LUGARES ESQUECIDOS POLO TEMPO

Sónavos Etiopía?…, pois agarrádevos, porque alí vos leva este texto; máis concretamente á rexión de Afar, preto de depresión de Danakil; alí atópase o lago de magma permanente máis impresionante do planeta, no cráter dun volcan: o Erta Ale.


O cráter é elíptico; ten uns 50 km de diámetro e áchase a 600 metros baixo o nivel do mar. O volcán entrou en erupción sete veces nos últimos 125 anos; e dende 1967 mantense nun proceso eruptivo continou, aínda que a lava que chega a saír do cráter é pouca. É un dos únicos catro lagos de lava permanente que existe no mundo…. e é o punto máis quente do planeta.

Os nativos afares considerano o porta do inferno (Erta Ale en Afar significa montaña que bota fume); supoño que se debe a que é un espectáculo impactante ver a lava borbotear lentamente e recibir de cheo na cara unha bafarada de aire quente que te deixa… seco; e a paisaxe que rodea a zona da a impresión de pertencer ao Xurásico, coma se dun momento a outro fose a sobrevoar o crater un Pterodactylus.

Na chaira circundante atopuse ademais unha bacteria capaz de vivir a unha temperatura de 60ºC (imaxinádesvos se atopasen vida no magma??!!!)

Recentemente o Erta Ale foi cartografiado por un equipo da BBC que usou revolucionacias técnicas mediante láser tridimensional que lles permitiron investigar o interior do cráter a pesar das elevadas temperaturas.

imagen
 

Autora: María Grandal

 

Esta entrada foi publicada en Tectónica de Placas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to LUGARES ESQUECIDOS POLO TEMPO

  1. rubenlois.aso.1a di:

    Paréceme interesante que se atopen lagos de magma permanente, xa que á un fenómeno pouco normal, e menos debaixo da auga.
    Ao ser o punto máis quente da Terra, sobre as súas cercanías non viven animais, xa que morren debido á calor.
    Habería que seguir investigando por si se atopa algunha bacteria que consiga sobrevivir a estas elevadas temperaturas.

  2. ruben.aso.1a di:

    Ante todo pareceme un lugar impresionante xa que o magma se atopa borboteando seguido. Por outra parte a calor que desprende este lugar debe ser increible , non me estraña que os afares o nombre como a porta do inferno.
    E un lugar sorprendente.
    Con respecto a pregunta de María eu creo que é imposible encontar vida no magma xa que este se atopa a temperaturas elevadisimas e ningun ser vivo sería capaz de sobrevivir.

  3. angel.aso.1a di:

    Eu sinceiramente descoñecía a existencia deste lugar, non sei como nunca oín falar dun lugar tan espectacular do que o que máis me chamou a atención foron as dimensión.
    Atopei información sobre unha bacteria que podería ser a mencionada no texto: a “Desulforudis audaxviator”, que é capaz de sobrevivir a 60ºC e a 3km de profundidade sen nada de luz.

  4. sara.aso.2a di:

    A verdade é que a primeira que vez que vexo isto, e parece increible que haxa bacterias capaces de soportar esas temperaturas.
    Pero segundo lin está situado donde as placas tectónicas africana e arábiga se están a separar. Ten orixe no “el Gran Valle del Rift”, e nesta rexión atópase o punto máis baixo de toda África, o lago Assal.

  5. paula.aso.1b di:

    É a primeria vez que oio falar de lagos de lava e resultame incrible. Os lagos de lava son grandes volúmenes de lava derretida, usualmente basáltica, contida na boca volcánica, nun cráter volcánico ou unha unha extensa depresión. Os científicos usan este término, para referirse ós lagos de lava derretica ou tamén para aqueles casos nos que a lava está parcialmente ou totalmente solidificada.

  6. andrea.aso.1a di:

    Paréceme increible que poida encontrarse vida neses extremos,xa que ter que soportar 60º non é nada doado, respeto o Erta Ale según estudos científicos levados a cabo en 1998, púdose comprobar que o lago activo de lava do volcán estivo activo dende a menos os últimos 90 anos. O volcán emite grandes cantidades de calor, sen embargo, a lava que erupciona é bastante escasa.

  7. aliciaromero.aso.1b di:

    Nunca antes escoitei falar de lagos de magma.
    O que máis interesante me parece é o da vacteria, xa que é incrible que se poida atopar vida a tal temperatura.
    Debido a este lago de magma, a paisaxe do deserto de Danakil posee numerosos manantiais cunha cantidade moi variada de cores a causa do xofre e outros minerais.

  8. antia.aso.2a di:

    Coincido cos meus compañeiros ó dicir que nunca oira falar dun lugar asi, pois sempre relacionamos erupcións volcánicas con destrucción total. Pareceme moi interesante o de que haxa bacterias capaces de soportar estas temperaturas, pero, non foron as bacterias as que tamén conseguiron sobrevivir dende o principio dos tempos, cando a atmosfera estaba formada case na súa totalidade por CO2?

  9. santigonzalez.aso.1a di:

    Na miña opinión éste é un dos campos do planeta menos estudados, xa que non hai equipos nin formas para poder estudar algo a tanta temperatura. No magma pode haber seres vivos, tanto bacterias como outros animais; pero sigo dicindo que é un campo sen case estudo aínda. Quizais nun futuro non moi lonxano se consiga explorar mellor estes fenómenos naturais.

  10. victor di:

    Como ben apunta Sara a rexión de Afar está relacionada coa orixe do Val do Rift africano. É un punto moi interesante xeoloxicamente e que a súa existencia ten explicación perfectamente razoable por medio da tectónica de placas (por que é tan especial a rexión de Afar?)

  11. isaac di:

    Simplemente recordarvos que a vida en sentido estricto so é posible en presencia de auga en sentido líquido. Asi que xa podedes sacar conclusións.

  12. andrea.aso.1a di:

    A rexión de Afar é unha dos lugares xeolóxicos máis espectaculares do mundo, xa que é unha das rexións máis extrañas e violentas da Terra. Ubicada no “Cuerno de África”, a misma é un inusual conxunto de particularidades xeolóxicas, dende a separación das placas tectónicas arábiga e africana, maior responsable de cambios topográficos na zona, hasta unha das maiores depresións de terreno do mundo, Danakil, entre 90-155 metros por debaixo do nivel do mar. Altura que varía dependendo da zona, sendo a rexión do lago Assal a máis baixa, lago que ten un nivel de salinidad maior a 34.8%.
    Danakil ten por toda a súa extensión fontes termais de auga tan quente e salada que a súa utilización vólvese prácticamente nula.

  13. vanesa.aso.1b di:

    Segundo o que lin nun artículo os volcáns orixinaron vida dende os comezos pois aportaron calor,auga e compostos orgánicos .
    Pero non só aportaron iso pois na era glacial foron eles os que provocaron o desxeo.
    Este desxeo supuxo que de -50 graos se pasase nalgúns séculos a máis de 50.Deste fenómeno sobreviviron algúns microbios ,como poden ser o que se nomeou antes.

  14. susana.aso.1b di:

    a rexión de Afar e importante porque e unha parte do País de Etiopía que esta desértica e sen vexetación,aínda que hai pequenos oasis.o ser unha zona volcánica fai que a xente sea nómada xa que hai temperaturas extremas e as veces a xente ten que pasar varios días sen beber.

  15. victor di:

    No meu comentario anterior referiame a que tratárades de encontrar a relación entre a rexión de Afar e a orixe das dorsais oceánicas (aportade información nesta dirección).

  16. marcelina.aso.1a di:

    Afar é unha rexión moi rica xeolóxicamente debido á súa ubicación entre as placas arábiga e africana,ten as maiores depresións do mundo como a de Danakil (90-150 m por debaixo do mar),lagos cun índice de salinidade moi alto como o Assal con máis do 34.8%, tamén ten lagos ácidos e por suposto o lago de lava do cal se fala neste post o Erta Ale. Por todo isto é unha rexión de grande interese científico.

  17. marcelina.aso.1a di:

    Nos últimos anos a grande actividade tectónica que sufre o rift africano está a producir que este se vaia abrindo e dentro de uns 10 millóns de anos acabará por formar un novo mar.

  18. laura.aso.1a di:

    Na rexión de Afar e nas dorsais oceánicas producese o mesmo fenómeno tectónico, a separación entre placas, que leva consigo un adelgazamento da litosfera e isto, unido a os movementos convectivos do interior da Terra fai que a lava salga a supericie, no caso da rexión de afar, as placas que interveñen son a placa africana e a arábiga.

  19. sabina.aso.1a di:

    En primeiro lugar gustaríame dicir que o post pareceume interesante e instructivo,polo menos no meu caso,xa que grazas a el puiden ampliar os meus coñecementos acerca dos outros fenómenos que rodean ao Gran Val do Rift, do que xa coñecía algunhas cousas.
    En segundo lugar gustaríame falar un pouco do que representa a Depresión de Afar:
    A Depresión de Afar (tamén chamada Depresión de Danakil ou Triángulo de Afar) é unha rexión donde as placas tectónicas africana e arábiga se están separando,e ten a súa orixe no Gran Val do Rift.
    No fondo da depresión de Afar dase unha intensa actividade tectónica que está a partir en dous o continente,e dado que o fondo está por debaixo do nivel do mar pódese considerar como unha dorsal oceánica incipiente.
    Ao atoparse baixo o nivel do mar esta separación permite que o Mar Vermello poida invadir o terreo e no futuro incluso formar un novo mar.

  20. paula_pineiro.sau di:

    Na miña opinión,paréceme un tema moi interesante e moi curioso a tratar,xa que non estamos acostumados a cousas como esta,e descubrementos como estes. O que ademais persoalmente paréceme un dato incrible,é a existencia de bacterias a 60 ºC. ¿Cómo serán capaces de vivir e adaptarse a tan altas temperaturas? É un dato que me parece moi importante,e un dos que máis me chamaron a atención ao longo do texto. Ademais, paréceme que tanto por ser un sitio tan pouco común e tan impresionante,é,á súa vez,moi perigoso,xa que aos pobos ou habitantes que estén preto,podería afectarlles calquera explosión ou percance da lava. Na miña opinión, este é o único defecto ou inconveniente que supondría este fenómeno natural.

  21. paula_pineiro.sau di:

    Na miña opinión,paréceme un tema moi interesante e moi curioso a tratar,xa que non estamos acostumados a cousas como esta,e descubrementos como estes. O que ademais persoalmente paréceme un dato incrible,é a existencia de bacterias a 60 ºC. ¿Cómo serán capaces de vivir e adaptarse a tan altas temperaturas? É un dato que me chamou moito a atención ao longo do texto. Ademais, paréceme que tanto por ser un sitio tan pouco común e tan impresionante,é,á súa vez,moi perigoso,xa que ós pobos ou habitantes que estén preto,podería afectarlles calqueira explosión ou reacción químicas da lava. Na miña opinión, este é o único defecto ou inconveniente que supondría este fenómeno natural tan pouco común.

  22. ruben.aso.1a di:

    Os bloques que sobresaen na superficie forman macizos montañosos, mentres que a erosión sobre estes fai que os sedimentos acumulense nos vales formando cuncas de sedimentación.
    Se o proceso continua o tempo suficiente, a corteza chagará a romperse totalmente, formandose entre as partes rotas unha dorsal oceánica que crecerá mentres os dous trozos de litosfera crean continentes separados. A separación dos continenses continua mentres se espande o fondo mariño dende a dorsal.

  23. victor di:

    Pódese considerar que na rexión de Afar coinciden dúas dorsais oceánicas en formación?
    Afar formará parte, no futuro, do fondo oceánico?

  24. ruben.aso.1a di:

    Si , nesta rexión coinciden 2 dorsais oceanicas en formación polo que estan en continuo cambio , incluso dentro de aproximadamente 10 millons de anos pronosticase que este cambio faga sumerxer esta rexión e quede anegada polo mar.
    Si , Afar no futuro formará parte do fondo oceánico.

  25. raqueltrigo.aso.1b di:

    En septembro e octubro do 2005 2.5km de rocha fundida foron inxertaods dentro da praca ó longo dun dique a profundidades dentre 2 e 9 km,isto forzou a aparición dunha nova apertura de 8m de ancho na superficie.pronosticase que en 10 millons de anos os fenomenos xeoloxicos termiñaran por facer desaparecelo.

  26. victor di:

    Por que os volcáns da rexión de Afar forman lagos de magma e non son explosivos?
    AVISO: NOVO FORO ABERTO

  27. angel.aso.1a di:

    Porque cando o magma ascende non hai suficiente presión nas burbullas de gas e polo tanto estas non poden provocar unha explosión, o volcán estaría “estable”.

  28. ana.aso.1b di:

    Non son explosivos porque a magma non ten a suficiente forza como para causar unha explosión. No futuro Afar si formará parte do fondo oceánico