“ENERXÍAS RENOVABLES GOOGLE”

Xa todos coñecemos “Google”, o motor de búsqueda. Aínda que nos amosa cada día novas aplicacións, acaba de dar un salto máis grande. Estados Unidos acaba de concederlle permiso para crear a súa propia compañía enerxética, “Google Energy“.

 

imagen

“Google Energy” non só autoabastecería reducindo un 3% do consumo dos Estados Unidos, senón que tamén lle vendería electricidade a particulares, sempre obtendo a enerxía de fontes renovables. Este proxecto naceu no 2008, cando a empresa informática presentou un plan no que sostiña que os Estados Unidos podían tomar o 100% da enerxía que consume de fontes renovables. Tamén desenvolveu outros proxectos, entre eles o de como  regular o consumo eléctrico no fogar, que consiste en controlar o consumo de cada electrodoméstico ou aparello que teñamos na casa de forma que podamos regulalo.


 O seu lema é “Enerxía renovable máis barata que o carbón”. A entrada de Google no sector enerxético posiblemente fomentará o consumo de  renovables e previrá o consumo innecesario de enerxía.

Autor: Martín Alonso Vilar 

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to “ENERXÍAS RENOVABLES GOOGLE”

  1. juanjose.aso.1a di:

    O mellor que podemos facer é fomentar a utilización de enerxías renovables como ben fai Google. A nova aventura de Google nas enerxías renovables deberían de servir de exemplo a empresas e gobernos para que empecen a pensar máis no futuro do noso mundo e empecen a contribuír menos no cambio climático.

  2. victor di:

    Que podería indicar que unha gran empresa do sector da informática se introduza no mundo das enerxías renovables?

  3. sabina.aso.1a di:

    Dende logo esta nova é espectacular, xa que o feito de que unha potencia no mundo das tecnoloxías como é Google se interese polo aforro enerxético e polas enerxías renovavles como saída cara a un desenvolvemento maior do planeta, é verdadeiramente un indicador de que “os grandes” do comercio mundial comezan a interesarse polo planeta.
    Con este feito de Google e posible que outras grandes empresas mundiais sigan o seu exemplo e se preocupen máis polo dano que están a causar as excesivas produccións froito do capitalismo extremo.
    Esta medida pode que tamén sirva para concienciar a gran parte dos usuários de Google e de todas as súas aplicacións,para que colaboren contra o cambio climático e se preocupen máis dos efectos que este pode traer.

  4. raqueltrigo.aso.1b di:

    Que o mudo das enerxias renovables avanza,que é o momento de apostar por elas e que son as enerxias do futuro.
    canto máis se sepa destas enerxias mellor.

  5. ruben.aso.1a di:

    Pois a min particularmente parceme un gran proxecto que vai levar a cabo Google en EEUU.
    Xa que realiza estudos sobre a cantidade de enerxía que consomen os electrodomésticos nos fogares e así poder reducir a enerxía que consumimos , é o mesmo tempo vai a ser un promotor de enerxías renovables. Esta labor deberíana copiar outras empresas , e gobernos , xa que na miña opinión vai favorecer o cambio climático debido a que obten electricidade a partir de fontes renovables.
    Que unha grande empresa da informática se introduzca no mundo das enerxías renovables, na miña opinión , vai aportar cousas positivas xa que teñen todos os medios, e os máis avanzados,para estudar o consumo , a productividade … é isto reducirá moito o cambio climático.

  6. juanjose.aso.1a di:

    Primeiramente Google utilizará esta enerxía que producirá limpamente para proporcionar enerxía ás súas propias instalacións, aforrando máis de 2,5 millóns de dólares ó día de electricidad. Esto non descarta que máis adiante poida introducirse no mercado de EEUU e incluso no mercado mundial.

  7. raquel.aso.1b di:

    Realmente interesante, xa que, penso que con isto aforraranse moitísimos cartos e ademáis diminuirá a emisión de CO2 a atmosfera. Con respeto á pregunta que formulou Víctor penso que o uso de enerxías renovables por unha gran empresa da informática servirá como un exemplo a seguir por outras grandes empresas e por empresas máis pequenas, deste xeito coidariamos máis o noso planeta.

  8. veronica.aso.1a di:

    Penso que Google o que pretende facer é concienciarnos non so aos usuarios como di Sabina, senón a todas as persoas e incluso aos seus traballadores. No cuartel xeral de Google en Mountain View, o edificio principal conta cun gran número de placas fotovoltaicas, ofrécenlle transporte(autobuses con biodiesel) a máis de 1500 traballadores de maneira gratuíta e incluso pon á súa disposición oito coches híbridos que se recargan no garaxe “solar”.

  9. victor di:

    Con respecto a este proxecto, por que vos inclinades máis: pola boa imaxe que lle pode dar a Google ou polo rendemento económico?

  10. laura.aso.1b di:

    Eu inclinome máis polo rendemento económico,os cartos poden ca imaxe que lle poda dar.
    Na miña opinión a boa imaxe xa a ten xa que é o mellor buscador ou polo menos o máis recoñecido que hay hoxe en día pola sociedade.

  11. roberto.aso.1a di:

    Non creo que o fagan pola boa imaxe (solo) xa que google xa é recoñecido por todo o mundo e creo q non necesita demasiada publicidade.
    Seguro que a gran maioria de nos temos como web principal dos nosos navegadores este buscador,o igual que a maioria de españois e supoño que pasara o mismo noutros países asique non creo que sea pola imaxe.
    Pola contra con este proxecto google tendria un rendemento económico que se sumaria o que gaña coa publicidade que fai cando realizas unha busqueda.

  12. raquel.aso.1b di:

    Coincido cos meus compañeiros cando din que se inclinarían polo rendemento económico, xa que, a conta diso pódenlle sacar moito beneficio porque é unha das grandes empresas pioneiras nesta faceta. Ademáis como ben xa apuntaron antes, a boa imaxe xa a ten.

  13. belinda.aso.1a di:

    Google aforra 2,5 millóns de dólares o día en electricidade o producir a enerxía renovable coa que abastecer os seus enormes centros de datos. Este gasto en electricidade era un dos maiores gastos da empresa. Ahora pode producir, comprar ou vender a enerxía que lle sobre.
    Google gasta un 3% da enerxía de todo Estados Unidos. E este probablemente vai ser un modelo a seguir por outras grandes empresas, pola redución que supón dos gastos.
    E por outra banda tamén mellora a imaxe, pero e evidente que esta iniviativa está totalmente fundada no rendemento económico.

  14. ruben.aso.1a di:

    Eu persoalmente creo que Google o fai pola repercusión que lle aportará esta inversión a esta empresa pero por outro lado tamen creo que ten un rendemento económico elevado xa que lle vai vender electricidade a toda a poboación de EEUU.

  15. paula.aso.1b di:

    Eu persoalmente, inclínome máis polo rendemento económico, xa que Google prentende vender esa enerxía que xera.O seu obxetivo é reducir un 50% ou incluso un 75% o coste dos heliostatos usado para levar a ebullición da auga e xerar electricidade con vapor.

  16. juanjose.aso.1a di:

    Non creo que sexa pola publicidade, creo que o obxectivo que move toda este proxecto é recortar a súa factura eléctrica.

  17. victor di:

    Por que tipo de enerxías renovables apostou Google?

  18. raquel.aso.1b di:

    Google investiu cartos na investigación de enerxía solar térmica, eólica e sistemas xeotérmicos mellorados (EGS). Tamén invertiu en “startups” como eSolar ou BrigthSolar, e nos últimos meses lanzouse ó campo da eficiencia enerxética có PowerMeter, un software que permite controlar dende un ordenador portátil (en un futuro, dende un móvil) o consumo enerxético nos fogares a tempo real.

  19. angel.aso.1a di:

    A compañía destinou o ano pasado 45 millóns de dólares á investigación en enerxía solar térmica, eólica e sistemas xeotérmicos mellorados (EGS).
    Pero nos últimos meses lanzouse ao campo da eficiencia enerxética con un software que permite controlar o consumo enerxético dun fogar a tempo real dende un portátil.

  20. martin.aso.1a di:

    Principalmente aposta pola solar e a eólica aínda que non se descarta que aumente as fontes de obtención de enerxía.

  21. andrea.aso.1a di:

    Google.org financiou novas empresas tecnolóxicas en enerxía solar, enerxía xeotérmica e vento. Tamén desenrolou PowerMeter, unha web basada na aplicación da electricidade principalmente mediante os servizos públicos.

    Os empleados de Google exploran a intersección das TI e da enerxía e da compañía, creou unha alianza con General Electric para presionar políticas de promoción de enerxía limpia.

  22. carlos.aso.1a di:

    Según mirei Google polo momento vai apostar sobre todo polo enerxía solar e máis a eólica, ainda que tamén pode incluir a térmica ou sistemas xeotérmicos mellorados.

  23. victor di:

    Na investigación enerxética estanse a seguir basicamente dúas vías: enerxías renovables e non contaminantes e aforro enerxético. Nestes últimos anos, as vosas familias realizaron algún tipo de actuación tendente a reducir o consumo de enerxía na vivenda?

  24. veronica.aso.1a di:

    Na miña casa este ano na cociña puxemos bombillas de baixo consumo e estámosnos planteando meter calefacción solar, aínda que non é fixo xa que non sabemos ata que punto pode saírnos rentable.

  25. marcelina.aso.1a di:

    Google apostou sobre todo pola enerxía eólica e a xeotérmica pero tamén usará solar, biomasa, hidráulica, etc.

    Na miña casa poñemos nalgúns lugares bombillas de baixo consumo, desenchufamos dempre os cargadores dos móviles e o ordenador,etc.

  26. jose.aso.1b di:

    E moi importante que esta grande empresa contribúa neste aspecto de apostar polas enerxias renovables, xa que é importante que pouco a pouco se vaian incorporando novas empresas para poder seguir apostando por un futuro mellor.

  27. andrea.aso.1a di:

    Para reducir o consumo na miña casa colocamos detectores de presenza en algunhas estancias da vivenda ademáis de lámparas de baixo consumo e estase pensando en instalar paneles solares para o uso da auga quente.

  28. adrian.aso.1a di:

    Na miña casa temos dúas placas solares que nos permiten quentar a auga o que fai que apenas utilicemos o butano.

  29. laura.aso.1b di:

    Na miña casa puxéronse nalgúns lugares bombillas de baixo rendemento, porque como observamos no parque de Sotavento aforras moito máis a longo prazo e a diferencia de luz e mínima.Eu penso que en todos os fogares intentan reducir o consumo de enerxía e máis nestes tempos que transucurren.

  30. rubenlois.aso.1a di:

    O proxecto que Google creou é un investimento con moito futuro, xa que así foméntase o uso das enerxías renovables e a súa prosperidade.
    Este proxecto debería proporse en moitas máis empresas para deixar de utilizar progresivamente as enerxías non renovables.