MEXILLÓNS AO VAPOR

imagen

Nos diferentes “post” tratados  sobre cambio climático, repítense os vosos comentarios sobre a necesidade de concienciar á sociedade para que se implique e actúe  freando esta perigosa  tendencia do clima. Pero semella que o gran problema para a concienciación social é que ollamos o cambio climático como un problema do planeta e non coma un problema noso, sen percatarmos que desde hai tempo está a influir directa e negativamente sobre as nosas vidas. Xa falamos sobre o efecto que o quentamento global está na produción de albariño e agora imos a analisar outro sector estratéxico galego. Imos coñecer o efecto que está a ter o cambio climático na produción de mexillón.

Nos últimos 40 anos o quentamento do clima está a provocar un desprazamento dos anticilóns atlánticos que provoca a diminución do vento norte nas rías galegas. Como saberedes, cando ides á praia e sopla norte, a auga está moito máis fria pois o vento empuxa a lámina superficial do mar  cara ao océano, o que produce o “afloramento” de augas profundas frías e ricas en nutrintes (upwelling). Ademais o norte acelera a renovación da auga das rías (pasouse de 4-5 días ao doble en 40 anos) e cando sopla forte provoca a mestura das capas de auga desde o fondo á superficie. De non ser tan fortes os ventos do norte, a auga das rías distribúese en capas ou láminas de diferente temperatura.

A augas das rías cando está mesturada e turbia presenta abundancía dun fitoplanto (diatomeas) diferente a cando se encontra en laminada (dinoflaxelados). Ademais o plancto que abunda nas augas laminadas  conta con especies productoras de mareas vermellas. Como consecuencia do cambio climático a secuencia de feitos que se producen, nas rías, é a seguinte: (1) diminución do vento norte, (2) diminución da renovación das augas rías, (3) auga distribuída en láminas de diferente temperatura, (4) abundancia de dinoflaxelados, (5) máis mareas vermellas e máis duradeiras, (6) diminución das ventas de mellixón, (7) introducción no mercado galego de mellixón foráneo, (8) perdas económicas para os bateeiros galegos.


Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Recursos naturais e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to MEXILLÓNS AO VAPOR

  1. victor di:

    XOVES PECHARASE O FORO

  2. marcelina.aso.1a di:

    O aumento de 0′2 grados de temperatura que se produce cada dous anos provoca un continuo descenso da productividade das rías ao variar o pH do auga. O marisqueo, a cría e captura do marisco periga polos rexistros da temperatura da auga, o bó desenvolvemento do marisco está entre os 12 e os 20 grados de máxima, pero, o ano pasado recolléronse valores que chegaron a alcanzar os 26 Cº.
    Non só o marisqueo se verá afectado, as capturas de peixe tamén. Fai xa algúns anos que se advirte sobre a posibilidade de que os peixes se vaian a augas que sexan máis frías, o cal provocaría desequilibrio biolóxico, xa que a variación das temperaturas afecta directamente no sexo dos peixes.

    Actualmente en Galicia prodúcense 300.000 toneladas, o que a coloca nunha das maiores productoras do mundo, pola calidade do seu mexillón e o protagonismo na nosa gastronomía.
    Non será estraño que calquera día déase a coñecer o desenvolvemento de mexillóns transxénicos capaces de soportar calquera variación de temperatura, pH ou salinidade!!

  3. sabina.aso.1a di:

    Tendo en conta toda a información da que dispoñemos acerca do cambio climático, penso que a poboación, polo menos a interesada no tema, xa devería tomar os efectos deste como algo que verdadeiramente nos afecta a nós, ás nosas costumes e ao noso xeito de vida.Persoalmente, xa coñecía algúns dos efectos nocivos que o cambio provoca no mar, como por exempo a aparición das mareas vermellas que para quen non o saiba trátase da aparición no mar e de xeito masivo dunhas microalgas, que vistas dende a superficia semella que o mar se volveu vermello.Estas microalgas producen unhas toxinas que resultan

  4. raquel.aso.1b di:

    Está claro que o cambio climático nos está afectando directamente e cada vez máis. É todo unha cadea porque se os bateeros non venden mexillón perden cartos, os supermercados e mercados que compraban ese mexillón tamén perden diñeiro, e como está pasando có mexillón pode pasar con calquera producto. A introducción de marisco estranxeiro, penso que en parte é bo para os intermediarios porque compran o producto moito máis barato e logo véndeno o mesmo prezo que se fose da ría sacándolle un gran beneficio.

  5. sabina.aso.1a di:

    (Continuación do outro comentario)nocivas para moitas das especies mariñas destiñadas ao comercio, causando así unhas enormes pérdidas económicas.As especies que se ven máis afectadas polas mareas vermellas son principalmente os moluscos como o mexilón, as ameixas, as ostras e as vieiras.
    Na miña opinión pouco a pouco vanse atopando novos efectos nocivos provocados polo cambio climático, e penso que se a cousa non comeza a cambiar gran parte da poboación o vai pasar moi mal economicamente, sobre todo toda aquela xente que teña o seu modo de subsistencia nalgún dos sectores máis afectados, como por exemplo o mar, como ven mostra o post.

  6. laura.aso.1b di:

    O cambio climántico cada vez afecta máis na nosa sociedade, este post reitera isto cun exemplo no ambito culinario.
    Como o exemplo dos mexilóns hai moitos máis alimentos que sofren estes escasamentos y modificacións.

  7. ruben.aso.1a di:

    O cambio climático produce moitos problema , un deles é este. Produce perdas moi importantes para a economía galega e para as persoas qe traballan neste sector. O mexillón galego diminuirá e introducirase mexillón doutros lugares como si fora galego.

  8. paula.aso.1b di:

    O sector mexilloneiro xa sabe que o cambio climático conleva importantes pérdidas económicas. As prediccións non son para nada optimistas. Prevese que haberá máis mareas vermellas ( excesiva proliferación de microalgas )e aumentarán os períodos nos que non se poida recoller o mexilón, polo que ou se trata o problema do cambio climántico de maneira urxente, ou máis sectores estratégos como éste sufrirán grandes perdas.

  9. emilio.aso.1a di:

    Como ben di o post, o cambio climático está provocando alteracións no medio donde vivimos. Lendo unha noticia, o cambio climático está provocando que por exemplo que a ameixa babosa ou o berberecho estea diminuindo a sua producción. Estes estudos dan como causa o aumento da temperatura no mar, exactamente 0,27 graos centígrados.

  10. angel.aso.1a di:

    A min este caso dos mexillóns paréceme un dos máis cercanos e que se pode ver a simple vista.
    China é un dos países que máis producen mexillón, por non decir o que máis,e eu creo que pouco a pouco irá entrando mexillón foraneo, o que afectará á economía.Haberá un gran descontento pola poboación, a cal causa este problema de forma directa ou indirecta.

  11. silvia.aso.1b di:

    Agora que nos empezan a afectar directamente as causas do cambio climático é cando lle prestamos máis atención. Isto conlevará unha grande perda de ganancias na economía galega, que é a que máis mexillón produce. Sopoño que non só lle afectará a eles, senón a todo o marisco e o peixe, xa que o seu medio de vida está sufrindo bastantes alteracións e isto fai que a súa vida corra perigo.

  12. victor di:

    Despois de ler os vosos comentarios, gustariame que me aclarásedes un par de cuestións:
    Marcelina di que as variacións do pH da auga aféctalle negativamente ao mexillón. Como varía o pH mariño co cambio climático?, de que xeito lle afecta ao mexillón?, afectalle a outras especies?
    Raquel di que o marisco foráneo é bo para o noso mercado; pero que problemas económicos e ambientais ten consumir productos de fora?

  13. manuel.aso.1a di:

    A variación do pH mariño ten como consecuencias que caparazóns e cunchas non poidan desenrolarse, debido a que estos necesitan un medio alcalino, e tralo aumento dos radicais ácidos, a cal destas formacións disolvese. Pero a isto debemos engadirlle outro problema que nos demostra a tan complexa e fráxil que é a estabilidade do ecosistema mariño. E é que nun medio ácido,o son recorre distancias maiores das normais. Os niveis de ruido aumentan no mar e os mais perxudicados podían ser os mamíferos.

  14. manuel.aso.1a di:

    Segundo atopei a variación do pH tamén pode ter graves consecuencias
    nas baleas, golfiños, focas e outros grandes mamíferos mariños xa que utilizan un espectro de frecuencias baixas para poder encontrar alimento e ubicar os seus similares.

  15. andrea.aso.1a di:

    O pH vese relacionado coa actividade biolóxica das especies e dos seres mariños que a súa vez influen no pH por medio da respiración e da fotosíntesis. Condiciona tamén numerosas reaccións químicas mariñas que solubilizan ou precipitan as sales disoltas que en definitiva son os elementos nutritivos que manteñen os ecosistemas marinos. Influe tamén nas migracións das especies. Esta influencia é un dos factores determinantes das características de moitos medios mariños (marismas, estuarios, etc.) o que condiciona drásticamente a vida nos mismos.

  16. santiguillan.aso.1a di:

    O pH descende e moitas especies podrían desaparecer. Algunhas especies se estan a adaptar a este descenso do pH peo outras non. Nos mexilóns poden variarlle a dureza da cuncha xa que este descenso do pH dificulta os procesos de formación de cunchas e esqueletos e sen esa cuncha non podería aguantar ante ataques doutros seres vivos.
    Outros animais ,coma os corais, estalle a provocar a pérdida de cor.
    As consecuencias de consumir productos de fora sería que no desprazamento se vai a emisión de CO2 a atmosfera e que habería que pagar por eles mentres que se os sacamos de aquí non habería que pagar nada, so o prezo da lonxa, e non o prezo da lonxa máis o transporte. A parte que mellor co de aquí non hai nada.

  17. juanjose.aso.1a di:

    Ó traer productos de fora estamos favorecendo ás empresas foráneas, en cambio, comprando o producto nacional favorecemos ó noso mercado.

  18. juanjose.aso.1a di:

    Ademáis engádese o problema ambiental que provoca a emisión de gases emitidos polos medios de transporte que transportan o producto foráneo.

  19. ruben.aso.1a di:

    O traer mexillón doutros lugares provoca que o mercado galego teña dificultades para saír adiante porque os productos foráneos vendense a un menor prezo e os productos galegos que teoricamente son mais caros e de mellor calidade non se venden o que produce unha perda deste sector.

  20. dolores di:

    Comentades que o aumento da temperatura afecta ao pH da auga, pero non sei se está moi claro como lle afecta. En realidade estades mesturando dous efectos distintos.Por un lado, falades dun aumento do ph, alguén sabe cal é o mecanismo polo que se produce ese aumento? E por outro, como lle afecta a temperatura a ese proceso?

  21. angel.aso.1a di:

    O mar desempeña un papel fundamental nos ciclos globais do carbono. Cando o dióxido de carbono atmosférico se disolve na agua forma ácido carbónico, o cal aumenta a acidez do océano.Desta maneira o aumento do C02 aumenta tamén a acidez do océano.

  22. jose.aso.1b di:

    Ete post conta unha realidade, xa que é verdade que nós non nos fixamos que o cambio climático é un problema noso, senon que a maioría de nós creemos que o problema do cambio climático é un problema do planeta.
    Por outra parte o problema do cambio climático tamén afecta as rías galegas, as consecuencias son que se teña que comprar como neste caso mexillón foráneo, e isto provoca unha perda económica as persoas que traballan como bateeiros nas nosas rías.

  23. tania.aso.1b di:

    polo que lin o cambio climatico esta afectando moito ao marico, arrecifes,corais e en xeneral a cadena alimentaria marina e non so iso as perdas de marisco está facendo que os mariñeiros,bateeiros…etc perdan cada dia moita mercancia e con isto perdendo diñeiro xa que por culpa do cambio climatico, a contaminacion…etc estalle afectando moitisimo a vida dos animais do mar.

  24. paula_pineiro.sau di:

    Como cabería esperar, xa estaba claro que o cambio climático acabaría influíndo de forma notable tanto nos cambios de bosques coma nos cambios dos mares e máis concretamente no noso caso, nas nosas rías, e o que tamén está afectando por relación a isto, é o mal estado ou a perda de calidade do noso marisco.
    E coma no caso do mexillón, podemos comprobar no caso dos marisqueiros que pouco a pouco se irán quedando sin traballo, xa que a maioría da poboación mercará produtos de fóra se non se frea ou se controla a producción e recolección de marisco en bo estado; e se todo segue como agora, e non se frea, non se poderá comer marisco en bo estado nunca.