CRER É CREAR

imagen

Algunha vez te preguntaches se os nosos pensamentos e desexos producen cambios físicos no mundo exterior? A noética é unha nova rama da ciencia que estudia o efecto da mente humana sobre a materia. Recentemente realizouse un experimento que consistía en que un grupo de persoas se concentrase en pensamentos puros e belos, mentres observan a conxelación da auga nun vaso. O resultado que se obtivo foi unha estructura cristalina fermosa, mentres que pola contra, se o grupo de persoas se concentra en pensamento violentos, as formas cristalinas son abruptas e irregulares.

Cando a nosa mente ve un determinado obxecto, aparece actividade en certas partes do noso cerebro (esto podemos observalo por medio de tomografías) se despois pechamos os ollos e imaxinamos o obxecto, a actividade cerebral é idéntica! Entón, se o noso cerebro presenta a mesma actividade cando ve que cando sinte chega a gran pregunta: cal é a realidade? A resposta é que a nosa mente non fai distinción entre o que ve e o que sinte, para ela,  ambas as dúas son a realidade.

A mente humana é unha máquina “case perfecta” da que aínda non coñecemos todo, nin sabemos ata onde pode chegar a súa capacidade pero, aínda así, pode o pensamento humano chegar a exercer un cambio sobre a realidade física? Os nosos coñecementos limítanse ao que podemos apreciar e tocar, ou podemos demostrar con probas, iso quere dicir que algo que non podemos demostrar ou experimentar non existe? A ciencia noética intenta atopar os límites do noso coñecemento e ata onde poden chegar as nosas habilidades mentais.

 

Autora: Laura Santos

Esta entrada foi publicada en General e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

44 Responses to CRER É CREAR

  1. ivan.aso.1a di:

    Este paréceme un experimento interesante porque pode chegar a decirnos ata onde pode influir a nosa mente na percepción da realidade.Paréceme increible o experimento do xeo porque cada grupo veía o xeo dunha maneira distinta influidos polos seus pensamentos.

  2. ero.aso.1b di:

    Interesante post! Este tema enos relativamente descoñecido xa que pouco se fala sobre él, na escola non damos nada tocante a isto, e nos medios non é un tema moi frecuente. Eu teño oido falar de xente que fai mover obxetos coa mente, e só o vin unha vez, foi no famoso caso de Uri Geller, (aínda que tamén usa as mans).

  3. victor di:

    Ero, creo que o de Uri Geller é un mal exemplo e o experimento tampouco acaba de aclaranos nada. O que si é importante é que esteamos dispostos a aceptar que na actualidade hai moitas cousas que non coñecemos e que non podemos explicar. Iso non quere dicir que non existan.

  4. alicia.aso.1b di:

    Certamente non sabemos nada do potencial do noso cerebro, ainda nos queda un gran camiño ata saber o que somos capaces de facer. Pareceme increible o caso do xeo ! Non sabia que os nosos pensamentos tivesen tanta repercusión na realidade que nos rodea.

  5. andrea.aso.1a di:

    Este post realmente poñenos a pensar ata onde poderia chegar a nosa mente, o do experimento do xeo paréceme moi interesante, respecto a nova ciencia denominada noética encontrei que refírese a todo o que ten que ver co pensamento, especialmente, o obxectivo e intelixible. Úsase, xeralmente , en relación con Aristóteles, a súa noética sería a súa doutrina da intelixencia, todo isto referente o ambito da filosofía.

  6. carlos.aso.1a di:

    Este post é un claro exemplo do que pode chegar a facer a nosa mente sen case darnos conta e o que pode chegar a influir sobre os obxectos, e neste caso o dos cubos de xeo e un claro exemplo, e paréceme incrible, que so coa mente poidamos “construir” distintas estructuras coma esta.

  7. angela.aso.1b di:

    Eu penso que non utilizamos todo o potencial que ten o noso cerebro e non sabemos moitas das cousas que poderiamos chegar a facer, por iso esta moi ben que se estude máis concienciudamente estas cousas.

  8. anadia.aso.1b di:

    Respecto á relación da noética co pensamento obxectivo ou intelixible atopei que Aristóteles defendía a postura de que a forma e a materia son a mesma cousa; unha en acto e outra en potencia, na teoría do coñecemento, pensamento e sensación van a quedar como inseparables, de tal maneira que a sensación sería fundamento de todo coñecemento. Solo se pensa a través de imaxes e estas básanse nas sensacións, polo tanto sensación e imaxinación están nun mesmo plano.

  9. marinha.aso.1b di:

    Parece que o cerebro humano non teña límites ou polo menos non que nós coñezamos.O cerebro é unha maquina perfecta ou semi perfecta moito mais do que calquel ordenador pode chegar a ser,polo que creo que se deberian facer mais estudos de como coidalo ou desarroialo

  10. dolores di:

    Estades mesturando cerebro e mente. Son o mesmo?
    Que implicacións podería ter esa influenza da que se fala no post?

  11. andrea.aso.1a di:

    A mente refírese a entidade psíquica que representa o alma e que constitue a intelixencia, o entendemento, o pensamento, a intención, os designios, os sentimentos, o raciocinio, etc. A mente é la conformación do alma e constitue a auténtica vida do ser, mentres que o cerebro é o organo encargado de controlar e coordinar o movemento corporal e de procesar a información sensorial, por outra parte encárgase de regular as funcións homeostáticas, en definitiva o cerebro ,é o responsable da aprendidaxe, memoria e as emocións.

  12. dolores di:

    Aceptamos a túa invitación pero xa tiñamos pensado falar de ciencia, porque imos falar entre outras cousas de física cuántica.
    A parte diso, a referencia á fermosura, se les o que di o post, e comparando as formas cristalinas do xeo, que por certo o son bastante por moi subxetivo que sexa o concepto, con formas irregulares e caóticas. E se buscas con un pouco máis ganas igual encontras algunha outra referencia ao experimento, que por outro lado non ten porque ser feito nunha cámara frigorífica, tratase de meter a auga despois.
    E dito esto, invitámosche a que reflexiones sobre frases de científicos como estas:
    “Si una idea no parece absurda de entrada, pocas esperanzas hay para ella” Albert Einstein
    “Que maravilloso que hayamos tropezado con una paradoja!Ahora tenemos alguna esperanza de hacer progresos” Bohr
    “La radio no tiene futuro. Las máquinas voladoras más pesadas que el aire son imposibles. Los rayos X resultarán ser un fraude” Lord Kelvin

  13. dolores di:

    Que é a física cuántica? E Einstein, que relación ten con ela?

  14. ruben.aso.1a di:

    Pois a física cuántica é a rama da física que estudia o comportamento da materia que está formada por atomos moi pequenos.
    Einstein e a Física cuántica teñen en relación moi notable nesa época xa que produciu un gran avance na física polos seus descubrimentos.

  15. barbara.aso.1b di:

    A física cuántica, tamén coñecida como mécanica ondulatoria, é a rama da física que estudia o comportamento da materia cando as dimensións de esta son tan pequenas que empezan a notarse efectos efectos como a imposibilidad de coñecer con exactitud a posición dunha partícula, ou a súa enerxía, o coñecer simultáneamente a súa posición e velocidade, sin afectar a súa propia partícula (segundo o principio da incertidumbre de Heisemberg).
    Einstein interesouse moito pola mecánica cuántica, a veces desde un punto de vista crítico. O seu sentido físico dicíalle que a exactitud das prediccións da teoría non era razón para aceptar a interpretación probablilística de Born, Heisemberg, Bhor e outrosm, coñecida como “Interpretación de Copenhague” debido o nombre da ciudad na que residía Bhor. Para refutar esta interpretación Einstein publicou en 1935, xunto a Boris Podolsky e Nathan Rose, un célebre artículo títulado “¿Puede considerarse completa la descripción de la realidad física de la Mecánica Cuántica?”

  16. carlos.aso.1a di:

    A física cuántica, que xurdiu ao longo da mitade do século XX, e tamén coñecida como mecánica ondulatoria, e é a rama da física que se encarga de estudar o comportamento da materia cando as súas dimensións son tan pequenas que empezan a notarse efectos coma a impoisbilidade de coñecer con exactitude a posición dunha partícula ou a súa enerxía entre outras.

  17. paula.aso.1b di:

    A física cuántica, tamén coñecida como mecánica ondulatoria, é a rama da física que estuda o comportamento da materia cando as dimensións de esta son tan pequenas que empezan a notarse efectos como a imposibilidade de coñecer con exactitude a posición dunha partícula, ou a sua enerxía, ou conoñer simultaneamente a sua posición e velocidade, sen afectar á propia partícula.

  18. angel.aso.1a di:

    A física cuántica é a rama da física que estuda o comportamento da materia cando as dimensións de ésta son tan pequenas, en torno a 1.000 átomos, que empezan a notarse efectos como a imposibilidad de coñecer con exactitude a posición dunha partícula, ou a súa enerxía, ou coñecer simultáneamente a súa posición e velocidade, sen afectar á propia partícula (descrito según o principio de incertidumbre de Heisenberg).

  19. manuel.aso.1a di:

    A física cuántica é a rama da física que esruda o comportamento da materia cando as dimensións de esta son tan pequenas , entorno a 1.000 átomos, que empezan a notarse efectos como a imposibilidade de coñecer con exactitude a posición dunha particula, ou a súa enerxía, ou coñecer simultaneamente a súa posición e velocidade, sen afectar a propia particula.
    Albert Einstein foi precursor da física cuántica.

  20. maria.aso.1a di:

    É a rama da física que se encarga de estudar o comportamento da materia cando as dimensions desta son en torno a 1000 átomos.
    Os dous pilares desta ciencia son:
    -As partículas intercambian enerxía en múltiplos enteiros dunha cantidade mínima denominada quantums.
    -A posición das partículas ven dada por unha funcion que describe a posiilidade de que dita partícula se atope en tal posición nese intre.
    (http://www.cienciapopular.com/n/Ciencia/Fisica_Cuantica/Fisica_Cuantica.php)

  21. jose.aso.1b di:

    A física cuántica, é a rama da física que estudia o comportamento da materia cando as dimensións desta son tan pequenas, en torno a 1.000 átomos, que empezan a notarse efectos como a imposibilidade de coñecer con exactitude a posición duna partícula, a súa enerxía, o coñecer simultáneamente a súa posición e velocidade, sen afectar a propia partícula.
    Xurdiu ó longo da primeira metade do século XX, en resposta ós problemas que no podían ser resoltos por medio da física clásica.

    Por outra parte a relación de Einstein coa física cuántica, é a aportación de teorías como por exemplo a teoría da relatividad.

  22. marcelina.aso.1a di:

    A mecánica cuántica (coñecida orixinalmente como mecánica ondulatoria) é unha das ramas principais da física que explica o comportamento da materia e da enerxía.

    Einsten é coñecido por rexeitar algúns dos postulados da mecánica cuántica. Malia estar presente no seu campo, Einstein non aceptou a interpretación da mecánica cuántica tales como a de que unha soa partícula subatómica pode ocupar numerosos espazos ao mesmo tempo. Einstein tampouco aceptou as consecuencias de entrelazamento cuántico aínda máis presente na paradoja de Einstein-Podolsky-Rosen (ou EPR), a cal demostra que medir o estado dunha partícula pode instantáneamente cambiar o estado do seu compañeiro enlazado, aínda que as dúas partículas poden estar a unha distancia arbitraria. Existen teorías cuánticas que incorporan á relatividade especial, por exemplo, a electrodinámica cuántica, a cal é actualmente a teoría física menos comprobada, e estas atópanse no mesmo sitio da física moderna de partículas.

  23. carolina.aso.1b di:

    Opino igual que mainha eu creo que o noso cerbro pode ter mais, e dar mais do que nos da seguro que ten moitas facetas que non coñecemos e que seguro son moi interesantes.creo que se deberia investigar mais neste asunto,non digo que sexa tanto como un ordenadod de perfecto pero seguro que algunhas cousas imperfectas se poden mellorar.

  24. tania.aso.1b di:

    o termino noética refirese ao pensamento sobre todo ao obxetivo e a intelixencia.

    tamén estou de acordo con carolina de que o noso cerebro pode dar moito máis do que nos da e que deberían facer investigacións a cerca disto.

  25. dolores di:

    Vedes que a Física cuántica ocupase do estudos a unhas dimensións tan pequenas que as leis que rixen o mundo macroscópico non funcionan, que xurdíu para explicar cousas que a física clásica non podía.
    Antes de que comentemos hacia onde vai a física cuántica e que non podemos descalificar sen máis un estudo ou unha idea por moi absurda que pareza (a historia da ciencia está aí para corroboralo), quero que todos teñades claro algo que se comentou de pasada: que hai un protocolo científico a seguir ata que se considere certo e que non todo vale.
    Que é unha magnitude física? Que é e cales son os pasos do método científico?

  26. juanjose.aso.1a di:

    Unha magnitude física consiste en atribuír un valor numérico cuantitativo a algunha propiedadendun corpo, como a lonxitude ou o área.

  27. roberto.aso.1a di:

    O metodo científico son aquelas prácticas utilizadas e ratificadas pola comunidade científica como válidas a hora de proceder co fin de expoñer e confirmar as súas teorías.
    Os pasos destre proceso son:
    Observación, aplicar atentamente os sentidos a un obxeto ou a un fenómeno, para estudialos tal como se presentan en realidad, pode ser ocasional ou causalmente.
    Inducción,a acción e efecto de extraer, a partir de determinadas observacions ou experiencias particulares, o principio particular de cada unha delas.
    Hipótesis,planteamiento mediante a observación seguindo as normas establecidas polo método científico.
    Probar a hipótesis por experimentación.
    Demostración ou refutación (antítesis) da hipótesis.
    Tesis ou teoría científica (conclusións).

  28. veronica.aso.1a di:

    Unha magnitude física é todo aquelo que se pode medir. Cando falamos de magnitude temos que diferenciar entre:

    •Magnitude escalar: Son todas aquelas perfectamente definidas coñecendo a súa medida ou magnitude. Ex.: tempo, volume, lonxitude, masa

    •Magnitudes vectoriais: Necesítase coñecer ademais da súa magnitude a direción e o sentido das mesmas para que queden definidas. Ex.: velocidade, forza, presión

  29. victor di:

    Segundo o que afirma Roberto sobre o método científico, este o que busca é chegar a unha conclusión ou teoría cinetífica. Segundo isto pódese afirmar que o experimento que conta inicialmente este post ten carácter de teoría científica?

  30. raqueltrigo.aso.1b di:

    Eu creo que si se poderia decir ten caracter cintifico porque aparte de ser un conxunto de experimentos e observacions,tamén esta basada nunhas hipoteses.(en ocasións,un experimento non resulta directamente verificable pero si amaioria da suas consecuncias).

  31. sabina.aso.1a di:

    Eu persoalmente, xa oíra falar sobre a noética, máis concretamente no libro de Dan Brown “El símbolo perdido”,no que se fala con bastante profundidade acerca deste tema.
    A primeira vez que lin en que consistía a noética impactoume verdadeiramente a explicación, non me podería imaxinar de ningunha maneira que os seres humanos poidamos ter a capacidade de cambiar a realidade so coa nosa mente;pero unha vez que me fun familiarizando co tema e asimilando mellor as explicacións acerca deste tema, a idea xa non me pareceu tan disparatada e incluso chegou a supoñerma unha idea relativamente lóxica, aínda que non o pareza.
    Para moitas persoas esta rama da ciencia supón unha gran mentira que non vai demostrar nada nin proporcionarnos nada, pero cada quen é libre de pensar o que queira. A min persoalmente gustaríame darlle certa credibilidade á ciencia noética xa que, si verdadeiramente puidese existir ese efecto da mente humana, poderíanse facer grandes cousas a nivel mundial tan só mentalizándonos de xeito grupal acerca do que queremos cambiar.

  32. dolores di:

    Raquel supoño que quererás dicir explicable e non verificable. Necesitariamos saber máis sobre como se fixo e cales foron os parámetros utilizados, que non se dín no post, pero podería selo ben plantexado.
    Quedamos en falar de física cuántica, porque está claro que a nivel macroscópico non podemos explicalo. Pediríavos que a información que aportedes sexa a un nivel que vos resulte “comprensible”, sacada de textos de bacharelato que tamén podedes encontrar na web, porque senón non aportarán nada. Se ides a wikipedia ou similares atoparedes funcións, intregais, derivadas…
    Einstein chegou a unha ecuación da enerxía, cal? intentade explicala aplicándoa por exemplo o fotón.

  33. manuel.aso.1a di:

    Ecuación da enerxía de Einstein: E = mc2
    E (hamiltoniana)
    m (masa)
    c (velocidade da luz elevada o cadrado)

  34. raquel.aso.1b di:

    A ecuación á que chegou Einstein implica que a enerxía E dun corpo en reposo é igual a súa masa m multiplicada pola luz ó cadrado: E=mc2

  35. angel.aso.1a di:

    No espacio baleiro os fotóns móvense á velocidade da luz c, e a súa enerxía E e o momento lineal p están relacionados mediante a expresión E = cp, donde p é o módulo do momento lineal.
    A ecuación correspondente a partículas con unha masa m é E2 = c2p2 + m2c4.
    Modificando a ecuación E2 = p2c2 + m2c4 asignándolle un valor de cero a p (p = 0) o que significa que v tamén ten que ser igual a cero,v=0, danos que E2=m2c4, o que é igual a E=mc2.

  36. dolores di:

    Sabina, a credibilidade ten que vir dada por unha comprobación científica. Os físicos teóricos afirman que cousas como a telepatía, a psicoquinesia (e isto por aí vai) ou a invisibilidade non violan as leis da física e que se poderán comprobar. De feito a invisibilidade e algo sobre o que xa se está investigando e se conseguiron algúns resultados (metamateriais). O que queria que comentaramos tratando algúns destos conceptos e que son fenómenos asociados a un mundo no que a materia se fai case inmaterial convertida en campos, fluctuacións e onde o comportamento só se pode determinar en termos de probabilidade. Heisenberg falaba disto e ademáis analizou no seu momento a evolución do noso coñecemento do mundo que nos rodea. Buscade o seu principio de incertidume e logo analizamos isto.

  37. raquel.aso.1b di:

    En mecánica cuántica, o principio de incertidume afirma que non se pode determinar, simultáneamente e con precisión arbitraria, certos pares de variables físicas, como son, por exemplo, a posición e o momento lineal (cantidade de movemento) dun obxecto. Noutras palabras, canto maior certeza se busque en determinar a posición dunha partícula, menos se coñece a súa cantidade de movemento lineal e, polo tanto, a súa velocidade. Isto implica que as partículas, no seu movemento, non teñen asociada unha traxectoria ben definida.

  38. adrian.aso.1a di:

    Heisenberg afirmou que non se pode determinar simultáneamente e con precisión a posición e o movemento das partículas. O que significa que non e posible asignar unha traxectoria a unha partícula.

  39. marcelina.aso.1a di:

    O principio de incertidumbre de Heisenbreg postula que toda partícula en movemento leva asociado un movemento ondulatorio e a lonxitude de onda é igual á constante de Planck.

  40. juanjose.aso.1a di:

    Non estou de acordo coa definición de Marcelina sobre o principio de incertidumbre de Heisenberg. O principio de incertidumbre de Heisenberg di que é imposible dar o punto exacto dun electrón, xa que para definilo temos que precisar a cantidade de movemento da partícula e a súa posición e canto máis precisamos nunha magnitude máis erro cometemos na outra, deste modo é imposible definir o punto exacto do electrón.

  41. dolores di:

    O que dí Marcelina ten que ver coa dualidade onda- partícula que é un principio que non é de Heisenberg, pero tamén está aí. Refírese a que unha partícula pode comportase como tal (tendo masa e ocupando un espazo) ou como unha onda (que en física clásica ten masa nula e velocidade definida). Se tedes isto en conta, o anterior, buscades aínda máis información sobre tempo de Planck, espazo- tempo… ou pensades nas partículas das que falamos no post do LHC, poderíades chegar a que: o mundo que percibimos é a nosa representación da realidade, que existe só para nos porque parece que nos movemos a una velocidade insignificante para alterar o tempo-espazo, e que hai toda una danza de partículas e campos xenerados por fluctuacións cuánticas non teñen formas perceptibles por problemas de frecuencias, densidades… A nosa percepción da realidade sería a mesma se a nosa vista tivera a profundidade dun potente microscopio?

  42. dolores di:

    Do que di Heisenberg sae que o observador inflúe na observación, e que os aparatos de medida igual que os nosos sentidos están limitados a determinadas deteccións, que por outra parte e tamén o di el, van a permitirnos determinar na maioria dos casos aquelas magnitudes polas que preguntamos, e iso ocorre cando un científico ten unha intuición ou unha idea e comeza a investigar nese eido. As leis xa estaban aí, funcionando, antes de que se foran descubrindo (a gravidade non apareceu coa mazá de Newton) e a investigación irá hacia onde a dirixamos contando por suposto coa tecnoloxía adecuada. Unha frase súa: “Mediante la ciencia el intelecto humanos recupera del mundo lo que previamente ha puesto”.

  43. dolores di:

    Isto vai polo tempo que vos deixei sen comentarios. Se o microscópico forma o macro, nos estamos dentro de toda esa danza, mente e cerebro incluídos. En neurociencia xa hai investigación nese sentido.
    Se na literatura nos falan de universos paralelos podemos adxudicalos á seudociencia. E se lle dedicaran un artigo no último número da revista “Investigación y ciencia”? Que nin se vos pase pola cabeza pensar nun post!!

  44. rubenlois.aso.1a di:

    O noso cerebro e unha máquina tan complexa que creo que nunca conseguiremos acadar a saber o o alcance que esta pode ter.
    Na miña opinión, o concepto que temos da realidade é moi básico, solamente cremos con totalidade o que podemos ver, tocar ou demostrar; o resto de cousas que non vemos, nin tocamos nin podemos demostrar é cuestión de fe.