MORCEGO ESTELAR

imagen

 O Observatorio Europeo Austral difunde, dende Chile, as imaxes da nebulosa NGC 1788, que se atopa na constelación de Orión. Foi descuberta, con sorpresa, nunha das zonas menos estudadas da constelación. Esta nebulosa está composta de po e gases que dispersan a luz dun pequeno grupo de estrelas xóvenes, que teñen arredor dun millón de anos (o Sol ten 4.500 millóns). A luz das estrelas representa a forma dun morcego xigante, e están rodeadas por un característico anel vermello debido á expulsión de hidróxeno.

 Os astrónomos descubriron que estas estrelas pertencen a tres clases diferentes. As máis antigas sitúanse á esquerda do aro vermello, as máis xóvenes iluminan a nebulosa, e as que aínda non naceron atópanse á dereita. Dita distribución suxire que unha onda de formación de corpos estelares, xerados arredor dos quentes e enormes astros que conforman a constelación de Orión, propagouse a través da nebulosa NGC 1788 e máis alá.

Autora: Silvia Fernández

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.