O “Y” EVOLUCIONA

imagen

O cromosoma Y é aquel que define o sexo dun animal, e durante moito tempo foi considerado unha rareza xenética, debido a que é curto e aporta poucos xenes. Fai millóns de anos o cromosoma Y separouse do X durante a mitose para especializarse nos rasgos masculinos. Dende ese momento o cromosoma Y comezou a perder a maior parte dos seus xenes ata rematar quedando nun estado estático e incluso había teorías que afirmaban que estaba sentenciado a desaparecer. Pero recentes investigacións negan estas teorías xa que se descubríu que este cromosoma  evoluciona e non sempre dexenerativamente, senón que se remodela continuamente. Estes  descubrimentos foron posibles gracias a un estudio con chimpancés no que se observaban claras diferencias entre o seu cromosoma Y e o do ser humano actual


Autor: Victor Manuel Nine Aguiño

Esta entrada foi publicada en Evolución, General e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to O “Y” EVOLUCIONA

  1. juanjose.aso.1a di:

    O cromosoma Y surxe, por filoxénese, na evolución con bastante posterioridad ó cromosoma X, tratándose dunha mutación do cromosoma X que se trata da pérdida dun dos segmentos que deu lugar á forma estrutural do cromosoma Y. Por iso as dimensións dos cromosomas Y son moito máis reducidas que as dos cromosomas X.

  2. noelia.aso.1b di:

    Como se di na entrada o cromosoma Y forma,xunto co cromosoma X,o sistema de determinación do sexo.
    Nos animais con este tipo de diferenciación sexual cromosómica,a soa presenza de pares XX da lugar a un individuo femia mentres que da conbinación XY resulta un individuo macho.

    Según a teoría Carsifurne Adán foi un home africano que viviría fai 50.000 anos. Este na evolución da especie sería o primeiro portador de dito cromosoma e do cal descenden todos os cromosomas Y da poboación actual abarcando así todo o planeta.

    Ao igual que os cromosomas Y se herdan por vía paterna,as mitocondrias fano por vía materna,polo tanto podemos aplicar o mesmo concepto ao ancestro común femenino. Neste caso apodado Eva mitocondrial.

  3. victor di:

    Que alguén nos explique a utilidade do cromosoma Y e do ADN das mitocondrias para a realización de estudios evolutivos.

  4. silvia.aso.1b di:

    Segundo un artigo que puiden ler, o feito de que o cromosoma Y estea a evolucionar tan rápido, fai que perda xenes, e isto podería producir que nun futuro o cromosoma desaparecese. Pese a isto, non quere dicir que os homes vaian a desaparecer.

  5. vanesa.aso.1b di:

    Os cromosomas utilízanse para resolver dúbidas sobre a evolución dos humanos,por exemplo,do seu paso de mono a home.
    A través dos ordenadores obtéñense datos do xenoma, o que permite ,mediante a nova tecnoloxía reconstruír a etapa evolutiva.
    Os investigadores agardan que cos estudos que se están realizando sobre o cromosoma se ache a solución para o cancro,onde os propisos cromosomas xogan un papel importante pois os cromosomas conteñen anormalidades nas células dun só texido.

  6. victor di:

    Gracias Silvia; tranquilízasme.
    Pero seguide respondendo á miña anterior pregunta.

  7. ruben.aso.1a di:

    A utilidade do cromosoma Y fundamentalmente , e distinguir o sexo , macho ou femia. Este cromosoma Y é o que da lugar os machos , é decir , esta solo presente nos machos.
    Este cromosoma xunto co cromosoma X determinan o sexo.
    O ADN das mitocondrias ou mitocondrial , utilízase para a realización de estudos evolutivos porque sirve para identificar grupos de individuos , por este motivo é utilizado para facer comparacións evolutivas.

  8. patricia.aso.1b di:

    O ADN das mitocondrias é un material xenético, os orgánulos que xeneran enerxía para a célula. O ADN mitocondrial reprodúcese por el mesmo semi-autónomamente cando a célula eucariota se divide. Este ADN pode ser utilizado para identificar individuos xunto con outra evidencia. Tamén e utilizado por laboratorios forenses para identificar vellas mostras de esqueleto humano. Distinto que el ADN nuclear, o ADN mitocondrial non sirve para identificar individuos, pero si para identificar grupos de individuos, e utilizado para aceptar ou rechazar comparacións entre persoas perdidas e restos non identificados.

  9. paula.aso.1b di:

    A herencia exclusivamente materna deste sistema xenético, a ausencia da recombinación, e a gran variación na secuencia do ADN dos diferentes individuos, fai do ADN mitocondrial unha ferramenta moi poderosa para o estudo da relación xenética da poboación e da distribución xeográfica. A prevalencia e a distribución xeográfica das variantes do ADN reflexa a historia das mulleres.

  10. vanesa.aso.1b di:

    O ADN mitocondrial hérdase só da nai, o que permite establecer liñas xenéticas directas.
    A combinación do ADN nuclear,excepto o xenoma Y, mestura partes do ADN do pai e da nai e fai imposible a historia xenética.

  11. victor di:

    En todas as especies animais, o sexo está determinado polo cromosoma Y?
    Hai máis factores que inflúan na determinación do sexo?

  12. ruben.aso.1a di:

    Non en todas as especies o cromosoma Y determina o sexo . Por exemplo nas mariposas ocorre o contrario , os machos son (XX) e as femias son (XY).
    Hai animais que non posúen o cromosoma Y, os peixes , insectos , anfibios … non teñen o cromosoma Y e determinan o seu sexo polo numero de cromosomas X que teñan.

  13. sabina.aso.1a di:

    O cromosoma Y é un dos cromosomas sexuais dos animais heterogaméticos, só presente nos individuos machos.
    Nunha especie, o sexo homogamético refírese ao membro da parella que ten ambos cromosomas sexuais do mesmo tipo. O sexo heterogamético refírese en cambio ao membro da parella que ten os cromosomas sexuais de diferente tipo. Éste polo tanto producirá dous tipos de gametos diferentes segundo o cromosoma sexual que porten, os que determinarán o sexo do cigoto que formen ao ocorrer a fecundación.
    Nas polillas, bolboretas, e algúns peixes e anfibios tamén o macho presenta o sexo homogamético. Este tipo de determinación do sexo denomínase Abraxas por descubrirse na bolboreta Abraxas grossulariata.

  14. santibras.aso.1a di:

    Si como son:
    Determinación fenotípica: É o único caso no que o sexo non é determinado directamente pola información xenética, senon que o ambiente moldea e cambia esa información.
    Determinación xénica: O sexo é determinado por un xen mendeliano normal; este caso é pouco frecuente.
    Determinación cromosómica: É o tipo máis habitual, no que o sexo ven dado pola presencia de cromosomas especiales, denominados CROMOSOMAS SEXUALES, frente ao resto de cromosomas o AUTOSOMAS; estos cromosomas habitúan ser dous, un grande, denominado cromosoma X, e outro telocéntrico, chamado cromosoma Y.
    Determinación cariotípica: o sexo depende da dotación cromosómica do individuo, como sucede en insectos sociales, abellas e formigas, no que as femias son haploides e os machos diploides.

  15. andrea.aso.1a di:

    A determinación cromosómica do sexo preséntase en especies donde os cromosomas sexuais son heteromórficos (diferéncianse morfolóxicamente) do resto, estos cromosomas portan os xenes relacionados con carácter sexual e os caracteres ligados o sexo. As especies con este tipo de sistema de determinación sexual posúen un dos sexos hetergámetico.
    Distínguense catro sistemas heterogaméticos:
    ~Sistema XX/XY,é o sistema de determinación da especie humana e do resto de mamíferos, equinodermos, moluscos e alguns artrópodos.
    ~Sistema XX/XO,determinación propia de algúns insectos.
    ~Sistema ZZ/Z0,este sistema determina o sexo de algúns insectos.
    ~Sistema ZZ/ZW,é un sistema propio das aves, das mariposas e de algúns peixes.

  16. marcelina.aso.1a di:

    A determinación do sexo XX/XY é propia dos mamíferos, equinodermos, moluscos e algúns artrópodos.
    -XX/X0: insectos, os machos só poseen un cromosoma X.
    -ZZ/ZO:tamén insectos, neste caso a femia carece dun cromosoma que determine o sexo.
    -ZZ/ZW:aves, mariposas e peixes neste sistema o homocigoto é o macho úsase este sistema para diferencialo do humano.

  17. angel.aso.1a di:

    O cromosoma Y non está presente en todas as especies animais.
    Nalgúns insectos as femias teñen cariotipo XX mentras que os machos teñen soamente o cromosoma X.
    Noutros insectos o macho é homocigótico ZZ, mentres que é a femia neste caso é a que carece dun cromosoma.
    As aves,as bolboretas e algúns peixes seguen o mesmo patrón que os seres humanos pero os machos son os homocigóticos.

  18. laura.aso.1a di:

    Non, non en todas as especies o sexo ven determinado polo cromosoma Y.
    Para a especie humana e o resto dos mamíferos, os equinodermos os moluscos e algúns artópodos o sexo masculino ven determinado polo cromosoma Y.
    Para alguns insectos, ven determinado por XX ou X0 donde a femia posuen o cariotipo XX e os machos X0, neste tipo de especies, o macho posue un cromosoma menos que a femia.
    Para outros insectos en cambio ven determinado por ZZ ou Z0 que sique o mismo patrón que o anterior pero neste caso é a femia a que posue o cariotipo Z0.
    Para as aves, as mariposas, e algúns peixes o sexo ven dado por ZZ ou ZW, segue o mesmo patro que nas especie humana, pero neste caso son as femias as heterócigóticas, é decir as que posuen o ZW.

  19. victor di:

    Existen especies que cambien de sexo ao longo da súa vida?

  20. andrea.aso.1a di:

    A pregunta de si as especies cambian de sexo pode parecer unha pregunta extraña, pero o cambio de sexo é unha estratexia común en moitos organismos, un truco adaptativo máis para maximizar as súas posibilidades de reproducción.
    Un exemplo de cambio de sexo é o das sebas ou lapas zapatilla, uns caracois mariños con cuncha en forma de zapato. Estos moluscos viven fixos a un sustrato e forman montóns nos que os exemplares de abaixo,os maiores, son femias, e os de arriba, máis pequenos, machos.Os exemplares intermedios as veces están transformándose de machos a femias, conforme crecen de tamaño.

  21. vanesa.aso.1b di:

    Respondendo á cuestión hai peixes costeiros tropicais que ao longo da súa vida cambian de sexo.Este hermafroditismo pode dividirse en:
    -hermafroditas simultáneos:Incluso durante un mesmo día, as parellas durante o apareo poden cambiarse a machos ou femias.
    -hermafroditas protándricos: Éstes son a maioría e cambian de sexo ao longo da súa vida.Ao comezo son machos e ao final da súa vida, femias. De este grupo destacan os róbalos.

  22. santiguillan.aso.1a di:

    Algúns animais cambian de sexo ao largo da súa vida e isto se chama hermafrodismo secuencial.
    O hermafrodismo secuencial dase de maneira natural en organismos moi variados, e hasta en peixes. Despois de catro décadas de investigacións dos científicos que demostraron as ventaxas do cambio de sexo, o dilema perdura porque é moi estrano este feito.

  23. laura.aso.1a di:

    Sí, a maioria das especies que cambian de sexo na súa vida son acuáticas, e poseen aparellos reproductivos bastante simples, icluso existen peixes que cambian de sexo, por exemplo a especie Coris julis, que son femias, pero cando chegan a idade adulta todos se convirten en machos.
    Outra curiosidade de este suceso é que se demostrou mediante varios estudios, que o cambio de sexo prodúcese cando chegan ao 72% do seu crecemento máximo.

  24. ruben.aso.1a di:

    Si , que existen especies que ó longo da súa vida cambian de sexo , este proceso coñecese co nome de hermafroditismo secuencial.
    Este proceso pode ocupar o 30% da vida dun animal e require moita enerxía para cambiar dun sexo a outro.
    Alguns destes animais son : peixes , moluscos, caracois …

  25. victor di:

    Ademais de cambiar de sexo ao longo da vida, hai especies que no seu ciclo de vida presentan xeracións dun só sexo (machos ou femias); coñecedes algún caso?

  26. silvia.aso.1b di:

    Existen especies que non teñen machos dende hai milenios. Non é imposible que unha especie de puras femias sobreviva. O proceso de partenoxénese permítelles a moitos individuos femia clonarse e producir un ovo sen que haia fecundación por parte do macho. Unhas setenta especies de insectos, anfibios, réptiles e paxaros poden facer isto. Exemplos de animais con estas características son os lagartos ‘Aspidoscelis tellesata’ e ‘Cnemidophorus neomexicanus’, que son un verdadeiro enigma para os biólogos que as estudan.

  27. victor di:

    A partenoxénese é un tipo de reproducción sexual ou asexual?

  28. silvia.aso.1b di:

    A partenoxénese é unha forma de reprodución basado no desenvolvemento de células sexuais femeninas non fecundadas.
    Pode interpretarse tanto como reproducción asexual ou como sexual monogamética, xa que intervén nela unha célula sexual ou gameto.
    Consiste na segmentación do óvulo sen fecundar, por factores ambientais, químicos, descargas eléctricas, etc. Nalgúns casos, coma por exemplo nos peixes, precísase o contacto ou a fusión cun gameto masculino, pero non se completa a fecundación, de maneira que os xenes da célula masculina non contribúen.

  29. marcelina.aso.1a di:

    A partenoxénese é un fenómeno de reprodución sexual anómalo que pode darse tanto nas plantas como nos animais.
    Algúns definen a partenoxénese como a produción dun embrión a partir dun gameto feminino sen a participación dun gameto masculino, con ou sen desenvolvemento final a adulto.

  30. josebenito.aso.1b di:

    A partenoxénese pódese interpretar tanto como reprodución sexual ou asexual, xa que intervén nela unha célula sexual, o gameto, pero o caso é que a partenoxénese consiste na segmentación do óvulo sen fecundar.