TEN O DÍA 24 HORAS?

Hai uns días Chile foi sacudido por un terremoto e despois por un tsunami que causaron, polo menos, 700 mortos. O terremoto foi dunha intensidade de 8.8 graos na escala de Ritcher e, segundo un informe da NASA, este terremoto desprazou o eixo terrestre 8 cm, diminuíndo a duración do día 1.26 microsegundos.

imagen

Os terremotos, poden desprazar ata centos de km de rocas en espacios moi reducidos, o que modifica a distribución da masa do planeta, rompendo o equilibrio isostático  que provoca un desprazamento do eixo terrestre. Se o terremoto en vez de producirse en latitudes meridianas o fixese cerca do ecuador, o eixo non se desplazaría tanto como o fixo.

Pero xa non é a primeira vez que ocorre isto porque no 2004, cando se producíu o terremoto de Sumatra de 9.1 grados o eixe desprazouse de tal maneira que reducíu o día 6.8 microsegundos.


 Autora: Verónica Oubiña

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to TEN O DÍA 24 HORAS?

  1. andrea.aso.1a di:

    O xeofísico Richard Gross comentou que o feito de que o terremoto de Chile producírase en latitudes meridianas, en lugar de cerca do ecuador, ocasiona un desplazamento maior do eixe. Os cambios causados polos terremotos na Terra teñen un carácter permanente.

  2. paula.aso.1b di:

    Que se acorte a duración dos días debese a que a Terra, no seu interior sufriu un acomodamento das placas que fixeron que alterasen a sua ubicación hacia o interios e aceleraron a sua rotación. Por iso pode haber unha diferencia no tempo da rotación.

    Un exemplo personalizado é a dun patinador. Canto este comeza a dar voltas cos brazos estirados,as suas voltas son mais lentas, pero cando este encolle os brazos, a sua velocidade aumenta, diminuindo o tempo que tarda en dar as voltas.

  3. victor di:

    Agárdanse de cara ao futuro que o movemento de rotación da Terra varíe a súa duración?

  4. ruben.aso.1a di:

    Os cambios no eixo terrestre non son estranos, pero xeralmente suceden de forma paulatina polo movemento natural das masas de aire e auga. Estudos da Nasa aseguran que os efectos do cambio climático estarían inclinado o eixo periódicamente e que un exemplo claro é o derretemento das capas de xeo de Alaska, pero este proceso é lento e acumulativo, pero os grandes movementos sísmicos aceleran estos cambios.

    Outa das consecuencias do sísmo foi que a Terra aleterou a dua velocidade de rotación.
    Por suposto que esta variación é imperceptible, e según os expertos non pode ser causa de cambios no clima ou outras derivacións de maior gravidade, pero sirve de medida para entender a forza do fenómeno.

  5. jose.aso.1b di:

    Este post é moi interesante, xa que nunca me plantexara a pregunta de que se un día ten 24 horas xustas.
    Por outra parte estes terremotos que ocorren case a diario comezan a ser preocupantes, xa que non so acortan a duración dun día como ben se di no post, senon que tamén están morrendo moitas persoas debidos a estes terremotos e destruindo os fogares de milleiros familias.

  6. marcelina.aso.1a di:

    Este post é moi interesante xa que non sabía que cando había terremotos tan preto dos paralelos movíase o eixo terrestre modificando o interior da terra.

  7. marcelina.aso.1a di:

    O acortamiento do día explícase polo chamado “efecto do patinador en xeo”. Cando un patinador está dando xiros sobre a pista e pecha os brazos sobre o seu peito, comeza a virar máis e máis rápido. Cando se cambia a distribución da masa sobre a terra, o ritmo de rotación tamén cambia, explicou o xeólogo David Kerridge.

    Un profesor de Ciencias da Terra na Liverpool University do Reino Unido afirmou que tamén as illas aledañas puideron sufrir cambios.

  8. leticia.aso.1a di:

    Este post pareceme de gran interese. Si creo que de cara ao futuro o movemento de rotación da terra varíe xa que como nos ven a contar verónica neste post ultimamente estanse producindo unha serie de terremotos,e fenómenos atmosféricos en xeral, que están afectando pouco a pouco a duración de cada día,ou o que ven sendo o mesmo,a rotación do noso planeta. Como sigan ocorrendo estes fenómenos,o que ata agora ven significando pouco,a longo prazo podería variar de maneira esaxerada o movemento de rotación da terra.

  9. ana.aso.1a di:

    Este post pareceme moi interesante,xa que non sabiaque os terremotos causasen estes efectos.
    Penso que si segue avendo terremotos asi, pode que o eixe da terra se desprace que os dias sexa mais curtos.

  10. sabina.aso.1a di:

    Verdadeiramente pareceume realmente impactante esta nova,xa que non me podería imaxinar que este desprazamento do eixe terrestre se puidera levar a cabo.
    No referente a este tema gustaríame falar sobre a rotación terrestre:
    O movemento de rotación é un movemento que efectúa a Terra xirando sobre sí mesma ao longo dun eixo ideal denominado eixo terrestre que pasa polos seus polos. Unha volta completa, tomando como referencia as estrelas, dura 23 horas con 56 minutos e 4 segundos e denomínase día sidéreo. Si tomamos como referencia ao Sol, o mesmo meridiano pasa frente á nosa estrela cada 24 horas, chamado día solar.
    O eixe terrestre forma un ángulo de 23,5º respecto á normal da eclíptica, fenómeno denominado oblicuidade da eclíptica. Esta inclinación produce longos meses de luz e oscuridade nos polos xeográficos, ademais de ser a causa das estacións do ano, causadas polo cambio do ángulo de incidencia da radiación solar.

  11. andrea.aso.1a di:

    A rotación provoca o movemento aparente dos astros, particularmente do Sol. Este movemento marca a diferencia entre o día e a noite.A terra tarda ,si temos en conta as estrelas dura 23 h 56 min 4,09 seg en completar un xiro sobre o seu eixe,é o día sidéreo. Si temos en conta as culminacións consecutivas do Sol sobre un mesmo meridiano a súa duración é variable, debido á órbita da Terra é elíptica e a velocidade de translación aumenta nos sectores máis longos,é o día solar verdadeiro e dura máis co día sidéreo porque para que o Sol chegue a altura do mesmo meridiano ademáis de completar unha revolución sobre o eixe da Terra debe compensar o movemento de traslación recorrido. O longo do ano vaise adelantando ou atrasando regularmente.

  12. veronica.aso.1a di:

    Cando eu fixen este post, tamén me chamou a atención que un terremoto puidese mover o eixe terrestre.
    Pero tamén me gustaría falar do que provocou esta catástrofe natural. O terremoto de Chile prodúxose polo choque entre as placas nazca e sudamericana, este terremoto desplazou verticalmente unha gran masa de auga provocando despois o tsunami, como se pode ver no video da simulación do terremoto.

  13. victor di:

    Investigade varias cousas:
    a.- a duración da rotación da Terra tivo sempre a mesma duración ou variou ao longo da historia do planeta?
    b.- A inclinación do eixo da Terra experimenta algún tipo de variación ao longo do tempo?

  14. andrea.aso.1a di:

    Os cambios da velocidade rotatoria na súa forma Secular, refírese o aumento lineal da duración diaria como consecuencia do aumento da fricción de marea, esta variación ocasiona a reducción da velocidade de rotación do eixe terrestre e en consecuencia o alargamento da duración do día de 0.0005 a 0.0035 s cada 100 anos.
    As variacións irregulares en esa velocidade de rotación, ocasionaron que a lonxitude do día, variou casi 0.01 s nos dous últimos siglos. Esos cambios irregulares consisten supostas fluctuacións da década, con periodos característicos de 5-10 anos aínda nunha escala de tempo máis corta, poden ocurrir outras variacións, que afecten a outros procesos sucedidos no interior da Terra.
    A forza de gravedade da Lúa fai subir as mareas e as forzas de atracción do Sol, tamén influén na reducción da duración do día, o frenar ambas a velocidade de rotación terrestre en un orden de 0.0005 s en períodos de 1 ano, de 27.55 días e de 13.66 días. Os cambios estacionais nos patróns do tempo globais, que soén suceder cada ano ou semestre, tamén ocasionan cambios na duración do día.

  15. leticia.aso.1a di:

    A duración da rotación da Terra variou ao longo da historia xa que o eixe de xiro da Terra cambia a sua inclinación lentamente co paso do tempo. A amplitude do movemento da Terra é de 2,4°.

  16. laura.aso.1a di:

    O que puiden encontrar sobre a inclinación do eixe da Terra é que existe unha pequena oscilaciñon do eixe chamado Bamboleo de Chandler, e foi descuberto por un astrónomo americano en 1891.

  17. victor di:

    AVISO: O PRÓXIMO DOMINGO REMATARÁN OS COMENTARIOS PARA A SEGUNDA AVALIACIÓN

  18. victor di:

    Andrea, o teu primeiro parágrafo é moi difícil de entender. Que algué mo explique.

  19. marcelina.aso.1a di:

    As variacións do eixe terrestre depende do momento no que se atope a Terra, estos poden der glaciares ou interglaciares. Esto afecta á radiación solar sobre os hemisferios.
    Según lin o eixe da Terra varía de 22.1º a 24.5º nun período de 41.000 anos, agora o eixe da Terra ten 23.5º.

  20. raquel.aso.1b di:

    O eixo de xiro da Terra cambia lentamente có paso do tempo a súa inclinación. Isto é o que en astronomía se denomina oblicuidade da eclíptica á inclinación que presenta o eixo da Terra con respecto ó plano da eclíptica. É a razón do ángulo que forma o plano do camino sol ó longo do ecuador terrestre co plano da Eclíptica. Mide 23º e 4/10 do grao, ainda que non é constante debido ó movemento terrestre denominado nutación.

  21. laura.aso.1a di:

    A forma secular a que se refire Andrea, é o espacio de tempo que tomamos como referencia, forma secular quere decir un periodo de tempo 100 anos, o aumento lineal da duración diaria é o aumento constante(imperceptible nun espacio curto de tempo) que experimentan os días. Este aumento é de 0.0035 segundos cada 100 anos, esto prodúcese pola fricción das mareas sobre a Terra, é dicir, as mareas van en dirección oposta a rotación da Terra, por tanto as mareas actúan como un freno ao movemento de rotación da Terra.

  22. victor di:

    Marcelina di que a inclinación do eixo da Terra depende dos períodos glaciares ou interglaciares. Pregunto: non será ao revés (os periodos dependen da inclinación do eixo)?

    DOMINGO REMATA A SEGUNDA AVALIACIÓN

  23. laura.aso.1a di:

    Marcelina estaba equívocada, son os periodos glaciares os que dependen da inclinación da Terra, xa que dependendo da inclinación da Terra a luz e a calor do sol impactan máis ou menos na superficie terrestre.