PC SUPER, SUPER PC

imagen

Imaxina moitos millóns de computadores en todo o mundo, pertencentes a moitas persoas distintas, inclúe bases de datos propiedade e administrados por distintas institucións, a capacidade de cálculo e procesamento dos mesmos e outros instrumentos como sensores, telescopios, instrumental de laboratorio… e imaxina que os conectas todos en un único súper potente computador global, iso é o que será a Grid.

O acceso a sofisticados equipos imposibles de adquirir en propiedade, dados os altos prezos, e a posibilidade de cooperación internacional estarán dispoñibles para a comunidade científica mediante os laboratorios virtuais independentemente da súa situación xeográfica, de maneira que por exemplo, o descubremento de fármacos pasará do laboratorio ao computador e non terán que mesturar químicos para ver o seu funcionamento  podendo probar miles de mesturas en só uns minutos. Pero as aplicacións non son unicamente científicas, terá grandes aplicacións comerciais cambiando a maneira de facer negocios e a sociedade en xeral.

 Construida con cables de fibra óptica, que eliminan compoñentes que frean a alta velocidade na transmisión de datos, consegue velocidades unas 10.000 veces superiores as convencionais, co cal a investigación de décadas quedará feita en semanas.

  

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to PC SUPER, SUPER PC

  1. vanesa.aso.1b di:

    Segundo un texto científico puiden ler que o Grid ante fallos ,coma poden ser os colapsos,por exemplo,envía a operación a outra máquina.

    Tamén me informei sobre a seguridade .Esta seguridade sería paralela á da rede Lan, pero unha máquina paralela sería moi custosa.

    Ante isto a única solución sería dispoñer de máquinas heteroxéneas que sumadas teñan unha boa potencia e así crear sistemas de baixo custe e de gran potencia.

  2. ivanabal.aso.1a di:

    Coa Fibra Optica Internet sera moito mais economico, a parte de moito mais rapido, que é o que nos interesa os consumidores e os investigadores. O problema desta gran rede é o alto custo.

  3. andrea.aso.1a di:

    O proxecto Grid é europeo co que preténdese formar unha rede de computadores interconectados que permitan o procesado de grandes volúmenes de información. O obxectivo primordial é integrar e optimizar o uso de recursos distribuidos e de grandes bases de datos, este proxecto é o futuro o que pasa é que seguramente terá un alto custo para os consumidores.

  4. angel.aso.1a di:

    A min paréceme un gran avance esta gran rede, e lendo o post recordoume a un artículo que lin fai tempo sobre un tema parecido.
    Ese artículo trataba sobre o proxecto PS3Grid, un proxecto biomédico no que mediante o procesador da playstation 3 os científicos poderían coñecer a estructura dunha molécula en 3D.
    A capacidade de cálculo de 100 PS3 equivaldría á de miles de ordenadores( polo seu procesador optimizado para o cálculo, algo básico para os gráficos dos videoxogos), e simplemente con conectarse a unha paxina os científicos poderían usar unha rede de consolas na investigación.

  5. raquel.aso.1b di:

    A fibra óptica é un medio de transmisión empleado habitualmente en redes de datos: un fío moi fino de material transparente, vidrio ou materiais plásticos, polo que se envían pulsos de luz que representan os datos que queremos transmitir. O faz de luz que completamente confinado e propágase polo núcleo de fibra cun ángulo de reflexión por riba do ángulo límite de reflexión total, en función da lei de Snell. A fonte de luz pode ser láser ou un LED.
    As fibras utilízanse ampliamente en telecomunicacións, xa que poden enviar gran cantidade de datos a unha gran distancia, con velocidades similares ás de radio ou cable. Son o medio de transmisión por excelencia ó ser inmune ás diferencias electromagnéticas, tamén utilízanse para redes locais, onde se necesita unha alta confiabilidade e fiabilidade.

  6. victor di:

    Parécevos que este novo sistema ten futuro para ser utilizado por usuarios a nivel individual (como alumnos de instituto por exemplo) ou só será utilizado a nivel investigador?

  7. marcelina.aso.1a di:

    Chamamos grid ao sistema de computación distribuído que permite compartir recursos non centrados xeográficamente para resolver problemas de gran escala. Os recursos compartidos poden ser ordenadores, sitios de traballo, supercomputadoras, PDA, portátiles, móbiles, etc software, datos e información, instrumentos especiais (radio, telescopios, etc.) ou persoas/colaboradores.

    Grid ofrece moitas vantaxes fronte a outras tecnoloxías alternativas. A potencia que ofrecen multitude de computadores conectados en rede usando grid é prácticamente ilimitada, ademais de que ofrece unha perfecta integración de sistemas e dispositivos heteroxéneos, polo que as conexións entre diferentes máquinas non xerarán ningún problema. Trátase dunha solución altamente escalable, potente e flexible, xa que evitarán problemas de falta de recursos e nunca queda inutilizada, debido á posibilidade de modificar o número e características dos seus compoñentes.

  8. andrea.aso.1a di:

    Penso que no futuro será utilizado primordialmente polo nivel investigador, aínda que pasado un tempo penso que poderia ser utilizado a niveis individuais, xa que todo co tempo abanza.

  9. ivanabal.aso.1a di:

    Eu creo que para que sea utilizado a nivel individual deberia de baixar o precio e facelo moito mais asequible. En cambio a nivel investigador e moito mais util, xa que tamen esta conectado con sensores, telescopios e instrumentos de laboratorio, esto axiliza os experimentos moito.

  10. laura.aso.1b di:

    Eu penso que será utilizado a nivel investigador para nos os estudantes ou mesmo profesores vainos ben o que temos ata agora,penso que seria un novo sistema innecesario para usuarios coma nos.

  11. marcelina.aso.1a di:

    Penso que nun principio será utilizado a nivel de investigación xa que é custoso pero como todo o novo en canto pase o tempo e se dea máis a ceñecer e baixe de prezo será de uso común a todos!

  12. ruben.aso.1a di:

    Eu persoalmente, penso que primeiramente será utilizado por científicos para aplicacións que precisen dunha gran capacidade de cálculo ou que requiran a xestión de enormes cantidades de datos, pero non descarto que nun futuro, non se destine a un nivel individual.

  13. paula.aso.1b di:

    Na miña opinión, ó principio , os que utilizaran as ventaxes da computación grid serán os cientificos e investigadores que lles será moi util para os seus descubrimentos e investigacións e, probablemente, mais tarde chegará a nós.

  14. dolores di:

    Contade a relación co LHC e como poderá axudar noutras áreas, como a saúde por exemplo, que pode ser un ámbito máis cercano a nos.

  15. alexandre.aso.1b di:

    Como todos os avances que se produciron na informática, tanto sexan novos aparatos ou mellorando a conexión de internet, non chegan de maneira individual ata pasar bastantes anos, creo que de momento vemos un avance para os intereses dos científicos, xa que como moito pode chegar nas grandes cidades, porque na aldea teremos que seguir co internet rural jaja, creo que deberían mellorar a distribucion de internet, estas melloras son boas para nós pero benefician a un grupo reducido.

  16. diego.aso.1b di:

    Parece un gran invento que podría facilitar moito as cousas na comunidade científica.E tamén na nosa sociedade, xo non faría falta cumprar computadoras.
    A parte a velocidadde coa fibra óptica sería un punto moi importante.Esperemos que poida ser realidade.

  17. silvia.aso.1b di:

    Eu tampouco creo que sexa moi útil na vida diaria, nos institutos e fogares, pero sí para os científicos que teñen que almacenar máis información. Aínda que se o seu uso se extende acabará chegando a todas partes, primeiro haberá que probalo.

  18. raqueltrigo.aso.1b di:

    Penso que si poderia ser útil na área da saúde pois grazas a el poderiase avnzar máis e máis.
    POr exemplo poderiase levar a información dun lado a outro moito máis rápido e se pasa algo tes un ordenador o lado para avisar sen ter que estar conetado por si se vai a lúz.

  19. carolina.aso.1b di:

    Estou de acordo con silvia creo que este avance pode ser bo para os cientificos pero para a nosa vida diaria,pois xa nos costa adaptarnos a tecnoloxía da que dispoñemos como para mais que se nos amplie o campo no que estamos.

  20. laura.aso.1a di:

    No tocante ao ámbito da saúde sería un gran avance, teriamos a disposoción unha gran base de datos, con todo tipo de información, investigacións, fármacos, estudos, radiografias… Con solo mirar o ordenador podríamos dispoñer de resultados de probas ou estudos de forma inmediata e en calquer parte do mundo, e por suposto con unha gran rapidez.

  21. andrea.aso.1a di:

    No ámbito que enuncia Laura,o da saúde estou de acordo con ela, xa que sería un avanze moi positivo para nós,para obter información,investigacións..e todo cunha rapidez que agora non temos, e isto traeria como consecuancias mellores resultados nos diferente ámbitos.

  22. angel.aso.1a di:

    O LHC foi por así decilo o creador do Grid, xa que os científicos poderían estar en contacto entre eles ( 5000 científicos) pero a razón de peso é que o LHC require un sistema capaz de grabar 30Mb por segundo,cun super disco duro de 15 millóns de Gb, polo que necesitaría unha rede adaptada e á altura de tanta información.

  23. rubenlois.aso.1a di:

    Na miña opinión, este ordenadores non servirán para o uso de alumnado nin particulares debido á súa complexidade, pero si que favorecerá aos científicos, farmacéuticas e outras institucións científicas.