PERIGO, PERIGO

imagen

O sinornitosaurio é o primeiro dinosauro velenoso coñecido e estreitamente emparentado coas aves. A súa gran similitude cos paxaros converte a esta especie velenosa na primeira coñecida na liña evolutiva das aves.

A investigación foi levada a cabo por un grupo de investigadores da Universidade de Kansas (EEUU), xunto a colegas chineses da Universidade del Noroeste, en Shenyang.

El sinornitosaurio é un parente do velociraptor. Os científicos creen que vivíu nos bosques prehistóricos do noroeste de China hai 128 millóns de anos. Era un áxil depredador de,  aproximadamente, o tamaño dun pavo. Cren que moi probablemente tiña plumas, xa que é un parente cercano do chamado microraptor.

Esta nova especie ten unhas cavidades especiais aos lados da cara onde, se pensa, que se encontraba unha glándula velenosa que suministraría veleno aos colmillos superiores; un sistema semellante ao dos actuais lagartos e algunhas serpes.

Autora: Patricia Prado

Esta entrada foi publicada en Evolución e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to PERIGO, PERIGO

  1. raquel.aso.1b di:

    O sinornitosaurio viveu nalgúns bosques do que hoxe en día é China, fai arredor de 130 millóns de anos, durante o período Cretácico (tercer e último período da Era Mesozoica). Cazaba presas pequeñas. Xeralmente ocultábase nos matorrais e atacaba por detrás cando as súas presas estaban desprevidas. A morte destas era terrible , xa que, cando os seus dentes penetraban a carne das súas víctimas, estas non morrían ó momento, senan que quedaban coma paralizadas por culpa do veleno que tiñan nos colmillos superiores.

  2. victor di:

    Que modificacións anatómicas deberon experimentar os réptiles para transformarse en aves?

    AVISO: NOVO FORO ABERTO

  3. ruben.aso.1a di:

    Os réptiles tiveron que modificar algunha das partes do seu corpo para chegar a ser aves, como por exemplo : as extremidades dianteiras pasan a ser ás , as extremidades traseiras menos desenvolvidas , aumento da masa muscular do peito , paso de escamas a plumas …, entre outros. Estes procesos fóronse dando pouco a pouco nestes dinosaurios. Estes cambios producíronse para adaptarse ó medio , é decir , para poder sobrevivir nese lugar no que habitaban.

  4. rubenlois.aso.1a di:

    Os réptiles para convertirse en aves deberon mudar moitas partes dos seu corpo porque coas características que tiñan non podían habitar o ceo.
    A patas dianteiras pasaron a ser ás, máis complexas cás anteriores patas, e as escamas que recubrían o corpo convertéronse en plumas.
    O velenos que estes animais desprendían era utilizado como método defensivo, e nalgúns casos para cazar.

  5. josebenito.aso.1b di:

    Para poder voar os reptiles tiveron que cambiar, mediante a evolución, as patas dianteiras por ás e xa que non lles facían falta unhas patas traseiras moi fortes poideron ir pouco a pouco perdendo volume e tamaño. Outra parte moi importante son as plumas. ¿Apareceron pola evolución ou ó mellor xa había algunhas especies prehistóricas que as posuían?

  6. jose.aso.1b di:

    O sinornitosaurio, tamén coñecido como sinirnithosaurius ou paxaro lagarto chino, vivía nos bosques de china hai aproximadamente uns 130 millons de anos no Barremaino no que hoxe coñecemos como Asia durante o período Cretácico.
    Este paqueno depredador media uns 130 centímetros, e un dos seus parientes máis famosos e o velociraptor.

  7. isaac di:

    Poden considerarse todos os dinosaurios voadores como antepasados das aves?

  8. ruben.aso.1a di:

    Non se poden considerar todos os dinosaurios voadores antepasados das aves , xa que as aves proceden dun tipo de dinosaurios chamados terópodos que evolucionaron durante a Era Mesozoica ata chegar a ser aves ó longo do tempo.

  9. sabina.aso.1a di:

    Este novo descubrimento chamoume especialmente a atención polo feito de que a especie en cuestión fose velenosa.Verdadeiramente supúxome algo novo e impactante xa que pensara que non houbera dinosauros velenosos, pero polo visto estabamos enganados.
    Aínda que se tiña pensado que a existencia de dinosaurios venenosos era posible, ata o de agora no se contaba con evidencia no rexistro fósil que defendese esta idea, ata que se atopou os restos do Sinornitosaurio.
    A estructura de inxección do veleno deste dinosaurio era similar ao das víboras e lagartos modernos que cotan con colmillos posteriores.
    Grazas a este achazo ofrécese a evidencia máis clara ata agora da evolución do veleno nos dinosaurios.
    Os colmillos do Sinornitosaurio eran suficientemente longos para poder penetrar na plumaxe das aves que poblaban os bosques da China no inicio do Cretácico.
    E crese que outros dinosaurios voladores tamén puideron pusuír un sistema de inxección do veleno similar ao do Sinornitosaurio, e estase a plantexar o estudo doutos parentes deste especimen.

  10. victor di:

    Que especies de vertebrados son velenosas? Cal é a orixe das glándulas velenosas dos actuais réptiles?

  11. raquel.aso.1b di:

    As especies de animais vertebrados velenosos son as seguintes:
    -Peixes: didon, tetrodon, sphaerondes, anguila, lamprea mariña e morena.
    -Réptis: ofidios (serpes) e o lagarto Heloderma horridum.
    -Anfibios: salamandra, tritóns e sapos.
    -Aves: Ifrita kowaldi.
    -Mamíferos: unicamente o ornitorrinco.

  12. ruben.aso.1a di:

    Os anfibios , anfíbios e peixes fundamentalmente aínda que tamen son velenosos alguns mamíferos e escasas aves.
    A orixe destas glándulas é unha única especie ancestral , é decir , que todos os animais que posúen esta capacidade de ter glándulas venenosas proceden dunha especie que existeu fai moito tempo. Algunha destas especies son , serpientes , arñanas , escorpións…

  13. andrea.aso.1a di:

    As especies velenosas de peixes superan en número non só as serpes, sinon a todo tipo de vertebrados velenosos.E por isto científicos tomaron diferentes especies coñecidas, como o peixe pedra, peixe gato, peixe león, peixe escorpión, peixe sapo e peixe rata, para saber como estaban relacionados entre eles e os demáis peixes.

  14. rubenlois.aso.1a di:

    Os animais vertebrados máis velenosos son a Rana punta de frecha, a Serpiente Taipán, o Peixe pedra e a Serpiente mariña.
    Os vertebrados que producen substancias velenosas son os anfibios e os réptis.

  15. paula.aso.1b di:

    Hai varias especies de vertebrados velenosos como as arañas, escorpións, garrapatas e chinches, cempés, serpes, lagartos, especeies de peixes como as anguilas, moreas ou lampreas mariñas e algunha especie de cocrodilos entre outros, ainda que o vertebrado mais velenoso do mundo, é a rá de ouro.

  16. victor di:

    Centrándonos nos rétiles velenosos, porque todos posúen unha glándula onde se forma e almacena o veleno e un aparato inoculador (que é iso?).
    Na pregunta que fixen no comentario anterior, eu referiame a que órgano é o que se transformou en glándula velenosa?

  17. veronica.aso.1a di:

    Os grupos que presentan especies velenosas son principalmente o dos peixes, anfibios e reptís. A única ave venenosa é a “Ifrita kowaldi”, que presenta o veleno na pel e nas plumas; máis algunhas especies do xénero “Pitohui”. Nos mamíferos soamente o ornitorrinco é venenoso.
    No grupo dos reptís destacan como animais velenosos as serpes e algún lagarto.
    Os anfibios son normalmente venenosos, as partes do seu corpo que podes segregar este veleno son a pel ou gándulas situadas na boca. Ex.: salamandra, rans…
    No grupo dos peixes encontrase moitos animais que suelen ser velenosos pola súa mordedura xa que este veleno vai no sangue. Ex.: anguía, lamprea, morena…

  18. santigonzalez.aso.1a di:

    Un aparato inoculador é o que se encarga de suministrar o veleno, é dicir, de pasalo das glándulas na que se segrega ata os colmillos ou outras partes cortantes do corpo, xa que ó entrar en contacto co sangue da vítima expándese con maior velocidade polo corpo.
    No sitio que agora por exemplo nas serpes está a glándula velenosa antes había glándulas para axudar a crear texido dental. Pero coa evolución apareceu pouco a pouco unha especie de saliva velenosa que axudaba na caza das súas presas que acabou derivando nas actuais glándulas velenosas.

  19. maria.aso.1a di:

    A aparicion dun aparato velenoso nos reptís, pódese entender un pouco mellor se temos en conta que certos grupos de lagartos que habitan hoxe en día posúen glándulas dentais tanto na mandñibula coma na maxila, que en ocasion chegan a segregar veleno(“anguimorpha”); e se as serpes e outros reptis velenosos imilares evolucionaron a partir de algun animaliño semellante pero só desenvolvendo a glándula presente na maxila, e desenvolvendo despis enzimas que se acabarian por converten en substancias tóxicas.

  20. marcelina.aso.1a di:

    Estes réptiles desenvolveron glándulas para o almacenamento e dispersión da súa saliva fai aproximadamente entre 60 e 80 millóns de anos. Desde entón, diversas toxinas paralizantes han evolucionado a partir de proteínas que normalmente eran producidas noutros tecidos corporais, sendo reclutadas e alteradas.

    Co paso do tempo, estas novas toxinas pasaron a ser un compoñente básico para os reptiles. Un estudo revelou algo sorprendente que as proteínas dese veleno procedían doutros tecidos corporais, como cerebro, ollo, pulmón, corazón, fígado, músculo, glándula mamaria, ovario e testículo; e non a partir de proteínas modificadas da saliva como se cría.

    Estas toxinas, con todo, derivan da saliva de antigos reptiles, a GRISP e a calicreína, producidas respectivamente polo lagarto Heloderma horridum (coñecido popularmente como lagarto enchaquirado, entre outros nomes) e o lagarto Heloderma suspectum (referido mayormente como “Monstro de Gila”).

    Os estudos tamén revelaron que todas as toxinas derivan de familias de proteínas con función secretora, o que significa que as proteínas foron producidas nun tecido en particular e logo transportadas fóra de devandito tecido. Tamén se comprobou que as proteínas máis frecuentes para a súa transformación en toxinas foron as de estrutura molecular moi estable, ricas no aminoácido cisteína.

  21. laura.aso.1a di:

    Para os reptís que posuen estas glándulas velenosas na mandíbula é o un mecanismo idoneo para defenderse e cazar, algunhas espeices posuen un veleno tan potente que podería matar a unha persoa en cuestión de minutos.
    O aparato inoculador serve para aplicar o veneno a victima, cando unha serpe morde aplica o veneno directamente na sangue da víctima e este estendese por todo o seu organismo.

  22. vanesa.aso.1b di:

    Segundo unha noticia que acabo de ler o sinornitosaurio era un áxil depredador pois camuflábase nas ramas das árbores e sorprendía ás presas pola espalda , inxectáballes veleno para inmobilizalas e devorábaas mentres estaban en estado de shock e incluso cando seguían con vida.

  23. sabina.aso.1a di:

    Para responder ás preguntas de Víctor, gustaríame dicir que os réptis evolucionaron a partir dun antepasado común.Este antepasado formaba parte dos anfibios e ao longo da historia foi evolucionando ata chagar e formar os primeiros réptis, que tamén seguiron evolucionando ata chegar a formar réptis xa con glándulas encargadas de segregar veleno e un aparato inoculador.A partir dese momento foron aparecendo todas as ramas de réptis velenosos que se coñecen na actualidade
    Por certo, un aparato inuculador é o conxunto de canais polos que se transporta o veleno dende as glándulas nas que se almacea ata chegar aos colmillos ou saíntes a traves dos cales se lle inxecta á presa.

  24. manuel.aso.1a di:

    Segundo me informei, os primeiros restos fósiles do sinornitosaurio foron encontrados en 1996, dando novos elementos de proba a teoría de que as aves evolucionaron a partir dos dinosaurios.

  25. andrea.aso.1a di:

    Outro factor de interés nesta especie é que nas duás concavidades hachadas na face do animal, cuxa cabeza é en algo semellante a das aves modernas,que era donde se encontraban as glandulas velenosas os cales estaban conectados con colmillos superiores, mecanismo parecido o de algúns réptiles que viven na actualidade.