UN ROBOT MOI AGARDADO!

Detectar unha bomba a distancia e saber a súa composición, é un gran reto contra o terrorismo. As forzas de seguridade poderían contar en pouco tempo cunha nova ferramenta que lles permitiría saber cunha alta porcentaxe de fiabilidade se un coche leva explosivos ou non. A unha distancia de 20 metros os artificieros poderían saber nun minuto de que tipo de explosivo se trata. O proxecto chámase Optix e trátase dun pequeno robot. A empresa española Indra está a desenvolver este proxecto que podería comezar a utilizarse en 2012. Está impulsado pola Unión Europea no Programa Marco de I+D, A unidade Tedax da Garda Civil está axudando no seu desenvolvemento.

 

Na actualidade o sistema para detectar bombas é mediante cans adestrados, pero cando se usan explosivos sempre quedan restos nas mans das persoas ou ao transportalos, que son difíciles de limpar.  Optix utilizará diferentes técnicas, unha delas é o láser que se proxectará sobre o obxecto sospeitoso, éste excitará as substancias e así se saberá o patrón químico. Unha das avantaxes de Optix é que poderá analizar cantidades microscópicas de explosivos o que lles dará máis seguridade ós Tedax xa que así saberán ao que se enfrontan xa que actualmente non teñen ningunha técnica que lles diga de que tipo de substancias están formadas as bombas.

Este sistema non reemprazaría aos cans xa que son moi versátiles, pero si servirá de apoio. En principio, o robot non está pensado para detectar explosivos en pasaxeiros ou maletas en puntos de control de aeroportos, aínda que si serviría para detectar bombas en aparcamentos. Así mesmo, podería usarse como ferramenta forense para determinar si unha persoa estivo en contacto con explosivos.

Autora: Marce Abal

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.