FRIO MORTAL

imagen

Debido a onda de frío que afectou a Florida hai unhas semanas, o goberno local tivo que poñer en marcha un plan para salvar animais mariños e iguanas. Este plan permitíu salvar dúas mil tartarugas varadas na praia que se encontraban en coma inducido polas baixas temperaturas que chegaron aos -7ºC. O coma foi debido a que os animais non puideron regular a temperatura interna xa que a temperatura habitual da auga nas praias e de 20ºC.  Para atendelas, foron trasladadas a piscinas que a NASA ten en Cabo Cañaberal con auga temperada. Outras especies que non tiveron tanta sorte foron os peixes tropicais, os manatís e as iguanas que pereceron como consecuencia do frío.

Estes animais regulan a súa temperatura interior en función da temperatura exterior; por exemplo, os lagartos póñense a tomar o sol porque necesitan regular a súa temperatura. Neste caso, o pasar varios días a moi baixas temperaturas  provocou que o seu organismo non puidera quentarse e como consecuencia entraron en coma, no mellor dos casos.


Autor: Iván Abal

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to FRIO MORTAL

  1. adrian.aso.1a di:

    Pareceme moi ben que Florida tomáse medidas para conseguir que morrese o menor número de animais. A finais de enero morreran máis de 200 manatís unha cifra récord se se ten en conta que nun ano morren sobre 430.

  2. marcelina.aso.1a di:

    Os réptiles ao igual que os peixes e os anfibios, non son homeotermos (vulgarmente coñecido como sangue fría) o que supón que o seu corpo non ten unha temperatura estable e tense que regular coa temperatura ambiental. Polo contrario os mamíferos e as aves son homeotermos (sangue quente), teñen temperatura estable o que supón que non varía fronte aos cambios de temperatura ambiental.

  3. victor di:

    Marcelina, os réptiles non son homeotermos. Os réptiles son ectotermos (que significa?). Ten ventaxes ser ectotermo?

  4. jose.aso.1b di:

    Na miña opinión, é moi importante salvar a maior número de vidas animais posibles cando ocorren estas adversidades coma neste caso ocorreu en Florida, donde o goberno local fixo un gran traballo para poder salvar o maior número de animais que corrían perigo.
    Este goberno é un exemplo a seguir, polo menos neste aspecto de intentar salvar animais que están en perigo.

  5. manuel.aso.1a di:

    Ser ectotermo significalles que pode optimizar a súa temperatura corporal, ademais é un sistema de regulación do ritmo metabólico.

  6. veronica.aso.1a di:

    Cando decimos que os réptiles son ectotermos, estámosnos referindo a que a súa temperatura corporal varía según os cambios da temperatura ambiental. As vantaxes que presentan son que non teñen por que alimentarse todos os días, pero tamén teñen a desvantaxe de que non poden vivir en ambientes moi extremos, polo que dixen anteriormente.
    Polo contrario os homeotrermos son animais que teñen unha temperatura corporal estable frente aos cambios de temperatura ambiental, e poden vivir en lugares tanto fríos como cálidos, sempre e cando poidan alimentarse para regular a temperatura corporal. Os homeotermos son as aves e os mamíferos.

  7. marcelina.aso.1a di:

    Xa puxen que non eran homeotermos o que pasa e que non sabia a palabra octeotermos!!

  8. carlos.aso.1a di:

    Un animal é ectotermo cando a súa temperatura corporal non depende dos seus propios mecanismos fisiolóxicos, sinon do calor do ambiente no que vive.

  9. juanjose.aso.1a di:

    Unha das vantaxes da ectotermose é que os animais que os animais que presentan esta característica poden estar meses sin alimentarse, dado que os homeotermos dependen da enerxía química que se desprende do feito de comer e teñen que alimentarse a diario. Pola contra, os animais ectotermos non poden habitar en ambientes moi extremos, dado que a súa temperatura varía coa temperatura ambiental.

  10. victor di:

    E que pasa cos manaties?, son ectotermos ou endotermos? Por que morreron?

  11. tania.aso.1b di:

    Polo que lin a cerca dos manatís son mamífero mariños que viven en augas cálidas, e alimentanse de plantas acuáticas.Forman grandes manadas.os indios cazabanos para alimentarse e pola súa pel.
    Estes animais están en perigo de extición xa que anos atrás as poboacións de manantís disminuiron debido a que os humanos consumian as súas carnes e agora debido ao seu peso non ponden esquibar embarcacións polo que morren.

  12. victor di:

    Tania, non respondes á pregunta.

  13. alicia.aso.1b di:

    Os manaties son endotermos ainda que teñen un metabolismo moi lento polo que non xeran moito calor corporal. Como resultado poden enfermar (por exemplo de neumonia, volverse lentos ata para comer e como consecuencia morrer) cando a temperatura da auga baixa dos 70ºF (21’1 ºC).
    A maioria viven en augas tibias tropicais, pero os manaties de Florida viven en augas subtropicais que baixan dos 70ºF (21’1ºC) nos meses de inverno polo que buscan manantiais termais nos rios costeiros de Florida.

  14. victor di:

    Moi ben Alicia.
    É o mesmo ectotermo que poiquilotermo? E endotermo e homeotermo?

  15. andrea.aso.1a di:

    A ectotermia é un término moderno que define a estratexia de moitos seres vivos para optimizar a súa temperatura corporal, antes coñecido como poiquilotermia e aplicado a certos animais con temperatura corporal variable,a ectotermia é ademáis un sistema de regulación do ritmo metabólico.
    A homeotermia é o proceso mediante o cál un grupo de seres vivos denominados homeotermos manteñen a súa temperatura corporal dentro de uns límites, independentemente da temperatura ambiental, consumindo enerxía química procedente dos alimentos gracias a que teñen mecanismos para producir calor en ambientes fríos ou para ceder calor en ambientes quentes. Estos mecanismos están situados no hipotálamo, a pel, o aparato respiratorio, etc.

  16. victor.aso.1a di:

    Os ectotermos e poiquilotermos son o mesmo, son animais nos que a sua temperatura corporal depende unicamente do seu entorno.
    Os endotermos e homeotermos tamen son o mesmo só que neste caso a temperatura é independente a temperatura do seu entorno.

  17. carlos.aso.1a di:

    Creo que ectotermo e poiquilotermo son sinónimos xa que significan o mesmo, que a temperatura corporal destes animais depende do amibiente no que viven, e son opostos ós endotermos e homeotermos que tamén son sinónimos e din que a temperatura corporal dos animais non depende da tempetatura ambiente.

  18. roberto.aso.1a di:

    Os animais ectotermos ou poiquilotermo son os que regulan a súa temperatura estabilazandoa coa do medio.A este grupo pertencen os animais de sangre fría.
    E os endotermos ou homeotermos son os animais que manteñen a súa temperatura comporal queimando as calorias que obteñem dos alimentos.

  19. paula.aso.1b di:

    Ectotermo é poiquilotermo é o mesmo xa que ambas definen a estraxeía de moitos seres vivos para optimizar a sua temperatura corporal, solo que ectotermo é o término moderno, e poiquilotermo o antigo.
    O termino endotermo e o homeotermo non son o mesmo, xa que a endotermia fai referencia a orixe da calor corporal dos animais, e a homeotermia manten a sua temperatura corporal dentro dunhs límites.

  20. victor di:

    Como funciona o sistema de regulación de temperatura corporal dos organismos endotermos?
    Que vertebrados son endotermos?
    Eran endotermos os nosos antepasados “dinosaurios”?
    Ten realmente ventaxes ser un organismo endotermo?
    NON É NECESARIO QUE CONTESTEDES A TODAS AS PREGUNTAS

  21. alicia.aso.1b di:

    Os endotermos conseguen regular a súa temperatura corporal consumindo enerxía química procedente dos alimentos gracias a que teñen mecanismos para producir calor nos ambientes fríos ou para ceder calor nos ambientes cálidos. Estos mecanismos están situados no hipotálamo, na pel, no aparato respiratorio, etc.
    Os mamiferos e as aves son os grandes grupos de animais que poseen esta caracteristica, ainda que existen algunhas especies de tiburóns con este mecanismo termorregulador.

  22. veronica.aso.1a di:

    Os vertebrados que son endotermos, son as aves e os mamíferos. As vantaxes que presentan estos animais é que poden vivir a baixas temperaturas xa que a súa temperatura corporal é constande. Pero tamén teñen unha desvantaxe e é que esta temperatura corporal ten que ser constante aínda que estean en período de repouso ou inactividade, porque si non morrerían.
    As veces estos vertebrados non encontran suficiente alimento no inverno, polo que non poden manter o seu metabolismo, e teñen que invernar. Como por exemplo os osos.

  23. carlos.aso.1a di:

    Pénsase que a a maioría dos dinosaurios eran endotermos pero non se sabe si o eran todos.
    Eu creo que ser endotermo ten algunhas ventaxes, como que podes vivir en lugares fríos ou cálidos, ou incluso con menos problemas cando veña unha onda de frío ou calor, sempre e cando teñan comida para alimentarse ben.

  24. marcelina.aso.1a di:

    Os dinosaurios eran endotermlos, esto foi revelado nun estudio feit aos ósos dos dinosaurios por un experto en evolución.
    Son endotermos os vertebrados mamíferos e as aves.

  25. roberto.aso.1a di:

    Os organimos endotermos teñen unha desventaxa que é que necesitan máis comida xa que necesitan máis calorias para quemalas para obter calor corporal

  26. angel.aso.1a di:

    Nos climas cálidos os endotermos usan considerable enerxía para non calentarse, mediante a suor, en busca de refuxio ou con jadeos.
    Moitos mecanismos son usados para regular a temperatura do corpo, como tiritar(xerando calor por contraccións musculares),palidez e rubor(cambios circulatorios para diminuir ou incrementar o fluxo de calor á pel) ou suor( perdendo calor por evaporación)

  27. andrea.aso.1a di:

    Respecto a pregunta dos vertebrados endotermos os mamíferos e as aves son os doús grandes grupos de animais que posúen esta característica, aínda que tamén existen algunhas especies de tiburóns con este mecanismo termorregulador. Grazas o autoabastecimiento de calor, algúns homeotermos poden sobrevivir nas condicións de frío moi adversas como é o caso dos pingüíns.

  28. adrian.aso.1a di:

    Un organismo endotermo é un organismo donde a temperatura corporal depende básicamente da súa enerxía metabólica, xa que dispon de un metabolismo activo que libera una cantidade de calor proporcionalmente elavada. Son endotermos as aves, mamíferos e alguns réptiles.

  29. vanesa.aso.1b di:

    Os endotermos produce calor no seu interior e así regula a temperatura corporal,mantendo a súa temperatura a pesares da temperatura ambiente.
    Algúns animais endóxenos son os mamíferos,así como os ratos e os elefantes.
    Se razoamos sobre se os dinosurios son endotermos vemos que sí pois necesitaban comida para obter corporal.

  30. manuel.aso.1a di:

    Segundo me informei os vertebrados endotermos son os réptiles e os anfibios, estes últimos dependen da temperatura ambiente porque non poden utilizar a radiación solar como os réptiles ante o risco de deshidratarse.

  31. santibras.aso.1a di:

    Os animais endotermos son os anfibios e o reptils.
    Non se cree que os dinosaurios non eran endotermos, pero esto aínda está en discusión.

  32. sabina.aso.1a di:

    Os organismos endotermos tamén coñecidos como de sangue quente, pusúen mecanismos termoreguladores internos que se encargan de controlar a temperatura corporel do animal, sen que este teña que depender da fonte de calor do ambiente.
    Dentro dos vertebrados, son endotermos: os mamíferos e as aves.
    Con respecto aos nosos antepasados,os pequenos terópodos avanzados eran endotermos, como as aves e os mamíferos; en cambio, todos os demáis dinosaurios, dispoñían de un mecanismo termorregulador especial, ao que chaman homeotermia inerte e homeotermia masiva,polo que podemos dicir que non eran completamente endotermos.

  33. aliciaromero.aso.1b di:

    Ter un corpo endotermo ten as súas ventaxas e os seus inconvintes. Un das súas ventaxas é, que o contrario dos animais de sangue quente (mamíferos, aves…), os animais de sangue fría non teñen que alimentarse cada día, e as veces poden estar meses sen comida.
    Como desventaxa, os endotermos non poden habitar nos ambientes moi extremos, xa que a súa temperatura varía segundo a temperatura do clima, ao contrario que os animais de sangue quente, que poden vivir en calquer tipo de habitat se teñen de comer para poder manter a súa temperatura.

  34. victor di:

    Vanesa, os conceptos que comentas non están nada ben explicados.
    Hai argumentos para afirmar que os dinosaurios eran ectotermos pero tamén para afirmar que podían ser endotermos; cales son eses argumentos?

  35. ruben.aso.1a di:

    Os argumentos que apuntas a que os dinosaurios tamén podian ser endotermos son varios. Por exemplo :
    – Cando se poñían de pe, as patas dos dinosaurios enderezábanse e existen indicios de que podían correr.
    – Encontráronse fósiles de dinosaurios dentro de Círculo Polar Ártico; polo conseguinte, tiñan que ser capaces de soportar temperaturas moi baixas.
    – Nas comunidades de dinosaurios podese apreciar a porporción endotérmica depredador – presa. Isto basease no descubrimento de que os carnívoros mamíferos actuales precisan dez veces máis alimentos que os ectotermos do mesmo peso corporal.
    – Os osos dos dinosaurios presentan indicios dun crecemento rápido e de remodelación, como ocorre cos osos dos mamíferos actuais.
    – As aves , que son endotermas, evolucionan a partir de pequenos dinosaurios terópodos, e, polo tanto, é propable que os dinosaurios tamén foran endotermos.

  36. aliciaromero.aso.1b di:

    Durante as décadas de 1.820 e 1.830, os primeiros buscadores de dinosaurios os consideraban lagartos xigantes, e polo tanto, ectotermos corpulentos.
    No 1.870, Thomas Huxley dixo que a fisioloxía dos dinosaurios coincidía co modelo mamífero, ao destacar as semexanzas entre os dinosaurios e as aves. Destacaba, en particular, a similitud entre os terópodos máis pequenos e o Archaeopteryx, a ave máis antiga que se coñece. Pero a idea de que os dinosaurios foran endotermos non se mantivo durante demasiado tiempo.
    Mais tarde, o doutor Robert Bakker da Universidade de Yale, presentó sete tipos diferentes de probas, según o seu criterio, todolos dinosaurios eran moy activos e totalmente endotérmicos, mentras que os demais paleontólogos admiten unha posición intermedia, según a cal os pequenos terópodos avanzados eran endotermos, como as aves; pero todolos demais dinosaurios, os grandes e os enormes, dispuñan de un mecanismo termorregulador especial, ao que chaman homeotermia inerte e homeotermia masiva.

  37. rubenlois.aso.1a di:

    Os argumentos polos que se pode decir que os dinosaurios eran homeotermos é devido a que nós evulucionamos dos dinosaurios, e como somos homeotermos quere decir que habería algún dinosaurio homeotermo.