferos.

    En condicións normais é un líquido bituminoso que pode presentar gran variación en diversos parámetros como cor e viscosidad (desde amarillentos e pouco viscosos como a gasolina ata líquidos negros tan viscosos que apenas flúen), densidad (entre 0,75 g/ml e 0,95 g/ml), capacidade calorífica, etc. Estas variacións débense á diversidad de concentracións dos hidrocarburos que compoñen a mestura.

  24. victor di:

    Moi ben Marelina, pero non contestas á pregunta(comentario nº 18). Alguén contesta?

  25. angel.aso.1a di:

    Eu penso que a contestei nos comentarios 17 e 19, as bacterias son máis antigas xa que o petróleo obtense da materia orgánica, unha materia que “existiu” moito máis tarde.

  26. victor di:

    A cuestión Ángel é o xeito de expresalo. As bacterias anaerobias tamén son materia orgánica. A diferencia é que a materia orgánica que formou o petróleo procede de organismos do plnacton que se orixinaron miles de millóns de anos despois cas bacterias anaerobias.