TERRA = BAÑEIRA

O Cambio climático é un proceso que nos esta afectando a todos e todas e o seguirá facendo ao longo do tempo de non porlle remedio axiña; e de non  facelo produciranse problemas irremediables . O noso planeta estase a comportar como unha bañeira, é dicir, as actividades humanas xeran máis CO2  do que o planeta pode procesar, e o CO2 sobrante tarda demasiado en eliminarse da atmosfera.  A civilización leva anos xerando CO2 polo que a “bañeira” estase a encher progresivamente e chegando a o seu límite. A temperatura empezará a incrementarse moi rapidamente  e isto suporá: cambios nas nosas vidas, máis areas desérticas, menos choivas, máis secas …

imagen

Recentemente desenvolvéronse diferentes  liñas de investigación para tratar de paliar este problema e acadar novos avances no eido das enerxías renovables . Un estudo móstranos a posibilidade de utilización dunha enerxía renovable concreta : a enerxía xeotérmica.

Esta enerxía procede do interior da Terra é inesgotable e ten algunhas ventaxes:

– Evitaría a dependencia enerxética dos países, residuos escasos,  gran aforro económico e enerxético, gran cantidade de recursos, non require deforestación nin grandes construcións …

Pero tamén ten algúns inconvenientes :

– En certos casos emisión de ácido sulfídrico e CO2, contaminación térmica, impacto visual, e non se pode transportar como enerxía primaria.

 


Autor : Rubén  Barreiro

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Enerxías renovables, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to TERRA = BAÑEIRA

  1. melania.aso.2a di:

    O malo deste problema foi non darse de conta antes do que estaba a acontecer, aínda así hai persoas que negan tal problema. A verdade é que este problema estará presente durante décadas e siglos, prevese que as súas consecuencias se agravarán a medida que pase o tempo. Varias foron as solucións que se propuxeron como a compra de coches de etanol e bioaceite que producen menos CO2 ou a utilización das fontes renovables fronte aos combustibles fósiles. Unha solución curiosa que se planteou é o uso de carbón vexetal.

    http://ecofield.com.ar/blog/?p=3510

  2. vanesa.aso.1b di:

    Investigando sobre as vantaxes e desvantaxes da enerxía xeotérmica atopei que o impacto no medio é máis baixo ca os do petróleo e carbón, non hai provoca riscos importantes e evita a dependencia doutros países. Isto no referente ás vantaxes pois outros inconvintes son o impacto na paisaxe ,contaminación térmica,poden ser contaminadas as augas con produtos químicos como arsénico ou amoníaco,emite CO2 e ácido sulfúrico e é imposible o seu transporte.
    Outro punto importante é a súa renovación e dispoñibilidade.

    Atendendo a isto habería que razoar ben se esta enerxía é a axeitada e se se poderían aplicar outras que produzan menos danos.

  3. victor di:

    Entre as desvantaxes da enerxía xeotérmica, Vanesa apunta a contaminación térmica e a contaminación das augas. Aclarade en que consisten ambas cousas.
    Pode considerarse a enerxía xeotérmica unha enerxía renovable en sentido estricto?

  4. angel.aso.1a di:

    A contaminación térmica prodúcese cando un proceso altera a temperatura do medio de forma indeseada, esta contaminación pode estar máis presente nas nosas vidas do que pensamos, xa que por exemplo cando se concentran unha gran cantidade de aparatos de aire acondicionado e se expulsa a calor á rúa iso considérase contaminación térmica.Na enerxía xeotérmica a calor que sae á superficie pasa por turbinas en forma de gas, ese vapor pode condensarse en torres de condensación e diminuir así a sua temperatura, pero emítese calor igualmente.

    Os problemas da contaminación poden vir da disposición na superficie de fluidos xeotérmicos,como boro,litio,amoníaco….A maioría deles dilúense e permanecen en disolución na auga polo que poden ingresar na vexetación acuática e alí pasar aos peixes.

    A enerxía xeotérmica non se pode considerar estrictamente renovable, xa que en algúns lugares as fontes de calor desta enerxía esgotáronse e enfriáronse, o que pon fin a dita enerxía.

  5. juanjose.aso.1a di:

    A contaminación térmica prodúcese cando un proceso altera a temperatura do medio de forma nociva. Onde máis se produce esta contaminación é na auga.

  6. anadia.aso.1b di:

    A enerxía xeotérmica é unha das fontes de enerxía das que máis se fala en términos de renovables non entanto, non é renovable a efectos de primas e axudas.
    A tecnoloxía que se emprega no uso de esta enerxía tratase de un sistema que, para que traballe, necesita dun aporte enerxético extra que non ten que ser necesariamente renovable.O medio extractor desta enerxía chámase bomba de calor.

  7. laura.aso.1a di:

    A contaminación das augas consiste na acumulación de fluidos xeotérmicos nas augas próximas a centrais xeotémicas, estes fluidos están compostos dun amplo abánico de ións (sodio,potasio, calcio…)pero os que causan maior preocupación son os composos químicos de maior tóxicidade como poden se o arsénico e o amóniaco citados no post.
    A maioria deles quedan en disolución na auga, e por tanto poden ingresar na vexteación acuática e de ahí pasar a os peixes.Os elementos químicos máis pesados terminarán nos sedimentos do leito, o que é moi perigoso se se acumulan durante moito tempo porque poden alcanzar unha alta concentración.
    A contaminación térmica próducese cando un proceso altera a temperatura do medio de forma dañina.
    A enerxía xeotérmica, non é unha enerxía renovable en sentido estricto, hai xacementos xeotérmicos que poden estar producindo calor durante décadas, pero hai outros que poden esgotarse e enfriarse. Ainda asi, a calor interna da Terra é inesgotable.

  8. alicia.aso.1b di:

    A contaminaciñon térmica prodúcese cando un proceso altera a temperatura do medio de forma indeseada ou perxudicial. O medio máis habitual donde se produce é na agua, xa que o aire disipase máis facilmente.
    A contaminación das augas pódese producir por calquer cambio químico,físico ou biolóxico na calidade da auga.

  9. melania.aso.2a di:

    Uns pensan que si e outros que non é renovable, pero non se podería considerar en sentido estricto.
    Esto é debido a que para aproveitar ese calor necesítase dun aporte enerxético extra, que non ten por qué ser renovable (bomba de calor).
    Polo tanto poderíase considerar unha fonte enerxética semirenovable.

  10. victor di:

    Como se aproveita a enerxía xeotérmica? Ten posibilidades en Galiza?

    NOTA: HAI UN NOVO FORO QUE ESTARÁ ABERTO OS PRÓXIMOS 15 DÍAS.

  11. angel.aso.1a di:

    A enerxía pódese obter de distintas maneiras dependendo do lugar.
    Nos xacementos hidrotérmicos o propio fluido atópase no interior da Terra.Cando se perfora o vapor de auga a gran presión ascende e a súa enerxía calorífica aprovéitase mediante turbinas e alternadores.
    Nos xacementos de roca quente non existe esta auga, polo que é necesario introducila para obtela despois quente.Estos últimos xacementos son os máis comunes, aproximadamente o 85% son deste tipo.

  12. ero.aso.1b di:

    A enerxía xeotérmica transfórmase, a partir da enerxía calorífica recibida das capas máis externas do planeta, mediante un fluido receptor (auga, vapor ou ambos), para que se poida utilizar.

  13. laura.aso.1a di:

    A enerxía xeotérmica aprobeitase para a calefacción, auga quente e refrixeración.
    Polo que puiden ler nua artigo, en Galicia xa se está a levar a cabo proxectos coa enerxía xeotérmica, por exemplo en Lugo, existe unha fabrica dedicada a reparación e venta de vidrio que aposta por este sistema.

  14. victor di:

    Que dificultades ten o seu aproveitamento en Galiza?

    NOTA: NOVO FORO

  15. marcelina.aso.1a di:

    Obtense enerxía xeotérmica pola extracción da calor interna da Terra. En áreas de augas termales moi quentes a pouca profundidade, se perfora por fracturas naturais das rocas basales ou dentro de rocas sedimentarios. A auga quente ou o vapor poden fluír naturalmente, por bombeo ou por impulsos de fluxos de auga e de vapor (flashing).

    En Galicia estase usando a enerxía xeotérmica en Ourense para calefacción doméstica.

  16. tania.aso.1b di:

    A enerxía xeotermica é a enerxía que se atopa no interior da terra en forma de calor, como resultado da desintegración dos elementos radiactivos e da calor permanente que se orixinou nos primeiros momentos de formación do planeta.
    A enerxía xeotérmnica manifestase por medio de procesos xeolóxicos como volcáns, géyseres e fontes termais.
    O vapor producido por líquidos quentes naturais en sistemas xeotérmicos é unha alternativa ao que se obten en plantas de enerxia que queiman materia fósil, utilizan a fisión nuclear, ou otros medios

  17. raquel.aso.1b di:

    En Galicia existen recursos xeotérmicos nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (60-130ºC)

    O seu aproveitamente varía en función da temperatura á que sale a auga (líquida ou vapor).
    -Alta temperatura (>150ºC). En centrais xeotérmicas: o vapor natural é conducido ata unha turbina, que acoplada a un alternador, xera enerxía a eléctrica. O vapor condésase e é inxectado de novo para manter a producción.
    -Media temperatura (90-150ºC)
    -Baixa temperatura (<90ºC): usos eléctricos e non eléctricos (sanitario, balnearios, industria, calefacción individual…)

  18. paula.aso.1b di:

    So unha pequena fracción dos nosos recursos xeotérmicos están sendo explotados. Hoxe en día, proderíase aproveitar moito máis, si se mellorase a tecnoloxía dispoñible e si os gobernos e as iniciativas privadas promovisen o seu desenvolvemento. A pedra seca e quente, o magma e a enexía xeotérmica presurizada na Terra ten un inmenso potencial que contúa sen explotar. É un recurso parcialmente renovable e de elevada dispoñibilidade.

  19. santigonzalez.aso.1a di:

    En Galicia o aproveitamento da enerxía xeotérmica podería xerar grandes beneficios e postos de traballo para a zona. Pero montar aqui centrais deste tipo levaría grandes investimentos, polo terreo irregular e accidentado que temos. Penso que acabaríaselle sacanco beneficio porque sería unha fonte de enerxía inesgotable e de moita saída aqui en Galicia.

  20. ivanabal.aso.1a di:

    Galicia ten un bo solo para aproveitar a enerxia xeotermica, xa que o granito é un mal illante termico e nos solos galegos o granito aino en abundancia. Ainda asi non en todas as zonas se pode aproveitar xa que a calor interna non e sempre a mesma en todos os lugares. Ourense e unha terra con grandes recursos xeotermicos, un exemplo son as burgas. En moitas zonas poderiase aproveitar esa auga para colocar calefacción nas casas.

  21. ruben.aso.1a di:

    Galicia ten un gran potencial nesta enerxía xa que se fixeron estudos recentes que resultaron ser favorables. A única dificultade desta enerxía é que non se encontra en todos os lugares , e so é rentable en lugares na que a temperatura sexa constante ó longo do ano. Galicia ten bastantes territorios quentes por exemplo : Orense.

  22. jose.aso.1b di:

    Eu opino, que xa é hora de cambiar a situación vixente, e mirar polo benestar do noso planeta, e para iso necesitamos reducir as emisións de CO2 e para reducir estas emisións necesitamos estas enerxias renovables que non contaminen, e ainda que ten algúns inconvintes eu penso que son máis as vanntaxes, por iso opino que se debería de facer algo axiña para que o cambio climático non nos afecte demasiado, pero para isto necesítase a colaboración de todos nós.

  23. raqueltrigo.aso.1b di:

    A enerxía xeotérmica é a que podemos obter a través do calor que emana o interior da Terra.

    En Galicia podemos aproveitar a enerxía xeotérmica en Pontevedra, Lugo e Ourense. Un dos seus usos é domético como a calefacción.

  24. diego.aso.1b di:

    Sempre hai efectos secundarios das enerxías alternativas,pero son escasos comparados cons resltados que obtemos;por iso opino que se debería serguir adiente coa enerxía xeotérmica.

  25. ana.aso.1a di:

    Por una parte a enerxía xeotermica é a enerxía que se atopa no interior da terra en forma de calor.
    En Galicia seria un bo lugar para aprobeitar a enerxia xeotermica, xa que un factor que influlle e que a temperatura non pode variar moito o longo do ano,e en Galicia non varia, e eso e un punto a favor nosa.
    En Galicia podemos aproveitar a enerxia xeotermica sobre todo en Ourense.

  26. andrea.aso.1a di:

    A enerxía xeotérmica obtense a partir do calor
    producido no interior da Terra como resultado da desintegración de elementos radioactivos e do calor que se orixinou nos primeiros momentos de formación do noso planeta. Para poder beneficiarnos de esta energía,hai que contar cos nacementos de auga cercanos a estas
    zonas. Perfórase o chan e extraese o calor que ten a auga que se utiliza para calefactar vivendas ou turbinas que producen enerxía eléctrica.
    Existen en Galicia zonas donde o seu subchan conta con un potencial xeotérmico moi
    importante,mentres que en outras zonas ese pontecial vese moi mermado polo subchan.

  27. sabina.aso.1a di:

    Na actualidade todos os habitantes do planeta Terra estamos a notar os plimeiros efectos nocivos do cambio climático.
    É un feito que temos que loitar contra este grande problema para a humanidade de todos os xeitos necesarios, e un destes xeitos é a través das enerxias renovavles.
    Grazas as enerxias renovavles poderíanse diminuír de xeito importante as emisións de CO2 á atmosfera, pero antes de implantar algunhas destas enerxías renovables hai que valoralas moi ben en todo-los sentidos, para ter así a certeza absoluta de que verdadeiramente é unha enerxía fiable e rendible.
    Por exemplo, ultimamente estanse a notar serios problemas provocados pola extensión acelerada de biocombustibles.Entre estes problemas podemos falar de deforestación, de escaseza de alimentos (polo feito de que moitas terras adicadas ao cultivo alimenticio son substituídas para cultivar os elementos necesarios para a obtención dos biocombustibles),de crise económica…;problemas que non habería se se realizase un minucioso estudo dos efectos que traería a súa rápida implantación.

  28. javier_barreiro.sau di:

    Eu creo que o cambio climático non é tan grave como os científicos din porque aunque o aumento da temperatura o longo dos últimos anos foi moi grande agora estamos sufrindo unha época de frío que non é normal. Con motivo de esto os polos xa non se derreteran e non ocurrirá a fin do mundo por culpa deste desxeo.

  29. emilio.aso.1a di:

    Javier, creo que discrepo contigo, o aumento da temperatura no mar continúa e o cambio climático segue sendo devastador, por exemplo as famosas illas Fiyi estan en risco de desaparecer polo aumento do mar, e no meu punto de vista este tempo que esta asolando a Galiza estes últimos meses é raro pero non pasa máis de ahí, creo que ainda temos que esperar uns anos para poder ver os desastres que nos van ocorrer como non coidemos o planeta.

  30. isaac di:

    Coincido con Emilio en contra do que di Javier, este período de frío que están a padecer en algúns lugares do hemisferio norte é algo puntual que responde a variabilidade meteorolóxica. Polo contrario, as evidencias do quentamento global son aplastantes, e non só na atmosfera, senón tamén, como sinala Emilio na temperatura dos océanos, e segue unha tendencia de varias décadas de ascenso, só interrompida por breves espazos temporais de arrefriamento.

    Retomando o tema da enerxía xeotérmica e o seu uso, mencionastes tanto a súa utilidade para sistemas de calefacción como a produción de enerxía eléctrica. Considerades que en Galicia sería posible aproveitar o seu potencial xeotérmico para a produción de electricidade? En que países ten lugar este aproveitamento con máis intensidade? Inflúen factores xeolóxicos?

  31. juanjose.aso.1a di:

    Un dos paises que máis utiliza a enerxía xeotérmica é Islandia. Islandia encóntrase nun lugar privilexiado para a enerxía xeotérmica, xa que se encontra sobre o dorsal océanica atlántica.