BICOS NON, PORFAAA…

imagen

mononucleose infecciosa (tamén coñecida como fiebre glandular ou enfermidade de Pfeiffer) é unha enfermidade infecciosa causada polo virus de Epstein Barr (VEB),  da mesma familia do virus do herpes, pero tamén pode ser producida por outros microorganismos.

Aparece máis frecuentemente en adolescentes e adultos xóvenes, e os síntomas que a caracterizan son a fiebre, farinxite, inflamación dos ganglios linfáticos e fatiga, o que fai necesario un repouso absoluto sobre todo en varóns, dependendo da gravidade dos síntomas.

Normalmente a chamada “enfermidade do bico”, transmítese principalmente polas secrecións orais (saliva) ou intercambio de saliva, a tráves dos bicos, ao beber do mesmo vaso, compartir bebidas, comida… etc. O virus non se elimina ata  18 meses despois da infeccion primaria, aínda que posteriormente, a súa presenza, pode ser intermitente durante toda a vida.

imagen

Autora: Tania González

Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

43 Responses to BICOS NON, PORFAAA…

  1. juanjose.aso.1a di:

    Normalmente a mononucleosis non require tratamento. Esta enfermidade infecciosa en casos raros pode desencadear un fallo agudo do fígado.

  2. andrea.aso.1a di:

    A monucleose é unha enfermidade benigna, que só en casos rarísimos asóciase con complicacións do corazón ou do cerebro. Os síntomas máis intensos (febre, inflamación de ganglios e de bazo) poden durar uns 10 días, pero o cansancio e o malestar poden durar de 2 a 3 meses. O aislamiento é innecesario.

  3. santibras.aso.1a di:

    É difícil transmitila, e o seu período de inuvación é de sete a catorce días, pero sin síntomas.

  4. anadia.aso.1b di:

    Os síntomas máis frecuentes que ten a mononucleosis son a dor torácica, a tos, a fatiga, a dor de cabeza,urticaria, Ictericia( a cor amarilla da pel, a rixidez do cuello, o sangrado nasal, a frecuencia cardíaca rápida, a sensibilidade á luz e a dificultade para respirar.

  5. veronica.aso.1a di:

    Tamén os nenos pequenos poden estar infectados polo VEB, aínda que suelen presentar síntomas moi leves ou ningún, como se di no post a mononucleose, desarróllase con máis frecuencia en adultos e adolescentes.

  6. laura.aso.1a di:

    Este post é moi interesante, o que máis me chama a atención é que este virus, non desaparezca por completo ata 18 meses despois da infección, e que poida aparecer intermitentemente ao longo de toda a vida.

  7. roberto.aso.1a di:

    A maior parte da xente infectase con este virus o largo da súa vida. De esta forma obtense unha inmunidade adaptativa a través do desenrolo de anticorpos contra o virus,o que soe previr os casos repetidos da infección.
    O tratamento da mononucleosis infecciosa consiste en repouso e alivio do malestar.O paracetamol e a aspirina utilizanse para aliviar a fiebre e a dor de garganta.

  8. fatima.aso.1b di:

    O unico tratamento que hai para esta enfermidade e o repouso absoluto.De non ser así podería levar a graves consecuencias,e volver a recaer.

  9. maria.aso.1a di:

    É un post interesante, pero polo que se comenta, os síntomas ccase poden pasar polos don catarro normal..e o de que tarde 18 meses en evaporarse e despois quede como aletargado para toda a vida dentro de un…é realmente …inquietante

  10. barbara.aso.1b di:

    O tema que trata este post é moi interesante, eu busquei información sobre esta enfermidade e encontrei que en ocasións pode provocar unhas manchas roxizas na pel similares as dunha alerxia.
    Tamen se pode complicar, en ocasións é posible que se rompa o bazo,que pode levar o paciente a estado de shock, poden disminuir os globulos blancos, os globulos vermellos, as ploaquetas, e incluso pode chegar a inflamarse o corazón (miocarditis).

  11. ruben.aso.1a di:

    Esta é unha infección que tarda 18 meses en desaparecer por completo , ainda que despois podese presentar de vez en cuando. É unha enfermidade complicada, xa que produce fiebre , dor de garganta…
    Moitas persoas , a maioría , ó longo da súa vida padece esta enfermidade. Desta forma as persoas vánse facendo inmunes a esta enfermidade polo desenrolo de novos anticorpos que conbaten este virus.

  12. juanjose.aso.1a di:

    Outra forma de contaxiarse da mononucleosis é nas tranfusións sanguíneas. Nun estudio realizado de cada 1.000 transfusións, aproximadamente 1 vai acompañada de febre, escalofríos ou urticaria.

  13. vanesa.aso.1b di:

    Os síntomas para detectalo son:
    -dor de cabeza
    -dor muscular
    -aumento do tamaño do fígado e do bazo
    -erupcións cutáneas
    -dor abdominal
    No caso dos xóvenes o habitual é facerlles unha análise de sangue e concretamente nos adolecentes recómendaselles non facer actividade física durante un mes pois pode suceder que o bazo inflamado rompa e produza hemorraxia interna,febre e dor abdominal.
    Se isto ocorrese precisaríase cirurxía de urxencia.

  14. emilio.aso.1a di:

    A verdade e que a enfermidade se se leva ben non ten ningunha complicación, pero se non se coida ben pode traer varias complicacións. Pode provocar inflamación no bazo e este e pode romperse facilmente e provocar unha hemorraxia interna, e provocar unha operación de urxencia. Pero se se leva ben e a enfermidade e detectada a tempo non ai ningún problema de saúde.

  15. marcelina.aso.1a di:

    A verdade e que esta enfermidade ata fai pouco era totalmente descoñecida. Os síntomas son moi parecidos aos dos catarros ou ao da gripe pero na mononucleose ínchanse os ganglios que temos na baixo os oídos nos lados do pescozo, causa moita fatiga polo que sempre estás cansada e despois de “curala” tes que estar uns tres ou catro meses sen facer deporte, beber alcohol nin fumar.

  16. ero.aso.1b di:

    Xa non lle vou poder dar bicos nin a miña nai. Ouu non!!!, o que me inqueda como di algún compañeiro son os seus síntomas que poden pasar xa non polos dun catarro, senon que poden pasar desapercibidos se son moi leves, ai que manterse alerta.

  17. victor di:

    Ero, seguro que estas pensando en darlle bicos a túa nai?
    Pero a anterior non é a pregunta que quero que me respondades. O que me gustaría é que aclarásedes unha frase que utiliza Roberto no seu comentario, “o contacto co virus crea unha inmunidade adaptativa a través do desenvolvemento de anticorpos”.

  18. laura.aso.1a di:

    Refirese a que unha vez que padeces a enfermidade, o noso corpo crea anticorpos específicos para combatir esa enfermidade, polo tanto volvemonos inmunes a este virus.

  19. leticia.aso.1a di:

    Roberto con esa frase o que quixo decir eque ao pasar xa por esa enfermidade o teu corpo crea anticorpos que te fan inmune a ese virus, como cando nos poñen unha vacuna, o que fan é introducirche o virus para que o teu corpo cree anticorpos contra el e non o padezamos.

  20. andrea.aso.1a di:

    Co término de inmunidade adaptiva ou tamén chamada específica ou adquirida estimúlase trala exposición a axentes infecciosos. Discrimina entre diferentes microorganismos e os compoñentes principais son os linfocitos e os seus productos.

  21. rubenlois.aso.1a di:

    Os bicos son bos. Fannos pasar bos momentos, e aínda que hai enfermidades que se poden transmitir debido a dalos non hai porque deixar de dar bicos senón que hai que previr e fecelo con sentido.

  22. angela.aso.1b di:

    O que quixo decir Roberto foi que cando acabamos de padecer a enfermidade xa estamos inmunizados contra ela debido os anticorpos. E estou de acordo en que os bicos son bos pero ninguén se chegaba a esperar que podían chegar a ocasionar estas enfermidades, que hoxe en día e moi común entre a xente xoven.

  23. angel.aso.1a di:

    A inmunidade adaptativa é aquela que vamos adquirindo a través do desenvolvemento da nosa vida mediante a formación de anticorpos,outro tipo de inmunidade é a innata, que non de adquire senón que xa vimos “de serie” con ela.

  24. ruben.aso.1b di:

    e como se preven isto lois?? eu non lle vexo solución a esto; porque dar bicos sempre se fará.

  25. victor di:

    Rubén, fai comentarios razonados de contido científico. O que acabas de facer non vale.
    Debes construír un comentario, aínda que o podes acompañar dunha pregunta.

    NOTA: O PRÓXIMO DOMINGO REMATARÁN OS COMENTARIOS A TER EN CONTA NA SEGUNDA AVALIACIÓN.

  26. diego.aso.1b di:

    Parece mentira que unha cousa tan simple poida causr tanto dano,que co simple feito de beber polo vaso doutra persoa poida ocasionar isto.

  27. jose.aso.1b di:

    O final vai a ser verdá que nos vai facer dano ata respirar.
    Na miña opinión penso que esta enfermidade non se debería de ter, xa que cada un de nós debiamos ter a nosa propia hixene polo menos no de non beber polos vasos doutras persoas.

  28. susana.aso.1b di:

    Eu fai un mes que teño esta enfermidade,non se trasmite soamente atraves dun bico como se di normalmente senón da saliba.
    Os medicos dixeronme que mesmo unha persoa que sen querer che escupe na cara ou compartido algo de comer ou de beber con esa persoa xa a podes coller.
    O malo desta enfermidade e que e moi dificil de diagnosticar xa que as veces se pode confundir coas papapeiras,e no caso de que se teña esta enfermidad ai que saber ben como tratala porque a min mandaronme tomar soamente calmantes e o unico que conseguiron con iso foi inflamarme o fígado.

    Segun polo que lin en páxinas de internet todos pasamos por este virus nalgun momento determinado.Espero que poida haber un xeito de previlo como algunha vacuna ou algo.

  29. josebenito.aso.1b di:

    A mononucleose transmítese a través da saliva e tamén se estás demasiado cerca da persoa, pero bicos non hai porque deixar de dalos pero temos que ter precaución de non beber de vasos descoñecidos ou si sabemos que a persoa ten a enfermidade pois non darlle bicos nin beber do seu vaso.

  30. sabina.aso.1a di:

    Xa escoitara falar desta enfermidade pero en verdade non lle dera moita importancia, non me pareceu unha doenza con síntomas fora do común nin con consecuencis nefastas. Do que non oíra falar é do feito de que a presenza do virus que causa esta enfermidade poida aparecer de xeito intermitente durante toda a vida da persoa afectada.
    Con respecto á mononucleose gustaríame falar un pouco acerca dos ganglios linfáticos:
    Os ganglios ou nodos linfáticos son unhas estructuras nodulares que forman parte do sistema linfático, formando agrupacións en forma de acios.
    Os ganglios linfáticos actúan como filtros, ao posuír unha estructura interna de tecido conectivo fino, en forma de rede, recheo de linfocitos que recollen e destruen bacterias e virus, polo que os ganglios linfáticos tamén forman parte do sistema inmunolóxico.
    Cando nos vemos afectados por algún virus os ganglios linfáticos énchense de linfocitos e inflámanse.
    Os humanos temos ganglios linfáticon nas axilas, cuello, ingles, mediastino e abdome.

  31. raquel.aso.1b di:

    Unha vez que unha persoa se contaxia de mononucleóse, o virus permanece no seu organismo de por vida. Pero isto non significa que si alguna vez padeciches mononucleóse contaxiarás de por vida. Có paso do tempo, o virus vólvese cada vez menos contaxioso e é moi pouco probable que unha persoa que tivo esta enfermidade transmita o virus a outra.

  32. andrea.aso.1a di:

    O tratamento da mononucleose infecciosa consiste no reposo e alivio do malestar. O paracetamol e a aspirina alivian a febre e a dor de garganta. Debe evitarse un exceso de actividade física durante o primeiro mes para evitar a posibilidade dunha rotura esplénica.

  33. belinda.aso.1a di:

    Outros membros da familia do virus do herpes producen a varíola, a citomegalovirus (CMV), ampolas de febre (herpes I) e o herpes xenital (herpes II). Como outros virus do herpes, a infección do CMV pode permanecer latente por algún tempo, reactivándose máis adiante. Os portadores do virus son as persoas e non está asociado a alimentos, auga ou animais.

  34. ana.aso.1a di:

    Eu penso que o que dixo Ruben Lois non e certo, porqe una enfermidade asi, non se pode tomar ninguna precaucion para non contaxiala, porque si lle das un bico a calquera, ou bebes polo mesmo vaso, pois xa lla podes estar transmitindo, xa que se trasmite pola saliva.
    Aver Ruben, como lle darias ti un bico a alguen que ten esta infermidade, para q non te contaxiara??

  35. ivan.aso.1a di:

    Cando o noso organismo vese infectado por un virus fórmanse anticorpos específicos para eliminar o virus o antes posible.Esto é debido gracias as células de memoria que son as encargadas de gardar información dun virus despois de que este infectara o noso organismo.Se o virus volve a infectar o noso organismo este tendrá información gardada dese virus e responderá rápidamente contra el.A este proceso coeceselle co nome de inmunidade adaptativa.

  36. victor di:

    Que é un anticorpo? Como actúa contra os virus?

    O DOMINGO REMATA A SEGUNDA AVALIACIÓN

  37. laura.aso.1a di:

    Son glucoproteínas (molécula unida a un ou varios hidratos de carbono simples, ou compostos). Están presentes na sangue ou en outros fluidos corporales. A súa función principal é identificar e neutralizar elementos extraños como bacterias, virus ou parásitos.

  38. carlos.aso.1a di:

    É un tipo de proteína. O sistema inmunitario do corpo produce anticorpos cando detecta substancias dañinas, chamadas antíxenos. Os exemplos de antíxenos abarcan microorganismos (tales como bacterias, hongos, parásitos e virus) e químicos.

    Cada tipo de anticorpo é único e defende ó organismo dun tipo específico de antíxeno.

  39. cristian.aso.1b di:

    Eu penso que esta enfermidade poderia estar máis controlada se tibésemos uns hábitos máis saudables,como o de non compartir vaso.
    O VEB infecta a maior parte da xente nalgún momento da súa vida. Desta forma obtense unha inmunidade a través de anticorpos contra o virus, aínda que estas infecións non soen desenvolver unha sintomatoloxía grave.

  40. manuel.aso.1a di:

    Os anticorpos son sintetizados por un tipo de leucocito denominado linfocito. Existendiferentes modalidades de anticorpos, isotipos, basadas en forma de cadea pesada que posuan. Coñécense cinco clases diferentes de isotipos en mamíferos, que desempeñan funcions diferentes, contribuindo a dirixir a resposta inmune adecuada para cada distinto tipo de corpo extraño que se encontra.

  41. andrea.aso.1a di:

    Posto que os anticorpos danse de forma libre no torrente sanguíneo, díse que son parte do sistema inmunitario humoral. Os anticorpos circulantes son producidos polas líneas clonais de linfocitos B que responden específicamente a un antíxeno que pode ser un fragmento de proteína da cápside viral, por exemplo. Os anticorpos contribuén á inmunidade de tres formas distintas: poden impedir que os patóxenos entren nas células ou as dañen o unirse a elas (neutralización). Poden estimular a eliminación dun patóxeno polos macrófagos e outras células revistindo o patóxeno (opsonización) e poden desencadear a destrucción (lisis) directa do patóxeno estimulando outras respostas inmunes como a vía do complemento.

  42. emilio.aso.1a di:

    Os anticorpos, como ben indica a palabra son os que nos protexen o corpo, xa que eles detectan as enfermidades e intentar protexernos contra elas. Do que nos protexen son bacterias virus ou parásitos.

  43. marcelina.aso.1a di:

    Os anticorpos, tamén coñecidos como inmunoglobulinas, son glucoproteínas. Poden atoparse de forma soluble no sangue ou outros fluídos corporais dos vertebrados, dispoñendo dunha forma idéntica que actúa como receptor dos linfocitos B, son os leucocitos dos cales depende a inmunidade mediada por anticorpos con actividade específica de fixación de antíxenos. As células B (que constitúen un 30 % do total de linfocitos dan orixe ás células plasmáticas que producen anticorpos) e son empregados polo sistema inmunitario para identificar e neutralizar elementos estraños tales como bacterias, virus ou parásitos.