AVATAR

imagen

Jake Sully é un ex marine parapléxico reclutado para viaxar ao planeta Pandora, onde unha gran empresa está a extraer un valioso mineral. Ao ser tóxica a atmosfera de Pandora, crearon o programa, “Avatar”, no cal algúns humanos teñen as súas consciencias unidas a un avatar; un corpo biolóxico controlado de forma remota e que pode sobrevivir ao aire letal. Os avatares son mesturas xenéticas de ADN humano e nativo de Pandora. Jake, na súa forma avatar recibe a misión de infiltrarse cos nativos, que son un verdadeiro obstáculo para a extracción do mineral.

Neitiri, unha bela nativa, salva a vida a Jake e todo cambia. É admitido no clan e aprende a ser un deles. Segundo a relación de Jake e Neitiri aumenta, el aprende a respectar o modo de vida dos nativos e atopa o seu lugar entre eles. Enfróntarase á maior das probas cando teña que dirixir a épica batalla que decidirá o destino do seu novo mundo.

Ficha técnica

Esta entrada foi publicada en cine e etiquetada . Garda o enlace permanente.

52 Responses to AVATAR

  1. victor di:

    Cando se establece un contacto entre dúas civilizacións, unha máis avanzada tecnolóxicamente que a outra, a primeira sempre ten unha actitude de conquista e semella ter máis dereitos ca segunda. Este tipo de conflito vos parece algo ficticio, ou pola contra é algo que ocorre así na vida real? Sería ese o noso comportamento ante unha situación parecida?

  2. raqueltrigo.aso.1b di:

    O tema da pelicula fai sentir identificados as tribus e os pobos indixenas,a pesar de ser un filme de ficción.
    O presidente da federación ashuar,Luis Vargas
    indicou que as petroleras creen que o goberno e o dono de todo,pero el cre que os donos son eles e os seus ancestros.En cambio Atal Entun dixo que a pelicula e algo similar o que viven,pero que para eles isto non é nada novo.
    Na zona Amazonia rexistransen constantes diverxencias entre indixenas e petroleras,incluso na comunidade Saracayu negouse durante anos o acceso desas empresas.
    eu penso que o mellor era que istas tribus ou pobos aseguranse os dereitos das súas terras.

  3. laura.aso.1a di:

    Por suposto a civilización máis avanzada exerce unha especie de dominio sobre a civilización máis atrasada, un exemplo mi claro é cando os españois descubrimos América.
    Se vivísemos unha stiuación semellante, eu creo que non actuariamos do mesmo xeito que na película, eu creo que antepondríamos a vida dos indíxenas a explotación do mineral.

  4. raqueltrigo.aso.1b di:

    Estou de acordo con Laura,o noso comportamento seria o mesmo que o da pelicula,posto que no momento que nos somos os que sometemos e non os sometidos danos igual todo e máis cando hai cartos polo medio.

  5. victor di:

    Eu non estou dacordo con vos. Podedes estar seguros que ocorrería o mesmo. Imaxinade que descobrimos un planeta despois de investir unhas grandes cantidades de cartos. Para seguir facendo novos viaxes hai que buscar fontes de financiamento e se o planeta ten recursos naturais rendibles podedes estar seguros que non lle preguntariamos aos que nos parecerían uns indíxenas atrasados.
    Non sexades inxenuos; nos somos os malos da película.

  6. martin.aso.1a di:

    A civilización máis avanzada, é dicir, nós intentaríamos someter á menos avanzada, cmoma na película e tamén como a conquista das colonias américanas

  7. gabriel_solleiro.sau di:

    A decisión entre que facer se respetar a natureza ou aprobeitarnos dela para conseguir cartos é unha decisión moi complicada para calquer persoa é que sempre estivo relacionada co avance das tecnoloxías e as novas empresas emerxentes. E verdade que algúns tipos de contaminación poderíanse evitar como é o caso dos coches para o só uso individual pero tamén debemos ter en conta que a contaminación que crea algo que necesitamos pàra vivir é irremediablemente necesaria.
    Na miña opinión conseguir un equilibrio entre a contaminación e a natureza e algo que debemos conseguir para poder vivir nun mellor mundo no que o ser humano e a terra estén en completa armonía

  8. guillermo_arrojo.sau di:

    Isto xa ocorreu nas épocas do imperialismo xa que as principais potencias aprovecharonse dos pobos menos desenvolvidos.

  9. manuel_alvarez.sau di:

    Eu creo que o filme intenta reflictir unha situación que pode estar ocurrindo agora. Os que no filme son os humanos, na vida real son os paises colonizador e os do planeta pandora é o pobo indixena que é conquistados polos paises colonizadores formando unha colonia e “roubando” as riquezas do pobo como metais, minerais, etc.
    En conclusión, opino que se hai que extraer minerais ou riquezas doutro pobo ou pais non hai que impoñerse ante o pobo, senon que hai que chegar a un acordo para evitar o máximo posible a destrucción de paisaxes, compartir cultura, etc.

  10. javier_barreiro.sau di:

    Eu estou de acordo con guillermo xa que o país mais forte sempre se aproveita do mais débil.
    E aunque non sexamos os malos da película sentimos medo polo descoñecido e a primeira reacción que temos é destruilo ou conquistalo.

  11. rubenlois.aso.1a di:

    O conficto que se produce entre as persoas e os habitantes de Pandora é un reflexo do que na realidade ocorre cando se queren destruír selvas ou lares naturais onde habitan humanos con pouco avance tecnolóxico e sen outros medios para vivir.
    Creo que para evitar este tipo de conflictos debrían facerse acordos entre os habitantes perxudicados e os que queren obter algún producto.

  12. andrea.aso.1a di:

    Na miña opinión estou de acordo en que o feito de ser unha civilización máis avanzada intentaria dominar a máis atrasada, como a película.
    Pero no caso de actuar igual ca na película penso que nós faríamos o mesmo, pero a mellor solución seria chegar a un acordo, xa que entre a natureza e os cartos a situación é moi complicada para calqueira poboación.

  13. raquel.aso.1b di:

    Estou totalmente de acordo, xa que, penso que nunca nos darían pena ou lástima ese indixentes se o que queremos é conseguir cartos. Un exemplo disto pero no noso planeta, é como os americanos queren conseguir o petróleo a toda costa e o máis barato posible para logo sacarlle máis rendemento.

  14. guillermo_arrojo.sau di:

    Cando ves a película terminas por odiar os humanos e apoiar a trivu do novo mundo non entendo que a especie human sempre se aproveita dos seres inferiores a eles que non teñen armas para loitar contra a avanzada tecnoloxia desenvolvida por os humanos.
    Na miña opinión estos abusos deberian rematar e facelo pacifícamente.

  15. juanjose.aso.1a di:

    Creo que nos intentariamos aproveitar da civilización para conseguir o noso obxectivo.

  16. antia.aso.2a di:

    O ser humano leva facendo isto dende o principio dos tempos e seguirao facendo. Se se quere facer dono de algo (xa sexan terreos, materias, enerxía…)non vai dubidar en buscar a forma máis rápida de conseguilo; un exemplo disto é o da colonización de América, atopamonos cuns indixenas e cunha cultura menos desenvolvida e “colonizamola” e durante moitos anos estivemonos aprobeitando dos seus recursos.

  17. ivanabal.aso.1a di:

    Eu creo que o que pasa na pelicula e bastante realista en canto o tema. Na pelicula vese como so mais fortes intentan impoñerse os mais debiles para asi conseguir cartos que financien neste caso viaxes a outro mundo. Non fai falta ir a Pandora para darse conta de que esto esta pasando, pero con esta pelicula pode ser que a xente se conciencie mais

  18. ruben.aso.1b di:

    Por suposto que sí nos aproveitaríamos deles..
    Fíxose sempre e sempre se seguirá facendo, porque sentímonos superiores cando non é asi, pero sempre actuamos desa forma. Polo que eu diría que estes abusos non rematarán, e no caso de rematar; diría que de todo menos pacíficamente.

  19. santigonzalez.aso.1a di:

    Penso que de atoparse un planeta con posibles beneficios para nós coma no caso da película non teríamos en conta ós indíxenas. Aínda que algunhas persoas os respetaran, investigaran e intentaran razoar con eles, non se conseguiría gran cousa, buscaríamos e retiraríamos o que se ía a buscar, xa sexa mineral ou outras cousas e non se tería en conta para nada a opinión e a vida dos nativos.

  20. laura.aso.1b di:

    Os humanos somos egoistas por naturaleza,e si nos tiveramos esa riqueza coma os da película fariamos igual que eles.
    Tódo o move a riqueza

  21. josebenito.aso.1b di:

    Parecéume unha boa película, aínda que só a puido rodar unha persoa que tiña os cartos e o tempo necesario para poder crear a tecnoloxía que necesitaba para levala a cabo.
    Con respecto ó tema de se nós invadiríamos outro territoria pola forza para obter os recursos e con eles un beneficio, estou seguro de que si.
    Ao longo da historia sempre foi así e non vai cambiar, xa que non hai ninguén que o impida.
    Os que teñen os cartos, ou sexa, o poder, sempre buscan o seu beneficio sen pensar nos demáis.

  22. ruben.aso.1a di:

    A película creo que nos quere contar que o ser humano é moi egoísta e só busca a riqueza. Por este motivo non lle importa nada, solo queren conseguir o seu obxectivo.

  23. sara.aso.2a di:

    Estou de acordo cos meus compañeiros esta situación na que os fortes se impoñen aos débiles é máis que frecuente, é unha situación que se produce diariamente aínda que sexa con situacións de menos importancia, polo que a película a parte dos efectos especiais tan bos ou as criticas tan boas que esta a acadar, tamén deveria servir como mensaxe para cada un de nos xa que seguro que nalgún momento tamén nos aproveitamos dos máis débiles.

  24. karina.aso.1b di:

    Estou de acordo con Sara xa que como ben nos mostra a pelicula sempre hai momentos nos que os fortes por selo se apoderan dos que non o son tanto aunque non sempre son os vencedores, a veces os mais débiles por selo acaban por ter mais agallas para defenderse e salir mellor librados chegado un momento determinado.

  25. angel.aso.1a di:

    O que resume ben esta película é a lei do máis forte, eu creo que se pasase de verdade os indíxenas ou o pobo “a invadir” non tería nada que facer contra os invasores, por iso é ciencia ficción, non sempre gañan os bos.

  26. ana.aso.1b di:

    Avatar paraceume unha pelicula moi boa na que conta a historia dun mundo aparte pero se te fixas nalgunhas cousas non é tan diferente.

  27. victor di:

    Como sabedes, na película, os protagonistas non son humanos aínda que teñen moitas semellanzas con nos. Unha das cousas que chama máis a atención é o ben que están integrados na natureza, sen crear ningún impacto sobre ela.
    Cales vos parecen que son as causas polas que a nosa civilización provoca un impacto tan grande sobre a natureza do noso planeta? Pensades que sería posible diminuír este impacto?

  28. veronica.aso.1a di:

    As causas polas que a nosa civilización provoca un impacto demasiado grande sobre a natureza do noso planeta son que nós; os humanos, somos capaces de transformar o medio no que vivimos para satisfacer as nosas necesidades, cousa que outras especies non poden facer. O problema é que nós, transformamos o medio que nos rodea sin atender en moitos casos as consecuencias que isto pode ter. Na miña opinión, eu penso que é posible diminuír este impacto sendo máis responsables co noso medio.

  29. susana.aso.1b di:

    Na miña opinión,eu penso que unha das causas principais e que non sabemos apreciar o que temos e que hai moitas persoas que non respectan a natureza,co cal esa e a principal causa do impacto que estamos a sufrir.

    Para poder disminuir o impacto,primeiro hai que concienciarse do dano que estamos a causar,porque hai xente que non se deu aínda de conta.E despois tomar as medidas necesarias para parar este problema.

  30. sabina.aso.1a di:

    Verdadeiramente “Avatar”é unha das mellores películas que vin en moito tempo, xa que pusúe uns efectos espectaculares, un fabuloso reparto e sáese completamente de todas as películas filmadas ata o día de oxe.
    “Avatar” conta unha historia magnífica e aínda que poida parecer o contrario simula unha situación verdadeira que podemos ver oxe en día na maioría das guerras que se están a producir na Terra, dado que estas son case sempre por motivos económicos.En Pandora os alieníxenas,ou sexa os habitantes da Terra, invadíamos o planeta na busca dun valioso mineral; e na realidade invadimos os países árabes(por poñer un exemplo) na búsca de petroleo.
    A min persoalmente, esta palícula abriume os ollos ante algúns temas e fíxome pensar se o xeito de vida que estamos a levar os habitantes do planeta é o correcto.Tanto me impresionou a conciencia dos habitantes de Pandora, que nalgunha ocasión sentín certa envidia, e con razón.

  31. ana.aso.1b di:

    O que teriamos que facer era en vez de destruila natureza o que deberiamos aprender é a vivir con ela.
    Eu creo que nos facemos un impacto tan grande sobre a natureza porque queremos medrar cada dia mais, e como que vemos que asi conseguimolo e realmente eu penso que no.

  32. sabina.aso.1a di:

    A sociedade actual está acostumada a vivir con toda clase de luxos e excesos de todo tipo:coches caros, casas magníficas,novas tecnoloxías…;se saímos dese ambiente non seríamos capaces de sobrevivir e estaríamos completamente perdidos.
    Á maioría dos habitantes das grandes urbes do planeta impórtalles moi pouco a natureza e dende logo non farían absolutamente nada para integrarse con ela, e ese é o noso gran fallo,xeralmente somos materialistas e egoístas,e preferimos vivir rodeados de todas as comodidades do mundo aínda que sexan artificiais e inanimadas antes de vivir en armonía co resto da natureza.
    Nos tempos nos que estamos sería algo dificil diminuír este impacto, pero se se concienciase á poboación con respacto a este tema quizais se lograsen resultados favorecedores.

  33. ruben.aso.1a di:

    Para min o que produce este impacto dos humanos sobre a natureza e o seu afán de riqueza e querer abrcar o máximo posible sen pensar nas consecuencias nin no que nos poderá pasar nun futuro moi próximo.

  34. victor di:

    Como sabedes, os Avatar son producto da enxería xenética (hibridación humano-aborixen de Pandora) e polo tanto dunha natureza semellante á nosa. Segundo iso conclúo que en Pandora tamen rixe a Teoría da Selección Natural de Darwin, segundo a cal, todas as especies proceden dunha única orixinal por un proceso de selección natural. Se vos fixades, os vertebrados de Pandora, teñen 6 patas, mentres que os “humanos” autóctonos so posúen catro extremidades. Sería isto posible ou deberían ter 6 extremidades coma os demais vertebrados?

  35. juanjose.aso.1a di:

    Podería ser posible, os aborixenes de Pandora seguramente evolucionaron según as súas necesidades, e polo tanto, pasando de 6 patas a 4.

  36. alexandre.aso.1b di:

    A verdade sempre salen as mesmas cuestións en canto ó noso nivel de vida, todos estamos de acordo en que vivimos por encima da nosa capacidade, pero nadie fai algo por evitalo, quen podería rexeitar unha nova tecnoloxía?, está claro que buscamos o ben propio, e a poder ser o máximo, pero creo que se non se conciencia desde arriba esto non vai cambiar, o que debemos e apoiar unha idea e facela saber para que se poida tomar en serio, e poder vivir ben e deixar vivir, e que unha vida boa nola marquemos nós e non no la marquen.

  37. victor di:

    Juan José, as extremidades non se perden polo camiño. Nos temos catro extremidades porque evolucionamos a partir de peixes con 2 pares de aletas (non as temos por casualidade; son froito do noso proceso evolutivo).

    CONTESTADE AO COMENTARIO 34

  38. leticia.aso.1a di:

    Eu penso que si que sería posible que os avatares tivesen catro estremidades xa que foron evolucionando, igual que o fixemos nos.

  39. raqueltrigo.aso.1b di:

    Contestando o comentario 34 eu creo que ou poderian ter 6 ou 4,quero decir poderian ter 6 como os vertebrados de pandora se son unha evolución do mesmo ser ou 4 se son unha evolución deses vertebrados,porque ó pasra por un proceso evolutivo puideron perder dúas extremidades.

  40. marcelina.aso.1a di:

    Creo que o país máis desenvolvido non respetaría ao outro menos desenvolvido, e querería impoñerse sobre el ao precio que fose aínda que significase entrar nunha guerra onde morre moita xente.
    Tamén creo que un tema parecido ao da película sucede hoxe en día, por exemplo países ricos que queren obter sexa como sexa as materias primas doutros que consideran inferiores e fan guerras sen lles importar as consecuencias.

    Nós os humanos non respetamos a natureza xa que moitos prescinden dela totalmente prefiren destruila con tal de beneficiarse e satisfacerse. Pareceume incrible a conexión coa natureza dos habitantes de Pandora, creo que a maioría dos humanos non seriamos capaces de tela, eu por exemplo nunca lle fixen caso á natureza, a verdade e que nunca me interesou moito e ata fai un ano máis ou menos non era moi consciente do cambio climático.

  41. vanesa.aso.1b di:

    Segundo unha información foi a evolución a que os levou a ter 6 patas e a necesidade de adaptación ao medio de cada especie.

  42. paula.aso.1b di:

    Sería máis lóxico que os Navi tivesen catro ollos e seis extremidades como moitos seres que se ven na película polas selvas de Pandora ó igual que os seres humanos temos catro extremidades e dous ollos como todos os vertebrados da Terra. Pero si os Navi non tiveses ese parecio a nós, non nos chamaría tanto a antención a sua historia,
    Eu creo que é por facer mais taquilla, xa que nos interesa máis unha historia de seres parecidos a nós, que de seres con seis extremidades e catro ollos.

  43. ana.aso.1a di:

    Eu creo que e posible que os “humanos” so teñan 4 extremidades xa que pode que os “humanos” puideron evolucionar mais que os demais vertebrados.

  44. victor di:

    Que entende Ana por evolución? Que significa evoluionar máis?
    Pódese dicir que un humano é máis evolucionado ca unha formiga?

  45. alexandre.aso.1b di:

    O tema da evolución non se mide no número de cambios que facemos físicamente, senon o meu parecer o máis evolucionado e o que mellor se adapta o seu medio, en canto o de compararnos cunha formiga creo que non nós debe servir como guía xa que eles adaptáronse a súa forma de vida e nós a nosa, dentro dunha evolución son distintos camiños.

  46. roberto.aso.1a di:

    Evolucionar significa ir adaptandose ao medio segun as nosas necesidades,por eso no podemos dicir que estamos mais evolucionados ca unha formiga,porque cada un evoluciona de forma diferente

  47. adrian.aso.1a di:

    Un ser humano non é máis evolucionado ca nha formiga senón que se adaptaron ó medio de diferente maneira, permitindolle a ambos sobrevivir.

  48. alicia.aso.1b di:

    A evolución é un proceso de cambio mediante o cal se forman novas especies máis adaptadas ó medio onde viven.
    Polo que o ser humano e a formiga estan igualmente evolucionados , xa que os dous están ben adaptados ó seu medio.

  49. victor di:

    Esa é a realidade; as formigas e nos estamos adaptados ao medio. Nungún está máis evolucionado ca outro, independentemente de que os humanos sexamos organismos de maior complexidade biolóxica.
    As bacterias son organismos moi sinxelos pero levan neste planeta moitisimos millóns de anos máis ca calqueira outro ser vivo, polo que podemos concluír que son organismos moi ben adaptados ás condicións da Terra.

  50. andrea.aso.1a di:

    A evolución biológica denomínase o conxunto de transformacións ou cambios a través do tempo que orixinou a diversidade de formas de vida que existen sobre a Terra a partir dun antepasado común.
    Respecto a segunda pregunta tal e como dí Victor as formigas e nós non estamos uns máis atrasados que outros, xa que somos organismos diferentes polo tanto ningún dos dous esta máis evolucionado ca outro.

  51. victor di:

    As formigas e nos estamos ben adaptados pero ocupamos nichos diferentes: que quere dicir isto?

  52. ivan.aso.1a di:

    Quere decir que tanto as formigas coma nos estamos ben adaptados no medio que vivimos, pero cada especie vive dunha maneira diferente a outra debido, as diferencias de evolución biolóxica que sufriron o longo do tempo.