PALMA ACEITEIRA

O aceite de palma non ten moi boa prensa. Cada ano, millóns de hectáreas de bosque e selva son destruídas para poder cultivar a palma aceiteira, con terribles consecuencias para o medio. Trátase dun aceite vexetal, sí, pero tan perigoso ou máis que as graxas animais pola súa alta concentración de ácidos graxos saturados, que aumentan os niveis de colesterol. 

imagen

 

Indonesia é o principal produtor mundial de palma aceiteira e tamén o país coa maior taxa de deforestación do planeta. No ránking de nacións que máis gases de efecto invernadoiro emiten, o país asiático ocupa o terceiro lugar, por detrás de China e USA. Por iso, mentres que nalgúns países occidentais o seu cultivo se percibe como unha das causas que contribúen ao cambio climático, en Indonesia esta planta tropical se considera unha “bendición da natureza que dá traballo a tres millóns de persoas e contribúe a erradicar a pobreza”.

A súa mala fama contrasta co alto consumo en moitos países europeos, incluída España.  É moi utilizado para fabricar cosméticos, productos alimentacios e outros. A etiquetaxe dos productos alimenticos non sempre detalla o tipo de graxa que contén.

As plantacións de palma aceiteira e acacia (para fabricar pasta de papel) están a substituír aos bosques, como denuncian os ecoloxistas. O que hai que garantir é que a demanda de aceite de palma e de papel non xere destrución e en Indonesia están a talar bosques virxes para producilos.

O aceite de palma procedente da deforestación véndese a corporacións multinacionais como Unilever, Nestlé e Procter & Gamble, e a outras grandes marcas da alimentación, cosmética e biocombustibles, de acordo coas denuncias presentadas por Greenpeace


Autora : Belinda Gómez

Esta entrada foi publicada en Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.