DESTRUCIÓN TOTAL!!


 

O pasado día 12 de xaneiro producíusese un gran terremoto en Haití que tivo una intensidade de 7,3 graos na escala de Richter. Logo sucedéronse moitas réplicas superiores a 5 graos na escala de Richter, e preveuse que estas réplicas continuasen durante 4 días.

O temblor supuxo una alta mortalidade de persoas debido a que as construcción deste país non están preparadas para soportar movementos sísmicos, polo que a maioría dos edificios foron derrubados, incluíndo o presidencial. Durante a noite do terremoto, a cidade de Puerto Príncipe e os pobos máis próximos quedaron sen subministración eléctrica e polo tanto sen comunicación e servizos.

Os servizos sanitarios tiveron una grave complicación xa que un dos hospitais máis importantes non aguantou o sismo e foi derrubado. Outro dos problemas  foi que o hotel máis luxoso e onde se hospedaban a maioría dos visitantes foi destruido  sepultando baixo os cascallos a 200 persoas.

imagen

Autor: Rubén Lois

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Tectónica de Placas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to DESTRUCIÓN TOTAL!!

  1. victor di:

    XOVES REMATARÁ O FORO

  2. ivanabal.aso.1a di:

    O problema dos terremotos e que non se poden predecir, unha vez que se produce o primeiro e posible determinar con mais ou menos precisión cando se produciran as replicas.

  3. laura.aso.1b di:

    É uha pena que sucedan estas cousas nos pobos máis desfavorecidos, pero non se pode facer nada por arranxalo xa que son fenómenos da natureza, pero o que si se pode facer e mandar axuda a esta xente que sí o necesita

  4. carolina.aso.1b di:

    E unha pena si pero non ahi nada que facer. Agora que unha cousa vos creedes que toda a axuda que se esta solicitando a todos os paises chegara a haití ou grazas a unha catastrofe como esta moitos van salir beneficiados?eu a verdade non creo que todos eses cartos que se recauden chegen ala, de certo podense recaudar cartos pero mandalos a ese lugar tamen vale moito polo tanto se chega algo seguro que non axuda nada.

  5. andrea.aso.1a di:

    É moi lamentable que suceda esto xa que deixa grandes consecuencias os efectos causados sobre este país que é o máis pobre de América Latina foron devastadores, calculándose que o número de mortos podría chegar os 200.000. Tamén habría producido máis de 250.000 feridos e debaixo sen fogar a un millón de personas e por iso considerase unha das catástrofes humanitarias máis graves da historia.

  6. raquel.aso.1b di:

    Que mágoa me da ver estas noticias. Pareceme totalmente inxusto que tódalas desgracias sempre pasen nos países máis pobres, pero así é vida. Penso que nestes países onde se poden producir con maior facilidade os terremotos ou outro tipo de fenómenos naturais, deberíanse de facer os edifios con máis detemento e empregando materiais máis resistentes, pero como todo, isto ten un problema, que non hai os cartos suficientes para investir neste tipo de cousas, por iso sería moi importante que todos colaborásemos e aportásemos algo por moi pequeno que fose para axudar a todas estas persoas.

  7. antia.aso.2a di:

    Un terremoto desta magnitude tería consecuencias en case calquera lugar, non tan pronunciadas ó mellor, pero consecuencias igualmente. Houbo a tremenda mala sorte de que lle acontecera ó país máis pobre do mundo co cal o nivel de catástrofe é moito maior, e isto suporá unha tremenda inversión, hai que reconstruilo case de cero, necesitan antes de nada quitar os esconbros, logo desinfectar a zona (hai moitímos cadáveres en desconposión) e crear novas estructuras, vivendas e edificios públicos, coma hospitais.

  8. belinda.aso.1a di:

    As ondas sísmicas rexistranse en aparatos denominados sismógrafos. As líneas que describen estas ondas apórtanos a información sobre a intensidade do terremoto.As duas escalas sísmicas máis utilizadas son a de Mercalli e a de Ritcher. A Escala de Ritcher: é unha escala matemática e, polo tanto obxetiva. Mide a magnitud do terremoto e está relacionada coa enerxía liberada no sismo.

  9. marcelina.aso.1a di:

    O terremoto de Haití tivo epicentro a 15 km de Porto Príncipe, a capital de Haití.O sismo tivo unha magnitude de 7,0 grados e xerouse a unha profundidade de 10 quilómetros.Tamén se rexistraron unha serie de réplicas, sendo as máis fortes as de 5,9, 5,5 e 5,1 grados. Aínda que se descartou o perigo de tsunami.Este terremoto foi o máis grande da zona desde o 1770. O sismo sentiuse en países próximos como Cuba, Jamaica e República Dominicana, onde se decidiu evacuar preventivamente.

    Os efectos causados sobre o país foron devastadores. Os corpos recuperados de momento superan os 150.000, calculándose que o número de mortos podería chegar aos 200.000. Tamén produciu máis de 250.000 feridos e deixado sen fogar a un millón de persoas. Considérase unha das catástrofes humanitarias máis graves da historia.

    Pouco despois do terremoto, a axuda humanitaria non se fixo esperar, tanto como os Estados Unidos, países latinoamericanos e europeos, a Cruz Vermella Internacional, a Secretaría Xeral Iberoamericana, o Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID), o Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial (BM) entre outros, anunciaron o envío de diñeiro, alimentos, voluntarios, bombeiros, expertos e ata cans especializados en procuras para asistir ao país.

  10. ruben.aso.1a di:

    Pois como ben di o título foi unha auténtica destrución xa que non quedou nada en pé. Foi un terremoto con moita intensidade o que sacudiu a Haití , e para rematar seguirono unha sucesión de terremotos menos intensos pero que acabaron por convertir Haití nunha zona desfeita. Actualmente, este terremoto cobrou moitas vidas, e algúns países colaboran aínda oxe en día con Haití mandandolle axuda como , medicamentos, comida , bebida…

  11. paula.aso.1b di:

    Pareceme increíble o que pode facer a natureza, pero a verdade é que un terremoto con esa intensidade destrozao todo , e moito máis nesas zonas nas que as edificacións non son tan resistentes coma noutras zonas. Este terremoto derrumbou todo canto había en Haití , non deixou ningunha construción en pé.
    Nesta zona quedaron sepultados moitas persoas e milleiras de persoas morreron neste lugar.

  12. juanjose.aso.1a di:

    O epicentro localizouse a 15 km de Puerto Príncipe (capital de Haití). Tivo unha magnitude de 7 graos na escala de Magnitude de Momento e causou máis de 200.000 víctimas mortais.
    Esta zona é sismolóxicamente activa e xa experimentou grandes terremotos no pasado.

  13. ana.aso.1b di:

    O gran problema destas catástrofes é toda a xente que morre e a outra maioria queda sen casa
    traballo…

  14. victor di:

    Centremos os comentarios:
    Por que un terremoto en Haití?
    De que depende o número de víctimas nun terremoto?

  15. angel.aso.1a di:

    Haití está sobre un dos bordes da placa do Caribe.
    Partindo do lago Enriquillo que está na República Dominicana sale unha falla ata o oeste que pasa por haití, moi preto da súa capital e que chega ata Xamaica. Ao desprazarse as terras ao norte e ao sur da falla en sentido contrario produciuse o terremoto.
    O epicentro foi a 15 km da capital, e o hipocentro a tan solo 8km de profundidade, o que é moi superficialmente e aumenta os daños.

    Haití é o país máis pobre de América, o que fai que as estrucutras non teñan a “calidade” ou sistemas adecuados para soportar catástrofes deste tipo.
    Na miña opinión o número de víctimas depende sobre todo da boa comunicación do país para ser capaces de alertar ou avisar con tempo para unha previa evacuación.

  16. santigonzalez.aso.1a di:

    O terremoto en Haití produciuse porque este país está entre dúas pracas e o roce entre estas produce sismos destas características, deixando grandes cantidades de vítimas e desfeitos.
    O número de vítimas dun terremoto varía en gran medida polo seu grao na escala Richter, pero tamén as precaucións, as infraestruturas como ben dixo Angel e a acción do goberno central. Neste caso en concreto o goberno desapareceu, e con él a organización para as axudas médicas etc.

  17. paula.aso.1b di:

    A superficie da terra non é uniforme, de feito está formada por unha especie de grandes baldosas chamadas placas tectónicas.
    Estas placas movense continuamente, empuxandose entre si polos seus bordes. Nese bordes é onde se orixinan os terremotos. Haití está sobre un deses bordes da placa do Caribe. En tódolos paises cercanos ós bordes dunha placa son frecuentes os terremotos.

  18. ana.aso.1a di:

    O mapa de Haiti está sobre un dos bordos da placa do Caribe,en todolos paises cercanos os bordos dunha placa os terremotos son frecuentes.
    Por exemplo todo o largo da cordilleira dos Andes, pois esta cordilleira e o limite entre a palaca de Nazca e a placa Sudamericana.

    Con respecto a outra pregunte, pois Haití e un pais moi pobre o que fai que non esten preparados con estructuras moi foites como e o caso de Japon.
    Eu creo que o numero de victimas depende de si o pais esta preparado para un acontecemento asi ou non. As estructuras das casa e edificios de Haití non estaban preparadas para un terrenote desta intensidade,e os medios para aviar e evacuar esta zona parece que tampouco estaban preparados.

  19. belinda.aso.1a di:

    Eu penso que o número de víctimas depende da vulnerabilidade das construccións, do habitadadas que estén as zonas e dos bens que resulten perxudicados.

  20. paula.aso.1b di:

    Haití é un dos países mais pobres do mundo debido ós problemas que padece alí a libertade económica. A traxedía que sufriu forma parte dunha traxedia ainda mais espantosa : a horrible pobreza do país. A razón pola que os desastres naturais matan a tanta xente debese a que a sua prosperidade non lles permite construir mellores vivendas e edificios sólidos. Ademais, non contan co persoal de emerxencia, nin coa maquinaria, nin cos servizos médicos necesarios para reducir o sufrimento da xente e o número de víctimas.

  21. ruben.aso.1a di:

    Haití ten a renta per cápita máis baixa de todo o hemisferio occcidental, é decir, que se pode considerar o país maís pobre de toda América. Por isto, a ecnonomía de cada cidadán é moi baixa, o que significa que non teñen os recursos necesarios para costruir vivendas resistentes e de materiais bos. Tampouco dispoñen dun bo funcionamente sanitario, xa que que os seus instrumentos médicos non son moi efectivo, o que requiriu que moitos países interviñeran neste aspecto.

  22. victor di:

    Hai uns post falamos da rexión de Afar, en África, onde había lagos de magma e o explicamos por medio da Tectónica de Placas como neste caso. Poderíanse formar lagos de magma en Haití? Prodúcense terremotos na rexión de Afar?

  23. ruben.aso.1a di:

    A orixe dos terremotos atópase na acumulación de enerxía que se produce cando os materiais do interior da Terra se desplazan, buscando o equilibrio dende situacións inestables que son consecuencia das actividades volcánicas e tectónicas que que se producen principalmente nos bordes da placa, e xustamente Haití atópase no borde da placa do Caribe.

  24. marcelina.aso.1a di:

    En Afar hai lagos de magma porque as placas estanse afundindo e separándose pero a placa caribeña e de norteamerica que é onde está Haití non.

  25. raqueltrigo.aso.1b di:

    O cambio climatico tamén esta afectando a Haití,produce o desbordamento dos lagos Azuei, Jacmel e enriquillo.Azuei creceu ate 3km.
    no 2005 houbo detectados en AFAR ata 8 temblores,que probocou unha fisura activa.

  26. raquel.aso.1b di:

    Si que se producen terremotos en Afar porque plo que atopei dous científicos durante o seu desprazamento ás planicies do Triángulo de Afar en África, a terra temblou baixo os seus pés e abriuse unha greta a pasos axigantados. As gretas que se produciron romperon o chan do deserto provocando o fundimento de 100 metros no chan. O mesmo tempo os científicos puideron observar magma subindo dende o máis profundo, comezando a formarse o chan basáltico dun océano. Non tardará moito tempo para que o mar Vermello inunde a rexión, e o océano que nazca romperá África en dous. Dito triángulo que cruza Etiopía, Eritrea e Djibouti é a construcción máis grande do planeta. Tres placas tectónicas crúzanse neste lugar cás placas de África e Arabia, separándose de duas líneas de fallas, unha media dun centímetro ó ano.
    A orixe do magma de África parece ser unha corrente xigantesca de rochas fundidas que ascenden á superficie dende as capas interiores de Terra e estase filtrando a través da placa do continente africano como unha antorcha. É un proceso iniciado fai 30 millóns de anos cando a lava irrumpeu no continente por primeira vez, separando a península arábica da africana e creando o Mar Vermello.

  27. sabina.aso.1a di:

    Verdadeiramente o día que escoitei que en Haití se producira un terremoto de tanta gravidade sooume raro, acostumados a escoitar noticias de terremotos que teñen lugar en Asia resulta realmente chocante a idea dun terremoto de tal magnitude en pleno Caribe.
    Ao ter unha idea do funcionamento das placas tectónicas e dos efectos que teñen lugar polas friccións ou choques entre elas, foime relativamente doado saca-la orixe do terremoto:na zona na que tivo lugar o terremoto entran en contacto a placa tectónica do Caribe e a placa Norteamericana, que rozan a unha contra a outra dando lugar a unha intensa actividade sísmica,o que produciu o devastador terremoto.
    Debido á pouca preparación contra os terremotos de Haití, os efectos foron realmente brutais.Para imaxinarse como tivo que ser o temblor so basta con observar como quedou o edificio presidencial, que teóricamente estaba ven construído.
    Na miña opinión deberíase comezar a construír edificios sismorresistentes en todas as zonas con risco de temblores, para evitar así males maiores e irreparables como é o caso de Haití.

  28. victor.aso.1a di:

    É terrible escoitar noticias coma esta, as peores cartástrofes sempre ocorren nos países máis pobres, onde a xente ten menos medios para previr e protexerse destes terremotos. Alí os edificios non están feitos para resistir estes movementos sísmicos, e todo quedou destruído, levándose a vida de moitas persoas. A desastre foi causada polo rozamento de placas tectónicas (a do Caribe e a Norteamericana), que causaron o terremoto deixando a zona arrasada.

  29. victor di:

    Por que en Haití se producen terremotos máis violetos ca en Afar?

  30. raqueltrigo.aso.1b di:

    En Haití producense terremotos máis violentos porque,esta a falla de baquillo alí,ista comparte a mitada do movemento relativo entre a praca de america do norte e as pracas tectonicas do caribe coa falla septentrional oriente,que corre ó largo do lado norte da illa Española.Ambas fallas unense o leste da fosa das Caimans.
    a falla movese o redor de 1,66 mm o ano.
    Como conclusión é que hai unha maior actividade sismica.

  31. ruben.aso.1b di:

    É unha pena; pero como estivestedes dicindo, non se pode facer nada par evitalo; o único que se pode facer é mandar axuda. E aida por encima o peor de todo é que é casi imposible predicir cando se producirán os terremotos.

  32. tania.aso.1b di:

    a verdade foi unha gran catastrofe aparte de perdelo todo perderon aos seus seres mais queridos.
    tamén deume moita pena ver a xente chea de fame sen poder comer, tiradiños nas carreteras e pelexando por comida.

  33. diego.aso.1b di:

    O ser humano ainda segue sendo moi vulnerable os terremotos,xa que son moi difíciles de previr.
    Este é un campo onde non se evolucinou moito,e onde se debe seguir investigando para intentar impedir sucesos como o de Haití.